Endesa

Endesa (Endesa S.A.) é unha empresa española do sector enerxético, fundada o 18 de novembro de 1938 baixo o nome de Empresa Nacional de Electricidad, S.A.

ENDESA
Endesa
Sede de Endesa (Madrid) 01
TipoSociedade Anónima
Fundación1944
LocalizaciónMadrid
Persoas claveJosé Manuel Entrecanales, Presidente
Rafael Miranda, Conselleiro Delegado
IndustriaElectricidade
ProdutosElectricidade e gas natural
Páxina webwww.endesa.es

Historia e características

Compostilla I foi a súa primeira planta de produción, inaugurada nos cincuenta en Ponferrada. Na década dos sesenta creouse Compostilla II, no concello leonés de Cubillos do Sil.

Agora, cotiza en bolsa sbc, forma parte do ibex 35, e é principal compañía eléctrica do estado español. Os seus principais accionistas son a decembro do 2007 ENEL (67%) e Acciona 25%.

A eléctrica tamén opera en Italia, Francia, Portugal, Marrocos, Chile, Arxentina, Colombia, Perú, Brasil e República Dominicana.

Foron famosas as OPAs sobre a empresa por parte de diversas compañías.

Presenza en Galiza

Notas

  1. Centrais hidroeléctricas en Galiza: Listado Arquivado 19 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. Parques eólicos en Galiza Lista do Inega Arquivado 16 de setembro de 2011 en Wayback Machine.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Andorra-Sierra de Arcos

Andorra-Sierra de Arcos é unha comarca de Aragón, en España, situada na área nororiental da provincia de Teruel. A súa capital é Andorra.

Andorra Club de Fútbol

O Andorra Club de Fútbol é un club de fútbol español de Andorra, na provincia de Teruel. Foi fundado en 1957 e actualmente compite na Terceira División Española. Por motivos de patrocinio foi coñecido como Endesa Andorra.

As Pontes de García Rodríguez

As Pontes de García Rodríguez, tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres. O seu xentilicio é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste.

Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume.

No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.

A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.

As Somozas

As Somozas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o INE en 2014 tiña 1211 habitantes (1382 no 2009, 1392 no 2006, 1411 no 2005, 1403 no 2004, 1407 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é somocense.

Central térmica das Pontes

A Central Térmica das Pontes é unha central térmica de carbón situada no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), pertencente á empresa eléctrica Endesa. Construíuse e púxose en funcionamento entre os anos 1972 e 1976. Consta de catro grupos de xeración de enerxía de 350 MW cada un, os cales se agruparon nun só grupo de 1400 MW entre os anos 1976 e 1979.

Orixinalmente deseñada para consumir exclusivamente o lignito local extraído da mina, a central foi adaptada entre os anos 1993 e 1996 para consumir unha mestura de lignito e carbón de importación en proporcións do 50%-50%.

O parque de carbóns da central ocupa unha superficie de 10 Ha, o equivalente a 12 campos de fútbol. A súa capacidade de almaceamento é de 250.000 toneladas.

A cheminea da central ten unha altura de 356 m, cun diámetro na base de 36 m e 18 m no pico, sendo unha infraestrutura única no mundo[Cómpre referencia]. Aparece no Libro Guinness dos Récords como a cheminea de maior volume de todo o mundo, e é a segunda cheminea máis alta de Europa.

A planta de tratamento de efluentes líquidos (Planta T.E.L.) depura a auga procedente da mina, da escombreira, da central e do parque de carbóns. A planta está deseñada para tratar caudais de auga que poden oscilar entre 0,45 e 30 m3/s.

Actualmente[cando?] a central está sufrindo un proceso de adaptación ó maior poder calorífico da hulla debido á fin da extracción do lignito na mina local.

Atópase en fase de probas outra central térmica de ciclo combinado que usa o gas coma combustible e produce de 800 MW de potencia entre as súas tres turbinas: dúas de gas e unha de vapor. O vapor que utiliza esta última prodúcese aproveitando a calor dos gases de escape das turbinas de gas.

Club Deportivo As Pontes

O Club Deportivo As Pontes é un equipo de fútbol galego da localidade das Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña. Foi fundado en 1960 e actualmente xoga no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.

Encoro da Ribeira

O encoro da Ribeira é o máis pequeno dos dous encoros que se achan no río Eume. A súa construción rematou en 1965. Ten unha lonxitude duns cinco quilómetros e unha capacidade de 33 hectómetros cúbicos.

O encoro alimenta unha minicentral hidroeléctrica cunha potencia de 5940 Kw. A empresa concesionaria da súa explotación é ENDESA.

O encoro está, na súa totalidade, no concello das Pontes. A súa situación río arriba, a pouca distancia da vila das Pontes, fai que abasteza de auga a esta vila e á súa central térmica. O club local de piragüismo, Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes, úsao como zona de adestramento.

Encoro do Eume

O encoro do Eume é o máis grande dos dous que ten o río Eume. Áchase no seu curso medio ocupando unha superficie de 450 hectáreas dos concellos da Capela, As Pontes e Monfero. Ten unha lonxitude aproximada de 15 quilómetros e un volume de 123 hectómetros cúbicos.

A empresa concesionaria da explotación da central hidroeléctrica asociada ao encoro é a compañía ENDESA.

Lago das Pontes

O lago das Pontes de García Rodríguez, tamén chamado lago das Pontes é un lago artificial de 865 ha de superficie, situado no concello das Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña). O lago creouse a raíz dos traballos de recuperación e rexeneración da mina a ceo aberto que ocupaba o lugar do lago, da que se tiraba lignito para fornecer a Central térmica das Pontes de García Rodríguez.

O lago artificial creado por Endesa para encher o foxo da mina das Pontes finalizouse en abril de 2012. Ten unhas dimensións de 5 quilómetros de longo e unha profundidade máxima de 206 metros. Para o seu enchido empregáronse as augas do río Eume, que pasa pola localidade, así como a acumulación das precipitacións.

Liga ACB

A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.

Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 35 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.

A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2018–19 de 6.236 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Liga ACB 2014-15

A tempada 2014-15 da Liga ACB, tamén chamada Liga Endesa por motivos de patrocinio, foi a 32ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. A liga regular comezou o 4 de outubro de 2014, e rematou o 24 de maio de 2015. Os playoffs disputáronse entre o 28 de maio de 2015 e o 24 de xuño de 2015.

Liga ACB 2015-16

A tempada 2015-16 da Liga ACB, tamén chamada Liga Endesa por motivos de patrocinio, foi a 33ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. A liga regular comezou o 10 de outubro de 2015, e rematou o 22 de maio de 2016. Os playoffs disputáronse entre o 26 de maio de 2016 e o 26 de xuño de 2016.

Lista de centrais térmicas de España

As centrais térmicas en España producen aproximadamente a metade da xeración española de enerxía eléctrica. O seguinte lista contén as centráis termoeléctricas en activo segundo datos de Red Eléctrica Española, a empresa distribuidora de electricidade.

Lista de encoros de Galicia

Esta é unha lista dos encoros existentes nos ríos galegos, ordenada por provincias e cos nomes dos ríos nos que se atopan.

Luis de Guindos

Luis de Guindos Jurado, nado en Madrid o 16 de xaneiro de 1960, é un economista español que foi ministro de Economía e Competitividade entre 2011 e 2018. Pertence ao Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado e ocupou distintos cargos durante os dous Gobernos de Aznar (1996-2004). Traballou en compañías de servizos financeiros sendo membro do Consello Asesor de Lehman Brothers. Foi director do Instituto de Empresa dende 2010 e pertenceu ao Consello de Administración de Endesa con carácter de Externo Independente.

Mugardos

Mugardos é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2016 tiña 5335 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mugardés». Mugardos limita ao norte coa ría de Ferrol, ao leste con Fene e ao sur e oeste con Ares.

Ponferrada

Ponferrada (do latín pontem ferratam 'ponte de ferro, na que se utilizou ese material') é un concello e cidade de Castela e León, capital da comarca do Bierzo, na provincia de León. Está situada na confluencia dos ríos Sil e Boeza, e cos seus 68.121 habitantes (INE 2013), é o segundo municipio máis poboado da provincia, por detrás de León.

Atópase a 543 m de altitude nunha cunca mineira, ocupa unha superficie de 283 km² e ten unha poboación duns 65.000 habitantes. A súa fundación, no 1086, coincide coa construción dunha ponte de ferro (que deu nome á cidade, para cruzar o río Sil, ordenado levantar catro anos antes, no 1082, polo bispo Osmundo. Dende o ano 1178 ata o 1312 a cidade estivo en mans dos Templarios que construíron un castelo (século XIII) que hoxe en día é o monumento principal da cidade.

A vila de San Pedro de Devesas é de fala galega autóctona, e Fontesnovas foi de fala galega ata 1960. Ademais na vila de Ponferrada por efecto da emigración berciana hai numerosos galegofalantes, e aquí teñen a súa sede asociacións como Fala Ceibe ou a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta.

Reganosa

Reganosa (Regasificadora do Noroeste Sociedade Anónima) é unha empresa galega adicada ó almacenamento e distribución de gas natural licuado (GNL) a través da súa terminal de Mugardos, na ría de Ferrol. Da súa actividade depende directamente a subministración das centrais eléctricas de ciclo combinado que Endesa e Unión Fenosa teñen nas Pontes de García Rodríguez e Sabón (Arteixo), respectivamente, así como outras industrias vía gasoduto, buques LNG e camións cisterna. En España existen seis plantas regasificadoras: Barcelona, Huelva, Bilbao, Sagunto, Cartaxena e Mugardos.

Rudy Fernández

Rodolfo "Rudy" Fernández Farrés, nado en Palma (Illas Baleares) o 4 de abril de 1985, é un xogador de baloncesto español que milita nas filas do Real Madrid Baloncesto da Liga Endesa e da selección española. Cunha altura de 1,96 metros, xoga habitualmente na posición de escolta, aínda que tamén xoga ás veces como aleiro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.