En Marea

En Marea é un partido galego que xurdiu como unha candidatura para se presentar ás eleccións xerais de 2015 e ás eleccións autonómicas en 2016. A candidatura está inspirada nas candidaturas unitarias nas eleccións municipais de 2015 en Galicia. O nome da coalición nas papeletas era "En Marea (Podemos-En Marea-Anova-EU)"[2].

Trátase dunha coalición conformada por diversos partidos e plataformas:

Historicamente tamén formaron parte de En Marea os partidos políticos Podemos, Esquerda Unida e Anova-Irmandade Nacionalista, ata que se retiraron en xaneiro de 2019.

En Marea
En Marea logo
Dirixentes e organización
LíderLuís Villares[1]
Voceiro único
Historia
FundaciónNovembro de 2015
Coalición
30 de xullo de 2016
Partido
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia Participativa
Esquerdismo
Representación
Parlamento de Galicia
14 / 75
Congreso dos Deputados (Escanos galegos)
5 / 23
Senado de España (Escanos galegos)
1 / 18
Outros datos
Páxina webenmarea.gal

Candidaturas

Eleccións a Cortes Xerais 2015 Deputados Lugo en Marea.pdf
Eleccións Xerais 2015, candidatura por Lugo

En 2015 os cabezas de lista para o Congreso dos Deputados foron Antón Gómez-Reino pola provincia da Coruña, Miguel Anxo Fernán Vello pola de Lugo, David Bruzos Higuero pola de Ourense e Alexandra Fernández Gómez pola de Pontevedra.

En Marea acadou a cifra de 6 deputados nas eleccións xerais do 2015, superando en votos ao PSdeG e converténdose canda os socialistas na segunda forza con máis representación de Galicia no parlamento de España. Ademais obtivo dous senadores, José García Buitrón pola Coruña e María Vanesa Angustia Gómez por Pontevedra, que de novo foron os primeiros senadores galegos da democracia de elección directa que non pertenceron a PP, PSOE ou a UCD.

Con 6 deputados, En Marea tentou formar grupo parlamentario propio no Congreso dos Deputados[Cómpre clarificar], sen conseguilo, polo que se integou no de Podemos.

Nas eleccións do 22 de xuño de 2016 pasou a ter 5 deputados.

Resultados electorais

Cortes Xerais

Elección Votos % # Congreso Senado Gob. Notas
2015 410.698 25,01 2.º
6 / 23
2 / 16
Non Oposición
2016 347.542 22,18 3.º
5 / 23
1 / 16

Parlamento de Galicia

Elección Votos % # Deputados Gob. Notas
2016 271.418 19,07 2.º
14 / 75
Non Oposición

Notas

  1. «Villares se hace con el liderazgo de En Marea, pero los críticos amenazan con tumbar el pacto» La Voz de Galicia, 3 de abril de 2017
  2. «Galicia, sitio distinto para la confluencia con Podemos» El Diario. 6 de novembro de 2015.
  3. «MAREA PONTEVEDRA súmase a EN MAREA, coa idea de que tras o 20D se converta no novo proxecto común cooperativo democrático e cidadán». Marea Pontevedra. 13 novembro 2015.
  4. «Encontro por unha Marea Galega aprueba sumarse a la coalición de Podemos, Anova y EU» La Voz de Galicia. 2015-11-06.
  5. Ourense en Común apoiará á candidatura En Marea para as eleccións xerais do próximo 20 de decembro

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alexandra Fernández Gómez

Alexandra Fernández Gómez, nada en Vigo o 21 de outubro de 1988, é unha política galega de Anova-Irmandade Nacionalista.

Cerna (organización política)

Cerna é unha organización nacionalista galega de esquerda escindida de Anova - Irmandade Nacionalista, da cal foi unha corrente crítica. Está composta por uns 200 ex-militantes de Anova-IN. Os seus máximos dirixentes son Mario López Rico, Luís Eyré e Consuelo Martínez García.

Posteriormente, uniuse ao partido instrumental En Marea, no que confluíron Anova-IN, Esquerda Unida, Podemos e diversos colectivos locais co propósito de participar nas eleccións xerais.

Congreso dos Deputados de España

O Congreso dos Deputados é a cámara baixa das Cortes Xerais, o órgano constitucional que representa ao pobo español. Reúnese para sesións no Palacio das Cortes, situado na praza das Cortes de Madrid.

A Constitución de 1978 establece un Parlamento bicameral. As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Ámbalas dúas Cámaras representan o pobo español. As Cortes Xerais:

exercen a potestade lexislativa do Estado.

aproban os seus orzamentos.

controlan a acción do Goberno.

e teñen as demais competencias que lles atribúe a Constitución.No entanto, este bicameralismo non supón unha equiparación completa entre Congreso e Senado. A Constitución resérvalle ó Congreso unha serie de funcións e facultades que revelan a súa primacía. Deste xeito, o Congreso autoriza a formación do goberno, pode provoca-lo seu cesamento, coñece en primeiro lugar a tramitación dos proxectos lexislativos e dos orzamentos e debe confirmar ou rexeitar as emendas ou vetos que pode aprobar o Senado sobor destes textos lexislativos.

David Rodríguez Estévez

David Rodríguez Estévez, nado en Manzaneda en 1978, é un músico e político galego de En Marea.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

Eleccións xerais de España de 2015

O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España. Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España.

Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto, 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro, decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado. Tras estas eleccións comenzará a XI lexislatura das Cortes Xerais.

Foron convocadas polo Rei, a proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e previa deliberación do Consello de Ministros, mediante a expedición do real decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións, que entrou en vigor un día despois mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, en cumprimento do artigo 115 da Constitución e do 42, apartado primeiro, da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.Ese mesmo día celebráronse eleccións locais parciais en 30 municipios e en 113 entidades de ámbito territorial inferior al municipio que tralas eleccións do 24 de maio tiveron que ser repetidas pola falta de candidatos.O vencedor das eleccións foi o Partido Popular, presidido e liderado polo presidente Mariano Rajoy, que obtivo no Congreso dos Deputados unha maioría simple de 123 escanos (63 menos que en 2011) e un 28,72 % dos sufraxios, seguido do Partido Socialista Obrero Español de Pedro Sánchez, que obtivo o 22,01 % dos votos, o que se traduciu en 90 deputados (20 menos que nos anteriores comicios, o seu peor resultado na actual democracia). O partido liderado por Pablo Iglesias, Podemos, presentouse por primeira vez a unhas xerais e obtivo 42 deputados (un 12,76% dos votos), que sumado ás coalicións electorais autonómicas En Comú Podem (12 parlamentarios, 3,72 % dos votos), Compromís-Podemos-És el moment (9, 2,69 %) e En Marea (6, 1,64 %), todas elas vinculadas a Podemos e outras formacións de esquerda, deron un total de 69 deputados e o 20,66 % dos votos. O outro partido emerxente, Cidadáns - Partido da Cidadanía, con Albert Rivera á fronte, obtivo 40 deputados (un 13,93 % dos votos). O resto do arco parlamentario quedou configurado por Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (9, 2,39 %), Democràcia i Llibertat (8, 2,25 %), o Partido Nacionalista Vasco (6, 1,20 %), Unidad Popular: Izquierda Unida, Unidad Popular en Común (2, 3,67 %), Euskal Herria Bildu (2, 0,87 %) e Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (1, 0,33 %). Unión Progreso y Democracia, Unión Democrática de Cataluña, o Bloque Nacionalista Galego —que se presentaba na candidatura Nós— e a coalición Geroa Bai, que tiveron representación na x lexislatura, non obtiveron ningún escano.No Senado, o Partido Popular mantivo a maioría absoluta, con 124 escanos dos 208 de designación libre en xogo, aínda que perdeu 12. O Partido Socialista Obrero Español perdeu uno, obtendo 47, seguido de Podemos (9), Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (6, seis máis que en 2011), Democràcia i Llibertat (6), o Partido Nacionalista Vasco (6), En Comú Podem (4), En Marea (2) e Compromís-Podemos-És el moment, Cambio-Aldaketa, Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario e a Agrupación Socialista Gomera (todos eles cun representante).

Esquerda Unida

Esquerda Unida é unha forza política que constitúe a federación galega de Izquierda Unida.

Eva Solla

Eva Solla Fernández, nada en Castrelos (Vigo) en 1984, é unha enfermeira e política galega.

É militante e líder de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia e deputada de En Marea no Parlamento de Galicia, onde ocupa o posto de Vicepresidenta segunda.

Frente Popular Galega

A Frente Popular Galega é unha organización política galega situada ideoloxicamente no marxismo-leninismo e no independentismo, que traballa pola consecución dunha República Galega.

A súa acción política guíase polos principios de: independencia nacional, socialismo, anticolonialismo, democracia popular, anti-imperialismo, solidariedade internacionalista e auto-organización.

Luís Villares

Luís Villares Naveira, nado en Lugo o 8 de agosto de 1978, é un xuíz e político galego de En Marea e portavoz do seu grupo parlamentario.

Miguel Anxo Fernán-Vello

Miguel Anxo Fernán Vello, nado en Cospeito o 8 de outubro de 1958, é un escritor, editor e político galego.

Pancho Casal

Francisco Casal Vidal, chamado Pancho Casal, nado na Coruña en 1955, é un enxeñeiro, produtor cinematográfico, e político galego.

Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados, así e todo desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).

Río Eume

O río Eume é un río galego. Nace na xunta dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ó pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na Serra do Xistral, a 759 m. O nacemento está localizado na parroquia de Montouto, no concello lugués de Abadín, aínda que as cabeceiras nacen na parroquia da Balsa, no concello veciño de Muras a 880 m. O seu percorrido de 80 km transcorre placidamente por terras de Lugo ata que pouco a pouco, pasada a vila das Pontes de García Rodríguez, vaise encaixando nun val profundo coñecido como canón do Eume, en parte asolagado polo encoro do Eume. A medida que se achega á desembocadura vaise abrindo o val ata formar un amplo esteiro que en marea baixa forma unha illa coñecida como As Croas, de gran valor marisqueiro e ecolóxico. Finalmente desemboca na Ría de Ares, no Golfo Ártabro, entre os concellos coruñeses de Pontedeume e Cabanas dos que é a súa fronteira natural.

Senado de España

O Senado é a cámara alta das Cortes Xerais, órgano constitucional que representa ao pobo español. É a cámara de representación territorial.

Xosé Manuel Beiras

Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras ou simplemente Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un político e catedrático en economía galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas.

Ten sido membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova), asemade ten impulsado coalicións electorais con representación parlamentar como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea. Nese tempo, foi tamén portavoz no Parlamento de Galicia do BNG (1985-2005) e AGE (2012-2016).

No eido profesional ten estado á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago (USC). Tamén é un prolífico escritor, ex-numerario da Real Academia Galega (RAG).

Xulio Ferreiro

Xulio Xosé Ferreiro Baamonde, nado na Coruña o 18 de outubro de 1974, é un xuíz, profesor e político galego. Foi o alcalde da cidade da Coruña entre 2015 e 2019.

Zona húmida protexida

As zonas húmidas protexidas son ecosistemas que teñen auga constantemente ou dun xeito estacional e que polo seu interese de protección e conservación son espazos naturais protexidos. Segundo a Convenio de Ramsar, unha zona húmida é unha «área de marismas, esteiros, foces ou turbeiras, tanto naturais como artificiais, nas que a auga é estática ou flúe, é tanto doce, salobre coma salgada, e áreas nas que a auga mariña en marea baixa non ten unha profundidade maior de seis metros». Agás na Antártida, estas zonas están por todo o planeta e son ecosistemas como os de lagoas e ríos, acuíferos subterráneos, marismas, esteiros, turbeiras, deltas, mangleirais, corais ou encoros construídos, entre outros.As zonas húmidas máis destacables do planeta, segundo a UNESCO, son Tonlé Sap (Cambodia), Pantanal (Brasil), Lac Saint-Pierre (Canada), a Ciénaga Grande de Santa Marta (Colombia), Camarga (Francia), a reserva da biosfera de Hara (Irán), o delta do Volga (Rusia), Langebaan (Suráfrica), The Everglades (EEUU) e o delta du Saloum (Senegal).As zonas húmidas Ramsar supera en 2017 as 2200 e cobren o 2,1% da superficie do planeta. En Galicia hai declarados cinco zonas húmidas de importancia internacional.

Ánxeles Cuña

Ánxeles Cuña Bóveda, nada en Pontevedra o 16 de febreiro de 1957, é unha dramaturga e política galega.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.