Els Segadors

Els Segadors (Os seitureiros en galego) é o himno nacional oficial de Cataluña. A letra da canción fai referencia á loita entre o campo catalán e o rei Filipe IV (1640).

Els Segadors
En galego: Os seitureiros
Himno deCataluña Cataluña
LetraEmili Guanyavents
1899
MúsicaFrancesc Alió
1892
Adoptado1993
Mostra da música
Els Segadors

Historia

A letra é de Emili Guanyavents (1899), a composición é de Francesc Alió que a compuxo no ano 1892 adaptando a melodía dunha canción popular. Durante a Segunda República Española unha parte de Els xiquets de Valls , obra de Josep Anselm Clavé i Camps foi incluída no himno. Finalmente non sería incluída na versión final do himno.

O 25 de febreiro de 1993 o Parlamento de Cataluña oficializou o himno.

Letra

Catalunya triomfant,

tornarà a ser rica i plena.
Endarrera aquesta gent
tan ufana i tan superba.

Cataluña triunfante,

volverá ser rica e plena.
Atrás esta xente
Tan oufana e tan soberbia.

Bon colp de falç,

Bon colp de falç,
Defensors de la terra!
Bon colp de falç!

Bo golpe de fouce,

Bo golpe de fouce,
Defensores da terra!
Bo golpe de fouce!

Ara és hora, segadors.
Ara és hora d'estar alerta.
Per quan vingui un altre juny
esmolem ben bé les eines.

É a hora, seitureiros,

É a hora de estar alerta.
Para cando chegue outro xuño,
afiemos ben as ferramentas.

Bon colp de falç,

Bon colp de falç,
Defensors de la terra!
Bon colp de falç!

Bo golpe de fouce,

Bo golpe de fouce,
Defensores da terra!
Bo golpe de fouce!

Que tremoli l'enemic

en veient la nostra ensenya.
Com fem caure espigues d'or,
quan convé seguem cadenes.

Que trema o inimigo

cando vexa a nosa bandeira.
Como facemos caer espigas de ouro,
cando convén segamos cadeas.

Bon colp de falç,

Bon colp de falç,
Defensors de la terra!
Bon colp de falç!

Bo golpe de fouce,

Bo golpe de fouce,
Defensores da terra!
Bo golpe de fouce!

Ligazóns externas

Cataluña

Cataluña (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha; en castelán: Cataluña) é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no nordeste da Península Ibérica. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía:

Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Occitania) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental. A capital de Cataluña é a cidade de Barcelona.

No territorio catalán habitan actualmente 7 467 423 habitantes nun total de 946 municipios dos que 63 superan os 20.000 habitantes (nos que vive o 70 por cento da poboación catalá). Dous terzos da poboación vive na Rexión metropolitana de Barcelona. Constitúe un territorio moi denso e altamente industrializado, liderando o sector en España desde o século XIX e a súa economía é a máis importante de entre as comunidades autónomas, ao xerar o 18,7% do PIB español, sendo a cuarta en PIB per cápita, tras o País Vasco, Navarra e a Comunidade de Madrid.

Cataluña foi durante a Idade Media un dos territorios principais da Coroa de Aragón. Co declive da Coroa decaeu Cataluña, que non volveu destacar ata a industrialización. A súa historia e a súa lingua son moi valoradas polos seus habitantes e para moitos son a base da súa identidade colectiva.

Enric Casals Defilló

Enric Casals i Defilló, nado en Barcelona o 26 de xullo de 1892 e finado o 31 de xullo de 1986, foi un violinista e compositor catalán, irmán de Pau Casals.

Exposición Internacional de París de 1937

A Exposición Internacional de París de 1937, baixo o lema Exposición Internacional das Artes e das Técnicas na vida moderna, foi a sexta celebrada nesta cidade desde que naceron en Londres, en 1851. Anteriormente a esta data celebráranse outras exposicións similares pero tiñan un carácter nacional ou sectorial.

Inaugurouse o 25 de maio de 1937 , da man do presidente Albert Lebrun (1871-1950), e pechou o 25 de novembro. No pavillón que instalou o Goberno republicano español estivo exposto o Guernica, o coñecido mural de Picasso que denuncia o bombardeo da cidade vasca do mesmo nome pola aviación alemá no transcurso da Guerra civil española.

Josep Anselm Clavé i Camps

Josep Anselm Clavé i Camps, nado en Barcelona o 21 de abril de 1824 e finado o 24 de febreiro de 1874 foi un compositor, escritor e político catalán. Foi unha personalidade destacada na súa época por ser o precursor do movemento coral en Cataluña así como por ter participado activamente no movemento asociativo do seu país impulsándoo fortemente.

Países Cataláns

Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que a lingua autóctona é o catalán, ou ben os territorios que forman parte dunha unidade xeohistórica, cultural e lingüística de predominio catalán. Son tamén os territorios onde viviron ou viven os falantes de catalán.En termos xerais, os Países Cataláns abranguen a zona oriental da península Ibérica, entre os Pireneos, até a Lagoa de Leucate e a serra das Corbières, polo norte, e o río Segura polo sur, o arquipélago das Baleares (que inclúe o das Pitiusas) e illas adxacentes (como as Columbretes e a illa de Nova Tabarca|Tabarca), a Franxa Oriental (no leste de Aragón), a comarca do Carxe (na Rexión de Murcia) e a cidade de L'Alguer (na illa de Sardeña), onde un 30% da poboación fala catalán.Os Países Cataláns teñen unha superficie conxunta de 70 520 quilómetros cadrados e unha poboación de 14,4 millóns de habitantes.

Quim Monzó

Joaquim Monzó i Gómez, coñecido como Quim Monzó, nado en Barcelona o 24 de marzo de 1952, é un escritor e xornalista catalán.

República Catalá

A República Catalá (en catalán: República Catalana) é unha das denominacións que ao longo da historia tomou Cataluña cando se dotou dos mecanismos de decisión da súa forma política. Así mesmo, é o obxectivo simbólico da loita política dunha parte do movemento independentista catalán.

A República Catalá ou outras varias formas políticas de segregación respecto a España foron proclamadas, polo menos, en seis ocasións: no século XVII polos Brazos Xerais presididos por Pau Claris o ano 1641, no século XIX por Napoleón Bonaparte no ano 1810 e tamén no ano 1873 liderado por Baldomero Lostau, no século XX por Francesc Macià no ano 1931, por Lluís Companys, quen en 1934 proclamou o Estado Catalán, e polo Parlamento de Cataluña, presidido por Carles Puigdemont, en 2017.

Vía catalá

A vía catalá cara á independencia (en catalán: Via Catalana cap a la Independència), máis coñecida como vía catalá, foi unha cadea humana duns 400 quilómetros feita en Cataluña a proposta da Assemblea Nacional Catalana (ANC) para a diada do 11 de setembro de 2013. O seu obxectivo era reivindicar a independencia de Cataluña. Contou co apoio das 14 entidades non gobernamentais que colaboran na iniciativa ElClauer.cat. A cadea seguiu o trazado da antiga Vía Augusta, dende Pertús (Vallespir) ata Alcanar (Montsià). Segundo Carme Forcadell, presidenta da ANC, foi «un símbolo, o símbolo da unidade do pobo catalán para acadar a soberanía nacional».En total, 1.600.000 manifestantes participaron na vía catalá, 500.000 dos cales fixérono nas rúas da cidade de Barcelona, segundo o Departamento do Interior da Generalitat de Cataluña.A cadea humana comezou ás 17:14 horas do mércores 11 de setembro cun repenique de campás, e despois houbo un acto político simultáneo en diversas localidades catalás ata as 18:00h, cando se cantou Els Segadors. En total, a organización mobilizou 1.500 autocares e 30.000 voluntarios. Contratáronse máis de vinte medios aéreos para documentar o acto e máis de 800 fotógrafos voluntarios inmortalizaron o acto. Ademais, vendéronse máis de 500.000 camisolas oficiais da ANC por toda a vía.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.