Emilio Martínez Garrido

Emilio Martínez Garrido, nado en Lavadores o 17 de decembro de 1886 e fusilado no cemiterio de Pereiró de Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un industrial e alcalde de Vigo.

Emilio Martínez Garrido
Emilio Martínez Garrido
Nacemento17 de decembro de 1886
 Lavadores
Falecemento27 de agosto de 1936 49 anos
 Cemiterio de Pereiró, Vigo
NacionalidadeGalega.
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Membro da UGT asistiu ao Congreso de 1905 como delegado dos canteiros de Ourense, Moaña e Vigo e da Federación de Traballadores de Vigo.

Foi elixido alcalde de Vigo polo PSOE durante o período da Segunda República Española e presidiu Vigo nun momento de desenvolvemento económico. Foi candidato do PSOE por Pontevedra nas eleccións de 1933, sen resultar elixido. O 9 de marzo de 1934 foi destituído como alcalde polo Gobernador civil, Diego Fernández Gómez. Ese ano foi procesado por delito de imprenta e durante a folga xeral revolucionaria de 1934 pertenceu ao Comité Revolucionario de Vigo, polo que foi encarcerado. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi novamente elixido alcalde de Vigo. Formou parte da Comisión de alcaldes de Galicia, que viaxou a Madrid o 13 de xullo de 1936 para facer entrega do Estatuto de Galicia ás Cortes da República, regresando a Vigo o día 18.

Enrique Heraclio Botana (de pé) e Emilio Martínez Garrido, Juventud Socialista de Vigo
Heraclio Botana (de pé) e Martínez Garrido nun acto socialista en Vigo.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, en Vigo formouse un Comité del Frente Popular, coa participación de concelleiros, alcalde e deputados, cando o goberno republicano central chamou á formación de comités permanentes para facer fronte á crise.

Reunidos no concello de Vigo, o Comité tentou manter a estabilidade na cidade. Cando o oficial ó mando da Garda de Asalto ofreceu ós seus homes para defender o concello e armar voluntarios, o alcalde negouse rotundamente, aducindo que o comandante militar déralles a súa palabra de lealdade; cando os responsables da Confederación Nacional do Traballo en Vigo (un importante núcleo obreiro naquela época) ofrecéronse ó Comité para defender a cidade ante o golpe militar inminente e pediron armas, o alcalde expulsounos do concello e ameazounos con facelos deter pola policía dado que seguía confiando na palabra do comandante militar.

Ó día seguinte, 20 de xullo, os oficiais militares sublevaron e na Porta do Sol de Vigo dispararon contra a multitude que se manifestaba a favor da Segunda República. O alcalde e o Comité da Fronte Popular por el dirixido foron detidos e, tras un xuízo militar, Emilio Martínez foi fusilado no cemiterio de Pereiró o 27 de agosto de 1936[1].

Recoñecementos

Dende o ano 1986, a avenida coñecida como "Avenida da Ronda" pasou a levar o seu nome

A sede do PSOE de Vigo leva o seu nome.

Avenida do alcalde Emilio Martínez Garrido (fusilado), Vigo
Avenida do alcalde Emilio Martínez Garrido.
Predecesor:
Amando Garra
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1932 - 1934
Sucesor:
Ángel Campos Varela
Predecesor:
Manuel Hidalgo Rodríguez
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1936
Sucesor:
José Giménez García

Notas

  1. "Lo más selecto" de Vigo en 1936, El País, 28 de agosto de 2008, consultado o 27 de agosto de 2012.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

27 de agosto

O 27 de agosto e o 239º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 126 días para finalizar o ano.

Alcaldes de Vigo

Esta é unha listaxe incompleta dos alcaldes de Vigo. Dúas mulleres están entre eles (1978 e 2003).

Amando Garra

Amando Garra Castellanzuelo, nado en Ponteareas en 1874 e finado na mesma vila o 24 de setembro de 1948, foi un avogado e político galego.

Antonio Bilbatúa Zubeldía

Antonio Bilbatúa Zubeldia, nado en Sarria o 23 de maio de 1894 e fusilado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un político e dirixente socialista galego de orixe vasca.

Antonio Carreró Vergés

Antonio Carreró Vergés, nado en Vigo en 1889 e finado en Asturias o 27 de setembro de 1936, foi un militar galego.

Apolinar Torres

Apolinar Torres López, nado en Pontevedra o 23 de xuño de 1894 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un mestre, pedagogo e activo sindicalista da Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza (FETE), executado vítima da represión na zona franquista durante a guerra civil.

Cemiterio de Pereiró

O cemiterio de Pereiró, de titularidade municipal, é un camposanto do lugar de Pereiró, na parroquia viguesa de Matamá, deseñado por Jenaro de la Fuente Domínguez, inaugurado en marzo de 1898, sendo alcalde Antonio López de Neira e bispo Valeriano Menéndez Conde y Álvarez, que recibiron as chaves do recinto.

Emilio Martínez

O nome de Emilio Martínez pode referirse a:

Emilio Martínez Garrido, industrial e político galego, alcalde de Vigo (1886-1936).

Emilio Martínez Lázaro, director de cine español (n. 1945).

Emilio Martínez Rivas, economista galego (n. 1965).

Enrique Heraclio Botana

Enrique Heraclio Botana Pérez, nado en Mourente (Pontevedra) o 4 de decembro de 1871 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un dirixente socialista galego.

Ignacio Seoane

Ignacio Seoane Fernández, nado en Ribadavia en 1900 e fusilado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un sindicalista, político e dirixente socialista galego.

José Antela

José Antela Conde, nado en Teis (no daquela concello de Lavadores) en 1900 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un camareiro e político socialista de Galicia (España), alcalde do concello de Lavadores durante a Segunda República, executado vítima da represión dos sublevados na Guerra Civil.

José Caldas Iglesias

José Caldas Iglesias, nado en Vigo en 1898 e finado na mesma cidade o 12 de maio de 1937, foi un traballador metalúrxico, mestre e concelleiro galego.

Manuel Hidalgo Rodríguez

Manuel Hidalgo Rodríguez foi un político galego.

Manuel Rey Gómez

Manuel Rey Gómez, coñecido como Villagarcía, nado en Cambados en 1904 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un sindicalista galego.

Ramón González Brunet

Ramón González Brunet, nado en Vigo c. 1886 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1936, foi un político e sindicalista galego.

Ubaldo Gil Santóstegui

Ubaldo Gil Santóstegui, nado en Vigo o 9 de xuño de 1879 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1936, foi un médico e político galego

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Ángel Campos Varela

Ángel Campos Varela, nado en Cerdedo-Cotobade, foi un avogado e político galego.

Onomástica do rueiro de Vigo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.