Embriaguez

A embriaguez (ebriedade ou, vulgarmente, borracheira e mona) consiste nun estado de alteración das facultades mentais e motrices do corpo a consecuencia dun consumo excesivo de alcohol cuxa presenza en sangue alcanza un determinado nivel que chega a provocar unha intoxicación etílica. A persoa nese estado denomínase ebrio ou borracho (máis tecnicamente, dipsómano), e, se a mesma situación se repite frecuentemente, se cualifica de alcohólico, concepto que xa adquire matices de adicción e conduta patolóxica, con danos para a saúde.

O termo pode empregarse tamén noutros sentidos figurados, cando se trata de expresar uns sentimentos moi exaltados que poden ofusca-la razón, falando, así, de estar embriagado de amor ou pola emoción; tamén pode aplicarse a perfumes ou esencias.

Velázquez - El Triunfo de Baco o Los Borrachos (Museo del Prado, 1628-29)
Los Borrachos (Velázquez)

A embriaguez como patoloxía

Considérase un estado patolóxico cando se trata dunha intoxicación aguda, que xera cadros con alteración completa do comportamento. Poden describirse catro tipos básicos: embriaguez violenta, excitomotora, convulsiva e, finalmente, delirante.

Resposta social á embriaguez

Adriaen Brouwer - The Bitter Potion - Google Art Project
A beberaxe amarga Adriaen Brouwer (1630-1640)

En xeral, a consideración social do costume de consumir bebidas alcohólicas é variable segundo o ámbito, as circunstancias etc., e en moitas ocasións existe unha aceptación social que o valora positivamente —e, ó contrario, unha desaprobación ante o rexeitamento do seu consumo—. De feito, en practicamente tódolos actos colectivos nos que forma parte unha comida —formal ou non— acompáñanse de consumo de bebidas alcohólicas. Isto non empece que tamén sexa común a reprobación da embriaguez ante a incapacidade de quen chega a este estado de controla-lo seu comportamento e as molestias que poden causar ós que lle rodean.

Tamén o alcoholismo recibe normalmente unha consideración social pexorativa que soborda o seu carácter de enfermidade.

A relixión católica non condena o consumo de alcohol se se fai con moderación; é dicir, castiga o abuso, como o fai con outras realidades (como a comida). Outras relixións, como a musulmá, si que prohiben as bebidas alcohólicas polos posibles problemas sociais e de saúde que poden traer, así como por desviar do pensamento en Deus. Tamén os budistas rexeitan o consumo de alcohol por obstaculiza-la meditación.

Aspectos legais da embriaguez

A embriaguez, en si mesma, non é delito, e mesmo se pode considerar como atenuante cando se interprete como un trastorno mental transitorio que anula á propia vontade, sempre e cando o estado de embriaguez non sexa habitual.

As Normas de Circulación impoñen determinadas sancións, en forma de multa e retirada de puntos no carné de conducir, se se superan determinados niveis de alcohol en sangue cando se conduce un vehículo. Ademais, obrigaron a unha modificación do Código Penal para considerar delito a condución con niveis superiores a 0,60 miligramos de alcohol en aire expirado, delito penado con penas de prisión de 3 a 6 meses ou traballos en beneficio da comunidade.

No dereito laboral pode ser causa de despedimento procedente.

A borracheira na cultura popular

Véxase tamén: A borracheira na cultura popular galega.

Os sucesivos estadíos polos que vai pasando quen bebe son comparados por unha lenda árabe cos seguintes animais:

  1. Mono: na fase de excitación o individuo presenta un comportamento inquieto, faladeiro, mesmo gracioso, pero segue sendo consciente dos seus actos e das súas palabras. Móstrase menos inhibido e aumenta a súa locuacidade, elocuencia e sociabilidade.
  2. León: á anterior segue unha fase de confusión, na que o bebedor pode mostrarse agresivo e actuar dunha forma irreflexiva e, ás veces, violenta coas cousas ou as persoas que o rodean.
  3. Porco: na última fase, xa de completa embriaguez, o bébedo perde o control, anda cambaleándose, vomita e e mesmo cae ó chan.

Véxase tamén

Outros artigos

A borracheira na cultura popular galega

A acción de emborracharse, como os termos borracheira e borracho, reciben en Galicia numerosas denominacións, descritivas ou eufemísticas. Nesta sinonimia tan ampla inflúen diversos factores, como o rexistro do falante (culto, coloquial, vulgar) ou os distintos graos que se poden presentar, desde o resultante do consumo de pequenas cantidades, que conseguen achispar ou causar contenteira, ata a borracheira absoluta. Inclúense tamén algúns castelanismos que, por razóns eufemísticas, adoitan utilizarse para referirse a determinados feitos como o que nos ocupa, e como tamén acontece con realidades de carácter sexual ou escatolóxico:

Aballoarse, acamballarse, achisparse, afumarse, embebedarse, embriagarse, empiparse, encherse, enchisparse.Do mesmo xeito, son numerosísimas as formas de designar a un borracho (insistimos, nos seus diferentes graos):

Aballoado, achispado, aforador, afumado, alegre, alustrado, bébedo, bebido, borracheiro, borrachel, borrachento, borrachín, caneco, chiquiteiro, chispo, dipsómano, ebrio, embriagado, mamado, peneco, peneque, tomado.E, por outra banda, as formas de referirse á borracheira:

Asturiana, bebedeira, bebedela, borrachea, cagallón, calcada, candonga, candorga, carena, carpanta, carrada, chea, chispa, coello, cogorza, curda, ebriedade, embriaguez, filomena, gaita, galumera, jesusa, larada, lona, lorbaga, lupanda, merda, merluza, mona, pea, pedo, pelica, petenera, raposa, talanguera, talanquera, taranqueira, tallada, temulencia, toalla, tralla, tranca, trompa, trusca, turca.

Afectividade

En psicoloxía a afectividade é a subsceptibilidade que o ser humano experimenta diante determinadas alteracións que se producen no mundo exterior ou no seu propio mundo e que se expresa a través do comportamento emocional, os sentimentos e as paixóns. As carencias na afectividade poden afectar gravemente á conduta do individuo.

Do latín affectus, o afecto é unha das paixóns do ánimo. Trátase da inclinación cara alguén ou algo, especialmente de amor ou cariño.

Auckland

Auckland (en maorí: Tāmaki-makau-rau) é a área metropolita máis grande de Nova Zelandia e o maior núcleo de poboación do sur do Pacífico. Aínda que Wellington é a capital de Nova Zelandia, Auckland é a cidade máis importante, poboada e a capital económica do país.

A 37 graos de latitude sur, na illa Norte, a cidade de Auckland está situada sobre un estreito istmo que separa dous portos naturais: o porto de Manukau, aberto ao Mar de Tasmania, ao oeste e o de Waitemata, que se abre ao golfo de Hauraki do océano Pacífico, ao leste. A área metropolitana de Auckland esténdese aproximadamente entre Bombay Hills ao sur e a península de Whangaparaoa ao norte.

Bebida alcohólica

As bebidas alcohólicas ou alcólicas son bebidas que conteñen o etanol (coñecido popularmente como alcohol etílico). A dependencia das bebidas alcohólicas denomínase alcoholismo.

Atendendo á elaboración pódese distinguir entre bebidas producidas por fermentación alcohólica (viños, cervexas, hidromel, sake etc.), nas cales o contido en alcohol non pasa de 18-20 graos; e as producidas por destilación, xeralmente a partir dun produto de fermentación (licores, augardentes etc.)

En España celébrase o día sen alcohol o 15 de novembro.

A cantidade de alcohol dun licor ou outra bebida alcohólica exprésase ben polo volume de alcohol que conteña ou ben polos seus graos de alcohol, a porcentaxe da alcohol do total da bebida.

Clístenes de Sición

Clístenes (en grego Κλεισθένης Kleisthénes) foi o tirano de Sición ao redor dos anos 600 e -570.

Daniel Vertangen

Daniel Vertangen, nado en Ámsterdan no ano 1601 e finado ibídem entre 1681 e 1684, foi un pintor holandés do século XVII.

Danza

A danza é unha arte que consiste en expresarse mediante movementos do corpo ao ritmo da música. É unha das principais artes escénicas da antigüidade, ao lado do teatro e da música.

Friedrich Nietzsche

Friedrich Wilhelm Nietzsche, nado o 15 de outubro de 1844 en Röcken, Lützen nos arredores de Leipzig, actual Alemaña, e finado o 25 de agosto de 1900 en Weimar, foi un filósofo, poeta, músico e filólogo alemán, considerado un dos pensadores contemporáneos máis influentes do século XIX.

Realizou unha crítica polo miúdo da cultura, da relixión e da filosofía occidental, mediante a xenealoxía dos conceptos que as integran, baseada na análise das actitudes morais (positivas e negativas) cara a vida. Este traballo afectou profundamente a xeracións posteriores de teólogos, antropólogos, filósofos, sociólogos, psicólogos, politicólogos, historiadores, poetas, novelistas e dramaturgos.

Cavilou sobre as consecuencias do triunfo do secularismo da Ilustración, expresada na súa observación «Deus morreu», dun xeito que determinou a axenda de moitos dos intelectuais con máis sona despois da súa morte.

Se ben hai quen sostén que a característica definitoria de Nietzsche non é tanto a temática que trataba senón o estilo e o bo tino co que o facía, foi un autor que introduciu, como ningún outro, unha cosmovisión que reorganizou o pensamento do século XX, en autores tales como Martin Heidegger, Michel Foucault, Jacques Derrida, Gilles Deleuze, Gianni Vattimo ou Michel Onfray, entre outros.

Nietzsche recibiu un amplo recoñecemento durante a segunda metade do século XX como unha figura significativa na filosofía moderna. A súa influencia foi particularmente destacada nos filósofos existencialistas, críticos, fenomenolóxicos, postestruturalistas e posmodernos, e na socioloxía de Max Weber. É considerado un dos tres «mestres da sospeita» (segundo a coñecida expresión de Paul Ricoeur), xunto con Karl Marx e Sigmund Freud.

Hold Nickar

Hold Nickar, aínda que sexa relacionado por algúns con Nickar (nikr ou nicor, un demo escandinavo das augas), parece ser, na verdade, unha forma corrompida de Hjaldr Hnikar, un dos títulos do deus teutónico Odín e que significa «Incitador de Batallas». O Odín «Hjaldr Hnikar» causaba destrución a través de tempestades no océano. Tanto o Nickar canto Odín son representados como vellos con cabelos e barba agrisados, aínda que o demo Nickar tamén poida asumir a aparencia dun neno con pernas de cabalo.Hold Nickar pode ser aínda a orixe do nome «Old Nick», un sinónimo para «diaño» en lingua inglesa.

Huitaca (deusa)

Huitaca ou Xubchasgagua era unha deusa da relixión dos muiscas. Os muiscas e a súa confederación eran unha das catro civilizacións avanzadas de América, que habitaban o Altiplano Cundiboyacense nos Andes. Huitaca foi descrita polos cronistas Juan de Castellanos no seu Elegías de varones ilustres de Indias, Lucas Fernández de Piedrahita e Pedro Simón.

In vino veritas

In vino veritas é unha locución latina que significa literalmente "no viño está a verdade". Aínda que a frase aparece na Naturalis Historia de Plinio o Vello do seguinte xeito "volgoque veritas iam attributa vino est", é dicir "e xa popularmente a verdade foille atribuída ao viño..." pertence ao poeta lírico grego Alceo de Mitilene, cuxa obra conservamos de xeito moi fragmentado. Este foi un dos primeiros poetas do viño e a rosa, que influíron notablemente en Horacio. A obra deste último, moito mellor conservada, contén numerosas alusións ao viño.

Co tempo, esta expresión converteuse no título dun famoso ensaio do poeta danés Soren Kierkegaard, escrito a modo de imitación do Banquete de Platón. Trátase dun diálogo entre cinco estetas que departen en torno a unha boa mesa sobre os placeres sensuais.

A expresión adoita empregarse para dar a entender que o estado de embriaguez que proporciona o viño fai ás persoas ser máis sinceras.

Individuo

Un individuo é unha unidade elemental dun sistema maior ou máis complexo. Respecto de dito sistema non ten sentido algo menor que un individuo. Por exemplo, respecto dunha sociedade humana non ten sentido algo menor que unha persoa.

En metafísica, a palabra individuo, se ben algunhas veces significa "unha persoa", máis frecuentemente designa calquera cousa numericamente singular. "Individuo", en canto elemento do vocabulario filosófico é un termo moi usado que se adoita encontrar en compañía de "particular" (de feito moitas veces trátase como sinónimo de particular, aínda que un se pregunta se os particulares abstractos se poden contar como individuos) e así úsase en contraposición con "universal"

O individuo é unha unidade, cadaquén é un ser diferente que posúe intelixencia.

Unha famosa obra sobre os individuos e a súa individualización é a escrita por P. F. Strawson,Individuals: An essay in Descriptive Methaphysics(Londres: Methuen & Co.Ltd., 1959; Nova York: Anchor 1963)

Na vida diaria un individuo é un conxunto de pensamentos e accións que se considera coma unha entidade. Adóitase considerar a un individuo responsable das súas accións.

Pero non obstante, ocorre que despois de accidentes e enfermidades que causaron dano cerebral, os pensamentos e accións dun corpo tórnanse tan drasticamente distintas que moita xente non opina que este corpo mantén ó mesmo individuo.

No pasado as persoas non se consideraban responsables polos danos causados en estado de embriaguez. Aparentemente considerábase que nese estado o corpo non mantén ó mesmo individuo que en estado sobrio.

Pódese supoñer que a tolemia transitoria pódelle acontecer a calquera, e daquela o individuo normal é considerado ausente do corpo e polo tanto non responsable.

Intoxicación etílica

A intoxicación etílica aguda, ou simplemente intoxicación etílica, é aquela intoxicación ou síndrome clínica causada por un exceso de consumo de alcohol etílico ou etanol, un líquido volátil, aromático e combustible que procede da fermentación de substancias azucradas (amidón ou celulosa); constitúe, ademais, un elemento activo das bebidas espirituosas e alcohólicas. Tamén se considera o estado de embriaguez que se deriva dos efectos desta inxesta excesiva.

Michel de Montaigne

Michel Eyquem de Montaigne, nado o 28 de febreiro de 1533 e finado o 13 de setembro de 1592, foi un pensador e escritor francés do Renacemento, creador do xénero literario coñecido como ensaio.

Mono

Segundo o contexto, mono ou mona pode referirse a:

Como adxectivoMono, mona:

Aplícase a un animal (vaca, cabra etc.) ao que lle falta un corno.

Por extensión, tamén a unha cousa sen punta nin remate, ou á que se lle cortou unha parte.Como substantivoMono, mona, calquera primate non homínido.

Mona de Xibraltar Macaca sylvanus.

Mono araña (monos do xénero Ateles).

Mono das neves (monos do xénero Rhinopithecus).

Mono negro Cebus capucinus.

Mono vermello Erytrocebus patas.

Monos do Novo Mundo, ou platirrinos.

Monos do Vello Mundo, ou catarrinos.

Mono, tipo de peza de vestir, especialmente para traballar, especie de traxe de faena dunhna peza ou tamén un pantalón con peto.En linguaxe coloquialMono, pesoa ridícula, que fai o mono (animal) ou monadas.En linguaxe figuradaMona, sinónimo de embriaguez.

Mono, un debuxo de trazos simples e en xeral mal feito.No argot da drogaMono, sinónimo de síndrome de abstinencia.Outros usosMono, banda de post-rock con orixe en Tokio.

Illa Monos, unha illa de Trinidad e Tobago.

Como abreviatura:

Son monoaural.

Mononucleose infecciosa.

Museo Municipal Quiñones de León

O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

A Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego" é un espazo museístico aberto no ano 2011 na cidade de Vigo, de titularidade municipal.

Rebentabois

O rebentabois (Amanita muscaria ), tamén chamada bricabois ou amanita pinta, é un cogomelo tóxico, pertencente á orde Agaricales, frecuente en Galicia e en toda Europa, e caracterizado polo seu sombreiro de cor vermella ou alaranxada salpicado de numerosas pintas brancas. Tamén se coñece como brincabois, obedecendo estes nomes comúns á suposta toxicidade sobre o gando que o poida comer: Fungo pintarraxado, atola as moscas e mais o gado .

Coñécese en castelán como falsa oronja ou matamoscas; en catalán: reig bord, reig de fageda, reig tinyós ou reig vermell; en vasco: kuleto paltsoa ou kuleto falsoa. En Francia chámase fause oronge.

O nome científico muscaria fai alusión á paralización que parecen sufri-los insectos que pousan sobre este cogomelo.

Urbano I, papa

Urbano I, chamado logo santo Urbano, nado probablemente en Roma e morto seguramente na mesma cidade o 23 de maio de 230, foi bispo cristián desa cidade entre o 222 e o 230.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.