Enciclopedia Treccani

A Enciclopedia Italiana di Scienze, Lettere ed Arti (do italiano "Enciclopedia italiana de Ciencias, Letras e Artes"), máis coñecida como Treccani polo seu desenvolvedor Giovanni Treccani, ou Enciclopedia Italiana, é unha enciclopedia en lingua italiana. A publicación Encyclopaedias: Their History Throughout The Ages, considéraa unha das meirandes enciclopedias, xunto coa Encyclopædia Britannica Undécima Edición e a Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana.

Historia

A primeira edición foi publicada entre 1929 e 1936.[1] En total, 35 volumes foron publicados, máis un volume de índice. O conxunto contivo 60.000 artigos e 50 millóns de palabras.[2] Cada volume ten arredor de 1.015 páxinas, e 37 volumes suplementarios foron publicados entre 1938 e 2015. O director foi Giovanni Gentile e o redactor en xefe Antonino Pagliaro.

Notas

  1. "Enciclopedia italiana di scienze, lettere ed arti."
  2. Treccani Degli Alfieri, Giovanni.

Véxase tamén

Ligazóns externas

August Leskien

Johann Heinrich August Leskien, nado en Kiel o 8 de xullo de 1840 e morto en Leipzig o 20 de setembro de 1916, foi un lingüista e filólogo alemán, expoñente da escola neogramática que influíu profundamente na indoeuropeística entre os séculos XIX e XX. O seu nome está unido á lei que promulgou: a Lei de Leskien sobre a regularidade do cambio fonético.

Bedřich Hrozný

Bedřich Hrozný, nado en Lysá nad Labem o 6 de maio de 1879 e finado en Praga o 12 de decembro de 1952, foi un lingüista, orientalista e arqueólogo checo, que destacou por ser o primeiro en descifrar o hitita e a recoñecela como lingua indoeuropea.

Berthold Delbrück

Berthold Gustav Gottlieb Delbrück (nado en Putbus o 26 de xullo de 1842 e morto en Jena o 3 de xaneiro de 1922) foi un lingüista e filólogo alemán, expoñente da escola neogramática que influenciou grandemente a indoeuropeística entre os séculos XIX e XX

Ducado de Amalfi

O Ducado de Amalfi (tamén República de Amalfi) foi un antigo estado gobernado, entre o século IX e o XII, por unha serie de duques ((en latín) duces), ás veces chamados dogos en analoxía coa rival República de Venecia. Xunto coa República de Pisa, Xénova e Venecia, é unha das repúblicas marítimas máis coñecidas e está presente co propio brasón na bandeira da Mariña militar italiana. Por dous séculos foi a máis poderosa das repúblicas marítimas.

Ducado de Gaeta

O Ducado de Gaeta é o ducado que no Medioevo estaba á fronte da cidade tirrénica homónima.

Eduard Sievers

Eduard Georg Sievers, nado en Lippoldsberg o 25 de novembro de 1850 e morto en Leipzig o 30 de marzo de 1932, foi un lingüista e filólogo alemán, expoñente da escola neogramática que influíu profundamente na indoeuropeística entre os séculos XIX e XX e coñecido sobre todo polos seus estudos sobre textos en saxón e inglés antigos.

Enciclopedia

Unha enciclopedia é unha obra de referencia que é compendio de información que abrangue tódalas pólas do coñecemento humano. As enciclopedias están divididas en artigos ou entradas, que están ordenados por orde alfabética segundo o nome do artigo. As entradas de enciclopedia son máis longas e achegan información máis polo miúdo que os dicionarios. Ó contrario que as entradas de dicionario, que se centran en información lingüística sobre as palabras, os artigos das enciclopedias céntranse en información factual relativa ó suxeito do artigo.As enciclopedias existen dende hai 2 000 anos, sendo a máis antiga que se coñece Naturalis historia, escrita arredor do ano 77 por Plinio o Vello. As enciclopedias modernas evolucionaron dende os dicionarios arredor do século XVII. Historicamente, algunhas enciclopedias estaban contidas nun só volume, mentres que outras, como a Encyclopædia Britannica, a Enciclopedia Treccani (62 volumes, 56 000 páxinas) ou a meirande do mundo, Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (118 volumes, 105 000 páxinas), convertéronse en grandes obras multivolume. Algunhas enciclopedias modernas, como a Wikipedia, son electrónicas e de contidos libres.

Hermann Osthoff

Hermann Osthoff, nado en Unna o 18 de abril de 1847 e finado en Heidelberg o 7 de maio de 1909, foi un lingüista e filólogo alemán, expoñente da escola neogramática que influíu profundamente na indoeuropeística entre os séculos XIX e XX.

Hermann Paul

Hermann Otto Theodor Paul, nado en Magdeburgo o 7 de agosto de 1846 e morto en Múnic o 29 de decembro de 1921, foi un filólogo alemán, expoñente da Escola neogramática que influíu profundamente na indoeuropeística entre os séculos XIX e XX.

Jeronim de Rada

Jeronim de Rada (coñecido en italiano como Girolamo De Rada, e orixinariamente como Girolamo Rada), nado en Macchia Albanese o 19 de decembro de 1814 e finado en San Demetrio Corone o 28 de febreiro de 1903, foi un escritor, xornalista arbëreshë, unha das principais figuras do movemento cultural e literario albanés do século XIX e o iniciador da literatura albanesa moderna, asociado tamén ao movemento pola independencia de Albania.

Lucia Travaini

Lucia Travaini, nada en Roma o 3 de agosto de 1953, é unha numismática e arqueóloga italiana profesora de Numismática Medieval e Moderna na Universidade de Milán.

Wilhelm Braune

Wilhelm Theodor Braune (nado en Großthiemig o 20 de febreiro de 1850 e morto en Heidelberg o 10 de novembro de 1926) foi un filólogo e filósofo alemán, expoñente da escola neogramática que influenciou profundamente a indoeuropeística entre os séculos XIX e XX.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.