Elena Quiroga

Elena Quiroga de Abarca, nada en Santander o 26 de outubro de 1921, e finada na Coruña o 3 de outubro de 1995, foi unha escritora española de orixe galega, membro da Real Academia Española. Nas súas obras, aínda que sempre escritas en lingua castelá, refléctese a pegada o amor por Galicia.

Elena Quiroga
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Elena Quiroga
Nacemento26 de outubro de 1921
 Santander
Falecemento3 de outubro de 1995
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
PaiJosé Quiroga Velarde
CónxuxeDalmiro de la Válgoma y Díaz-Varela
XénerosNarrativa
PremiosPremio Nadal

Biografía

O seu pai José Quiroga Velarde, era oriúndo da vila ourensá do Barco de Valdeorras; e malia nacer en 1921 en Santander, criouse nun pazo dese concello propiedade de seus pais, os Condes de San Martiño de Quiroga. Máis tarde morou na casa de seu tío Estanislao Abarca, un mecenas que reuniu un grupo de artistas do que tamén eran asiduos Miguel de Unamuno e Federico García Lorca, entre outros. Pasou unha longa estadía na Coruña e publicou en 1949 o seu primeiro libro, La soledad sonora, no que conta a historia dunha muller dende a súa mocidade até a súa madurez.

En 1950 casou en Santiago de Compostela co historiador Dalmiro de Válgoma[1], futuro secretario perpetuo da Academia de la Historia. A partir do seu casamento instalouse en Madrid, onde accedeu aos ambientes literarios e culturais da capital española.

Case toda a súa obra está impregnada do ambiente galego. En 1950 obtivo o Premio Nadal coa novela Viento del Norte (1950), obra na que narra as relacións entre unha moza serventa e o seu ancián señor. En La sangre (1952) narrou a historia de catro xeracións dende o punto de vista dunha árbore que conta o que ve e oe. En Algo pasa en la calle (1954), acaso a súa obra máis notábel, aborda o ambiente urbano, con novos problemas e enfoques técnicos. En 1954 pasou un tempo en Rianxo, na casa da familia Dieste. Alí coñeceu a Olegaria Dieste, irmá de Eduardo e Rafael, que estaba recluída na súa casa desde 1912, xa que caera enferma ao casar Castelao (de quen estaba namorada) con Virxinia Pereira. En base a ela escribiu a novela La enferma (1955)[2].

Entre os seus títulos posteriores cítanse La careta (1955), Tristura (1960), Escribo tu nombre (1965)... Os dous últimos, que teñen a mesma protagonista, de nena e adolescente, confirman a pericia e fondura desta autora que escribiu dez novelas en catorce anos, a maioría na década dos cincuenta e dos sesenta do pasado século. A segunda, premio Rómulo Gallegos, sitúa a acción nos anos da Segunda República, coa axitación social como antecendete e a guerra civil como ameaza que se cerne no horizonte. A protagonista é unha rapariga orfa que estuda nun opresivo colexio de monxas, cuxa rexa disciplina contrasta coas tempadas que pasa na casa da súa avoa. Con Tristura obtivo en 1960 o Premio da Crítica Catalá e cambioulle despois o título a Secreto de la infancia: Novela de una niña. En 1983 publicou Grandes soledades, terza novela da triloxía, e foi elixida membro da Real Academia Española, sendo a terceira muller que ingresaba nela tras María Isidra de Guzmán no século XVIII e a poeta Carmen Conde. No seu discurso de ingreso loou ao escritor galego Álvaro Cunqueiro.

Os seus últimos anos viviunos entre o Pazo de Cea, en Nigrán (Pontevedra) e Madrid onde non acostumaba fallar ás reunións da Academia. O 31 de agosto de 1995 sufriu unha caída no seu pazo e crebou a cadeira. Finou o 3 de outubro dese mesmo ano, e os seus restos foron trasladados a Villafranca del Bierzo, onde foi soterrada no mesmo panteón que o seu home.[3][4][5][6][7]

Obras

  • La soledad sonora. Madrid: Espasa Calpe, 1949.
  • Viento del norte. Barcelona: Destino, 1951 (gañadora do Premio Nadal)
  • La sangre. Barcelona: Destino, 1952.
  • Trayecto uno, Madrid: Tecnos, 1953.
  • Algo pasa en la calle. Barcelona: Destino, 1954.
  • La careta. Barcelona: Noguer, 1955.
  • La enferma. Barcelona: Noguer, 1955.
  • Plácida, la joven y otras narraciones. Madrid: Prensa española, 1956.
  • La última corrida. Barcelona: Noguer, 1958.
  • Tristura. Barcelona: Noguer, 1960. (Gañadora do Premio da Crítica Catalá)
  • Carta a Cadaqués. Santander: Imp. Bedia, 1961.
  • Envío a Faramello. Madrid: Raycar, 1963.
  • Escribo tu nombre. Barcelona: Noguer, 1965. Premio Rómulo Gallegos
  • El pájaro de oro
  • La otra ciudad
  • Presente profundo. Barcelona: Destino, 1973.
  • Grandes soledades, 1983.
  • Presencia y ausencia de Álvaro Cunqueiro. Madrid: Real Academia Española (RAE), 1984.
Predecesor:
Juan Antonio de Zunzunegui y Loredo
Coat of Arms of the Royal Spanish Academy.svg
Académica da Real Academia Española
Cadeira a

1984 - 1995
Sucesor:
Domingo Ynduráin Muñoz

Notas

  1. "Enlace de la Válgoma-Quiroga de Abarca". ABC (en castelán). 10 de marzo de 1950.
  2. Alonso Montero, X. (28 de xaneiro de 2012). "Castelao e Olegaria Dieste". La Voz de Galicia.
  3. Zovko, Maja. "Educación femenina y masculina a través de la narrativa de Elena Quiroga" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16/03/2016. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
  4. "Elena Quiroga en escritoras.com". escritoras.com (en castelán). Consultado o 2019-02-01.
  5. "Biografia de Elena Quiroga". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2019-02-01.
  6. "Quiroga y Abarca, Elena (1921-1995). » MCNBiografias.com". www.mcnbiografias.com. Consultado o 2019-07-25.
  7. "Fallece a los setenta y cuatro años laacadémica y novelista Elena Quiroga". hemeroteca.abc.es. Consultado o 2019-02-01.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Premio Nadal

O Premio Nadal de novela convócase desde 1944 por Ediciones Destino (que desde 1990 pertence ao Grupo Planeta). A súa celebridade radica en que é o premio literario máis antigo que se concede en España e na lista de escritores que mereceron este galardón están importantes figuras da literatura española do século XX.

É interesante sinalar, para evitar continuas confusións, que o premio se convoca ao longo dun ano, pero que se entrega o dia 6 de xaneiro do ano seguinte; así, por exemplo, Elena Quiroga gañou, coa novela Viento del Norte o Premio Nadal 1950, pero este premio foi concedido o 6 de xaneiro de 1951.

A contía do premio en 2018 foi de 18.000 € para o gañador, e de 6.000 € para o finalista, ata que en 2010 se eliminou esta última categoría. Entrégase tratas deliberacións e votacións dun Xurado de 5 membros que se fai público no mes de decembro inmediatamente anterior.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Real Academia Española

A Real Academia Española (RAE) é o organismo responsable de resgardar o bo uso da lingua española. A súa sede está en Madrid (España), pero ten afiliacións coas academias nacionais de 21 países hispanofalantes. O seu director é Santiago Muñoz Machado.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.