Emilio Álvarez Blázquez

Emilio Álvarez Blázquez, nado en Tui o 16 de abril de 1919 e finado en Vigo o 22 de decembro de 1988, foi un escritor e editor galego.

Emilio Álvarez Blázquez
Nacemento16 de abril de 1919
 Tui
Falecemento22 de decembro de 1988
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e editor
PaiDarío Álvarez Limeses
NaiMaría Blázquez Ballester
IrmánsXosé María Álvarez Blázquez e Darío Álvarez Blázquez

Traxectoria

Tui 1929. Familia Álvarez Blázquez. De esquerda a dereita Celso, o pai Darío, Darío, a nai María, Álvaro, Alfonso, Emilio e Xosé María de pé
Familia Álvarez Blázquez. De esq. a der.: Celso, o pai Darío Álvarez Limeses, Darío, a nai María, Álvaro, Alfonso, Emilio e Xosé María de pé.[1]

Fillo de Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester, irmán de Darío e Xosé María Álvarez Blázquez. Comezou o Bacharelato por libre no Instituto de Pontevedra no curso 1931-32, rematando en Tui no verán de 1936. Durante a guerra civil española a súa familia foi represaliada. O 21 de abril de 1941 trasládase coa súa nai e irmáns a Vigo, e inicia por libre a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1944 comeza a dar clases de letras no Colexio Mezquita. En 1947 empeza a traballar nos escritorios do consulado de Uruguai, e ao pouco tempo pasa a ser Chanceler. En 1960 pasou a traballar como administrativo no Colexio de Farmacéuticos.

Foi cofundador xunto cos seus irmáns Álvaro e Xosé María de Edicións Castrelos, e participou así mesmo da fundación de Galaxia, creando a colección "Salnés". Nesa época frecuenta o café Derby canda a Valentín Paz Andrade, Xaime Isla Couto, Fernández del Riego, Plácido Castro, Urbano Lugrís ou Laxeiro.

O 4 de xaneiro de 1964 casa en Vigo con Josefina Pazos Vilas, mestra, coa que terá dous fillos: Emilio e Cristina. En 1974 deixou as conferencias e recitais por mor dun cancro de larinxe. Finou por mor dun cancro de fígado.

Obra

Os seus primeiros textos literarios coñecidos foron publicados en 1935 en Tude, revista do instituto de Tui que dirixía o profesor Xesús Ferro Couselo.

Canda ao seu irmán Xosé María escribe dúas obras: El libro del por qué (1946) e a peza teatral Los pazos altivos, estreada en Xixón en 1947. En 1947 estreouse no Teatro García Barbón de Vigo El zapato de cristal, poema dramático en tres actos e prólogo, con escenografía de Pucho Boedo.

Tamén de 1947 é Poemas de ti e de min, con dezasete poemas breves de Emilio, un volume editorial compartido con Xosé María, con dúas dúas cubertas independentes. Foi o primeiro libro en galego da Colección Benito Soto, editada en Pontevedra. O libro, terceiro tomo da colección, foi publicado como volume III e IV.

En 1957 foi nomeado académico correspondente pola Real Academia Galega. Na década de 1960 colaborou en Faro de Vigo. En 1962 pronunciou a conferencia «Viaxe en torno á cantiga popular galega» no Centro Galego de Montevideo, presentado por Lois Tobío Fernández. En 1964 gaña o Premio de Poesía Galega de Buenos Aires cun poemario que nunca se publicou e sobre o que non existen noticias precisas. O 15 de maio de 1966 participou en Ourense na homenaxe a Celso Emilio Ferreiro antes da súa marcha a Venezuela.

Obras

Poesía

Obras colectivas

  • Poemas de ti e de min, 1949, con Xosé María Álvarez Blázquez.
  • El libro del por qué, 1945, con Xosé María Álvarez Blázquez.
  • Los pazos altivos, 1947. Poema dramático en tres actos e prólogo. Con Xosé María Álvarez Blázquez.
  • El zapato de cristal, Conto escénico en tres actos.

Notas

  1. Real Academia Galega. Boletín n.º 369, 2008, p. 220

Véxase tamén

Bibliografía

16 de abril

O 16 de abril é o 106º día do ano do calendario gregoriano (107º nos anos bisestos). Quedan 259 días para finalizar o ano.

22 de setembro

O 22 de setembro é o 265º día do ano do calendario gregoriano e o 266º nos anos bisestos. Quedan 100 días para finalizar o ano.

Alfonso Álvarez Gándara

Alfonso Álvarez Gándara, nado en Tui o 27 de xaneiro de 1939, é un avogado e político galego.

Amalia Álvarez Gallego

Amalia Álvarez Gallego, nada en Lugo o 10 de febreiro de 1906 e finada en Pontevedra o 27 de novembro de 2001, foi unha funcionaria galega.

Celso Álvarez Cáccamo

Celso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 15 de decembro de 1958, é un escritor e sociolingüista galego.

Colección Benito Soto

A colección Benito Soto foi un proxecto editorial levado a cabo en Pontevedra entre 1948 e 1952 por Emilio Álvarez Negreira, Manuel Cuña Novás e Sabino Torres. Debe o seu nome a Benito Soto, o pirata da Moureira.

Colección Dombate

A colección Dombate foi unha colección literaria de Editorial Galaxia, dedicada á edición de poesía en lingua galega.

Colección Salnés

A colección Salnés foi unha colección literaria de Editorial Galaxia dedicada a primeiras edicións de poesía contemporánea en lingua galega. Estaba dirixida por Celso Emilio Ferreiro, Emilio Álvarez Blázquez e Salvador Lorenzana (pseudónimo de Francisco Fernández del Riego).

Darío Álvarez Basso

Darío Álvarez Basso, nado en Caracas o 12 de maio de 1966, é un pintor galego.

Darío Álvarez Blázquez

Darío Álvarez Blázquez, nado en Tui o 30 de setembro de 1910 e finado en Vigo o 7 de xuño de 1979, foi un médico e escritor galego.

Darío Álvarez Gándara

Darío Álvarez Gándara, nado en Tui o 22 de xaneiro de 1936 e finado en Nigrán o 17 de agosto de 2015, foi un médico e escritor galego.

Darío Álvarez Limeses

Darío Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de novembro de 1877 e finado o 30 de outubro de 1936, foi un médico e xornalista galego.

De Pondal a Novoneyra

De Pondal a Novoneyra é un libro de consulta, de biografías e crítica literaria, de referencia para o estudo da poesía galega contemporánea, obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado no ano 1984 por Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Xerais Universitaria.

Edicións Castrelos

Edicións Castrelos foi unha editorial galega fundada en 1964 e radicada en Vigo. A Editorial Galaxia mercouna en 1979.

Emilio Álvarez Giménez

Emilio Álvarez Giménez, nado en Pobra de Seabra o 21 de marzo de 1830 e falecido en Pontevedra o 12 de xuño de 1911, foi un dramaturgo, rexionalista e político galego.

Emilio Álvarez Negreira

Emilio Álvarez Negreira, nado en Pontevedra o 9 de setembro de 1926 e finado na mesma cidade o 4 de xullo de 2002, foi un xornalista e poeta galego.

Rapazas, rapaces e rapazadas

Rapazas, rapaces e rapazadas é o noveno álbum de estudio (e undécimo na discografía) do cantante de folk galego Suso Vaamonde. Foi publicado en 1997 baixo o selo Produccións Trebón.

Trátase dun dobre CD para nenas e nenos con letras populares e máis dos poetas Pura Vázquez, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Antón Zapata, Dora Vázquez, Manuel Cuña Novás, Camilo José Cela, Luís Pimentel, Crecente Vega, Neira Vilas, Emilio Álvarez Blázquez, e Manuel María.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Álvarez Blázquez

Os apelidos Álvarez Blázquez fan referencia, ademais doutras persoas, aos fillos de Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester:

Darío Álvarez Blázquez (1910-1979);

Celso Álvarez Blázquez (n. 1913);

Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985);

Alfonso Álvarez Blázquez (n. 1917);

Emilio Álvarez Blázquez (1919-1988);

Álvaro Álvarez Blázquez (1921-2005).

Árbore xenealóxica

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.