Encarnación

A encarnación é unha crenza común á maioría das confesións do cristianismo, que sosteñen que Deus se fixo home en Xesús de Nazaret. Trátase dun dogma fundamental que foi obxecto de enormes disputas no seu xeito de ser entendido. Dende o adopcionismo ata o monofisismo, pasando polo arianismo, o nestorianismo e o monotelismo.

María embarazada
María embarazada na fachada da igrexa de Santa María Salomé de Santiago de Compostela.

Evolución da crenza

Dos primeiros textos cristiáns: as cartas de San Paulo de Tarso e dos evanxeos sinópticos, despréndese a convicción de que no home Xesús se manifestou dun xeito pleno a Palabra de Deus e o seu Amor por todos e cada un dos homes. Na propia carta aos Efesios de Paulo de Tarso, chégase a afirmar que Xesús, sendo Deus, non retivo con cobiza a súa dignidade senón que se alienou da súa condición divina (kenosis) para facerse home e tomar a condición de escravo ata a súa entrega na cruz. Tal acontecemento concíbese como misterioso e insólito, pero deféndese como irrenunciable e nuclear para a fe das primeiras comunidades que acaban rexeitando o gnosticismo que afirmaba que a humanidade de Xesús era mera aparencia, e que non podía haber contacto entre a divindade e a carne, concibida como corrupción e impureza.

No capítulo primeiro de Xoán, o derradeiro dos evanxeos canónicos en escribirse, xa se afirma que no principio era o Verbo (o Logos), o Verbo estaba en Deus e o Verbo era Deus, engadíndose que o Verbo se fixo home e habitou entre nós. Identificando ao Verbo coa persoa de Xesús.

A maneira de interpretar esta convicción da presenza misteriosa do Logos en Xesús, a condición divina do Logos e da propia da persoa do home Xesús constitúen a historia central da dogmática e a teoloxía cristiá.

A través do home Xesús,(consonte a crítica histórica, un campesiño da aldea de Nazareth, que anunciou o reino de Deus e foi crucificado polos romanos), as confesións cristiás afirman que Deus entrou na dimensión espazo-temporal, compartiu plenamente a nosa natureza e experimentou humanamente o amor, o sufrimento moral e físico ata a mesma morte. Deste xeito, a encarnación é a base da doutrina da redención mediante a cal Deus mesmo dá un sentido á vida dos homes e abre para eles un destino transcendente. Estas ideas foron maduradas polas reflexións dos Pais da Igrexa e definidas nos primeiros concilios ecuménicos, particularmente o Primeiro Concilio de Nicea (non aceptado polos arianos), o Concilio de Éfeso (non aceptado polos nestorianos) e o Concilio de Calcedonia (non aceptado polas igrexas monofisitas).

A Encarnación no contexto das relixións

Esta concepción marca unha diferenciación fundamental co resto das relixións da antigüidade, onde o home a través do culto, a ofrenda e os sacrificios tenta achegarse á divindade e acadar o seu favor. No cristianismo a encarnación supón o movemento inverso: é o amor de Deus quen descende materializándose a través da concepción dun home nacido de muller, Deus intérnase na súa propia Creación e renova nela todas as cousas.

Afástase tamén aquí o cristianismo das relixións e filosofías que condenan a Creación e, xa que logo, a materia e a carne, como intrinsecamente malas (gnosticismo, planonismo, hinduísmo, budismo, maniqueísmo). Fronte a isto a Creación e o corpo reciben unha promesa, actuante xa, de renovación e plenitude.

Esta concepción fai incompatible o cristianismo mesmo coas relixións de raíz común: o xudaísmo e o islam. Para o primeiro, Xesús é un falso Mesías e asocialo a Deus unha blasfemia; para o segundo, Xesús é un dos grandes profetas que aparecen no Corán ata o punto en que Deus non permitiu que morrera na cruz, pero que de ningún modo pode ser considerado igual a El.

25 de marzo

O 25 de marzo é o 84º día do ano do calendario gregoriano e o 85º nos anos bisestos. Quedan 271 días para finalizar o ano.

Alfredo Stroessner

Alfredo Stroessner Matiauda, nado o 3 de novembro de 1912 en Encarnación, e finado o 16 de agosto de 2006 en Brasilia, foi un militar, político e ditador paraguaio. Foi Presidente de Paraguai entre o 15 de agosto de 1954 e o 3 de febreiro de 1989, onde exerceu unha ditadura que durou 35 anos.

Anno Domini

Anno Domini (en latín, no ano do Señor), abreviado A.D., é un indicador calendario que indica que a cifra antecedente está contada a partir do ano cristián do nacemento de Xesucristo, considerado o inicio da era cristiá.

No español contemporáneo emprégase con máis frecuencia o equivalente «logo de Cristo» (do grego Χριστός [jristós, o Unxido], referido a Xesús) abreviado d.C. para numerar os anos de éraa cristiá. Así, 1492 A.D. e 1492 d.C. representan ambos o ano en que Colón chegou a América.

Esta designación úsase para numerar os anos no calendario xuliano e o calendario gregoriano. A formulación latina orixinal Anno Dómini Nostri Iesu Christi foi simplificada posteriormente como Anno Dómini, sendo tal ano determinado no 525 por Dionisio o Exiguo na súa Táboa de Pascuas, adoptándose pola Europa occidental durante o século VIII e en Oriente no século XVI.

Anunciación

A Anunciación (do latín annuntiatio), tamén coñecida como a Anunciación para a benaventurada Virxe María, a Anunciación da Nosa Señora, ou a Anunciación do Señor, é a celebración cristiá do anuncio do anxo Gabriel á Virxe María, en Nazaret, segundo a cal ía concibir e ser a nai de Xesús, o Fillo de Deus, na súa Encarnación. Gabriel dixo a María que o nome do seu fillo sería Yeshua, que significa "YHWH é a salvación".Segundo o Evanxeo de Lucas a Anunciación ocorreu "no sexto mes" do embarazo de Isabel con Xoán Bautista. Moitos cristiáns observan este evento coa Festa da Anunciación, o 25 de marzo.

A Anunciación é un tema clave na arte cristiá en xeral, particularmente durante a Idade Media e o Renacemento. Unha obra de arte que representa a Anunciación é ás veces chamada unha Anunciación.

Asunción

Asunción (en guaraní: Paraguay), é a capital do Paraguai, centro industrial e cultural do país, é o seu principal porto con industrias de calzados, téxtiles e de tabacos. A poboación era de 501.000 habitantes en 1992. En 2006 alcanzaba 515.662 habitantes. A súa área metropolitana, denominada Gran Asunción,que inclúe os concellos de San Lorenzo, Lambaré, Fernando de la Mora, Luque, Mariano Roque Alonso, Ñemby, Villa Elisa e San Antonio, comprende unha cifra estimada próxima a 1 700 000 habitantes.

Asunción é unha das máis antigas cidades de América do Sur. O sitio foi descuberto por Juan de Ayolas, mais a cidade, nomeada inicialmente Nuestra Señora de la Asunción, foi fundada o 15 de agosto de 1537 por Juan de Salazar e Gonzalo de Mendoza. En 1731, unha insurrección encabezada par José de Antequera y Castro constituíuse nunha das primeiras rebelións contra os colonos españois. Logo da Guerra da Tripla Alianza (1865-1870), Asunción foi ocupada polas tropas brasileiras até 1876.

Avatar

Avatar é un termo de orixe sánscrita (avatâra significa 'o que descende'), e que no hinduísmo se refire á encarnación terrestre dun deus. Tamén significa iniciado. Por exemplo dise que o deus Krishna é a oitava encarnación de Vishnu.

Avataras

Os Avataras poden ser de dous tipos:

Manusíacos e bodhisátvicos

Os Manusíacos considéranse avataras organizadores, exemplo deles son Rómulo e Remo, Moisés, Mahoma, Zoroastro, Manco Kapac. Así estes avatares crean civilizacións que elevan o ser humano.

Os Bodhisátvicos, do sánscrito satwa (equilibrio interior) son avatares fundadores de relixións ou camiños espirituais. Exemplo destes son Buda, Krishna, Xesús, Tunupa, Lao Tsé.

Finalmente poden considerarse os avatares non encarnados, seres que coidan e protexen a humanidade.

Bárcena de Campos

Bárcena de Campos é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 55 habitantes (INE 2012).

Castromil, A Mezquita

Nosa Señora da Encarnación de Castromil é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense, limítrofe coa Provincia de Zamora. No ano 2007 tiña 72 habitantes, deles 33 eran homes e 39 eran mulleres.

O río Cádavos atravesa a parroquia.

Galaaz

Galaaz (en inglés: Galahad; en galés: Gwalchavad) é unha personaxe lendaria das historias do Ciclo Artúrico. Galaaz era un dos Cabaleiros da Táboa Redonda do Rei Artur e un dos tres que conseguiu alcanzar o Santo Graal. Era o fillo ilexítimo de Lancelot e de Elaine de Corbenic.

Galaaz era considerado o cabaleiro máis puro e, consecuentemente o único que podía sentar na Cadeira Perigosa da Táboa Redonda, un asento que ficaba sempre baleiro, xa que só o escollido aí se podería sentar. Pola súa pureza, Galaaz está considerado unha encarnación de Xesús na forma de cabaleiro.

Hermigua

Hermigua é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no norte da illa de La Gomera (Canarias).

Ten unha extensión de 39,67 km² e unha poboación de 2.170 habitantes (INE, xaneiro de 2007). A súa altitude é de 210 metros sobre o nivel do mar e ten unha Lonxitude de costa de 8,35 km

Algúns lugares de interese do municipio son o Convento de San Pedro (1598), a Igrexa da Encarnación e o Museo Etnográfico. Un dos casaríos de Hermigua é El Cedro, situado nos límites do Parque Nacional de Garajonay e dentro do bosque do mesmo nome caracterizado pola presenza de laurisilva.

Itapúa

Itapúa é un departamento de Paraguai. A súa capital é a cidade de Encarnación.

O nome provén do guaraní e alude ao lugar onde se fundou a capital departamental, Encarnación. Ese sitio era coñecido como itá (rocha, pedra) e puá (punta): "Punta de Pedra".

Limita polo norte cos departamentos de Caazapá e Alto Paraná, polo sur coa República Arxentina (Provincia de Misiones e Provincia de Corrientes), polo leste coa Provincia de Misiones e polo oeste co Departamento de Misiones.

Loja

Loja é un concello situado no extremo occidental da provincia de Granada, na Comunidade Autónoma de Andalucía, limítrofe coas provincias de Málaga e de Córdoba. Segundo os datos do INE correspondentes ao ano 2015 conta cunha poboación de 20.893 habitantes e unha extensión de 444,7 quilómetros cadrados.

Entre os seus monumentos cómpre salientar a fortaleza militar árabe da Alcazaba e varias igrexas construídas no século XVI, como a Igrexa Maior da Encarnación, levantada sobre a antiga mesquita medieval da cidade.

Renault Sport F1

Renault Sport F1 é a encarnación actual da participación de Renault na Formula 1., fundada a finais de 2010, cando o fabricante de automóbiles vendeu o 25 por cento da súa participación na propiedade do equipo Renault F1 con base en Enstone, ao accionista principal Genii Capital, pero mantivo o control para se mesmo da fábrica de motores de Viry Châtillon.

Satanás

Satanás ou Satán é o termo polo que as relixións abrahámicas designan unha entidade suprasensible que representa a encarnación suprema do Mal.

O termo procede do latín satāna, e este á súa vez do arameo שטנא shatán 'adversario', 'inimigo', 'acusador'; árabe شيطان shaitan, co significado de 'descarreirado', 'distante', ou ás veces 'diaño'.

Subdivisións de Paraguai

As subdivisións do Paraguai chámanse Departamentos. Vexa abaixo a relación dos 17 departamentos máis o distrito de Asunción, en orde alfabética (a numeración corresponde á do mapa).

Alto Paraguay (Fuerte Olimpo)

Alto Paraná (Ciudad del Este)

Amambay (Pedro Juan Caballero)

Asunción (Distrito Capital)

Boquerón (Filadelfia)

Caaguazú (Coronel Oviedo)

Caazapá (Caazapá)

Canindeyú (Salto del Guairá)

Central (Areguá)

Concepción (Concepción)

Cordillera (Caacupé)

Guairá (Villarica)

Itapúa (Encarnación)

Misiones (San Juan Bautista)

Ñeembucú (Pilar)

Paraguarí (Paraguarí)

Presidente Hayes (Pozo Colorado)

San Pedro (San Pedro)Por data de creación, a orde sería a seguinte:

Concepción (Concepción)

San Pedro (San Pedro)

Cordillera (Caacupé)

Guairá (Villarica)

Caaguazú (Coronel Oviedo)

Caazapá (Caazapá)

Itapúa (Encarnación)

Misiones (San Juan Bautista)

Paraguarí (Paraguarí)

Alto Paraná (Ciudad del Este)

Central (Areguá)

Ñeembucú (Pilar)

Amambay (Pedro Juan Caballero)

Canindeyú (Salto del Guairá)

Presidente Hayes (Pozo Colorado)

Boquerón (Filadelfìa)

Alto Paraguay (Fuerte Olimpo)

Asunción (Distrito Capital)

The Stooges

The Stooges (tamén coñecida coma Iggy and The Stooges) é unha banda estadounidense de hard rock procedente de Ann Arbor, Míchigan activa inicialmente de 1967 ata 1974, e posteriormente reunida no ano 2003. A pesar de vender moi poucos discos na súa primeira encarnación e de tocar a miúdo para un público indiferente e incluso hostil, The Stooges é considerada unha banda decisiva na aparición do punk rock, así como un grupo influinte para o rock alternativo, o heavy metal e o rock en xeral.

En 2016 estrenase a película documental Gimme Danger, dirixida por Jim Jarmusch sobre a banda, proxectandose no Festival de Cannes.

United Artists

United Artists (UA) é un estudio estadounidense de cine e televisión. O estudio foi fundado en 1919 por D. W. Griffith, Charlie Chaplin, Mary Pickford e Douglas Fairbanks coa intención de controlar os seus propios intereses para non depender dos estudios comerciais potentes.Unha encarnación de United Artists foi formada en novembro 2006 como sociedade entre o actor e produtor Tom Cruise e o seu socio de produción, Paula Wagner, e Metro-Goldwyn-Mayer. Paula Wagner deixou o estudio o 14 de agosto de 2008. Cruise posuíu unha pequena participación do estudio até 2011.

Vera, Almería

Vera é un concello español da provincia de Almería, en Andalucía. Atópase a 92 km de Almería, no leste da provincia. En 2014 tiña 15.018 habitantes.

O termo municipal limita ao norte con Cuevas del Almanzora, ao sur con Garrucha, Mojácar, Turre e Los Gallardos, e ao oeste con Antas. O concello ten sete quilómetros de praia (a de Puerto Rey e a de El Playazo). Preto da costa atópase a lagoa de Puerto Rey, declarada recentemente reserva natural.

Entre os seus monumentos destacan a igrexa fortaleza da Nosa Señora da Encarnación, o Convento dos Pais Mínimos, a Capela de San Agustín, as ermidas da Nosa Señora das Angustias, San Ramón e a Virxe das Hortas, a praza de touros, a Fonte dos Catro Caños, o Cerro do Espírito Santo e a Glorieta. Ademais, en Vera hai un museo etnográfico e arqueolóxico.

Viguesa de Transportes S. L.

Viguesa de Transportes S. L. (Vitrasa), é unha empresa de transportes viguesa, responsable do transporte público urbano nesa cidade en réxime de concesión municipal desde 1968. Actualmente mudou o seu nome a Urbanos de Vigo S.L, aínda que o seu nome comercial continúa sendo VITRASA.

Ademais explota en réxime de concesión autonómica, dúas liñas, entre o Alto da Encarnación e Vigo, e entre Negros e Bouzas (liñas C3 e 28, respectivamente), unindo o concello de Vigo co de Redondela.

En 2007 contaba cunha frota de 118 autocares, cubrindo un total de 35 liñas. Debido ás cláusulas da concesión para a explotación do servizo, Vitrasa non pode aumentar o tamaño da súa frota dedicada ó transporte urbano de pasaxeiros.

No ano 2006 transportou 22,5 millóns de pasaxeiros, o que supuxo un aumento dun 4% respecto ó ano anterior, supoñendo o cuarto ano consecutivo que rexistraba un aumento de viaxeiros.

Nese ano a media de viaxeiros de Vitrasa situábase nuns 80.000 usuarios diarios, sendo a liña Circular Centro a máis utilizada, cunha media de 5.500 usuarios. Nese mesmo período os autocares de toda a rede percorreron entre 23.000 e 24.000 quilómetros, realizando aproximadamente uns 7 millóns de viaxes.

Vitrasa foi creada como sociedade anónima, en maio de 1968, logo de resultar adxudicataria da concesión municipal do transporte público urbano.

Ese mesmo ano, en xullo, presentou os seus primeiros autocares ó público, nun acto celebrado na explanada fronte ó Real Club Náutico de Vigo. Eran trinta autocares e dous microbuses, de cor azul, que daban servizo en 16 liñas.

En decembro de 1994, finalizada a concesión municipal, convocouse un novo concurso, resultando novamente adxudicataria Vitrasa, por un período de 25 anos.

Unha das condicións desta nova concesión foi o cambio da cor dos autocares, da vermella que tiña desde 1986, á verde e branca que levan desde entón.

En 2001 empezou unha remodelación da rede, buscando potenciar as liñas circulares e a implantación dun "billete de transbordo" entre diferentes liñas para completar a viaxe.

En marzo de 2002, xunto coas sociedades Tuzsa (que explota o servizo de transporte urbano de Zaragoza) e Auto Res (sociedade de transporte de viaxeiros por estrada), creou o consorcio Avanza Grupo, co obxectivo de competir no sector de transportes a nivel estatal, converténdose no segundo operador de transportes por estrada no momento da súa creación, tralo grupo Alsa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.