Emilio Cao

Emilio Cao Losada, nado en 1953, é un músico e compositor compostelán, destacado intérprete de arpa celta, e primeiro recuperador de tal instrumento en Galiza dende a Idade Media.

Emilio Cao
Nacemento1953
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico e compositor

Traxectoria

Os seus inicios como músico están ligados a diversos grupos pop da súa cidade. Participou, entre outros proxectos, nos grupos Brétema e N.H.U. Algo máis tarde traballou como músico acompañante vencellado ao colectivo Voces Ceibes. Foi naquel momento no que comezou a compoñer as súas primeiras cancións.

A mediados dos anos setenta viviu diversas experiencias por toda Europa, levando unha vida a medio camiño entre a emigración e a bohemia. Ao seu regreso, atopou accidentalmente unha arpa nunha tenda de instrumentos de segunda man, instrumento que aprenderá a tocar de xeito autodidacta, e para o que axiña comezará a compoñer música.

A partir do seu primeiro disco Fonte do Araño (Zafiro, 1977), comezou a relacionarse con outros intérpretes deste instrumento, entre os que destacan a galesa Elsie Thomas de Swansea e o bretón Alan Stivell. Tamén estreitou os seus lazos con músicos portugueses relacionados co movemento dos Cantores de abril.

Na discografía de Emilio Cao destaca un grande interese pola cultura literaria de Galiza. As referencias a coñecidos escritores son evidentes dende o título dalgún dos seus traballos, pero tamén é frecuente que musique poemas dalgúns dos poetas galegos máis importantes, como Rosalía de Castro ou Manuel Antonio (a quen dedicou o traballo Cartas Mariñas). Tamén ten colaborado con autores vivos como Suso de Toro e Anxo Rei Ballesteros.

Unha dimensión máis das relacións entre a súa música e a literatura son os seus múltiples traballos para o teatro galego, compoñendo e tocando a música para representacións de obras de Roberto Vidal Bolaño, Eduardo Alonso, Xulio Lago, ou Suso de Toro, así como o de diversas adaptacións.

Como músico ten colaborado ademais en traballos de diversos artistas como Ruper Ordorika, Fausto, Siniestro Total e Maite Dono. Esta última artista ten versionado algunhas das súas cancións máis coñecidas.

Discografía

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Bailaré sobre tu tumba

Bailaré sobre tu tumba é o cuarto álbum da banda viguesa de punk rock Siniestro Total, editado no ano 1985 a través do selo DRO. No ano 2002 relanzouse unha edición remasterizada do álbum con catro cancións extra.

Os oito primeiros temas do disco foron gravados en 1985 nos estudios Trak de Madrid baixo a produción de Paco Trinidad. Os restantes temas da edición orixinal graváronse en concertos celebrados en Alcázar de San Juan, Santiago de Compostela, Vigo e Valladolid ese mesmo ano. Tres das catro cancións extra da edición do 2002 proceden das sesións de estudio de Trak, e a derradeira, "We are the world", gravouse no Parque de Castrelos no verán de 1985.

Benedicto García Villar

Benedicto García Villar, nado en Santiago de Compostela o 7 de maio de 1947 e finado ibídem o 4 de xuño de 2018, foi un cantante, mestre e sindicalista galego que practicou a canción de autor de intervención política. Nos seus inicios estivo vencellado ao colectivo Voces Ceibes.

Carlos Castro

Carlos Castro Roig, nado na Coruña o 24 de maio de 1961, é un músico galego especializado en instrumentos de percusión.

De catro a catro

De catro a catro. Follas sin data d'un diario d'abordo é un libro de poesía de Manuel Antonio publicado en marzo de 1928 pola Editorial Nós. É a única obra que o autor publicou en vida, e está considerado a súa obra por excelencia.

Feal de Ansemil, Ansemil, Celanova

Feal de Ansemil é unha aldea da parroquia de Ansemil, no concello ourensán de Celanova, na comarca da Terra de Celanova. Tiña 21 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 13 eran homes e 8 eran mulleres.

O escritor e ex-secretario do concello de A Bola, Emilio Cao Martínez, inspirouse nesta aldea do sur ourensán para escribir o seu libro de poesía Idilios do Feal de Ansemil, finalista do premio Otero Pedrayo no ano 1982.

Fonte do Araño

Fonte do Araño é o primeiro álbum de estudio do músico galego de folk Emilio Cao. Foi publicado en 1977 baixo o selo Novola.

En 1986 foi reeditado polo selo Zafiro.

Fonte do Araño (canción)

Fonte do Araño é unha canción de Emilio Cao, publicada orixinalmente en 1977, que pertence ao albúm homónimo. Nun principio Emilio Cao, Bernardo Martínez e Xoan Piñón gravaron a maqueta nun magnetófono de bobina aberta en Foz; para a versión final do disco, nun estudio de gravación en Madrid, uníronse Xosé V. Ferreirós e Antón Seoane.

Laura Quintillán

Laura Quintillán Núñez, nada en Montevideo en 1956, é unha violinista e política galega de Comunistas da Galiza.

Lenda da pedra do destiño

Lenda da pedra do destiño é o segundo álbum de estudio do músico galego de folk Emilio Cao. Foi publicado en 1979, baixo o selo Guimbarda.

Emilio Cao contou coa colaboración de Xoan Silvar na gaita, frautas e percusión. O deseño da cuberta é obra de Manuel Pereira. En 1986 foi novamente reeditado.

Luar na lubre

Luar na Lubre é grupo de folk galego creado na Coruña en 1985. Trátase dunha das bandas máis representativas do panorama folk galego. Obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro.

Maite Dono

María Teresa Dono Duro, nada en Gasteiz o 17 de febreiro de 1969, é unha cantante, actiz e escritora galega.

Movemento popular da canción galega

O Movemento Popular da Canción Galega é unha plataforma que xorde no ano 1973 logo da disolución do grupo Voces Ceibes e dura apenas uns meses. Nel participaron músicos galegos de diversas tendencias que estaban comprometidos con Galiza e denunciaban a falta de liberdades, como Rodrigo Romaní, Antón Seoane, Emilio Cao, Pilocha, Luís Emilio Batallán, Bibiano e Miro Casabella, entre outros.

Os Raparigos

Raparigos é unha banda galega de gaiteiros formada en Ferrol en 1968 por Carlos Vázquez Cabrera e Juan (Xan) Rodríguez Silvar, co gallo de presentarse ao concurso de gaitas celebrado en Santiago de Compostela en maio dese ano, cando contaban 17 e 15 anos respectivamente. De aí que escolleran o nome de Raparigos, inspirándose nunhas letras de Rosalía de Castro acaidas á súa idade. Cabrera e Silvar foron alumnos de gaita galega do gaiteiro Constantino Bellón. Ambos confluíron na súa clase, Xan iniciado xa na banda de gaitas e tambores do grupo nº19 de Ferrol dos Boy Scouts e formaron o grupo animados polo seu mestre.

O grupo tivo a oportunidade de servir de ponte entre os gaiteiros populares, mantedores da tradición do instrumento máis senlleiro de Galicia, e as novas formas musicais aparecidas sobre 1970, influídas polos movementos folk e rock anglosaxóns, principalmente. A traxectoria de Raparigos mantívose fiel ao esquema tradicional dos cuartetos e quintetos popularizados a principios do s. XX, aínda que algúns dos seus compoñentes colaboraron con corais e músicos como Emilio Cao (Silvar) ou grupos folk como Os Cempés (Varela).

Quim Farinha

Xaquín López Fariña, coñecido como Quim Farinha, nado en Caldas de Reis o 25 de xullo de 1966, é un músico e compositor galego.

Saudade (álbum)

Saudade é o oitavo álbum de estudio do grupo de folk galego Luar na Lubre. Publicouse o 25 de outubro de 2005, baixo o selo Warner Music.

Son de Galicia

Son de Galicia é unha colección de música galega publicada en 2003 polo xornal La Voz de Galicia. A colección consta de 41 CDs onde se incluíu o máis representativo da música feita en Galicia. As obras son fundamentalmente reedicións, mais hai tamén algún disco inédito, principalmente recompilatorios.

Suso Vaamonde

Xesús Vaamonde Polo, nado en Rego do Vargo (A Insua, Ponte Caldelas) o 20 de decembro de 1950 e finado en Vigo o 16 de febreiro de 2000, foi un cantautor galego, coñecido como Suso Vaamonde, .

Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra, nado como Eugenio Novo Neira en Parada (Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel), o 19 de xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Xosé Luís Méndez Ferrín encadrouno dentro da Xeración das Festas Minervais. A Real Academia Galega escolleuno como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2010.

¿Cuándo se come aquí?

¿Cuándo se come aquí? é o título do primeiro álbum de estudio da banda galega Siniestro Total, gravado en outubro de 1982 e publicado por DRO en novembro dese mesmo ano.Constituído na súa totalidade por cancións de estilo marcadamente punk, cun número contado de acordes de guitarra por tema e letras surrealistas, representa un dos discos máis queridos do grupo e un dos máis importantes do punk no estado Español e inclúe grandes éxitos de Siniestro Total como "Matar hippies en las Cíes" ou "Ayatolah!".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.