Encoro de Belesar

O encoro de Belesar é un pantano artificial creado en 1963 no río Miño (o máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros. Ten unha potencia máxima de 227 MW, e produce unha media de 732 GWh ó ano.

A presa, construída entre os concellos de Chantada e O Saviñao, toma o seu nome do núcleo onde primeiro se proxectou, o lugar de Belesar (nas parroquias de Belesar e Diomondi), situado a unha distancia de 4,5 quilómetros río abaixo, no Encoro dos Peares.

Coordenadas: 42°37′44″N 7°42′45″O / 42.62889, -7.71250

Encoro de Belesar
Encoro de Belesar, novembro 2007
Localización administrativa
EstadoEspaña
Localización xeográfica
ContinenteEuropa
CuncaRío Miño
Características
Superficie2.000 hectáreas
Profundiade máxima135 m
Capacidade654,5 hm³
Outros datos
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaLugo
ConcellosTaboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín
Tipo e usopantano artificial
central hidroeléctrica

Construción

Foi creado para abastecer unha central hidroeléctrica, operada na actualidade pola empresa Gas Natural Fenosa. A presa é obra do enxeñeiro Luciano Yordi de Carricarte, e o edificio de control da central eléctrica do arquitecto Juan Castañón de Mena. No encoro traballaron forzados presos políticos, que vivían en condicións moi duras. Polos terreos expropiados para a súa construción pagáronse prezos moi baixos[1] .

A construción do encoro supuxo anegar case 2.000 hectáreas de terreo fértil, ademais da desaparición do Castro Candaz e da vila de Portomarín, que se reedificou preto da súa antiga localización. Outros lugares habitados desapareceron tamén baixo as aguas do encoro, como Mourulle, Pincelo, Abeledo ou Portomeñe.

Notas

  1. Bugallal, Isabel. La Opinión da Coruña, ed. "La curva de Chano Yordi". Consultado o 15 de setembro de 2013.

Galería de imaxes

Encoro de Belesar

Encoro de Belesar.

SanVitorio.OSavinao.Lugo.Espana-EmbalseBelesar

Vista desde San Vitoiro de Ribas de Miño, á altura da desembocadura do río Sardiñeira.

Conxunto Castro Candaz

Vista de Castro Candaz

Miño Belesar

Vista do Miño na desembocadura do río Enviande.

Encoro de Belesar, presa

Vista da presa.

Presa do encoro de Belesar

Vista da presa.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Eiré, Afonso (2013). Hércules, ed. Belesar. O orgullo de España. A Coruña. ISBN 978-84-92715-71-8.

Ligazóns externas

Anguía

A anguía, tamén coñecida como airoa, eiroa ou anguía europea (Anguilla anguilla) é un peixe teleósteo da familia dos anguílidos.

Belesar

O topónimo Belesar pode referirse a:

Belesar, parroquia do concello de Baiona;

Belesar, parroquia do concello de Chantada;

Belesar, lugar de dita parroquia;

Belesar, parroquia do concello de Vilalba;

Belesar, lugar da parroquia de Melias, no concello de Coles;

Belesar, lugar da parroquia de Vilasouto, no concello do Incio;

Belesar, lugar da parroquia de San Xoán do Campo, no concello de Lugo;

Belesar, lugar da parroquia de Diomondi, no concello do Saviñao.

O encoro de Belesar, no río Miño.

Belesar, Belesar, Chantada

Belesar e un lugar da parroquia de Belesar no concello de Chantada, na provincia de Lugo, comarca de Chantada. No ano 2008 tiña 9 habitantes, dos que 5 eran homes, e 4 eran mulleres; o que supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2006.

Deste lugar toma o nome o encoro de Belesar.

Carballedo

Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés.

Castelo, Taboada

Santa María de Castelo é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 89 habitantes (52 mulleres e 37 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 143 habitantes.

Castro Candaz

O Castro Candaz son os restos dun poboado castrexo e fortaleza medieval, situados entre as desembocaduras do río da Lama e o río Enviande no río Miño, na parroquia de Pedrafita (Chantada). Actualmente está asolagado polas augas do encoro de Belesar.

Chantada

Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».

Espazos naturais de interese local

Os espazos naturais de interese local (ENIL) e os espazos privados de interese natural (EPIN) son figuras de protección de espazos naturais públicos e privados recoñecidos polo goberno galego. Son espazos naturais, que pola súa fauna ou flora, hábitats ou interese locais de conservación, os concellos, mancomunidades ou propietarios particulares lle propoñen ao goberno galego para a súa declaración acompañados dun plano de conservación. Se o goberno avalía como válido o plano de actuacións decláranse o ENILs ou EPINs. O goberno galego vela polo cumprimento dos compromisos de conservación que as entidades públicas ou privadas adquiriron. Porén, estes espazos non forman parte da rede galega de espazos naturais.

Galería de imaxes de Chantada

Galería de imaxes do concello de Chantada na provincia de Lugo.

Loio, Paradela

San Xoán de Loio é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2010 tiña 19 habitantes (10 mulleres e 9 homes), dez menos ca en 1999.

Pedrafita, Chantada

Santa Baia de Pedrafita é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 99 habitantes, deles 48 eran homes e 51 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 129 habitantes.

Portomarín

Portomarín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2017) conta con 1.508 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é portomarinense.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Río Enviande

O río Enviande é un río que discorre polo concello de Chantada. Nace na serra do Faro e desemboca no río Miño ao lado do castro Candaz.

O seu tramo final natural adoita estar anegado polo encoro de Belesar, que anegas o val utilizado para plantar vide en socalcos até a construción da presa.

Río Loio

O río Loio é un río galego afluente do Miño, que transcorre por terras de Portomarín e Paradela, en Lugo. Trátase dun curso de auga que avanza paralelamente ao Camiño de Santiago e está situado nas inmediacións dun importante conxunto paisaxístico e arquitectónico, con lugares de referencia como a capela de Portocarneiro ou o Santa María de Loio. Morre no encoro de Belesar. Ten varios saltos de auga, o maior deles de oito metros de altura.

En 2012 a asociación ecoloxista ADEGA denunciou a intención de abrir tres minicentrais no seu curso.

Río Sardiñeira

O río Sardiñeira é un río galego da provincia de Lugo, afluente pola marxe esquerda do río Miño, que desauga nel á altura do encoro de Belesar, dentro do concello do Saviñao, (Lugo).

San Vitoiro de Ribas de Miño, O Saviñao

San Vitoiro de Ribas de Miño é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 163 habitantes (81 homes e 82 mulleres), un máis ca no ano anterior.

Taboada

Taboada (do latín tabulatam, aplicado a un terreo chairo, de tabula, "táboa") é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. No 2017 contaba con 2.862 habitantes.

É unha porta natural á Ribeira Sacra: atópase no norte da comarca de Chantada, ao pé da serra do Faro e na beira occidental do encoro de Belesar sobre o río Miño.

Xosé Castro Veiga

Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto, nado en Boelle, Arxemil (O Corgo) o 11 de febreiro de 1915 e finado en San Fiz de Asma (Chantada) o 10 de marzo de 1965, foi o derradeiro guerrilleiro da loita antifranquista, morto pola Garda Civil preto do encoro de Belesar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.