Encrucillada

Encrucillada é unha revista bimestral, editada pola Asociación Encrucillada, que apareceu en 1977 (daquela editada por SEPT). O seu primeiro director foi o teólogo e académico Andrés Torres Queiruga. Nunha etapa intermedia, a Asociación Irimia (que edita outra revista, Irimia) foi a responsable da edición, permanecendo estable a liña editorial. Actualmente é dirixida por Pedro Castelao,[1] teólogo e profesor da Universidade Comillas, mentres que Torres Queiruga preside a Asociación Encrucillada que publica actualmente a revista.

Encrucillada defínese como "revista galega de pensamento cristián", e aínda que está especializada na temática teolóxica e relixiosa, publica tamén artigos relacionados coa realidade cultural, política e sociolóxica galega. Así, á parte dos artigos específicos en torno a estes temas, cada número inclúe tres crónicas de actualidade: política, cultural e relixiosa. Tamén publica recensións de libros.

Encrucillada
PaísEspaña
Lingualingua galega
Circulación
ISSN1131-6519

Notas

  1. ""Encrucillada", a revista galega de pensamento cristián, fai trinta anos cun relevo xeracional" 19/3/2007.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Encrucillada

O topónimo galego A Encrucillada é un hodónimo referido a un cruzamento de camiños. Pode referirse a:

A Encrucillada, lugar da parroquia do Chao do Fabeiro, no concello de Monforte de Lemos;

A Encrucillada, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos;

A Encrucillada, lugar da parroquia de Abrence, no concello da Pobra do Brollón;

A Encrucillada, lugar da parroquia de Meirás, no concello de Sada;

A Encrucillada, lugar da parroquia de Vilacova, no concello de Salvaterra de Miño.

A Encrucillada, Abrence, A Pobra do Brollón

A Encrucillada é lugar da parroquia de Abrence, no concello da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo.

Está situada a 479 m. de altitude, ao sur da estrada nacional N-120.

Abrence, A Pobra do Brollón

San Xoán de Abrence é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 112 habitantes (173 en 1991), 51 homes e 61 mulleres, agrupados en 10 entidades de poboación, cunha densidade de 9 hab./km².

Limita ao norte coas parroquias de Cereixa e Castroncelos, ao leste con Barxa de Lor, ao oeste con Pinel e ao sur con Liñares e Quintá de Lor. O centro da localidade está situado a 483 m de altitude, ao sur da estrada N-120.

Entre o seu patrimonio destaca a igrexa parroquial. O primeiro domingo de setembro celébranse as festas na honra a Santa Lucía.

Asia Central

Asia Central é unha rexión no corazón do continente asiático dende o Mar Caspio no oeste, a China no leste, Afganistán no sur, e Rusia no norte. Existen varias definicións da súa composición exacta, e ningunha definición é aceptada universalmente. A pesar desta incerteza na definición das fronteiras, ten algunhas características xerais importantes. Por unha banda, Asia Central historicamente estivo estreitamente ligada a seus pobos nómade e a ruta da seda. En consecuencia, actuou como unha encrucillada para o movemento de persoas, bens e ideas entre Europa, Asia Occidental, Asia Meridional e Asia Oriental.

Todas as definicións de Asia Central inclúen estas cinco repúblicas da antiga Unión Soviética: Casaquistán (poboación: 16´0 millóns), Kirguizistán (5´5 millóns), Taxiquistán (7´3 millóns), Turkmenistán (5,1 millóns), e Uzbekistán (27´6 millóns), cunha poboación total de 61´5 millóns de 2009. Outras áreas que se inclúen a miúdo son Mongolia, Afganistán, no norte e o oeste de Paquistán, nordés de Irán, Caxemira, e, ás veces Xinjiang no oeste da China e o sur de Siberia en Rusia.

Durante a época pre-islámica e principios da islámica, Asia Central era predominantemente iraniano, rexión que inclúe sogdianos sedentarios, corasmianos e semi-nómades escitas e alanos. A antiga poboación sedentaria xogou un papel importante na historia de Asia Central. Logo da expansión dos pobos turcos, Asia Central tamén se converteu na patria de moitos pobos turcos, como os uzbekos, casacos, kirguises, e uigures.

Bari

Bari é a capital da provincia de Bari e da rexión da Puglia, Italia, localízase na costa do Adriático. Ten 320.150 habitantes (2009), un 700.000 na área urbana e un 1 200 000 na área metropolitana.

Bélxica

Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique [bɛlʒik] , en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é un monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven algo máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo.

O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina. Nel habitan dous grupos lingüísticos diferentes: os flamengos, de orixe xermánica, e mailos francófonos, de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoría de lingua alemá. Así, Bélxica atópase dividida en tres rexións. As dúas meirandes rexións son a de Flandres, de fala neerlandesa, e a de Valonia, de fala francesa. A primeira, a máis poboada, atópase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboación belga. A segunda atópase no sur e nela vive o 31% da poboación. A terceira, Bruxelas-Capital, oficialmente bilingüe, acolle a capital do país. Malia atoparse dentro da rexión flamenga, trátase dun enclave maioritariamente francófono. Nela vive o 10% da poboación. A diversidade lingüística de Bélxica e os conflitos culturais e políticos relacionados con ela reflítense na historia política e máis no seu complexo sistema de goberno do país.

Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional da Galia, Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribos celtas, os belgas. Historicamente, Bélxica foi parte dos Países Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos e Luxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actual Benelux. Dende finais da Idade Media ata o século XVII, foi un florecente centro de comercio e cultura. Dende o século XVIII ata a Revolución belga de 1830, Bélxica, naquela época chamada os Países Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".

Dereita Galeguista

Dereita Galeguista foi un partido galeguista de dereitas activo durante os últimos meses da Segunda República Española.

Edipo

Edipo é un personaxe mitolóxico, fillo dos reis de Tebas Laio e Iocasta. Ao nacer, un oráculo revela que matará o seu pai, ante o cal decídese que morra. Un pastor é o encargado de executalo, pero só o abandona no monte, no que é atopado por outro pastor, este de Corinto, o cal o leva ante os reis de Corinto, que o adoptan dada a súa incapacidade para ter fillos.

Edipo medra, e sendo xa un home, escoita que matará o seu pai e xacerá coa súa nai. Horrorizado, marcha de Corinto sen destino fixo. Nunha encrucillada de camiños atopa un home ancián, que resulta ser Laio, co seu séquito, e logo dunha trifulca, Edipo mátaos a todos, descoñecendo as súas identidades, excepto a un que resulta ser o mesmo pastor que o abandonou.

Edipo chega a Tebas e nos arrabaldes atopa á Esfinxe, un monstro que se alimenta dos viaxeiros e ten atemorizada a Tebas, que lle propón unha adiviña, Cal é o único animal que anda con dous pés, con tres pés e con catro pés?, que Edipo resolve dicindo que é o home, pois de meniño anda de gatas, máis tarde só sobre os dous pés, e de vello usa un bastón como terceiro pé.

Os habitantes de Tebas danlle como mostra de gratitude o trono baleiro e a man da raíña viúva, Iocasta.

Entón comeza unha epidemia en Tebas, que se revela causada pola presenza dun home impío na cidade. Este ha de ser o asasino do anterior rei, que permanece impune. Trala consulta do adiviñador Tiresias, que logo de intentar calar, acaba deixando ver a verdade, que o asasino é o propio Edipo; Edipo acúsao de ser o cómplice dunha conspiración do seu cuñado Creonte para ocupar o trono.

Posteriormente os acontecementos dan unha volta dramática ao chegar un emisario de Corinto anunciándolle a Edipo a morte do seu pai adoptivo, ante o cal ve que a profecía non era correcta. Comentándoo con Iocasta, esta fala do seu fillo, supostamente morto, e da súa profecía. Ambos os dous van falando e percatándose da verdade, polo cal chaman á única persoa que poderá contala enteira, o pastor.

Tras chegar o pastor á corte e contar a verdade, Iocasta afórcase e Edipo cégase cravándose os broches da súa muller nos ollos. Posteriormente, diríxese ao desterro, acompañado das súas fillas, Antígona e Ismene. Diríxense a Colono, onde morrerá molestado polos seus sete fillos, os cales dispútanse o trono da cidade nunha guerra fraticida, que gañaría quen tivese o seu cadáver. Finalmente todos morren.

O mito de Edipo é tratado por diversas traxedias clásicas, dentro da saga tebana, destacando a traxedia Edipo Rei de Sófocles. Outras traxedias desta saga son Edipo en Colono e Os sete contra Tebas.

Edipo tamén dá nome a un complexo psicolóxico, o Complexo de Edipo.

Iereván

Iereván ou Ereván (en armenio: Երևան , pronunciado [ˌjerəˈvɑːn]) é a capital de Armenia. Localizada nas ribeiras do río Hrazdan a 1.200 m de altitude, ten 1 088 300 habitantes (2004).

Kenya

Kenya ou Quenia, oficialmente República de Kenya, é un país da África Oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co Océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, con Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do Océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do Monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do Lago Vitoria, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case desérticas. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus safaris, o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como Parque Nacional de Tsavo Leste e Oeste, o Maasai Mara, o lago Nakuru e o Parque Nacional de Aberdare. Kenya ten varios lugares Patrimonio da Humanidade como a cidade de Lamu e varias praias famosas como Diani, Bamburi e Kilifi, onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.

A rexión dos Grandes Lagos Africanos, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o Paleolítico inferior. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a expansión bantú chegou até a zona dende África Occidental e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas níxer-congo, nilo-saharianas e afroasiáticas do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións bantú e nilóticos constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país. A presenza árabe e europea en Mombasa data de comezos da Idade Moderna, e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O Imperio Británico estabeleceu o protectorado da África Oriental Británica en 1895, que en 1920 deu paso á Colonia de Kenya. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova constitución, Kenya está dividida en 47 condados semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.

A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A economía de Kenya é a maior de África Oriental e Central. A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O sector terciario tamén é un importante aspecto da súa economía.

Linares, España

Linares é unha localidade e municipio situada na provincia de Xaén (Andalucía). Segundo o INE, en 2008 tiña 61.340 habitantes.

Localízase nas estribaciones de Serra Morena e ten unha situación privilexiada por ser encrucillada de camiños e pola súa riqueza agrícola, pecuaria e mineira.

Actualmente Linares é unha cidade moderna, vangardista e ben comunicada en pleno proceso de crecemento que se caracterizou por ser un dos municipios máis importantes de Andalucía debido á súa pioneira e florecente industria. Cos seus 61.340 habitantes é a segunda cidade máis poboada da provincia logo de Xaén capital.

Meiga chuchona

A meiga chuchona é unha figura mítica do imaxinario popular galego que dá orixe a unha lenda tradicional que se coñece co mesmo nome. De acordo coa lenda, a meiga chuchona entra ao empardecer o día nas casas onde hai cativos para lles chuchar o sangue, motivo que os fai enmagrecer até quedar co corpo mirrado. Existe unha versión cinematográfica de 2006 a cargo de Pablo Millán.

Partido Galeguista (histórico)

Este artigo trata do Partido Galeguista fundado en decembro de 1931. Para outras organizacións políticas co mesmo nome, vexa Partido Galeguista.

O Partido Galeguista foi un partido fundado en decembro de 1931 de carácter nacionalista galego e con relevancia na política da Segunda República. O seu órgano de prensa foi A Nosa Terra e a sección xuvenil, a Federación de Mocedades Galeguistas, fundouse en xaneiro de 1934 e contaba con 1.000 afiliados.

Peñafiel

Peñafiel é un municipio da provincia de Valladolid, Castela e León.

Piñeiro, Cedeira

San Cosme de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 437 habitantes (230 mulleres e 207 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 407 habitantes.

Torres de Quart

As Torres de Quart ou Porta de Quart é un portal que formaba parte da muralla medieval que envolvía a Ciutat Vella de Valencia, para defendela. Están situades na encrucillada da rúa de Guillem de Castro coa rúa de Quart.

A Porta de Quart debe o seu nome ao feito de que se atopa no camiño que dende o centro da cidade, onde está a Catedral de Valencia, cara a Quart de Poblet. Esta porta era o acceso poñente á cidade, o que proviña do oeste e Castela. Despois de ser derrubada a muralla durante a segunda metade do século XIX, portal de Quart queda exento, e pasa a ser coñecido coma as torres de Quart, que é o nome máis empregado hoxe en día para designala.

Árbol, Vilalba

San Lourenzo de Árbol é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 563 habitantes (290 mulleres e 273 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 693 habitantes.

O Santo, encrucillada estratéxica de estradas, é o segundo núcleo urbano do concello.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.