Emigración

O termo emigración refírese a deixar o propio país para ir vivir a outro. Tamén por extensión se denomina emigración ós movementos de poboación que se producen dentro do propio país. O termo emigración refírese ademais ó conxunto de habitantes que trasladan o seu domicilio; xa sexa por un tempo ilimitado ou temporalmente, dun país, rexión ou pobo a outro distinto.

Estatua homenaxe os emigrantes, Vilalba
Aos emigrantes en Vilalba.

Aínda que se trata do mesmo fenómeno, denomínase inmigración cando o punto de observación é o da recepción de masas migratorias e emigración cando o fenómeno é observado dende o lugar emisor.

Pérez Esquivel
Placa en Poio adicada a Adolfo Pérez Esquivel, descendente de emigrantes galegos.

As razóns que empuxan a emigrar ó ser humano polo miúdo responden a unha necesidade de carácter vital que pode ser suscitada por cuestións de restrición económica, política e/ou medioambiental.

Emigracion espanha 1910
Taxa bruta da emigración en 1910 en España, por provincias.

Na actualidade os países cun índice meirande de emigración son os de África, Sudamérica, e Asia, ós que os países desenvolvidos deron en chamar países do Terceiro Mundo ou países en vías de desenvolvemento.

Monumento aos emigrantes
Aos emigrantes no Porto de Santa Cruz. Deseño de Luís Seoane.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e a cultura de Galicia na sociedade e asesorar os poderes públicos de Galicia. É un organismo estatutario, previsto no artigo 32 do Estatuto, foi creado o 8 de xullo de 1983. Ten a súa sede no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.

A súa presidenta é Rosario Álvarez, ademais o Consello componse de representantes de entidades e personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Xestiona os seguintes arquivos: Arquivo sonoro de Galicia, Centro de documentación sociolingüística de Galicia, Arquivo da emigración galega e Arquivo de comunicación.

Diáspora galega

Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Na segunda década do século XXI por mor da crise en Galicia e España iníciase unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara países do norte de Europa (Alemaña e Inglaterra), normalmente mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.

Historias de Galicia

Historias de Galicia é unha serie divulgativa da TVG, con 32 capítulos de media hora de duración, que trata sobre feitos económicos, políticos, sociais e culturais de Galiza desde as súas orixes até a actualidade. Comezou a emitirse o 25 de febreiro de 2007.

En cada capítulo pártese de escenarios da Galiza actual e nárrase a evolución de fenómenos históricos e culturais variados, como poden ser a evolución da agricultura, a pesca, a lingua, a casa, o poder relixioso, as guerras, a nobreza, a fidalguía, a emigración, o papel da muller etc.

Igrexas católicas orientais

O termo Igrexas católicas orientais, tamén coñecidas como uniatas, refírese colectivamente ás 22 igrexas particulares autónomas en comuñón coa Santa Sé que, xunto coa Igrexa Latina, forman a Igrexa Católica universal. Conservan moitas antigas tradicións teolóxicas, litúrxicas e devocionais que, en moitos casos, comparten co resto das igrexas cristiás orientais coas que estiveron unidas no pasado, como a Igrexa Ortodoxa ou as igrexas ortodoxas orientais.

Aínda que comparten tradicións similares con estas igrexas ortodoxas, afástanse delas en temas doutrinais e teolóxicos, polo que non admiten a participación de membros destas outras igrexas nos sacramentos, agás baixo as circunstancias previstas polo dereito canónico. No caso da Igrexa Ortodoxa isto é consecuencia, de xeito principal mais non exclusivo, de diferenzas conceptuais en canto ao papel e á autoridade do Bispo de Roma.

Historicamente, estás igrexas tiñan o seu ámbito de actuación en Europa do Leste, Oriente Medio, o Norte de África e a India. Por mor da emigración, teñen presenza tamén en Europa Occidental, América e Oceanía, onde teñen creado eparquías de xeito paralelo ás dioceses latinas.

Inmigración

Chámase inmigración á entrada a un país de persoas que naceron ou proceden doutro lugar. Representa unha das dúas opcións ou alternativas do termo migración, que se aplica aos movementos de persoas dun lugar a outro e estes desprazamentos levan un cambio de residencia ben sexa temporal ou definitivo. As dúas opcións dos movementos migratorios son: emigración, que é a saída de persoas dun país, rexión ou lugar determinados para dirixirse a outro distinto e inmigración, que é a entrada nun país, rexión ou lugar determinados procedentes doutras partes. De maneira que unha emigración leva como contrapartida posterior unha inmigración no país ou lugar de chegada.

Así pois, resulta válido estudar as migracións desde o punto de vista do país de acollida (ou mellor dito, de entrada, xa que non sempre os inmigrantes reciben unha boa acollida no país de entrada), xa que a situación é moi diferente e ata a miúdo oposta á do país ou lugar de emigración. Unha enorme gama de situacións políticas e problemas exponse pola case sempre inevitable diferenciación cultural, económica e social existente entre as poboacións inmigrantes e as do país de recepción, e ata entre os mesmos inmigrantes cando proceden de países e ata de continentes distintos.

Manuel Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.

Natasha Vázquez Ruiz

Natasha Vázquez Ruiz, nada en Moscova o 30 de abril de 1967 é unha xornalista e cineasta cubana de orixe galega.Ten dirixido e producido diversos documentais, a maioría relacionados coa emigración galega a Cuba, cos que gañou numerosos premios, entre eles a Medalla Castelao.

O Irixo

O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1.600 habitantes (2.092 en 2003).

Pobo galego

Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade) e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia. O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX. Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro, o presidente da Arxentina, Raúl Alfonsín e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez, alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.

A poboación de Galicia é de 2 718 525 habitantes (2016), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.

Pura Vázquez

Carmen Pura Vázquez Iglesias, nada en Ourense, no barrio do Polvorín, o 31 de marzo de 1918 e finada na mesma cidade o 25 de xullo de 2006, foi unha poetisa galega. Representante da poesía de posguerra, apostou por unha saída lírica e existencialista fronte a liñas máis combativas. Poetisa en galego e castelán, e irmá da escritora Dora Vázquez, tamén se conta entre as escritoras vencelladas á emigración. Foi a primeira muller que comezou a publicar en galego nos xornais e revistas de Galiza e da emigración tras a guerra civil. Tamén foi unha das pioneiras no eido da literatura infantil e xuvenil.

Ramiro Isla Couto

Ramiro Isla Couto, nado en Arnois (A Estrada) o 8 de marzo de 1896 e falecido en Vigo o 5 de decembro de 1987, foi un empresario e dinamizador cultural da emigración galega.

Ramón Armada Teixeiro

Ramón Armada Teixeiro, nado en Santa Marta de Ortigueira o 14 de setembro de 1858 e finado na Habana o 1 de xullo de 1920, foi un escritor galego.

Son de estrelas

Son de estrelas é un programa concurso-reality musical, producido pola empresa Voz Audiovisual, e emitido pola Televisión de Galicia en 2007. Presentado por Teté Delgado, busca seleccionar un cantante de entre 54 participantes de todas as comarcas de Galiza e da emigración.

Xesús Canabal

Xesús Canabal Fuentes, nado no Amenal (O Pino) en marzo de 1897 e finado en Montevideo o 29 de agosto de 1985, foi un empresario e destacado persoeiro da emigración galega no Uruguai.

Xosé Neira Vilas

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

Álbum da Emigración

O Álbum da Emigración, creado a mediados de 2007, é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que recupera as figuras máis destacadas das colectividades galegas en América.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.