Emiratos Árabes Unidos

Os Emiratos Árabes Unidos son unha federación de emiratos situados na Península de Arabia. Limitan ó norte con Qatar e co Golfo Pérsico; ó leste co Golfo de Omán e Omán; e ó sur e oeste con Arabia Saudita. A súa planicie costeira é estéril e fúndese co deserto arábico. A federación está integrada por 7 emiratos (imarat; singular - imarah)

Coordenadas: 24°N 54°L / 24, -54

Emiratos Árabes Unidos
Bandeira dos Emiratos Árabes Unidos
Emblema dos Emiratos Árabes Unidos
BandeiraEmblema
United Arab Emirates (orthographic projection)
Lema: المتحدة مع العرب
Himno: Īschī Bilādī
Capital
 • Poboación
Abu Zabi
945 267 (2008)
Cidade máis poboadaDubai
Linguas oficiaisárabe
Forma de gobernoMonarquía federal hereditaria
Presidente de Emiratos Árabes Unidos
Primeiro Ministro de Emiratos Árabes Unidos
Khalifa bin Zayed Al Nahayan
Mohamed Bin Rachid al Maktum
Independencia do Reino Unido2 de decembro de 1971
SuperficiePosto 116º
 • Total83 600 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras867 km
Costas1 318 km
 • Total (2006 est.)4 621 399 hab.
 • Densidade64 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2008)269 956 millóns US$[1]
 • per cápita56 667 US$[1]
 • Total (2008)200 500 millóns US$[1]
 • per cápita39 077 US$[1]
MoedaDirham dos Emiratos Árabes Unidos
IDH0,903
Xentilicioemiratí
Fuso horarioUTC+4
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ae
Prefixo telefónico+971
Prefixo radiofónicoA6A, A6Z
Código ISO784 / ARE / AE
Membro de: Liga Árabe, ONU, OPEP

Historia

Artigo principal: Historia dos Emiratos Árabes Unidos.

Os sete sultanatos da costa que conforman o país concederon ao Reino Unido, nun tratado do século XIX, a defensa do territorio e o manexo das relacións exteriores. Logo de expirar o tratado o 1 de decembro de 1971, seis deles (Abu Zabi, Axman, Dubai, Fujairah, Sharjah e Umm ao Qaywayn) declararon o día seguinte, 2 de decembro, a formacións dos Emiratos Árabes Unidos. En febreiro de 1972 uniríase á federación o sultanato de Ras al-Khaimah.

Política

Artigo principal: Política dos Emiratos Árabes Unidos.

Os Emiratos Árabes Unidos son unha federación de sete sultanatos que se gobernan baixo monarquías absolutas, cada un por un emir con poderes específicos. O goberno central fórmao o consello supremo, formado polos sete emires. O presidente federal elíxese entre os emires hereditarios e adoita ser o xeque de Abu Zabi e o primeiro ministro o de Dubai.

Organización territorial

Artigo principal: Organización territorial dos Emiratos Árabes Unidos.

A continuación indícanse os sete emiratos que compoñen o país e os seus respectivos gobernantes (xeques).

Bandeira Emirato Capital Poboación
2008[2]
% da
poboación total
Área
(km²)[2]
% da área
total
Densidade
Flag of Abu Dhabi.svg Abu Zabi Abu Zabi 1.548.655 31´2% 67.340 86´7% 25
Flag of Ajman.svg Axman Axman 372.923 7´5% 259 0´3% 996
Flag of Dubai.svg Emirato de Dubai Dubai 1.770.533 35´6% 3.885 5´0% 336
Flag of the United Arab Emirates.svg Fujairah Fujairah 137.940 2´9% 1.165 1´5% 109
Flag of Sharjah.svg Ras al-Khaimah Ras al-Khaimah 171.903 3´4% 1.684 2´2% 122
Flag of Sharjah.svg Sharjah Sharjah 895.252 18´0% 2.590 3´3% 262
Flag of Umm al-Qaiwain.svg Umm al Quywain Umm al-Quiwain 69.936 1´4% 777 0.9% 88
Flag of the United Arab Emirates.svg UAE Abu Zabi 4.967.142 100% 77.700 100% 56

Xeografía

Artigo principal: Xeografía dos Emiratos Árabes Unidos.
Mapa dos Emiratos Árabes Unidos

Os Emiratos están situados na península Arábiga, bordeando o golfo de Omán e o Golfo Pérsico, entre Arabia Saudita e Omán. A práctica totalidade do país é desértica.

É unha planicie costeira, chaira e árida, que se funde no interior cun vasto deserto ermo de dunas móbiles de area. A súa estratéxica localización rodeando polo sur o estreito de Ormuz convértelle nun vital paso do tránsito do comercio de cru mundial. Os EAU está considerado como un dos quince países que conforman o "Berce da Humanidade".

A demarcación das fronteiras de 1974 e 1977 entre Arabia Saudita e Emiratos Árabes Unidos nunca se publicaron. E o que é máis, a fronteira exacta entre os dous países só a coñecen os seus gobernos.

Economía

Artigo principal: Economía dos Emiratos Árabes Unidos.

A riqueza dos Emiratos Árabes Unidos está en gran medida baseada na explotación de petróleo e gas natural, que representan ao redor do 20% do seu PIB. A nación árabe é o terceiro maior produtor de petróleo no Golfo Pérsico logo de Arabia Saudita e Irán (a produción en Iraq diminuíu considerablemente pola guerra). Desde 1973, os EAU sufriron unha profunda transformación, pasando de ser unha rexión empobrecida de pequenos principados a un estado moderno con altos estándares de vida. O PIB per cápita do país non está moi afastado do das principais nacións de Europa occidental. A súa xenerosidade no investimento das súas ganancias petrolíferas e a súa política exterior moderada permitíronlle xogar un papel vital nos asuntos da rexión.

En anos recentes, o goberno buscou a diversificación das súas fontes de ingreso para diminuír a súa dependencia nas reservas limitadas de petróleo. Un resultado destes esforzos foi o desenvolvemento sostido do turismo, baseado en infraestrutura hostaleira costeira, desértica e deportiva. O éxito destas empresas, axuntado a factores como o prezo relativamente baixo de materias primas, o clima cálido que prevalece durante case todo o ano, marabillas da arquitectura como Burj al-Arab e Palm Islands, e a actitude amigable cara a Occidente levou a moitos a chamar aos Emiratos Árabes Unidos o Singapur ou o Hong Kong de Medio Oriente.

Demografía

Artigo principal: Demografía de Emiratos Árabes Unidos.

No ano 2018, os Emiratos Árabes Unidos tiñan unha poboación de 9 543 000 de habitantes. Tan só o 11,48% naceu nese país. En 2007, o 23% eran inmigrantes de orixe árabe e iraniana, o 50% inmigrantes do sur de Asia, e o restante 8% estaba composto por inmigrantes doutras etnias. O idioma oficial é o árabe. A esperanza de vida é de 75 anos. O 77.9% da poboación esta alfabetizada. A media de fillos por muller é de 2.43.

As crenzas relixiosas son na súa maioría musulmáns (o Islam é a relixión estatal). Con todo, hai minorías considerables de cristiáns, hindús e outros credos.

Cultura

Artigo principal: Cultura dos Emiratos Árabes Unidos.

A cultura do país está fortemente influenciada polo Islam, relixión que profesa a case totalidade da poboación.

Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Ano novo cristián Ra's as-sana al-mīlādiyya (رأس السنة الميلادية)
Varios O día do sacrificio ʿĪd al-Aḍḥà (عيد الأضحى)
Varios Ano novo islámico Ra's as-sana al-ḥiŷriyya (رأس السنة الهجرية)
6 de agosto Acceso ao trono do xeque Zayed bin Sultan-ao Nahyan  
Varios A viaxe nocturna de Mahoma (Isra) Al-Isrā' wa-l-Miʿrāŷ (الإسراء و المعراج)
2 de decembro Día nacional Al-ʿĪd al-Qawmī (العيد القومي)
Varios Fin de Ramadán ʿĪd al-fiṭr (عيد الفطر)

Educación

American University of Sharjah
Universidade Americana de Sharjah.

A educación ata o ensino secundario está dirixido polo Ministerio da Educación, e consiste de escolas primarias, escolas intermediarias e escolas secundarias. O currículo das escolas públicas é axustado para as metas e valores do país, cunha énfase no inglés como segundo idioma. Hai tamén moitas escolas particulares, algunhas con recoñecemento no estranxeiro. As escolas públicas son gratuítas para cidadáns dos Emiratos.

A educación superior esta dirixida polo Ministerio da Educación Superior. Hai 4 grandes institucións: a Universidade dos Emiratos Árabes Unidos, a Universidade Zayed, a Facultade de Medicina do Golfo e o Colexio Superior de Tecnoloxía. Hai tamén institucións particulares, como a Universidade de Sharjah e a Universidade Americana de Sharjah.

Mapas e imaxes

Tc-map

Mapa

Satellite image of United Arab Emirates in October

Imaxe satélite

UAE en-map

Mapa dos emiratos

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 United Arab Emirates - International Monetary Fund
  2. 2,0 2,1 "Census 2008". Ministry of Economy and Planning, Government of the United Arab Emirates. 2008.

Véxase tamén

Outros artigos

.ae

.ae é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para os Emiratos Árabes Unidos.

Abu Zabi

Abu Zabi ou Abu Dhabi (en árabe: ابوظبي, Abū Ẓabī) é unha cidade dos Emiratos Árabes Unidos, capital do país e do Emirato de Abu Zabi, o máis grande dos sete emiratos membros dos EAU. Fundada en 1760 é a capital do emirato dende 1793.

En 2014 tiña 1´5 millóns de habitantes, sendo a segunda cidade do país tras Dubai. Construída sobre unha illa en forma de T, no sueste do Golfo Pérsico, comunícase con terra por unha ponte. Máis do 80% da poboación son forasteiros que residen temporalmente.

Ata 1960 era unha cidade sen luz eléctrica nin outros servizos esenciais, pero o descubrimento de petróleo no emirato mudou rapidamente as circunstancias e Abu Zabi converteuse nunha metrópole moderna. Actualmente Abu Zabi é unha cidade moderna de grandes rañaceos e dispón dun aeroporto internacional a 25 km ó sueste. É considerada a cidade máis rica do mundo, cunha renda per cápita de 30 000 dólares.

Abu Zabi alberga oficinas do goberno federal, é a sede do goberno dos Emiratos Árabes Unidos, a residencia da familia do Emir de Abu Zabi e do Presidente dos Emiratos Árabes Unidos, que naceu nesta familia. O rápido desenvolvemento e urbanización de Abu Zabi, xunto cos relativamente altos ingresos medios da poboación, transformaron a cidade nunha gran e avanzada metrópole. Hoxe a cidade é o centro político do país e das actividades industriais, e un dos principais centros culturais e comerciais, debido á súa posición como a capital, Abu Zabi representa ao redor de dúas terceiras partes dos preto de 400 $ mil millóns da economía dos Emiratos Árabes Unidos.

Aeroporto Internacional de Dubai

O Aeroporto Internacional de Dubai (IATA: DXB, OACI: OMDB) é unha terminal áerea localizada na cidade de Dubai, nos Emiratos Árabes Unidos.

Este aeropuerto é base da aeroliña Emirates.

A causa da grande cantidade de tendas no aeroporto, este lugar é considerado o maior aeroporto en vendas libres de impostos no país, aínda que de feito os prezos son máis altos que noutros aeroportos do mundo.

O Aeroporto Internacional de Dubai será complementado co Aeroporto Internacional Jebel Ali, un novo aeroporto de 140 Km² que axudará a manexa-lo de pasaxeiros no futuro.

Aeroporto de Abu Zabi

O aeroporto de Abu Zabi (IATA: AUH, OACI: OMAA) é un aeroporto internacional no emirato de Abu Zabi, a capital dos Emiratos Árabes Unidos. O aeroporto, situado a 30,6 quilómetros ao leste da cidade de Abu Zabi, é o segundo máis grande do país, servindo a máis de 24 millóns de pasaxeiros no ano 2016. Os espazos das súas terminais están dominados por Etihad Airways, que é a aeroliña nacional dos Emiratos Árabes Unidos e a segunda máis grande do país tras Emirates. Máis de 30 aeroliñas ofrecen servizos a uns 120 destinos en máis de 60 países.

Bandeira dos Emiratos Árabes Unidos

A bandeira dos Emiratos Árabes Unidos (en árabe: علم الإمارات العربية المتحدة‎) foi adoptada o 2 de decembro de 1971.

Burj Khalifa

Burj Khalifa (en árabe, برج خليفة) é un rañaceos da cidade de Dubai, nos Emiratos Árabes Unidos. Con 828 metros de altura, é dende 2010 a construción máis alta realizada polo ser humano.

Deserto de Arabia

O deserto árabe é unha rexión desértica da Península Arábiga, que cobre unha extensión de preto de 2 330 000 km², ocupando case a totalidade do istmo. O ser humano residiu nestes terreos dende épocas do Plistoceno.

Sitúase na súa maior parte dentro de Arabia Saudita e outras grandes zonas atópanse no interior de Xordania, Iraq, Qatar, Kuwait, Omán, Iemen e os Emiratos Árabes Unidos. O seu relevo avístase alterado por unha serie de cadeas montañosas, con elevacións que alcanzan alturas de 3.700 m e que limitan en tres ladeiras con prominentes acantilados.

Polo menos un terzo do deserto está cuberto por area, como os areais do Rub al-Jali, que se considera un dos máis inhóspitos climas do planeta.

Emirates

Emirates (árabe: طَيَران الإمارات) é unha aeroliña baseada en Dubai, Emiratos Árabes Unidos. É unha subsidiaria de The Emirates Group, que é propiedade da Investment Corporation of Dubai, organismo pertencente ao goberno. É a aeroliña máis grande de Oriente Medio, operando ao redor dos 3.400 voos semanais dende o seu centro de operacións no Aeroporto Internacional de Dubai, cara 133 cidades de 74 países. Das súas actividades de carga encárgase a división Emirates SkyCargo.

Emirato de Dubai

O Emirato de Dubai (en árabe إمارة دبيّ , transliterado Imārat Dubayy), é un dos sete estados que constitúen os Emiratos Árabes Unidos, sendo o segundo deles en extensión. A capital do emirato é a cidade de Dubai.

A máxima autoridade é o emir Mohammed bin Rashid Al Maktoum.

Dous feitos cruciais a comezos da década dos setenta do século pasado déronlle un gran pulo ó desenvolvemento do emirato. Un foi a independencia e o establecemento da federación en 1971. O outro foi a gran subida do prezo do cru provocada pola crise do petróleo de 1973, que axudou a relanzar as finanzas do estado. O emirato contribúe en gran medida ó PIB dos Emiratos Árabes Unidos. Os servizos como o tranporte, a loxística e o turismo contribúen dun xeito crecente ó PIB do estado, desprazando á tradicional economía baseada na industria petrolífera.

Etihad Airways

Etihad Airways (árabe: شركة الاتحاد للطيران, sharikat alittiḥād liṭṭayarān) é a aeroliña nacional dos Emiratos Árabes Unidos, ademais de ser a segunda compañía máis grande do pais, despois de Emirates. A súa sede atópase en Khalifa City, un suburbio residencial de Abu Zabi, preto do aeroporto internacional de Abu Zabi, que é a súa base principal. Etihad comezou a operar no mes de novembro de 2003.

A aeroliña opera máis de 1 000 voos por semana, tanto de pasaxeiros como de carga, a uns 120 destinos en Oriente Medio, África, Europa, Asia, Australia e América, cunha frota de 116 avións Airbus e Boeing en febreiro de 2018. No ano 2015 a aeriliña transportou 14,8 millóns de pasaxeiros, un 22,3% máis que no ano anterior.Ademais da súa actividade principal de transporte de pasaxeiros, Etihad tamén opera Etihad Holidays e Etihad Cargo. No ano 2015 Etihad creou a súa propia alianza de aeroliñas, Etihad Airways Partners, que inclúe a Air Serbia e Air Seychelles. Etihad Airways mantén investimentos minoritarios nas aeroliñas participantes na alianza, ademais de ter accións en Virgin Australia, que oficialmente non forma parte de Etihad Airways Partner.

Etihad Airways é unha das poucas aeroliñas clasificadas como de 5 estrelas por Skytrax.

Flydubai

Flydubai (escrita como flydubai) é unha aeroliña de baixo custo árabe dos Emiratos Árabes Unidos, con sede na terminal 2 do Aeroporto Internacional de Dubai. Flydubai basea o seu modelo de negocio en ofertar prezos de billetes competitivos, xunto con servizos de hotel, alugueiro de veículos, seguros e servizos de visados en Dubai.

A aeroliña opera desde a Terminal 2 do Aeroporto Internacional de Dubai.

Golfo de Omán

O golfo de Omán ou mar de Omán (en árabe خليج عمان, Khalij 'Omán) é un entrante norte-occidental do mar Arábigo que, a través do estreito de Ormuz, comunícase co golfo Pérsico. Ten uns 560 km de lonxitude, 320 km de anchura e unha profundidade media que vai dos 50 m no oeste ata os 200 m ao leste.

Como vía de acceso ao golfo Arábigo, o golfo de Omán ten unha gran significación estratéxica, posto que os estados do Golfo teñen importantes reservas de cru, vitais para a economía mundial.

O golfo de Omán baña, ao norte, as costas da Irán, ao oeste as dos Emiratos Árabes Unidos e, ao sur, as de Omán, onde se atopa Mascate, a principal cidade costeira.

Lingua árabe

O árabe (العربية al-'arabiyyah, ou menos formalmente 'arabi), tamén chamado arábigo ou arábico, é a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas, e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe e é moi coñecida e estudada dentro do mundo islámico. O árabe leva sendo unha lingua literaria dende, polo menos, o sexto século, e é a lingua litúrxica do islam.

O termo "árabe" pode referirse tanto ó árabe literario, que non é falado como lingua materna por ningún árabe, como ó árabe moderno estándar, ou ás diferentes variedades do árabe, xeralmente chamadas "árabe coloquial". Os árabes consideran o árabe literario a lingua estándar, e adoitan ver o resto como simples dialectos.

O árabe literario refírese tanto á lingua utilizada polos medios de comunicación do Magreb e os do Oriente Medio, como á lingua, máis arcarca, do Corán. O árabe coloquial, pola súa banda, refírese ós diferentes dialectos falados polos habitantes das zonas arriba referidas de forma habitual. En moitas ocasións, son diferentes entre os distintos lugares de tal forma que o falante dun concreto dialecto do árabe pode non comprender outro dialecto. Xeralmente, estes dialectos non son linguas literarias, pero nalgúns hai algunhas pequenas mostras de literatura.

A situación sociolingüística actual do árabe é un claro exemplo de diglosia (o uso normal de dúas diferentes variedades da mesma lingua, dependendo da situación na que a persoa se atope). Todo árabe culto adoita falar tanto o seu dialecto local como o árabe estándar, que aprendeu na escola. Este último adoita ser utilizado en situacións de comunicación con falantes doutros dialectos arábigos (por exemplo, un marroquí a falar cun sirio).

Xa que o árabe escrito de hoxe en día é substancialmente diferente do árabe dos tempos do Corán, é normal (nos países occidentais) referirse a esta última coma árabe clásico e á lingua actual dos medios de comunicación como árabe moderno estándar. Os árabes, pola contra, utilizan o termo Fuṣḥa para referirse a ámbalas dúas, poñendo énfase no seu grande parecido.

Ás veces, é difícil traducir conceptos islámicos, e outros relacionados coa cultura árabe, sen utilizar a terminoloxía árabe. o Corán está expresado en árabe e, tradicionalmente, os musulmáns sosteñen que é imposible traducilo a ninguna lingua dunha forma que todo o seu significado se manteña. De feito, ata hai pouco tempo, moitas escolas de pensamento afirmaron que non se debería traducir de ningunha forma.

O galego posúe gran cantidade de palabras derivadas do árabe: azucre, laranxa, limón, álxebra, alcol, cénit etc.

Mar Arábigo

O Mar Arábigo tamén chamado Mar de Arabia forma parte do Océano Índico, entre a Península Arábiga e a India.

A máxima anchura do Mar Arábigo é de aproximadamente 2.400 km, e a súa máxima profundidade é de 4652 metros, preto da Península Arábiga, aproximadamente á mesma latitude que o extremo sur da India. O río Indo é o único río de grande envergadura que flúe cara a este mar.

No noroeste, estréitase para formar o Golfo de Omán que se conecta co Golfo Pérsico no estreito de Ormuz.

Teñen costa sobre o Már Arábigo a India, Irán, Omán, Paquistán, Iemen, os Emiratos Árabes Unidos, Somalia e as Illas Maldivas.

Entre as súas principais cidades costeiras están Bombai na India e Karachi en Paquistán.

Monarca

Un monarca é aquela persoa que ostenta unha autoridade única e suprema sobre un pobo, e que normalmente asume de xeito hereditario. A autoridade que posúe pode variar desde a estritamente nominal ata a absoluta. Tipicamente esta autoridade exércea sobre un país e de forma vitalicia.

O sistema de autoridade encabezado polo monarca chámase monarquía.

Omán

Omán é un país situado no extremo oriental da Península da Arabia. Está constituído por dous territorios descontinuos: o máis pequeno é a Península de Musandam e mailos territorios veciños, no Estreito de Ormuz, separados do resto de Omán polos Emiratos Árabes Unidos. O resto e meirande parte do país está á sueste da Arabia Saudita. A cidade de Madha forma un enclave no territorio dos Emiratos Árabes Unidos.

Qatar

Qatar (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudí no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.

S7 Airlines

OJSC Siberia Airlines (en ruso: ОАО «Авиакомпания „Сибирь“» "ОАО Aviakompania Sibir"), operando como S7 Airlines, é unha aeroliña baseada no Óblast de Novosibirsk, Rusia, con oficinas en Moscova. Cara o ano 2008 era a maior aeroliña do país en número de pasaxeiros domésticos.

S7 opera voos regulares a destinos en Rusia, ademais de servizos internacionais a Armenia, Austria, Acerbaixán, Bulgaria, China, República Checa, Exipto, Xeorxia, Alemaña, Hong Kong, Irlanda, Italia, Casaquistán, Kirguizistán, Moldavia, Montenegro, Corea do Sur, España, Taxiquistán, Tailandia, Turquía, Turkmenistán, Uzbekistán, Ucraína e os Emiratos Árabes Unidos. Entre as súas bases e centros de conexión principais están o Aeroporto Internacional de Moscova-Domodédovo e o Aeroporto Internacional de Novosibirsk-Tolmachevo. Dende 2004 leva operando a rede doméstica máis grande en Rusia.

Tour de Abu Dhabi

O Tour de Abu Dhabi, en inglés Abu Dhabi Tour, é unha volta ciclista por etapas que se disputa en Abu Zabi, Emiratos Árabes Unidos.

Países
Países con parte asiática
Membros
Observadores
Membro dun acordo bilateral de cooperación

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.