Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.
Enciclopedia Galega Universal
Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo
Detalle do lombo dun dos volumes da enciclopedia
Autor/aVéxase redacción e asesores
Ilustrador/aJ. María Arana
Xaime Asensi
Kiko Da Silva
María Lires.
OrixeGalicia.
LinguaGalego
Tema(s)Temática xeral e galega.
Xénero(s)Consulta (enciclopedia).
EditorialIr Indo Edicións
Data de pub.1999-2002.
Formato16 tomos
Páxinasmáis de 8.000
ISBN84-7680-288-9

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións[1]. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.[2]

Características

O seu editor foi Bieito Ledo Cabido e os directores Xosé Antonio Perozo Ruiz e o propio Bieito Ledo.[3]

Parte dos contidos universais proceden da Enciclopèdia Catalana, que foron actualizados e versionados ao galego. Conta con entradas dos santuarios, portos, aeroportos e principais vías de comunicación, centros turísticos, edificios e demais elementos do patrimonio arquitectónico monumental ou do patrimonio natural de especial interese en e para Galiza. Do mesmo xeito, inclúense os principais accidentes do relevo, do litoral e mais as augas continentais. Cartografía polo miúdo as 53 comarcas galegas e os 315 concellos con máis de 4.000 parroquias.

Conta cun 60% de temas universais contemplados desde a perspectiva de Galiza, e dun 40% de temas propiamente galegos.[1]

Redacción

Entre outros: Isabel Acea Méndez, Irene Álvarez López, María Luisa Álvarez Martín, María Romina Álvarez Troncoso, María Celia Ameneiro Bravo, Diego Araúxo Souto, Luis Baltar Gardón, María Cruz Buján Vareal, María Asunción Canal Covelo, Elena Carballo Ferrer, Lucía Docampo Martínez, Xesús Domínguez Dono, Juan Luis Domínguez Rodríguez, Carmen Fernández García, Miguel A. Fernández Martínez, Eva María Fernández Nieto, Silvia Figueira Blanco, Alejandro Garrido Alonso, Inés González de Castro, Antía González Fernández, Clara González Fernández, Alfredo Iglesias Diéguez, Ana Isabel López Pérez, Sara Lorenzo Nogueira, Manuel Antonio Lourenzo Sobral, Antia Marcote Cal, María Isabel Mejuto Seijido, Teresa Monteagudo Cabaleiro, Laura Montes García, María del Mar Ordóñez Reboiras, Carmen Otero Parada, Sonia Outes Fernández, Mercedes Pacheco Vázquez, Emilio Pallarés Álvarez, Susana Pereira Fiuza, María del Carmen Pereiro González, María del Mar Porto Folgar, Anxo Xoán Rajó Pazó, Pedro Israel Ramos Rivas, Mónica Rei Santiago, Alexandre Rodríguez Gómez, Gerardo Rodríguez Meiriño, Iria Treig Comesaña, Beatriz Varandas González e Francisco Varela Losada.[4]

Asesores

Xosé González Martínez (administración), Clodio González Pérez, Manuel Mandianes Castro, Xosé Ramón Mariño Ferro (antropoloxía), Xesús Ferro Ruibal (antroponimia), Xosé Luis Mateo Álvarez, Iago Seara (arquitectura), X. M. García Iglesias, Antón Pulido Novoa (arte), Uxío Labarta Fernández, Carlos Cabido (Bioloxía), Miguel Anxo Fernández, Xosé María Folgar, Ángel Luís Hueso Montón, Manuel Villanueva de Castro (cine), Antón Gómez Segade, Álvaro X. López Mira (dereito), Antonio Erias, Enrique Vázquez Pita, Manuel V. Sola (economía), Antón Costa Rico (educación), Manuel José Fernández Iglesias, Martín Llamas Nistal (enxeñaría, informática), Francisco Castro Veloso (filosofía), Fernando Ramos Fernández (forzas armadas), Guillermo Campos Piñón (gastronomía), Xosé Ramón Barreiro, Ermelindo Portela Silva, Ramón Villares (historia), Xaquín Marín, Siro López (humor), Francisco Fernández Rei, Manuel González González, Paulino Novo Folgueira, María Dolores Sánchez Palomino (lingua), Basilio Losada Castro, Modesto Hermida García, Anxos Vázquez Rodríguez (literatura), Mercedes Brea, Ramón Lorenzo Vázquez (literatura medieval), Blanca Roig Rechou (literatura infantil), Agustín Sixto Seco (medicina), María Xosé Porteiro (medios de comunicación), Dionisio Pereira (movemento obreiro), Ramón Castromil, Blanca Lorenzo Royo (música clásica), Vicente Araguas (música pop), Enrique Alvarellos Iglesias, Xosé Luis Blanco Campaña (música popular), Xabier Akerman Alonso-Rebollo (naturopatía), Ángel Sicart Giménez (patrimonio), Enrique López Veiga (pesca e política comunitaria), Francisco Ínsua Meirás (psicoloxía), Xosé Luís Barreiro Rivas (política), Alberto Pena Rodríguez (publicidade), Xosé María Díaz Fernández, Waldo García Romero (relixión), Eduardo Pardo de Guevara (simboloxía e heráldica), Gabriel Vázquez Fernández (socioloxía), Manuel F. Vieites (teatro), Andrés Torres Queiruga (teoloxía), Gonzalo Navaza Blanco (toponimia) e Román Rodríguez González (xeografía).[4]

Amais, a lista de colaboradores ten 514 nomes.

Opinión dos expertos

A enciclopedia vén avaliada pola opinión de expertos en diferentes campos do saber tal que Vicente Araguas, Agustín Sixto Seco, Xosé Luís Barreiro Rivas, Andrés Torres Queiruga, Basilio Losada, Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Carlos Casares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Fernández del Riego, Clodio González Pérez, Paulino Novo e Anxo Tarrío Varela.[5]

Recoñecementos

Foi Premio da Crítica Galicia 2001 e Trofeo Galeguidade 2003 da Enxebre Orde da Vieira.

Notas

  1. 1,0 1,1 Características xerais EGU
  2. Versión 'web' da Enciclopedia Galega Universal, nova en El País o 11 de xullo de 2008.
  3. Ficha da Enciclopedia Galega Universal na versión en liña da EGU
  4. 4,0 4,1 Enciclopedia Galega Universal.
  5. «A Enciclopedia Galega Universal vista polos expertos»

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Alfredo Iglesias Diéguez

Alfredo Iglesias Diéguez, nado en Vigo o 14 de setembro de 1966, é un profesor, paleoantropólogo e historiador galego, coordinador da área de ciencias sociais da Enciclopedia Galega Universal e membro fundador do Institut Charles Darwin International de París.

Antas de Ulla

Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2 152 habitantes (2 219 no 2012, 2 275 no 2011, 2 346 no 2010, 2 407 no 2009, 2 499 no 2008, 2 549 no 2007, 2 573 no 2006, 2 602 no 2005, 2 640 no 2004, 2 676 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é seoanés, ullán ou ullao.

Atanasio López Fernández

Atanasio López-Ordóñez y Fernández, O.F.M., nado en Boñar (provincia de León) o 12 de outubro de 1876 e finado en Santiago de Compostela o 1 de marzo de 1944, foi un relixioso franciscano, historiador, cronista xeral da provincia de Santiago, prolífico escritor e membro numerario da Real Academia Galega.

Diccionario enciclopédico galego universal

O Diccionario enciclopédico galego universal (DEGU) é unha obra enciclopédica alfabética, editada en galego, no ano 2003.

Dicionario biográfico de Galicia

O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.

Diciopedia do século 21

A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Edicións do Castro.

Ediciones Cardeñoso

Ediciones Cardeñoso é unha editorial galega.

Edicións Embora

Edicións Embora é unha empresa editorial fundada en Ferrol, en 1993, por Francisco Rodríguez López, os irmáns Carlos e Antonio Miragaya Casteleiro e Miguel Tovar Porta.

Editorial Compostela

A Editorial Compostela, fundada en 1938 en Santiago de Compostela por Juan Sáenz-Díez García, é a editorial do xornal El Correo Gallego, pertencentes ámbalas dúas empresas ao Grupo Correo Gallego.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Ir Indo

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.

Rías Baixas

As Rías Baixas son as rías galegas situadas entre a fronteira portuguesa e o cabo Fisterra.

De sur a norte son:

Ría de Vigo

Ría de Pontevedra

Ría de Arousa

Ría de Muros e Noia

Ría de CorcubiónEntre elas atópanse as seguintes baías e enseadas:

Ría de Baiona

Ría de AldánCaracterízanse polo seu tamaño, grandes en relación ó resto das rías de Galiza, e pola súa orientación transversal á costa. A súa colmatación é relativamente baixa.

Río Lagares

O río Lagares, ou río Gandariña, tamén chamado antigamente río Sárdoma, é o principal curso fluvial do concello de Vigo, na provincia de Pontevedra.

Saraxevo

Saraxevo, Saraievo ou Sarajevo (Sarajevo en bosníaco, croata e serbio latino, Сарајево en serbio cirílico) é a capital e principal cidade de Bosnia e Hercegovina. En 2013 a súa poboación era de 275.524 persoas (555.210 coa área metropolitana), o 80,74% bosníacos, o 4,94% croatas e o 3,78% serbios.

Simancas

Simancas é un concello da comarca da Campiña del Pisuerga, na provincia castelá de Valladolid. A súa poboación en 2016 era de 5.254 habitantes (2.662 homes e 2.592 mulleres).

Sotelo Blanco Edicións

Sotelo Blanco Edicións é unha empresa editorial galega, con sede en Santiago de Compostela. Foi creada por Olegario Sotelo Blanco no mes de marzo de 1980 e está especializada en publicacións narrativas, poéticas, infantís e ensaísticas. Ademais encárgase da publicación da revista trimestral A Trabe de Ouro, que acadou os cen números, dirixida por Xosé Luís Méndez Ferrín que inclúe artigos sociopolíticos e textos inéditos desde o ano 1990.

Verín

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é a segunda vila da provincia en poboación, despois de Ourense.

Vida Gallega

Vida Gallega foi unha revista mensual gráfica que fundou Jaime Solá en Vigo. O primeiro número saíu en xaneiro de 1909 con portada de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o último en 1938, publicándose un total de 697 números.

Xosé Antonio Perozo

Xosé Antonio Perozo Ruiz, nado en Llerena, Estremadura, o 28 de outubro de 1951, é un xornalista, editor e escritor en lingua galega e lingua castelá. Reside en Galicia dende os anos setenta. Traballou en diversos medios de comunicación e foi director da Área de Cultura da Televisión de Galicia, onde dirixiu e presentou o programa Visións (1987), A noite das badaladas (1988) e Ás de ouros (1989). Director da editorial Ir Indo e director da Enciclopedia Galega Universal, ten publicados máis dunha trintena de títulos que abranguen desde obras de teatro, contos infantís e libros de divulgación. É director literario de Auga Editora.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.