Elixio Rivas Quintas

Elixio Rivas Quintas, nado en Fondo de Vila (A Abeleda, Xunqueira de Ambía) o 31 de agosto de 1925, é un irmán paúl, profesor, lingüista e etnógrafo galego, cun labor salientábel especialmente nos campos da lexicoloxía, a onomástica e a toponimia. É tamén un recoñecido difusor dos valores do Camiño de Santiago.

Elixio Rivas Quintas
Nacemento31 de agosto de 1925
 Fondo de Vila, A Abeleda, Xunqueira de Ambía
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónlexicógrafo
Profesiónirmán paúl, profesor, lingüista e etnógrafo
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Rivas foi ordenado irmán da orde dos Padres Paúis. Foi destinado a Inglaterra (Dunstable; Potters Bar) entre 1946 e 1955. De aí foi enviado á Igrexa da Mercede da Habana (Cuba), onde estivo entre 1955 e 1961, sendo expulsado do país logo do triunfo da Revolución Cubana (1959). Regresou a Galicia e exerceu como secretario no colexio San Narciso de Marín, e despois marchou aos Milagres do Medo, en Vide (Baños de Molgas), sendo docente nos campus universitarios de Lugo e Ourense.

Durante os anos de docencia en Marín realizou a licenciatura en Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Para a súa tesiña de licenciatura fixo un traballo sobre toponimia de Marín, ampliado posteriormente e presentado como tese de doutoramento na mesma universidade en 1978, e publicado no ano 1982.

Desde os anos da década de 1970, Rivas Quintas á par do seu traballo investigador no campo lingüístico do galego, realizou un infatigábel labor en pro da restauración da ruta sur do camiño de Santiago e difundiu o coñecemento da terra ourensá da Limia. Foi o primeiro presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago. é membro da Comisión de Toponimia de Galicia do Consello da Cultura Galega desde 1978, e correspondente da Real Academia da Historia.

Distincións

Publicacións (selección)

Lexicografía

  • Frampas: contribución al diccionario gallego. Salamanca. CEME. Salamanca. 1978, 181 páxs + 4 mapas ISBN 84-7349-019-3
  • Frampas II; contribución al diccionario gallego. Lugo. Alvarellos. 1988, 148 páxs.
  • Frampas III, en Dicionario de Dicionarios (2001) e Ed. do autor (2014)
  • Millo e hórreo. Legumia e cestos. Santiago. Laiovento. 1996. ISBN 84-87847-81-1

Colección "Léxico rural do noroeste hispano" [1]

Wiki - libros de Eligio Rivas en Follas Novas - 20180205 183901
Algúns dos libros da colección.
  • A auga na natureza. [18] Ourense. Grafo Dos. (2000) 460 páxs. ISBN 84-931590-0-X
  • A casa e o casal. (2008) 419 páxs. ISBN 978-84-612-6149-9
  • A cociña e a matanza (2008) 311 páxs. ISBN 978-84-612-3662-6
  • A nosa flora. [23] (2012) 332 páxs. D.L. OU-99-2012
  • A videira e o viño. [14] (2011) Abeleda Edicións. 297 páxs.
  • Labranza e ferramenta manual[2]. [4] Ourense. Grafo Dos. (1997) 698 páxs. ISBN 84-923232-0-5
  • Mel e cera. O aceite [13] (2009) 192 páxs. ISBN 978-84-613-3368-4
  • Natureza, toponimia e fala (2007) Ourense. Grafo Dos[3] 443 páxs. ISBN 84-611-6327-4
  • O ano festeiro. (2010) 349 páxs. ISBN 978-84-614-0585-5
  • O carro e a carreira. [5] (2010) 420 páxs. ISBN 978-84-613-7466-3
  • O castiñeiro e as castañas. [15] Ourense. Grafo Dos. (1997) 269 páxs. ISBN 84-605-6686-2
  • O forno do pan. [11] Ourense. Grafo Dos. (1998) 493 páxs. ISBN 84-923232-7-2
  • O muíño. [10] Ourense. Grafo Dos. (1997) 615 páxs. ISBN 978-84-923232-1-0
  • Os oficios. (2009) 321 páxs. ISBN 978-84-613-0580-3
  • O tear e o tecido. [8] Ourense. Deputación Provincial de Ourense. (1992) 520 páxs. ISBN 84-84575-03-X[4] ou ISBN 84-87575-03-X[5]
  • O tear e o tecido. Ourense. Grafo Dos. (1998) 643 páxs. ISBN 84-923232-6-4[6] = ISBN 978-84-923232-6-5[7]
  • Pan, sega e malla, medidas. [7] Ourense. Grafo Dos. (1999) 513 páxs. ISBN 84-923232-8-0
  • Rega e outros servicios. Ourense. Grafo Dos. (2000) 253 páxs. ISBN 84-923232-9-9.
  • Útiles e arreos. Suntuaria. (2012) 269 páxs. ISBN 978-84-615-4018-1
  • Xogos e enredos. [20] (2011) 366 páxs. ISBN 978-84-614-8889-6
  • Xugo, arado e complementos[8]. (2009) 450 páxs. ISBN 978-84-613-4365-2

Filoloxía

  • Lingua galega: historia e fenomenoloxía. Lugo. Alvarellos. 1989, 384 páxs ISBN 84-85311-79-5
  • Lingua galega: nivéis primitivos. Santiago de Compostela. Laiovento. 1994, 241 páxs ISBN 84-87847-40-4

Onomástica

Toponimia

  • A isoglosa Pacio / Pazo en Galicia, in rev. Verba. Anuario Gallego de Filología, Santiago de Compostela, nº 3, 1976, páxs. 357-364.
  • O tema latino "casa" e a Rivoira Sacrata, in rev. Boletín Auriense, Ourense, t. 11, 1981, páxs. 227-274
  • Toponimia de Marín. Santiago de Compostela. Anexo 18 da revista Verba. 1982, 409 páxs ISBN 84-7191-279-1
  • Natureza, toponimia e fala. Ourense. Edición do autor. 2007, 443 páxs ISBN 84-611-6327-4

Etnografía e viaxes

  • A Limia: Val de Antela e Val do Medo. Ourense. Deputación Provincial de Ourense. 1985, 766 páxs ISBN 84-85858-16-6
  • Camiño Meridional de Santiago: continuación de la Vía de la plata (texto bilingüe). S.l. Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. 1993, 176 páxs.
  • A Serra de San Mamede. Ourense. Asociación de Amigos dos Milagros e de San Mamede. 1993, 114 páxs ISBN 84-604-7317-1
  • El santuario de Nuestra Señora de los Milagros. León. Editorial Everest. 1991, 63 páxs, reeditado como Santuario de Nuestra Señora de los Milagros, Baños de Molgas (Ourense). León. Edilesa. 2002, 64 páxs ISBN 84-8012-394-X
  • Terra das Frieiras. Ourense. Deputación Provincial de Ourense. 2002, 384 páxs. ISBN 84-96011-07-0

Historia e arte

  • Historia del Santuario de los Milagros (Ourense). Ourense, s.n., 1983, 193 páxs ISBN 84-300-9899-2
  • O escultor Nicanor Carballo, in rev. Porta da Aira, Ourense, nº 3, 1990, páxs. 235-248.
  • Influencias precristiáns na arte, in rev. Porta da Aira, Ourense, nº 6, 1994-1995, páxs. 207-237.
  • Marín, terra e mar: os mareantes e a Confraría de San Miguel. Pontevedra. Deputación Provincial de Pontevedra. 2005, 139 páxs ISBN 84-8457-239-0

Notas

  1. Dos volumes desta selección, algúns números da colección foron editados por Grafo Dos (de 1997 a 2007), e outros polo propio autor (os posteriores) ou por Abeleda Edicións (2011), cun formato igual ou semellante. Unha referencia para sabelo é que o ISBN da editorial é (978-)84-923232-, aínda que os libros A auga na natureza, O castiñeiro e as castañas e Natureza, toponimia e fala non seguen esa regra. O número de cada volume na colección está marcado entre corchetes, pero nótese que non foron numerados por orde cronolóxica (o número 5 O carro e a carreira é de 2010).
  2. Mesmo en catalogacións oficiais, este libro menciónase ás veces como Ferramenta e labranza manual ([1]) ou como A ferramenta e labranza manual ([2]). Tamén cando a propia imaxe adxacente o contradí: [3]; [4]
  3. [5]
  4. [6]
  5. [7]
  6. [8] [9]
  7. [10]
  8. Tamén Arado, xugo e complementos: [11]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Agón

Agón (grego clásico ἀγών) é unha palabra do grego antigo que ten varios significados:

Por unha banda, referíase a un concurso ou competición, especialmente os Xogos Olímpicos (Ὀλυμπιακοὶ Ἀγῶνες), ou un desafío relacionado con festas relixiosas.

Nun sentido amplo de enfrontamento ou competición, agón referíase a unha competición de atletismo, música, literatura, carreiras de cabalos ou de bigas nun festival público da Grecia antiga.

Agón tamén era unha personificación mitolóxica das devanditas competicións. Este deus estaba representado nunha estatua en Olimpia con halteres (ἁλτῆρες) nas mans. Esa estatua era obra do escultor Dionisio de Argos, e fora encargada por Smicythus de Rhegium.

No teatro da Grecia antiga, particularmente na comedia antiga (século V a. C.), agón refírese á convención formal pola que o conflito entre os personaxes debe fornecer a base da acción. Agón é un debate formal que manteñen os personaxes principais dunha obra de teatro grega, protagonista e antagonista, a miúdo co coro actuando como xuíz. O personaxe que fala de segundo sempre gaña o agón, xa que a última palabra sempre é súa. O significado do termo chegou a sobardar os límites da súa orixe clásica para designar, de xeito máis xenérico, o conflito en que se basea unha obra literaria.

Harold Bloom na súa obra The Western Canon (O canon occidental) usa o termo agón para se referir ás ocasións en que un escritor tenta resolver un conflito intelectual entre as súas ideas e as dun predecesor influente, co resultado de que "o peixe grande come o pequeno", como no capítulo 18: "Joyce's Agon with Shakespeare".

AGOn é tamén a abreviatura habitual da Asociación Galega de Onomástica, onde colaboran por exemplo Xosé María Lema Suárez, Elixio Rivas Quintas ou Gonzalo Navaza Blanco.En galego hai diversas palabras derivadas de agón, como agonía, protagonista, antagonista etc.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Asadur, Maceda

Asadur é unha parroquia do concello de Maceda. Segundo o IGE en 2011 tiña 123 habitantes (60 homes e 63 mulleres). Está situada nas abas do monte do Rodicio,

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Febreiro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marzo na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de marzo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Marzal é o adxectivo, e é incorrecto empregalo como substantivo: Pascua marzal, trigo marzal. Pega marza ou pega marceña son denominacións dunha ave máis coñecida como gaio (Garrulus glandarius).

Chámanse frebas de marzo ós primeiros días de mes, porque neses días adoita facer mal tempo, como fixo en febreiro.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

O cabalo na cultura popular galega

Véxase o artigo principal: cabalo.O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada do cabalo (maila besta e o poldro) na cultura popular e na literatura oral galegas. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Tendo presente que o termo besta non só designa a egua senón tamén a calquera animal de carga, especialmente os équidos, non se pode asegurar que algunha das seguintes manifestacións non se aplique realmente a mulas e burros.

O gato na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do gato na cultura popular galega a través das crenzas, refráns, cantigas, etc. recollidas de enciclopedias, vocabularios, refraneiros e outra bibliografía de ámbito xeral ou localizado.

Refraneiro galego da muller

O refraneiro galego da muller, loxicamente, resulta amplísimo, polo que só se pode recoller aquí unha mostra non exhaustiva.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Setembro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de setembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

O mes tamén se coñece co nome de San Miguel.

Xinzo de Limia

Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes (9.999 no 2006, 9.930 no 2005, 9.869 no 2004, 9.821 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «limiao», «limego» ou «límico».

Está situado a 45 km de Ourense e 30 de Verín.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.