Empanada galega

A empanada galega é unha variedade de empanada moi popular na cociña galega e forma parte dunha das súas identidades. A primeira empanada á que se fai referencia é de polo e champiñóns.[1][2] É unha preparación culinaria que se ofrece nos concellos de Galicia nas ocasións de festa e romaría. Adóitase preparar con diversos contidos no interior, todos eles procedentes da costa e terras galegas. Pódese servir fría ou quente.

Empanadas gallegas-diversia
Empanadas galegas.
Bandejas de empanadas gallegas
Empanadas galegas de diversos contidos.
Empanada gallega-Chorizo
Torta galega con chourizo .

Historia

As empanadas son coñecidas en Galicia dende a época dos godos no século VII onde se decretaron regras para a súa elaboración.[3] A empanada era comida ideal para viaxeiros, porque é unha preparación xa cuberta e que permitía evitar o contacto do interior co po das estradas. As empanadas galegas aparecen xa esculpidas no século XII no Pórtico da Gloria de Santiago de Compostela.[4]

Características

A masa da empanada leva fariña de trigo (similar á que se emprega para facer pan), manteca e auga.[1] Esta masa é fina. Normalmente faise nun molde duns vinte ou trinta centímetros de diámetro. Nalgunhas ocasións, a masa pode ser feita con fariña de millo (principalmente nalgúns concellos das Rías Baixas). O recheo faise de diferentes contidos, pero habitualmente faise antes un sofrito de cebola e pementos. A diferenza doutras empanadas, a empanada galega non adoita ter tomate no sofrito. Ao pecharse no molde introdúcense no forno. As formas das empanadas son diversas, normalmente rectangulares ou redondas. Adoita servirse acabada de facer ou fría, cortarse en porcións e servirse como aperitivo ou tapa.

Recheos habituais

As empanadas galegas están feitas tradicionalmente con ingredientes rexionais. Por regra xeral, a empanada galega emprega varias carnes de vaca e porco (como a zorza), peixes como atún e xoubas, mariscos, etc. Estes ingredientes adoitan cociñarse previamente.

As empanadas máis elaboradas en Galicia adoitan ser de:

Peixe

Marisco

Carne

Notas

  1. 1,0 1,1 Cunqueiro. Cocina Gallega (en español) (1ª ed.).
  2. 2,0 2,1 Fina Casaderrey Fraga, Mariano García González, (2007), El libro de la empanada, Madrid, Alianza Editorial, ISBN 8420607576, pag.23
  3. Tejeiro. De la comida y otras sensualidades.
  4. López Ferreiro. Pico Sacro, ed. El Portico de la Gloria, Platerias y el Primitivo Altar Mayor de la catedral de Santiago.La primera empanada de la historia fue de Pollo y Champiñones (1ª ed.). Santiago de Compostela.
  5. José Jiménez Ortega,David Lorenzo Sánchez, (2006), Las mejores recetas de las mejores ventas, tabernas y restaurantes de España, La Tierra Hoy S.L, pag. 189
  6. Manuel Corral Vide, (2006), Cocina Celta, Ed. LEA, pag. 52
Chantada

Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».

Empanada

Unha empanada ou bola é unha preparación culinaria consistente nunha masa e un recheo que se frixe ou coce no forno.

Consiste nunha masa de fariña, elaborada máis ou menos como unha masa de pan rechea de carne ou outros produtos (tamén verduras, peixes, ou mariscos variados), previamente cociñados de formas moi variadas segundo a gastronomía local, pero sendo con moita cebola frixida en aceite o modo tradicional en Galicia. Este é un tipo de alimento de orixe moi antiga que se dá en case tódalas culturas.

A masa está preparada xeralmente con trigo, pero pode estar feita con outros cereais, como o millo, engadíndoselle ás veces na preparación algún tipo de graxa (que pode ser aceite, manteiga ou graxa de porco).

Empanada de mazá

A empanada de mazá é unha empanada doce reenchida con anacos ou compota de mazá. É típica da gastronomía galega coma sobremesa. Tamén é popular en moitas partes do mundo entre as que destacan Gran Bretaña e os Estados Unidos que levan o nome de apple pie.

A torta de mazá é algo semellante, unha torta de froita elaborada cunha masa recuberta de mazá, aínda que atopamos estes pasteis nas pastelarías galegas hoxe en día, non son tradicionais como a empanada. Existen moitas variantes e a mazá pode ser en anacos ou en compota. As mazás poden colocarse directamente por riba da masa ou sobre un leito de crema. Tamén existe unha variante na que se elabora do revés colocando a masa sobre a froita para despois darlle a volta chamada Tarte Tatin, típica de Francia.

É unha das torta de froita máis populares e internacionais.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.