Eleccións xerais de España de 2019

Eleccións xerais de España de 2019 pode referirse a:

Década de 2010

A década de 2010 é a década actual, que abrangue o período entre o 1 de xaneiro de 2010 até o 31 de decembro de 2019.

É unha década que na súa primeira metade segue fortemente marcada pola crise económica mundial que comezou en 2008. A día de hoxe, fálase dela como a «Segunda Gran Recesión». A crise de débeda soberana puxo en xaque á Unión Europea, xa que catro estados membros da Zona Euro (Grecia, Irlanda, Portugal e Chipre) tiveron que ser rescatados. O Reino Unido no 2016 tras un referendo converteuse no primeiro estado membro da UE que decidiu abandonaa a Unión.

A Primavera árabe marcou os primeiros meses do ano 2011. Unhas revolucións sen precedentes en varios países árabes serviron para acabar con réximes ditatoriais que os gobernaron por varias décadas en países como Túnez, Exipto ou Libia. Porén, a gran inestabilidade dos países árabes provocou que grupos fundamentalistas islámicos como o Estado Islámico apareceran e tomaran extensas zonas en Siria, Iraq, Exipto e Libia. Aínda que se formou unha coalición contra o EI non se evitou que este cometera numerosos atentados en Europa, en lugares como Francia (Atentado na sede de Charlie Hebdo e Atentados de París de novembro de 2015, ambos no 2015 e o Atentado de Niza de 2016 no 2016), ou Bélxica (Atentados de Bruxelas de 2016). Ademais, os terroristas islámicos cometeron numerosos atentados en países musulmáns como Turquía, Túnez, Exipto ou Iraq.

Eleccións xerais de España de abril de 2019

O domingo 28 de abril de 2019 celebráronse eleccións xerais en España. Foron as décimo cuartas desde a transición á democracia e as terceiras con Felipe VI como Rei. O 4 de marzo, previa deliberación do Consello de Ministros, o rei firmou o decreto de disolución das Cortes e a convocatoria de eleccións baixo referendo do presidente do Goberno, quedando automaticamente disoltas as Cortes ás 00:00 horas do 5 de marzo.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.