Encoro de Portodemouros

O encoro de Portodemouros é unha represa artificial da conca do río Ulla, situada no centro xeográfico de Galicia. A presa encóntrase entre os concellos de Arzúa e Vila de Cruces, e as augas inundan tamén parte dos concellos de Santiso e Agolada. Ten unha capacidade de 297 hm³. A elección do emprazamento debeuse entre outros factores á existencia na contorna dos materiais necesarios para a súa construción, ademais da excelente impermeabilidade da cerrada.

Portodemouros
Vista do encoro dende a presa, ó fondo da foto pódese ver Tronceda (Arzúa).

Historia

NOVO ENCORO
Aliviadoiro sobre a nova presa augas abaixo de Portodemouros.

Nunha orde ministerial do 10 de novembro de 1962, o Estado concedeulle á Hidroeléctrica Moncabril o aproveitamento integral da cunca do río Ulla mediante a construción de oito encoros (Belmil, Portodemouros, Ledesma, Lamas, Fornelos, San Paio, Pereiro e Padrón), ocupando terreos nos concellos de Antas de Ulla e Palas de Rei (provincia de Lugo), Arzúa, Boqueixón, Melide, Padrón, Santiso, Touro, Teo e Vedra (provincia da Coruña), e Agolada, A Estrada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces (provincia de Pontevedra), se ben finalmente só se construíu o de Portodemouros. Na actualidade estanse a facer dous máis entre Touro, Arzúa e Vila de Cruces. En outubro de 1971, outra orde ministerial, transfírelle a concesión á sociedade Unión Eléctrica, e o 7 de xullo de 1979 a dirección xeral de obras hidráulicas transferiuna a favor de Fuerzas eléctricas del Noroeste (Fenosa), sendo na actualidade propiedade de Unión Fenosa despois da súa fusión.

Trescentos metros augas abaixo da actual presa atopábase a presa de Salgado, encoro de reducidas dimensións que abastecía de luz eléctrica á bisbarra. Esta obra foi destruída para facer efectivo o desaugadoiro do actual encoro, pois coincide case co final da cunca de amortecemento.

O encoro asolagou os servidumes entre as terras dunha e doutra banda. Nos últimos anos do franquismo os veciños reclamaron a súa reposición. En maio de 1975 unha orde ministerial mandou poñer en funcionamento unha barcaza que unise as parroquias de Loño e Beigondo que segue en servizo na actualidade.

A Unión Europea a través do plan Leader utilizou o encoro coma eixe vertebrador do desenvolvemento turístico da bisbarra que creou un club náutico. Na actualidade as deputacións da Coruña e Pontevedra, xunto cos concellos, están a instalar un catamarán turístico coma complemento.

A presa e o parque de transformación

A presa, de gravidade e planta recta, foi construída entre 1964 e 1967. É de pedraplén, co interior de arxila. Mide 90 metros sobre o leito do río, cun volume de 2 350 000 m³ e unha lonxitude de coroación de 430 metros, máis unha ponte sobre o aliviadoiro de 30 metros.

Conta cun aliviadoiro de superficie na beira esquerda de 130 metros, capaz de desaugar 1,500 m³/s., dotado dunha comporta de tipo vagón de 4 metros de luz por 8 metros de altura, que pode desembalsar 395 m³/s. para rebaixar a cota do encoro en previsión de fortes crecidas.

A obra complétase cun desaugadoiro de fondo en forma de túnel na marxe dereita, e unha bocatoma a media altura que alimenta dous grupos turboalternadores situados na central subterránea da marxe esquerda, cunha potencia de 95 MW.

O parque de intemperie que nun primeiro momento estaba concibido só para evacuar a corrente producida, foi máis tarde transformado nun nó de distribución con ligazóns con Santiago (66 kV en transformación a 220 kV), Melide (66 kV), Lalín (66 kV), Tivo e O Mesón do Vento (220 kV), ademais de estar conectado ao parque eólico do Carrío (220 kV). Na actualidade estase a construír a conexión co parque eólico de San Sebastián e coas centrais hidroeléctricas en obra río abaixo (66 kV).

O conxunto hidroeléctrico púxose en funcionamento no 1968. En decembro de 2003, para aproveitar o caudal ecolóxico do Ulla, foi instalado un novo equipo turboalternador de 11.23 MW, cun diámetro de rodete de 1.280mm.

Problemas da construción

O proxecto inicial contemplaba unha saída de aliviadoiro en forma de túnel coa estrada de Lalín a Ponte San Xusto por riba do labio, pero debido ás fortísimas escavacións que esixía, optouse por facelo en canle libre.

Este feito trouxo bastantes problemas co tempo (a partir do 1973), pois a presa quedou rematada contra un muro de formigón en vertical que no seu momento non foi ben calculado e non aguantou os asentos, co que tivo que ser reforzado cunhas vigas de arriostrado debaixo da ponte. O muro que forma o aliviadoiro tamén está a dar problemas por unha expansión do formigón que o forma. Tamén foi cambiado o perfil e o deseño da columna impermeabilizante en función dos materiais que saian da canteira.

Curiosidades

  • A prensa da época destacaba como importante que por riba da presa pasaría unha estrada
  • No seu momento foi a cuarta presa máis alta de Europa no seu tipo.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do encoro de Portodemouros.
Aliviadeiro

Ponte sobre o aliviadeiro e detalle do arriostramento do muro.

Muro

Muro do aliviadeiro sobre o que tería que pasar a estrada.

Encoro de Portodemouro. Concellos de Santiso e Vila de Cruces. Río Ulla 20

Á dereita, Santiso; á esquerda, Vila de Cruces (parroquia de Loño). Río Ulla.

Encoro de Portodemouro. Concellos de Santiso e Vila de Cruces. Río Ulla 22

Embarcación que comunica Santiso e Loño.

Presa de Portodemouros

Vista da presa.

Encoro de Portodemouros - 01

Panorámica do encoro.

O encoro durante a seca primavera de 2012

Agolada, Brocos, Portomouros 01-03
Agolada, Brocos, Portomouros 01-05
Agolada, Brocos, Portomouros 01-15

Ruínas da antiga aldea de Brocos

Agolada, Brocos, Portomouros 01-23
Agolada, Brocos, Portomouros 01-34

Restos da igrexa parroquial

Agolada, Brocos, Portomouros 01-40
Agolada, Brocos, Portomouros 01-44
Agolada, Brocos, Portomouros 01-49

Véxase tamén

Ligazóns externas

22 de marzo

O 22 de marzo é o 81º día do ano do calendario gregoriano e o 82º nos anos bisestos. Quedan 284 días para finalizar o ano.

A Igrexa, Viñós, Arzúa

A Igrexa é un lugar da parroquia de Viñós no concello coruñés de Arzúa, na comarca homónima. Tiña 13 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 5 eran homes e 8 eran mulleres.

O lugar viuse afectado pola construción en 1970 do encoro de Portodemouros, e tralo asolagamento do lugar vello polas augas do río Ulla, foi reconstruído noutro emprazamento.

Arnego, Vila de Cruces

Santa María de Arnego é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 35 habitantes (18 mulleres e 17 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 50 habitantes.

Beigondo, Santiso

San Cosme de Beigondo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Santiso. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 63 habitantes (29 homes e 34 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 64 habitantes e 1999 cando tiña 71 habitantes.

Brocos, Agolada

San Miguel de Brocos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 62 habitantes (36 homes e 26 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Galería de imaxes de Santiso

Galería de imaxes do concello de Santiso na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de Vila de Cruces

Galería de imaxes do concello de Vila de Cruces na provincia de Pontevedra.

Illa da Altura

A Illa da Altura é unha illa de terra a dentro, pois formouse co encoro de Portodemouros no río Ulla.

Situada na parroquia de Beigondo do concello de Santiso, na Coruña, ten unha extensión de 58,14 hectáreas, sendo unha das máis grandes da Galicia interior.

Está rodeada toda ela por o río Iso, e ten unha altura sobre a cota máxima do encoro de 81 m, sendo a súa elevación máxima con respecto ao mar de 325 m.

Está dedicada a monte e, cando o nivel da auga baixa, convértese nunha península.

Loño, Vila de Cruces

San Mamede de Loño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE de 2012 tiña 111 habitantes (61 mulleres e 50 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 156 habitantes.

Murgás, Turces, Touro

Murgás é unha pequena aldea da parroquia de Turces, no concello de Touro. É veciña de Murgás de Beseño.

A poucos quilómetros do encoro de Portodemouros, Murgás destaca pola súa tradición queixeira, con empresas integradas na denominación de orixe Arzúa-Ulloa. Tamén ten un museo sobre a historia do queixo.

Na contorna da aldea atópanse numerosas carballeiras onde se atopan corzos, xabaríns, coellos, porcoteixos, miñatos, raposos e demais especies da flora e da fauna típica do bosque caducifolio atlántico.

PO-905

A PO-905 é unha estrada da rede primaria complementaria da Xunta de Galicia que une Vila de Cruces con Arzúa, continuando como AC-905 (cunha nova quilometraxe) a partir do límite coa provincia da Coruña. Ten unha lonxitude de 11,11 quilómetros e atravesa lugares de interese como o encoro de Portodemouros e o Museo do Mel. O tramo Vila de Cruces-Portodemouros foi reformado máis pronto, mentres que a parte coruñesa tivo unha reforma máis tardía. No encoro de Portodemouros aínda conserva o vello trazado pola imposibilidade de reforma.

Portodemouros, Dombodán, Arzúa

Portodemouros é un lugar da parroquia de Dombodán no concello coruñés de Arzúa, na comarca homónima. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2010 tiña 16 habitantes (sete homes e nove mulleres).

Está a carón da parroquia homónima de Portodemouros, do concello de Vila de Cruces, pero co río Ulla polo medio. A esa altura está o encoro de Portodemouros.

Portodemouros, Vila de Cruces

A parroquia de San Salvador de Portodemouros está situada ao noroeste do concello de Vila de Cruces, Portodemouros é unha das máis pequenas parroquias do concello.

O seu relevo é fortemente pronunciado cara ao norte, é dicir cara ao río Ulla, que nesta parte do seu percorrido está estancado no encoro de Portodemouros que toma o seu nome desta parroquia.

Parte do territorio de Portodemouros atópase na actualidade debaixo da auga, pero o encoro non afectou a ningún lugar da parroquia que ten dous (Arxe é Outeiro).

Conta cunha igrexa parroquial que na zona se coñece como a capela do San Ramón, por ser a festa dedicada a este Santo máis popular ca parroquial, San Salvador.

No lugar de Outeiro naceu Luis Otero Pimentel, escritor e militar, Gobernador da provincia de Manzanillo, no ano 1898 en plena guerra de Cuba, escribiu un libro de poesía titulado As campanas de Duxame, dedicado sen dúbida a lindante parroquia de Duxame.

Río Arnego

O río Arnego é un río da provincia de Pontevedra.

O río Arnego ten o seu nacemento a 800 metros de altitude, na Pena de Francia (Serra do Faro) ao unírense varios regatos. Logo de recibir os cursos de auga do Alemparte, Pedroso, Gurgueiro, Parada, Cadrón, Vilariño, e Brantega, desemboca no río Ulla en Brocos, á entrada do encoro de Portodemouros.

Río Ulla

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

Santiso

Santiso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide.

Sobreira

A sobreira (Quercus suber L.) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais), espontánea e cultivada no sur de Europa e norte de África e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza. Recibe en galego diferentes nomes comúns, entre os máis difundidos están corticeiro e corticeira.

Tronceda, Arzúa

Santa María de Tronceda é unha das parroquias máis pequenas do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 34 habitantes (15 mulleres e 19 homes), 20 menos ca en 1999. Ten dous núcleos de poboación: Tronceda a Nova, onde se empraza a igrexa e a escola, e Tronceda a Vella.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.