Empanada

Unha empanada ou bola[1] é unha preparación culinaria consistente nunha masa e un recheo que se frixe ou coce no forno.

Consiste nunha masa de fariña, elaborada máis ou menos como unha masa de pan rechea de carne ou outros produtos (tamén verduras, peixes, ou mariscos variados), previamente cociñados de formas moi variadas segundo a gastronomía local, pero sendo con moita cebola frixida en aceite o modo tradicional en Galicia. Este é un tipo de alimento de orixe moi antiga que se dá en case tódalas culturas.

A masa está preparada xeralmente con trigo, pero pode estar feita con outros cereais, como o millo, engadíndoselle ás veces na preparación algún tipo de graxa (que pode ser aceite, manteiga ou graxa de porco).

Empanada
Empanada
Anacos de empanada.
NomeEmpanada
Outros nomesBola
Lugar de orixeGalicia
IngredientesMasa de pan con carne, ou tamén con verduras, peixes ou mariscos

Empanadas galegas

Empanada de millo, Galiza
Empanada de millo

As empanadas galegas consisten basicamente nun prato feito no forno nun recipiente especial chamado empanadeira, feito de metal e normalmente redondo cun diámetro duns 60 cm e 5 cm de fundo. En Galiza hai dous tipos principais de empanadas:

Tamén se fan empanadas doces, principalmente a empanada de mazá, moi semellante ao apple pie inglés.

No Pórtico da Gloria unha das figuras ten nas mans o que se deu en identificar como a primeira representación dunha empanada galega.

Empanada de trigo

É a mais común e está estendida por todo o territorio, no interior é mais habitual o recheo de carne e no litoral de peixe ou marisco. O procedemento consiste en estender arredor dun quilo de masa de pan en dous círculos e situar entre ambos o recheo, xeralmente cru e cun sofrito de cebola (que pode levar pemento ou pementón), aínda que algúns tipos de empanada, xeralmente de carnes como a empanada de raxo, por exemplo, están cociñados previamente nun sofrito. Os dous círculos únense de diversas formas e o conxunto cócese arredor de 45 minutos. Tradicionalmente as empanadas levábanse a un forno de pan onde se cocían, porén este costume está a desaparecer. Aínda que as empanadas caseiras están máis comunmente feitas de masa de pan, teñen o problema de que axiña se poñen resesas, polo que son difíciles de encontrar en estabelecementos comerciais, que prefiren masas feitas con graxa ou aceite, de menores cualidades culinarias e máis indixestas, pero que se conservan moito máis tempo.

Algúns tipos :

  • Empanada de iscos, con fetas de touciño, típica de Lugo
  • Empanada de bacallau, tamén na versión moderna con uvas pasas.
  • Empanada de zorza. Típica do interior, especialmente na provincia de Lugo.
  • Empanada de polo, ou de polo con cogomelos ou champiñóns.
  • Empanada de raxo.
  • Empanada de bonito, a máis demandada e apreciada.

Empanada de millo

Típica das rías Baixas, o seu proceso é mais difícil, esténdese masa de boroa no fondo da empanadeira untada en aceite ou graxa, colócase o recheo e o sofrito e vaise cubrindo con pequenas tortas de masa soldadas a man. Normalmente é de produtos do mar.

As máis típicas son a de xoubas e a de berberechos.

A empanada na gastronomía internacional

España

A empanada española, contrariamente á dos países suramericanos (que equivalería máis ou menos a unha empanadilla) é grande, para varios comensais. Este é un prato moi popular en case todas as rexións españolas, aínda que quizais as máis famosas sexan as de Galicia e Asturias. Aínda así, son tamén moi famosos os diferentes "hornazos" (especie de empanada, típico das rexións castelás e andaluza) como por exemplo, o de Salamanca. As empanadas españolas poden ter recheos salgados -carne, peixe, marisco...- ou doces -mazá...- e en moitas localidades teñen unha especialidade particular.

Antigamente (aproximadamente no século XVI), chamábase "empanadas á inglesa" ás elaboradas cunha masa semellante á do pan. A empanada galega deriva en efecto dunha "empanada" medieval, que resultaba de colocar diversos alimentos -verduras, ovos, carnes, mariscos etc.- nun oco feito nunha bola de pan suficientemente grande, preparación que se realizaba sobre todo para o fornecemento de pastores e peregrinos polo práctico desta presentación de comida. Así e todo, co paso do tempo, en lugar de encher o pan previamente enfornado, comezouse a enfornar directamente a masa de pan co recheo dentro, o que lle dá o seu sabor característico.

América

As empanadas suramericanas son do tipo da empanadilla, pero con recheos xeralmente máis variados e picantes.

As empadas ou empadinhas, son similares ás empanadillas españolas e moi comúns no Brasil.

Festas gastronómicas

Véxase artigo principal Festa da empanada

Dada a súa tradición na gastronomía galega, existen varias festas dedicadas a este produto.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bola.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

A Bandeira, Manduas, Silleda

A Bandeira é unha vila da parroquia de Manduas no concello pontevedrés de Silleda. Segundo o IGE, en 2015 tiña 757 habitantes (381 homes e 376 mulleres), o que supón un aumento con respecto ao ano 2007, cando tiña 694 habitantes. É o lugar máis poboado de toda a parroquia.

Bica

A bica é un biscoito doce típico de elaboración artesanal de gran difusión en Galicia. É utilizada nos almorzos ou como acompañante á hora do café. Pola súa textura esponxosa é ideal acompañada de queixos graxos e de curta maduración (como pode ser o queixo de tetilla). Tamén é habitual tomalo acompañado con licor café .

A bica que se fai en Ourense, máis en concreto nos concellos de Avión e Beariz, así como en toda a zona do Ribeiro non é unha bica doce. Faise con fariña de millo e é parecida a unha empanada. Cócese debaixo dun testo cuberto de brasas e parece máis unha empanada ca un pan. Pódese encher coma as empanadas, aínda que non é normal facelo. Na provincia de Pontevedra, polo menos nos concellos de Arbo e Crecente, faise tamén este tipo de bica, aínda que pódese cocer enriba dunha pedra da lareira ou encol da cociña de ferro. A cor da bica é amarela, e ten bastante codia, pois semella ser unha tortilla de patacas (redonda e esmagada). Sabe moi ben co caldo.

Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1988

O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1988 foi a 39ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 31ª Copa Internacional de Construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 3 de abril e finalizaron o 13 de novembro. O Campionato Mundial de pilotos gañouno Ayrton Senna, e o Campionato Mundial de Construtores gañouno facilmente o equipo McLaren-Honda. Alain Prost terminou como segundo clasificado aínda que no total logrou máis puntos que Senna porque só contaban os 11 mellores resultados. Senna gañou oito carreiras e Prost sete, establecendo McLaren unha marca de 15 carreiras gañadas nunha tempada de 16 carreiras, que só foi igualada en tempadas con máis carreiras. Ferrari e Gerhard Berger terminou terceiro no campionato de pilotos. A tempada de Ferrari viuse empanada pola morte do seu fundador Enzo Ferrari. O equipo fixo con todo un emocionante dobrete na súa carreira de casa en Italia, impedíndolle a McLaren facer unha tempada perfecta.

Chantada

Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».

Empanada de mazá

A empanada de mazá é unha empanada doce reenchida con anacos ou compota de mazá. É típica da gastronomía galega coma sobremesa. Tamén é popular en moitas partes do mundo entre as que destacan Gran Bretaña e os Estados Unidos que levan o nome de apple pie.

A torta de mazá é algo semellante, unha torta de froita elaborada cunha masa recuberta de mazá, aínda que atopamos estes pasteis nas pastelarías galegas hoxe en día, non son tradicionais como a empanada. Existen moitas variantes e a mazá pode ser en anacos ou en compota. As mazás poden colocarse directamente por riba da masa ou sobre un leito de crema. Tamén existe unha variante na que se elabora do revés colocando a masa sobre a froita para despois darlle a volta chamada Tarte Tatin, típica de Francia.

É unha das torta de froita máis populares e internacionais.

Empanadilla

A empanadilla é unha empanada pequena de forma semicircular e que se prepara frixíndoa ou cocéndoa no forno. É típico da cociña galega así como doutras moitas zonas do mundo, con diferentes variantes.

Adoita facerse cunha masa rechea de carne, atún ou outros ingredientes en forma de torta que posteriormente se frixir en aceite a ferver ou, como no caso da empanada, métense no forno. No resto de España a empanadilla acostuma ser só a frita, mais en Galicia é común atopalas de masa no forno (masa de pan ou de follado.) Nos bares galegas son comúns como tapas, feitas cunha masa semellante ás chulas fritidas en aceite a ferver e recheas de todo tipo de ingredientes, sendo o máis habitual a carne picada. Nos supermercados e tendas de conxelados atopamos unha versión prefabricada de empanadillas pequeniñas recheas de atún con tomate. As empanadillas fritas adoitan ter unha textura corcante que contrasta coa moleza do miolo. Acostuman servirse frías, mais hai zonas onde se serven quentes e incluso con mollos.

Festa da empanada

A festa da empanada é unha festa gastronómica celebrada en diversos lugares.

Nesta festa, de exaltación da empanada, os participantes levan varias mostras para mostrárllelas ó público. Estas confeccións son tanto de diferentes masas (millo, trigo...) como de diversos contidos (iscos con fetas de touciño, bacallau con pasas, zorza, polo, atún, zamburiñas, xoubas...).

Dada a súa tradición na gastronomía galega, existen varias festas dedicadas a este produto:

Festa da empanada da Bandeira.

Festa da empanada de lamprea. Celébrase en abril, en Padrón, normalmente coincidindo co Sábado Santo.

Festa da empanada de Noia, celebrada o último fin de semana de agosto.

Romería de Santa Margarita, (A Coruña). Último domingo de agosto. Nela celébrase un importante concurso de empanadas.

Festa do millo corvo en Meiro (Bueu).

Festa da empanada de Chantada.

Festa da empanada da Bandeira

A Festa da Empanada da Bandeira é unha festa gastronómica celebrada a penúltima fin de semana de agosto desde 1975 na carballeira de Silva, na vila da Bandeira (Silleda). Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

O concurso celebrado nesta festa da empanada ten dúas categorías: para particulares e para restaurantes. Un experto xurado proba todas elas para elixir as mellores. Despois, as gañadoras póxanse publicamente.

Ademais das empanadas e outros manxares, é moi significativo o Festival Folk.

Festa da empanada de Chantada

A festa da empanada de Chantada é unha festa gastronómica que se celebra en Chantada como remate festas patronais na honra da Virxe do Carme a última semana de agosto. Esta xira campestre, semellante ás que se celebraron en outras vilas galegas, está documentada desde comezos do século XX. En 1950 tomou o nome de Festa da Empanada, por ser esta preparación a protagonista dos concursos nos que se presentaban as mellores viandas.

Festa da mazá de Redondela

A festa da mazá é unha festa gastronómica anual celebrada na parroquia de Negros (Redondela) a primeira fin de semana de outubro. A festa consiste nunha degustación desta froita en diferentes pratos, entre os que destacan a empanada de mazá con bacallau, a costela con mazá,o chourizo a sidra, o bacallau con mazá, brochetas de polo con mazá e o lombo con mazá e a degustación de sidra tanto doce como añeja*, tamén conta con vinagre e augardente de mazá.

Festa do Choco

A Festa do Choco é unha festa gastronómica anual celebrada no concello de Redondela, dende 1987, o segundo fin de semana de maio. Foi declarada Festa de interese turístico de Galicia no ano 2013.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Fina Casalderrey

Xosefa Casalderrey Fraga, máis coñecida como Fina Casalderrey, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Manduas, Silleda

San Tirso de Manduas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1006 habitantes (498 homes e 508), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 917 habitantes.

Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal.

A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos.

Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

Tapa

Unha tapa é esencialmente un aperitivo que se serve nun bar acompañando á bebida. Adoitan consistir en pequenas racións de olivas, patacas fritas, queixo, empanada, tortilla de patacas, zorza, gambas ou froitos secos. O costume ten a súa orixe en Sevilla ou en Castela-A Mancha segundo outras fontes, onde existía o costume antigo de tapar a cunca de viño cun anaco de pan ou cunha rebanda de xamón, para impedir que entrasen moscas ou que se depositase po no interior, aínda que non está documentado.

En certos bares tamén é habitual poñer nomes curiosos ás tapas máis elaboradas, dando lugar a títulos que chaman a atención do cliente, obrigando normalmente a preguntar ao camareiro en que consiste a tapa.

Trigo

O trigo é o termo xeral que designa as distintas especies bravas e cultivadas do xénero Triticum spp, cereal anual que se cultiva en todo o mundo. Globalmente, é o segundo gran comestíbel máis cultivado, xunto ao millo; sendo o terceiro o arroz; e o máis consumido polo ser humano na civilización occidental dende a antigüidade. En Galiza cultívase dende hai séculos, aínda que outros cereais, como o millo, que ten máis importancia no país .

O glute do trigo dálle ao pan unha consistencia elástica á masa de fariña e auga. Por mor da intolerancia ao glute (doenza celíaca) moitas persoas non poden consumir trigo nin outros cereais (orxo, centeo).

O gran de trigo utilízase para facer fariña triga, sémola, cervexa e unha gran variedade de produtos alimentarios.

Coa fariña faise:

Pan: empanadas, pizzas etc.

Repostaría: biscoitos, madalenas, roscas etc.

Pasta: tallaríns, macarróns, canelóns etc.

Mollos: salsa bechamel

Xogos Olímpicos de Inverno de 1932

Os III Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse en Lake Placid (Estados Unidos). Inauguráronse o 4 de febreiro de 1932.

Para esta edición, Montreal (Canadá) foi a única cidade candidata non estadounidense; en total presentáronse oito cidades americanas das cales Lake Placid, Bear Mountain, Yosemite Valley, Lake Tahoe, Duluth, Minneapolis e Denver eran estadounidenses.

A organización destes xogos viuse empanada pola crise económica de 1929.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.