Elviña, A Coruña

San Vicenzo de Elviña é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta cunha poboación de 15.255 habitantes (7.569 homes e 7.686 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en 259 habitantes en relación ao ano anterior. A parroquia de Elviña pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.

Coordenadas: 43°19′55.79″N 8°24′34.05″O / 43.3321639, -8.4094583

Elviña
Castro de Elviña Vista xeral
Coruña parroquias 2
ConcelloA Coruña
Área14,24 km²
Poboación15.255 hab. (2014)
Densidade1.071,28 hab./km²
Entidades de poboación20[1]

Historia

Nesta parroquia atópase o Castro de Elviña. Nesta parroquia tivo lugar a batalla de Elviña no curso da Guerra da Independencia Española.

Trala aprobación da Constitución española de 1812 e a creación dos concellos constitucionais, a parroquia de San Vicenzo de Elviña integrouse no concello de Oza xunto ás parroquias de San Cristovo das Viñas, San Pedro de Visma e Santa María de Oza. En 1912, o concello da Coruña anexionou o concello de Oza, pasando Elviña a ser unha das cinco parroquias da Coruña.

En 1989, foi creada a Universidade da Coruña, sendo construídos os campus de Elviña (no lugar tradicionalmente coñecido como As Mariñas Douradas[2], nun terreo que xa se expropiara en 1963 para construír unha fábrica de fertilizantes[3]) e mais da Zapateira dentro dos límites da parroquia. Dende entón, a expansión do Campus de Elviña á custa das históricas localidades de Elviña e do Castro de Elviña, levantou as protestas dos veciños que teñen que facer fronte ás continuas expropiacións e á especulación urbanística[3][4][5]. A este problema únense as expropiacións do Parque Ofimático que xa destruíron lugares como As Cernadas e Galán e teñen proxectado derrubar parte da aldea de Elviña[6][7].

Notas etnográficas

Para cantar e beilar,
as nenas da Pelengrina;
para beber a perrita,
as borrachonas de Elviña [8].

Patrimonio

Ademais do Castro de Elviña e a igrexa de San Vicenzo de Elviña, consérvanse en Elviña dous hórreos centenarios de estilo Visma en bo estado, entre eles o da desaparecida reitoral de San Vicenzo de Elviña sobre a que se levantou o colexio das Franciscanas, que é un dos maiores da comarca, con 15×3,20 metros.[9]

Galería de imaxes

Escultura lavandeiras 4, Feáns, A Coruña

Escultura das Lavandeiras, en Feáns.

Lugares e parroquias

Parroquias da Coruña

Notas

  1. Sumando as entidades que figuran no nomenclátor da Xunta de Galicia e mais as que figuran no do INE.
  2. Xurxo Souto (2005) "O centro e a periferia. A vivencia do emprego do galego na Coruña" Lingua e cidade. I Xornadas sobre lingua e usos. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. (pp. 58-59)
  3. 3,0 3,1 "La última aldea de A Coruña " El Correo Gallego
  4. "La resistencia de la aldea de A Coruña" El País (04/04/2008)
  5. "Los más expropiados del concello" La Opinión A Coruña (01/04/2009)
  6. "Novas mobilizacións na Coruña para evitar o desafiuzamento de 12 familias" Galicia Confidencial (29/08/2014)
  7. "'O que queren construír aquí é outro Gaiás'" Arquivado 14 de setembro de 2014 en Wayback Machine. Sermos Galiza (25-05-2013)
  8. O colector desta cantiga, Pérez Ballesteros, explica que "Pelengrina é unha parroquia do Burgo, próxima á Coruña". Actualmente, O Burgo é lugar e parroquia do concello limítrofe de Culleredo, e nin Pelengrina nin forma parecida figuran no Nomenclátor. Segundo Eladio Rodríguez, a perrita é unha "copa de aguardiente de caña, que tomaban en La Coruña los pescadores y marineros en ayunas, para entonar el estómago, al salir a sus faenas. Esta costumbre antigua llamábase 'toma-la perrita', y desapareció en la primera veintena del actual siglo" (refírese ó século XX).
  9. "PXOM da Coruña" (PDF). SIOTUGA. 25 de febreiro de 2013. Consultado o 1-5-2016.

Véxase tamén

Outros artigos

A Felga, Elviña, A Coruña

A Felga é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Atópase entre os lugares de Elviña e Penarredonda.

A Zapateira, Elviña, A Coruña

A Zapateira é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 2.180 habitantes (1.075 homes e 1.105 mulleres), o que supón un aumento en 24 habitantes en relación ao ano anterior.

A historia do monte da Zapateira como zona residencial e de ocio iniciouse en 1961 coa construción do campo de golf da Coruña nun gran terreo situado nos montes da Zapateira cando en toda España só había 15 campos de golf. Franco foi usuario diario durante os veráns de 1964 ata 1974. Polo club de golf pasaron persoeiros de toda España e o estranxeiro.

Aguaceiros, Elviña, A Coruña

Aguaceiros é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña.

No ano 2003, a rúa que atravesa Aguaceiros recibiu oficialmente o nome de rúa de Burdeos.

Carracedo, Elviña, A Coruña

Carracedo era un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. O núcleo desapareceu a causa da ampliación de Matogrande. O cruceiro da localidade trasladouse a Elviña.

Elviña, Elviña, A Coruña

Elviña é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta cunha poboación de 206 habitantes (109 homes e 97 mulleres), o que supón unha diminución en 10 habitantes en relación ao ano anterior.

Feáns, Elviña, A Coruña

Feáns é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 1.151 habitantes (578 homes e 573 mulleres), o que supón un aumento en oito habitantes en relación ao ano anterior.

Igrexa de San Vicenzo de Elviña

A igrexa de San Vicenzo de Elviña é un templo relixioso situado en Elviña (A Coruña).

Mesoiro, Elviña, A Coruña

Mesoiro é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 7.487 habitantes (3.761 homes e 3.726 mulleres), o que supón un aumento en 162 habitantes en relación ao ano anterior.

O Castro de Elviña, Elviña, A Coruña

O Castro de Elviña é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 421 habitantes (203 homes e 218 mulleres), o que supón un aumento en 16 habitantes en relación ao ano anterior.

O Escorial, Elviña, A Coruña

O Escorial é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Atópase entre O Castro de Elviña e Penarredonda.

No ano 2003, a rúa que atravesa O Escorial recibiu oficialmente o nome de rúa de Belgrado.

O Lagar, Elviña, A Coruña

O Lagar é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Atópase ao norte da localidade do Castro de Elviña.

O Souto, Elviña, A Coruña

O Souto é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Atópase na localidade do Castro de Elviña, no seu estremo suroeste.

Palavea, Elviña, A Coruña

Palavea é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 1.522 habitantes (729 homes e 793 mulleres), o que supón unha diminución en 19 habitantes en relación ao ano anterior.

Pasaxe ao Burgo, Elviña, A Coruña

Pasaxe ao Burgo é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 151 habitantes (65 homes e 86 mulleres), o que supón un aumento en seis habitantes en relación ao ano anterior.

Pedralonga, Elviña, A Coruña

Pedralonga é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 572 habitantes (287 homes e 285 mulleres), o que supón un aumento en 89 habitantes en relación ao ano anterior.

Penarredonda, Elviña, A Coruña

Penarredonda é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 152 habitantes (69 homes e 83 mulleres), o que supón unha diminución en seis habitantes en relación ao ano anterior.

O núcleo practicamente desapareceu pola construción de chalés e novas vías.

Río de Quintas, Elviña, A Coruña

Río de Quintas é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 465 habitantes (222 homes e 243 mulleres), o que supón unha diminución en oito habitantes en relación ao ano anterior.

Santa Xema, Elviña, A Coruña

Santa Xema é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 677 habitantes (338 homes e 339 mulleres), o que non supón cambio ningún en relación ao ano anterior.

Vío, Elviña, A Coruña

Vío é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 22 habitantes (9 homes e 13 mulleres), o que non supón ningún cambio en relación ao ano anterior.

O núcleo de poboación quedou encaixado entre os polígonos de Pocomaco e Vío, xunto ás vías do tren de acceso á Coruña-Santiago.

Galicia  · Provincia da Coruña  · Parroquias da Coruña

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.