Eleccións xerais de España de abril de 1872

As eleccións xerais de España de abril de 1872 foron convocadas o 3 de abril baixo sufraxio universal masculino. Foron as segundas eleccións convocadas durante o breve reinado de Amadeo I, debido á división interna do Partido Progresista que provocou a súa división en dúas forzas políticas, o Partido Demócrata-Radical dirixido por Manuel Ruiz Zorrilla e o Partido Constitucional dirixido por Práxedes Mateo Sagasta, que incorporara algúns membros da Unión Liberal de Francisco Serrano Domínguez.

En total foron elixidos 391 deputados, ademais dos 11 correspondentes a Porto Rico e 18 de Cuba. Os Progresistas presentáronse en coalición cos conservadores e gañaron as eleccións. Os federales de Pi i Margall quedaron segundos (abstivéronse os federalistas intransixentes). Foi nomeado presidente do Congreso dos Deputados o conservador Antonio de los Ríos Rosas, e presidente do Senado Francisco Santa Cruz Pacheco. Práxedes Mateo Sagasta foi nomeado xefe de goberno, pero o estallido da Terceira Guerra Carlista o 15 de abril dificultó as tarefas de goberno, e foi substituído por Francisco Serrano Domínguez o 26 de maio, quen dimitiu tamén o 13 de xuño, sendo nomeado xefe de goberno Manuel Ruiz Zorrilla, quen ante a imposibilidad de formar goberno estable convocou novas eleccións para o 24 de agosto de 1872.

Composición do Congreso dos Deputados

Eleccións Xerais en España, 3 de abril de 1872

Partido Escanos Líder
Coalición Conservadora-constitucional 236
129
82
25
Práxedes Mateo Sagasta
Partido Republicano Democrático Federal 52 Francesc Pi i Margall
Partido Demócrata-Radical 42 Manuel Ruiz Zorrilla
Comunión Católico-Monárquica 38 Cándido Nocedal
Partido Moderado 11 Alejandro Mon y Menéndez
Independentes 3
Sen adscricpción 9

Deputados de Galicia

A Coruña

Ramón Pérez Costales 1897 Joaquín Vaamonde, Museo de Belas Artes da Coruña
Ramón Pérez Costales foi deputado pola Coruña.

Lugo

Constantino de Ardanaz
Constantino Ardanaz foi deputado por Lugo.

Ourense

Pontevedra

Véxase tamén

Ligazóns externas

Reinado de Fernando VII
Sexenio Revolucionario
Restauración
 Segunda República
Monarquía parlamentaria

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.