Electrólise

A electrólise é un fenómeno de descomposición química dun soluto por unha corrente eléctrica continua que atravesa a disolución. Os catións, cargados positivamente, por exemplo, ións metálicos, deposítanse no cátodo, e os anións, cargados negativamente, por exemplo, ións halóxenos, fano no ánodo. A cantidade de cada elemento que se deposita nun eléctrodo é proporcional á cantidade de corrente que atravesa a disolución.

Este proceso ten varias aplicacións, como por exemplo, o de purificador de substancias e tamén é un sistema de separación de isótopos para obter auga pesada de ata un 99% de pureza. Úsase tamén na obtención de metais alcalinos e algúns outros metais pesados, co que se consegue un excelente grao de pureza. Tamén se utiliza na obtención do hidróxeno, na análise electrolítica e en galvanotecnia.

Schemas electrolyse h2o

Historia

Foi descuberta accidentalmente en 1800 por William Nicholson mentres estudaba o funcionamento das baterías. Entre os anos 1833 e 1836 o físico e químico inglés Michael Faraday desenvolveu as leis da electrólise que levan o seu nome e acuñou os termos.

Aluminio

O aluminio é o elemento químico, de símbolo Al e número atómico 13. Co 8,13 % é o elemento metálico máis abundante na codia terrestre. O aluminio é demasiado reactivo quimicamente como para que apareza só, polo que se atopa combinado na natureza cuns 270 minerais distintos.

A súa lixeireza, condutividade eléctrica, resistencia á corrosión e baixo punto fusión convérteno nun material idóneo para multitude de aplicacións, especialmente en aeronáutica. Así a todo, a elevada cantidade de enerxía necesaria para a súa obtención dificulta a súa maior utilización; dificultade que pode compensarse polo seu baixo custo de reciclado, a súa dilatada vida útil e a estabilidade do seu prezo.

Calcio

O calcio é un elemento químico, símbolo Ca, de número atómico 20 (20 protóns e 20 electróns) e masa atómica 40 u.

É un metal do grupo dos alcalino-terrosos, pertencente ao grupo 2 da clasificación periódica dos elementos químicos.

É un elemento sólido na temperatura ambiente, maleábel, dúctil que reacciona violentamente coa auga.

É un elemento químico esencial ao ser humano. Unha persoa ten entre 1,5 e 2% de calcio en peso, do cal o 99% encóntrase nos ósos , dentes, no restante dos tecidos, e en fluídos corporais intervindo no metabolismo celular. É rico no leite, algúns vexetais, e en espiñas de peixes. Tamén, en cunchas e estalactitas.

O calcio encóntrase abundantemente na natureza, sempre na forma de minerais. Foi descuberto en 1808 por Humphry Davy, mediante a electrólise dunha amálgama de mercurio e cal.

Cloro

O cloro é un elemento químico de número atómico 17 situado no grupo dos halóxenos (grupo VII A) da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Cl (do grego chloros, amarelo verdoso). En condicións normais e en estado puro é un gas amarelo-verdoso formado por moléculas diatómicas, Cl2, unhas 2,5 veces máis pesado que o aire, de cheiro desagradable e velenoso. É un elemento abundante na natureza e trátase dun elemento químico esencial para moitas formas de vida.

Cloruro de magnesio

O cloruro de magnesio componse de magnesio e cloro e é un composto iónico haloide típico. É un ácido de Lewis débil; o hexahidrato cando se quenta pode experimentar unha hidrólise parcial. O cloruro de magnesio pode extraerse de salmoiras ou da auga do mar, e é unha fonte do metal magnesio, que se pode obter por electrólise do MgCl2 .

Escandio

O escandio é un elemento químico da táboa periódica con símbolo Sc e número atómico 21.

Estroncio

O estroncio é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é Sr e o seu número atómico é 38.

Flúor

O flúor é un elemento químico de número atómico 9 situado no grupo dos halóxenos (grupo 17) da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é F. É un gas a temperatura ambiente, de cor amarela pálida, formado por moléculas diatómicas F2.

Galio

O galio é un elemento químico da táboa periódica dos elementos de número atómico 31 e símbolo Ga.

Hans Christian Ørsted

Hans Christina Ørsted, nado en Rudkøbing en 1777 e finado en Copenhague en 1851, foi un físico e químico dinamarqués. O seu descubrimento do campo magnético nas proximidades dunha corrente eléctrica en 1820 é a orixe do electromagnetismo. Construíu un pezómetro para estudar a compresibilidade dos líquidos e dos sólidos en 1822.

Foi un grande estudoso do electromagnetismo. En 1813 agoirou a existencia dos fenómenos electromagnéticos, o cal non ficou demostrado até 1819, xunto con Ampere, cando descubriu a desviación dunha agulla imantada ao ser colocada en dirección perpendicular a un condutor, polo que circula unha corrente eléctrica, demostrando así a existencia dun campo magnético arredor de todo condutor atravesado por unha corrente eléctrica, e iniciándose dese modo o estudo do electromagnetismo. Este achado foi crucial no desenvolvemento da electricidade, xa que puxo en evidencia a relación existente entre a electricidade e o magnetismo. Ørsted é a unidade de medida da relutancia magnética. Crese que tamén foi o primeiro en illar o aluminio, por electrólise, en 1825, e en 1844 publicou o seu Manual de Física Mecánica.

Henri Moissan

Henri Moissan, nado o 28 de setembro de 1852 en París e finado o 20 de febreiro de 1907 tamén en París, foi un químico e profesor universitario de Francia, premio Nobel de Química en 1906.

Hidróxeno

O hidróxeno (en grego, 'creador de auga') é un elemento químico de número atómico 1, representado polo símbolo H. Cunha masa atómica do 1,00794 (7) u, é o máis lixeiro dos elementos da táboa periódica. Polo xeral, preséntase na súa forma molecular, formando o gas diatómico (H2) en condicións normais. Este gas é inflamable, incoloro, inodoro, non metálico e insoluble en auga.O elemento hidróxeno, por posuír distintas propiedades, non se encadra claramente en ningún grupo da táboa periódica, sendo moitas veces colocado no grupo 1 (ou familia 1A) por posuír só un electrón na capa de valencia (ou capa superior).

A súa forma monatomica (H) é a substancia química máis abundante no Universo, constituíndo aproximadamente o 75% de toda a masa bariónica. Na súa secuencia principal, as estrelas están compostas principalmente por hidróxeno en estado de plasma. O hidróxeno elemental é relativamente raro na Terra e é producido industrialmente a partir de hidrocarburos como, por exemplo, o metano. A maior parte do hidróxeno elemental obtense "in situ", é dicir, no lugar e no momento no que se necesita. Os maiores mercados no mundo gozan da utilización do hidróxeno para o melloramento de combustibles fósiles (no proceso de hidrocraqueo) e na produción de amoníaco (principalmente para o mercado de fertilizantes). O hidróxeno pode obterse a partir da auga por un proceso de electrólise, pero resulta un método moito máis caro que a obtención a partir do gas natural.O hidróxeno é o elemento máis sinxelo, cun só protón e un só electrón.

Ten tres isótopos naturais:

1H Protio, cun 99,985%de abundancia,

2H Deuterio, cun neutrón no seu núcleo xunto co protón, en abundancia de 0,015%,

3H Tricio é un isótopo inestable, cun período de semidesintegración de 12346 anos.Coñécense outros isótopos inestables, que non se atopan na natureza: 4H, 5H e 6H.

Foi descuberto en Londres no 1766 por Henry Cavendish.

Humphry Davy

Humphry Davy, nado en Penzance en 1778 e finado en Xenebra en 1829, foi un químico córnico. Foi profesor da Royal Institution of Great Britain dende 1801, foi tamén presidente da Royal Society (1820-1827).

Litio

O litio é un elemento químico de símbolo Li e número atómico 3. Na táboa periódica dos elementos, encóntrase no grupo 1, entre os elementos alcalinos. Na súa forma pura, é un metal mol, de cor branco prata, que se oxida rapidamente en aire ou auga. É o elemento sólido máis lixeiro e emprégase especialmente en aliaxes condutoras da calor, en baterías eléctricas e, as súas sales, no tratamento de certos tipos de depresión.

Magnesio

O magnesio é o elemento químico de símbolo Mg e número atómico 12. É o sétimo elemento en abundancia constituíndo da orde do 2% da cortiza terrestre e o terceiro máis abundante disolto na auga de mar. Emprégase primordialmente como elemento de aliaxe.

Michael Faraday

Michael Faraday, nado en Newington (Londres) o 22 de setembro de 1791 e finado en Hampton Court o 25 de agosto de 1867, foi un químico e físico inglés, que estudou o electromagnetismo e a electroquímica. Os seus principais descubrimentos inclúen a indución electromagnética, diamagnetismo e a electrólise.

Malia a escasa educación formal recibida, Faraday é un dos científicos máis influentes da historia. Foi debido ao seu estudo do campo magnético ao redor dun condutor polo que circula corrente continua que Faraday estableceu as bases para o desenvolvemento do concepto de campo electromagnético. Faraday tamén estableceu que o magnetismo podía afectar os raios de luz e que había unha relación subxacente entre ambos fenómeno. Descubriu, tamén, o principio de indución electromagnética, diamagnetismo, as leis da electrólise e inventou algo que el chamou dispositivos de rotación electromagnética, que foron os precursores do actual motor eléctrico.

No campo da química, Faraday descubriu o benceno, investigou o hidrato de clatrato de cloro, inventou un antecesor do queimador Bunsen e o sistema de números de oxidación, e introduciu términos como ánodo, cátodo, eléctrodo e ión. Finalmente, foi o primeiro en recibir o título de Fullerian Professor of Chemistry na Royal Institution de Gran Bretaña, que ostentaría ata a súa morte.

Faraday foi un excelente experimentador, quen transmitiu as súas ideas nunha linguaxe clara e simple. As súas habilidades matemáticas, con todo, non abarcaban máis aló da trigonometría e o álxebra básica. James Clerk Maxwell tomou o traballo de Faraday e outros e resumiuno nun grupo de ecuacións que representan as actuais teorías do fenómeno electromagnético. O uso de liñas de forza por parte de Faraday levou a Maxwell a escribir que "elas demostran que Faraday foi en realidade un gran matemático. Un do cal os matemáticos do futuro derivarán valiosos e prolíficos métodos". A unidade da capacidade eléctrica no SI de unidades, o farad (F), denomínase así no seu honor.

Albert Einstein mantiña colgado na parede do seu estudo un retrato de Faraday xunto aos de Isaac Newton e James Clerk Maxwell. O físico neozelandés Ernest Rutherford declarou: "Cando consideramos a extensión e a magnitude dos seus descubrimentos e a súa influencia no progreso da ciencia e da industria, non existen honores que poidan retribuir a memoria de Faraday, un dos maiores descubridores científicos de todos os tempos".

Potasio

O potasio é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é K (do latín Kalium) e cuxo número atómico é 19. É un metal alcalino, branco-prateado que abunda na natureza, nos elementos relacionados coa auga salgada e outros minerais. Oxídase rapidamente no aire, é moi reactivo, especialmente en auga, e parécese quimicamente ao sodio. É un elemento químico esencial.

Sodio

O sodio é un elemento químico de símbolo Na e número atómico 11, pertencente ao grupo dos metais alcalinos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.