Encoro de Caldas

O encoro de Caldas sitúase no río Umia, a un quilómetro da vila de Caldas de Reis, augas arriba. Ten unha capacidade de case sete millóns de metros cúbicos, e ocupa unha superficie de 81,7 hectáreas, cunha conca de 182 km² e un caudal medio de 9m³/s. Ten coma función a regulación do río Umia, así como o abastecemento de auga de boca a comarca do Salnés.

Caldas de Reis. Encoro
Encoro de Caldas

Historia e características

Xa nos anos setenta o goberno civil de Pontevedra encargara un anteproxecto de abastecemento de augas á Mancomunidade do Umia.

No 1973 redactouse un proxecto de construción dunha presa de materiais soltos de 40 metros de altura sobre o leito do río. Dado que non foron tidas en conta tódalas condicionantes do terreo, a Confederación Hidrográfica do Norte suspendeu o proxecto e encomendou un novo estudo xeolóxico.

No ano 1992, dadas as frecuentes inundacións de Caldas, fíxose un estudo hidráulico das crecidas, é de acordo co Proxecto de Directrices do Plan Hidrolóxico das Cuncas de Galicia, a petición da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia, redactouse un novo anteproxecto no que se contemplaba unha presa de gravidade de planta recta.

Foi sometido a información publica no ano 1995, e no 1996 fíxose a declaración de impacto ambiental. No 1997 unha unión temporal de empresas formada por Dragados-Abeconsa fíxose co concurso de proxecto e a execución da presa, cambiando o seu deseño a unha de gravidade de planta curva.

A construción da presa, cun volume de 45.000 m³ de formigón, foi executada nun prazo de 24 meses, entre marzo de 1998 e febreiro de 2000.

A presa

Presa de Caldas
Presa de Caldas
  • Altura sobre cimentos: 36,50 m.
  • Lonxitude de coroación: 206 m.
  • Ancho na coroación: 7 m.
  • Tipo de aliviadeiro: mixto
  • Nº vaos: 4 de 13 m.
  • Comportas: 2 tipo sector
  • Capacidade de escoamento: 425m³/s. en trampolín
Caudal ecolóxico

O caudal ecolóxico, referido a un río ou a calquera outro leito de auga corrente, é o caudal mínimo que debe manterse nun curso fluvial ó construír unha presa hidráulica, na captación ou derivación, de forma que non se alteren as condicións naturais do biótopo e se garanta o desenvolvemento da vida fluvial de igual xeito á que existira anteriormente, como:

Os hábitats naturais que acubillan unha riqueza de flora e fauna.

As funcións ambientais como dilución de poluentes.

O amortecemento dos extremos climatolóxicos e hidrolóxicos.

A preservación do paisaxe.A determinación do caudal ecolóxico dun río ou arroio se fai segundo un coidadoso análise das necesidades mínimas dos ecosistemas existentes no área de influencia da estrutura hidráulica que, dalgunha forma, vai a modificar o caudal natural do río ou arroio.

Galería de imaxes de Caldas de Reis

Galería de imaxes do concello de Caldas de Reis, na provincia de Pontevedra.

Lista de encoros de Galicia

Esta é unha lista dos encoros existentes nos ríos galegos, ordenada por provincias e cos nomes dos ríos nos que se atopan.

Nunca Máis

Nunca Máis é unha plataforma creada en 2003 poucos días despois de se afundir o petroleiro Prestige fronte ás costas galegas. Esta organización aglutinou dende entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables.

Con múltiplas manifestacións de variado carácter esixiu a declaración de Galiza como zona catastrófica e a inmediata dotación de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medioambientais e para a saúde provocadas polo sinistro. Tamén reclamou a posta en marcha de mecanismos de prevención que impedisen que feitos coma este se volvan a repetir no futuro.

Xosé María Torné fixo o deseño da súa bandeira.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.