Endemismo

Endemismo[1] é un termo empregado na bioloxía para indicar que a distribución dun taxón está limitada a un ámbito xeográfico reducido, non se atopando de forma natural en ningunha outra parte do mundo. Por iso, cando se indica que unha especie é endémica de certa rexión, quérese dicir que só é posible atopala de forma natural nese lugar.

Chioglossa lusitanica.004
A salamántiga rabilonga, endemismo do noroeste da Península Ibérica, ten en Galicia as súas principais poboacións.

Características

O endemismo pode considerarse dentro dun abano moi amplo de escalas xeográficas: deste xeito, un organismo pode ser endémico dun cumio montañoso ou dun lago, dunha cordilleira ou un sistema fluvial, dunha illa, dun país ou ata dun continente. Normalmente o concepto aplícase a especies, pero tamén pode empregarse pra outros taxóns como subespecies, variedades, xéneros, familias etc.

Exemplos de endemismos

Un endemismo típico é o lince ibérico, propio da Península Ibérica, e as xirafas, que unicamente habitan nas rexións semidesérticas do sur do Sahara, ou a Secuoia xigante, que só se atopa na Sierra Nevada californiana.

As illas, dado o seu illamento, son lugares cunha elevada taxa de endemismos. Así, Australia, que non tivo contacto co resto de terras emerxidas dende hai máis de 50 millóns de anos, posúe unha flora e unha fauna de seu moi distinta do resto do mundo. A metade das aves de Papúa Nova Guinea e a metade dos mamíferos que habitan Filipinas son endémicos.

Dragon tree 2
O drago, unha árbore endémica de Macaronesia.

Neste senso destaca Madagascar; todos os seus anfibios son endémicos, o 90% dos seus réptiles (a metade das especies de camaleóns do planeta), o 55% dos seus mamíferos (como os lemures e as fosas) e o 50% das súas aves son endemismos, e aproximadamente o 80% as súas plantas non habitan en ningunha outra rexión o mundo. O 95% das especies de peixes dos Grandes Lagos africanos son endémicas.[2]

As illas volcánicas, que nunca estiveron en contacto co continente son especialmente ricas en especies endémicas; as especies que as habitan son descendentes das que chegaron accidentalmente en tempos pasados e puideron adaptarse. Son excelentes exemplos as Illas Hawai ou as Illas Galápagos (que inspiraron a Darwin a súa famosa teoría da evolución e, en España, as Illas Canarias, con 500 especies de plantas endémicas e en concreto a illa de Tenerife, que presenta a maior relación de endemismos florísticos da rexión macaronésica, só superada por Madagascar e Australia.[2]

Notas

  1. "Entrada endemismo en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 15 de novembro de 2017.
  2. 2,0 2,1 Plafóns informativos do Zoo de Barcelona.
Acidófilo (organismo)

Os organismos acidófilos ou acidófilos son os que prefiren vivir en condicións ácidas (xeralmente os óptimos están arredor de pH 3,0 ou inferior). Algúns están tan adaptados aos ambientes moi ácidos que morren mesmo a pH moderados aínda ácidos. O organismo máis extremadamente acidófilo coñecido é a arquea Picrophilus, que chega a vivir a pH 0,06. Os organismos acidófilos encóntranse en diferentes pólas da árbore da vida, e entre eles hai arqueas, bacterias, e eucariotas. Entre os acidófilos atópase unha grande variedade de metabolismos: aerobios, anaerobios e anaerobios facultativos, procariotas quimiolitótrofos e heterótrofos de diversas clases, eucariotas fotoautótrofos, protozoos predadores etc. Poden atoparse en diversos hábitats como zonas volcánicas, fontes hidrotermais terrestres ou mariñas, minas (ou outras zonas) con drenaxes ácidas ou nos estómagos de animais. Un exemplo de ecosistema ácido é río Tinto, Huelva, España, con augas ácidas entre os pHs 1,7 e 2,5 que albergan un rico endemismo composto de arqueas quimiosintéticas, bacterias heterótrofas, algas unicelulares como as diatomeas, diversos protistas, fungos, lévedos e rotíferos, entre outros.

Armeria

Armeria é o nome botánico dun xénero de plantas con flores, coñecidas comunmente en galego coma herbas de namorar. O xénero conta con centos de especies, moitas delas nativas do Mediterráneo, agás a Armeria maritima, que aparece distribuída ao longo das costas do Hemisferio Norte. Son comúns na beiramar galega.

Son un conxunto de plantas moi semllantes entre si que se caracterizan por medraren en cantís costeiros venteados, zonas de dunas ou en zonas de montaña.

Armeria pubigera

Armeria pubigera é unha planta herbácea de folla perenne pertencente á familia Plumbaginaceae. É un endemismo, fóra de risco de extinción, que se atopa nos rochedos graníticos, e ás veces nalgúns dos areais, do litoral atlántico galego e de Viana do Castelo. É unha especie adaptada a eventos de rachas fortes de vento e ás augas salinas.É unha especie similar e fácil de confundir coa Armeria maritima, a herba de namorar. Identificáronse na Costa da Morte hibridacións desta especie con A. beirana, resultando en Armeria x carnotana Blanco-Dios, nothosp. nov.

Cabra montesa

A cabra montesa ou hirco (Capra pyrenaica) é unha das especies de bóvidos do xénero Capra que existen en Europa, sendo as outras o íbice ou cabra dos Alpes, as cabras salvaxes do Cáucaso e a cabra doméstica. Trátase dun endemismo que actualmente non se atopa fóra das áreas montañosas da Península Ibérica.

Dasypus yepesi

Dasypus yepesi, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros, co nome de armadillo de fociño longo de Yepes, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados e da súa única familia, a dos dasipódidos, subfamilia dos dasipodinos, unha das sete integradas

no seu único xénero, Dasypus.

É un endemismo dunha pequena rexión de bosques subtropicais secos situada no norte da Arxentina e nun recanto do sur de Bolivia.O seu nome honra ao zoólogo arxentimo José Yepes.

Fragas do Eume

As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados. A área declarada zona especial de conservación (ZEC) coinciden cos límites do parque natural.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.

Gallicolumba crinigera

A Gallicolumba crinigera é unha especie de paxaro da familia das pombas. É un endemismo das Filipinas. O seu nome xenérico deriva dunha fusión do latín gallus ("galo") e columba ("pomba").

Illa de Nadal

O Territorio da Illa de Nadal (en inglés: Territory of Christmas Island) é un territorio sen autogoberno de Australia no océano Índico, a 2.360 ao noroeste de Perth, no estado de Australia Occidental e a 500 km ao sur de Iacarta, a capital de Indonesia. Na illa viven unhas 2000 persoas, divididas en poboados no extremo setentrional da mesma. Os asentamentos chámanse: Silver City, Flying Fish Cove (tamén coñecida como Kampong), Poon Saan e Drumsite. A maioría da poboación é chinesa australiana. Foi nomeada "Illa de Nadal", porque foi descuberta o día de Nadal (25 de decembro 1643).

O illamento e a mínima perturbación humana da xeográfica da illa deu lugar a un alto nivel de endemismo entre a súa flora e fauna, que é de interese para os científicos e naturalistas. 63% dos seus 135 km2 son un parque nacional australiano. Existen grandes áreas de bosques monzónicos primarios.

O fosfato, depositado orixinalmente como guano, é extraído na illa desde fai moitos anos.

Lista dos mamíferos de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética das especies de mamíferos atopados en Galicia ou nas proximidades da súa costa. Está baseada na información recollida dos traballos feitos polos especialistas en mamíferos Xoán Ignacio Díaz da Silva e Yosy Cartelle e os datos obtidos da Lista Vermella da IUCN .

Esta clase contén arredor de 5.487 especies vivas das cales un 25% (1.141) están en perigo de extinción e unhas 100 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio ou nas costas galegas.

A taxonomía da fauna dos mamíferos está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Unha das intencións da presente lista é a de engadir, cando existan, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de mamíferos, procurando sempre citar a referencia oportuna.

Mar Mediterráneo

O Mediterráneo é un mar interior do Atlántico oriental, comprendido entre Europa, Asia occidental e África setentrional. Con aproximadamente 2,5 millóns de km² e 3.860 km de lonxitude, é o mar interior máis grande do mundo.O Mediterráneo está unido ao océano Atlántico polo estreito de Xibraltar ao oeste, ao mar de Mármara e ao mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo ao leste. O mar de Mármara -pero non o mar Negro- é a miúdo considerado como parte do Mediterráneo. A canle de Suez ao sueste une o Mediterráneo co mar Vermello.

É o mar coas taxas máis elevadas de hidrocarburos e contaminación do mundo.

Picea

As piceas son un xénero de coníferas: Picea pertencentes á familia Pinaceae que conta cunhas 35 especies. Son árbores entre 20 e 60 metros con porte piramidal, follas illadas, planas ou tetragonais a xeito de agulla e estróbilos pendurados que non se disgregan até madurar. Entre os seus representantes máis coñecidos atopamos a Picea abies, o abeto vermello ou abeto rubio europeo, empregado comunmente en Galicia coma árbore de Nadal; ou a Picea glauca. A meirande parte das especies do xénero son árbores lonxevas e que medran amodo.

Ademais do uso ornamental, en xardinaxe, e coma árbore de Nadal, a madeira é de boa calidade (uso madeireiro e silvícola) e serve na construción, así coma para fabricar instrumentos musicais, coma violíns ou guitarras.

Puntallana

Puntallana é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no nordés da illa de La Palma.

Ten unha extensión de 35,09 km² e unha poboación de 2.416 habitantes (Instituto Nacional de Estadística, 2011). A súa altitude é de 420 metros sobre o nivel do mar e ten unha lonxitude de costa de 12,95 km, onde está o punto máis oriental da illa. Atópase a 10 km da capital da illa, Santa Cruz de la Palma.

O municipio ten cinco barrios: Tenagua, Santa Lucía, El Pueblo ou Puntallana, El Granel e La Galga.

Sapo raxado

O sapo raxado ou sapo pinto (Discoglossus galganoi) é unha especie de Ranidae que vive na Península Ibérica. Atópase ameazada de extinción pola perda do seu hábitat natural.

Torrent, Valencia

Torrent é unha cidade da área metropolitana de Valencia, na Horta Oest (comarca non oficial, pois é capital administrativa da Horta Sud). Con 76.927 habitantes (INE 2007), trátase do terceiro municipio con máis poboación da provincia de Valencia e o oitavo máis poboado do País Valenciano.

Limita con Aldaia, Alaquàs, Picanya, Catarroja, Alcàsser e Picassent (na Horta); con Montserrat (Ribera Alta) e con Godelleta e Xiva (Foia de Bunyol).

Toxo

O toxo é a denominación xenérica en galego das especies do xénero Ulex, entre as que destacan:

o toxo arnal, U. europaeus

o toxo femia, U. gallii

o toxo gateño, U. minor

o toxo brañego, U. micranthos (endemismo galego)Como fitónimo pode referirse a:

Toxo, lugar da parroquia de Rairiz de Veiga, no concello de Rairiz de Veiga;

O Toxo, lugar da parroquia de Régoa, no concello de Cedeira;

O Toxo, lugar da parroquia de Xiá, no concello de Friol;

O Toxo, lugar da parroquia de Goiás, no concello de Lalín;

O Toxo, lugar da parroquia de Pías, no concello de Ponteareas;

O Toxo Brañío, lugar da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz;

Toxos Outos, parroquia do concello de Lousame. Nela estaba o mosteiro de Toxos Outos;

Toxoso, lugar da parroquia de Amboares, no concello de Ourol.Amais, como apelido pode referirse a:

Ignacio Fernández Toxo, sindicalista galego (n. 1952);

Xaime Domínguez Toxo, mestre e escritor galego (n. 1955);Tras castelanizarse como Tojo, tamén é o apelido de:

Ramón Tojo Pérez, escritor e político galego (1860 - 1944);

Enrique Tojo, político galego (1933 - 2013);

Luís Baltar Tojo, cirurxián galego (1931 - 1999);

Rafael Baltar Tojo, arquitecto galego (1933 - 2004);

Fernando Baltar Tojo, traumatólogo galego (n. 1937);

Alberto Baltar Tojo, arquitecto galego (1939 - 1993);

Ramón Tojo Lens, empresario e político galego (n. 1965);

Ulex

Para ver a especie máis común en Galicia ver o artigo toxo arnal

Toxo é o nome común que reciben as especies do xénero Ulex; un xénero de arredor de 20 especies de arbustos perennes da familia Fabaceae, nativos da Europa occidental atlántica e do norte África, coa maioría das especies na península Ibérica, e concretamente en Galicia.

A especie máis espallada é o toxo arnal (Ulex europaeus), que medra en sitios asollados, e solos areentos, acadando unha altura de até 2-3 metros. As flores, chamadas chorimas ou choridas, teñen un forte recendo a coco. Considérase a flor nacional de Galicia. A semente recibe o nome de nabía de toxo.

En lugares coma América do Norte, América do Sur, Nova Zelandia e Australia introduciuse coma planta ornamental. Nalgunhas zonas naturalizouse polo que se considera especie invasora.

Ulex micranthus

O toxo brañego (Ulex micranthus), é unha especie arbustiva de toxo, da familia das fabáceas, máis termófila que as especies relacionadas. É un endemismo galego. É o máis miúdo dos toxos. Mora en solos lamacentos, illós e brañas do sur da provincia de Pontevedra e norte de Portugal (Atópase por exemplo nas Gándaras de Budiño). É o toxo máis escaso de Galicia. Tamén se coñece co nome científico de Ulex lusitanica.

Xesta

Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista.Dun xeito cientificamente estrito (independentemente dos nomes comúns) as únicas xestas son as pertencentes ao xénero Cytisus, pois algúns dos membros do xénero Genista, real e propiamente, deberían denominarse piornos.

A xesta, xesta común ou xesta brava (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia.

Baixo deste nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta é a máis frecuente.

A xesta de Ons (Cytisus insularis) é unha especie de planta caducifolia, endémica de Illas Atlánticas e descrita no ano 2001. É o único endemismo do xénero Cytisus evolucionado en Galiza.

Xoloitzcuintle

O xoloitzcuintle é unha raza de can practicamente sen pelo con media de vida entre 12-14 anos. É orixinario de México; é presentado en tamaño toy, estandár e mediano. Coñéceselle polo seu endemismo nese país e a súa estreita relación coa cultura mexica.

Existe outra variedade con pelo. Os cans que nacen con pelo seguen sendo xoloitzcuintles puros, e ao cruzar a estes cun sen pelo, tamén teñen crías sen pelo. Nunha camada poden nacer cachorros das dúas variedades. As dúas clasificacións maiores salientan como cans gardiáns, a versión miniatura como can de compañía.

O 12 de agosto de 2016, o xefe de goberno Miguel Ángel Mancera declarou ao can xoloitzcuintle como «patrimonio cultural e símbolo» da Cidade de México.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.