Eleccións xerais de España de 2015

O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España.[7] Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España.

Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto,[8][9] 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro,[10] decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado. Tras estas eleccións comenzará a XI lexislatura das Cortes Xerais.

Foron convocadas polo Rei, a proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e previa deliberación do Consello de Ministros, mediante a expedición do real decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións,[11][12] que entrou en vigor un día despois mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, en cumprimento do artigo 115 da Constitución[nota 1] e do 42, apartado primeiro, da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.[nota 2][15]

Ese mesmo día celebráronse eleccións locais parciais en 30 municipios e en 113 entidades de ámbito territorial inferior al municipio que tralas eleccións do 24 de maio tiveron que ser repetidas pola falta de candidatos.[16]

O vencedor das eleccións foi o Partido Popular, presidido e liderado polo presidente Mariano Rajoy, que obtivo no Congreso dos Deputados unha maioría simple de 123 escanos (63 menos que en 2011) e un 28,72 % dos sufraxios,[17] seguido do Partido Socialista Obrero Español de Pedro Sánchez, que obtivo o 22,01 % dos votos, o que se traduciu en 90 deputados (20 menos que nos anteriores comicios, o seu peor resultado na actual democracia).[18] O partido liderado por Pablo Iglesias, Podemos, presentouse por primeira vez a unhas xerais e obtivo 42 deputados (un 12,76% dos votos),[19] que sumado ás coalicións electorais autonómicas En Comú Podem (12 parlamentarios, 3,72 % dos votos), Compromís-Podemos-És el moment (9, 2,69 %) e En Marea (6, 1,64 %), todas elas vinculadas a Podemos e outras formacións de esquerda,[20] deron un total de 69 deputados e o 20,66 % dos votos.[21] O outro partido emerxente, Cidadáns - Partido da Cidadanía, con Albert Rivera á fronte, obtivo 40 deputados (un 13,93 % dos votos).[19] O resto do arco parlamentario quedou configurado por Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (9, 2,39 %), Democràcia i Llibertat (8, 2,25 %), o Partido Nacionalista Vasco (6, 1,20 %), Unidad Popular: Izquierda Unida, Unidad Popular en Común (2, 3,67 %), Euskal Herria Bildu (2, 0,87 %) e Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (1, 0,33 %).[22] Unión Progreso y Democracia, Unión Democrática de Cataluña, o Bloque Nacionalista Galego —que se presentaba na candidatura Nós— e a coalición Geroa Bai, que tiveron representación na x lexislatura, non obtiveron ningún escano.[23]

No Senado, o Partido Popular mantivo a maioría absoluta, con 124 escanos dos 208 de designación libre en xogo, aínda que perdeu 12. O Partido Socialista Obrero Español perdeu uno, obtendo 47, seguido de Podemos (9), Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (6, seis máis que en 2011), Democràcia i Llibertat (6), o Partido Nacionalista Vasco (6), En Comú Podem (4), En Marea (2) e Compromís-Podemos-És el moment, Cambio-Aldaketa, Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario e a Agrupación Socialista Gomera (todos eles cun representante).[24]

‹ 2011 • España • 2016
Eleccións xerais de España de 2015
208 senadores de 266
350 deputados
Goberno de España
20 de decembro de 2015
Tipo Nacional, lexislativa e executiva
Candidatos valor por confirmar ao Congreso
valor por confirmar ao Senado
Período Dende o xaneiro de 2015 ata o remate da lexislatura.

Demografía electoral
Poboación 46.423.064
Hab. inscritos 34.360.253
Votantes Deputados: 25.349.824
Senadores:24.867.744
Participación
  
73.20% Green Arrow Up.svg 6.2%
Votos válidos Deputados: 25.122.830
Senadores: 24.066.891
Votos en branco Deputados: 187.766
Senadores: 978.313
Votos nulos Deputados: 226.994
Senadores: 800.853

Resultados
Mariano Rajoy 2011e (cropped)
PP - Mariano Rajoy
Coalición
Votos 7.215.530 Red Arrow Down.svg 33.6%
Senadores obtidos 124 Red Arrow Down.svg 17.9%
Deputados obtidos 123 Red Arrow Down.svg 33.9%
  
28.72%
Pedro Sánchez 2015h (cropped)
PSOE[3] - Pedro Sánchez
Coalición
Votos 5.530.693 Red Arrow Down.svg 21%
Senadores obtidos 47 Red Arrow Down.svg 35.6%
Deputados obtidos 90 Red Arrow Down.svg 18.2%
  
22.01%
Pablo Iglesias 2015 (cropped)
Podemos - Pablo Iglesias
Coalición
Votos 5.189.333  
Senadores obtidos 16 Green Arrow Up.svg 300%
Deputados obtidos 69  
  
20.66%
Albert Rivera 2015b (cropped)
Cidadáns - Albert Rivera
Votos 3.500.446  
Senadores obtidos 0 Red Arrow Down.svg 100%
Deputados obtidos 40  
  
13.93%
Alberto Garzón 2015 (cropped)
Izquierda Unida - Alberto Garzón
Coalición
Votos 923.105 Red Arrow Down.svg 45.3%
Senadores obtidos 0  
Deputados obtidos 2 Red Arrow Down.svg 81.8%
  
3.67%
Gabriel Rufián (election)
ERC - Gabriel Rufián
Votos 599.289 Green Arrow Up.svg 133.2%
Senadores obtidos 6 Green Arrow Up.svg 500%
Deputados obtidos 9 Green Arrow Up.svg 200%
  
2.39%
Francesc Homs
Democràcia i Llibertat - Francesc Homs
Votos 565.501 Red Arrow Down.svg 44.3%
Senadores obtidos 6 Red Arrow Down.svg 45.5%
Deputados obtidos 8 Red Arrow Down.svg 50%
  
2.25%
Green flag waving
PNV - Maria Eugenia Iparragirre
Votos 301.585 Red Arrow Down.svg 7%
Senadores obtidos 6 Green Arrow Up.svg 20%
Deputados obtidos 6 Green Arrow Up.svg 20%
  
1.2%
Marian B201705 (cropped)
Bildu - Marian Beitialarrangoitia
Votos 218.467 Red Arrow Down.svg 34.5%
Senadores obtidos 0 Red Arrow Down.svg 100%
Deputados obtidos 2 Red Arrow Down.svg 71.4%
  
0.87%
HSSamarbete
Outros partidos
Votos 891.115 Red Arrow Down.svg 68.9%
Senadores obtidos 3 Red Arrow Down.svg 78.6%
Deputados obtidos 1 Red Arrow Down.svg 91.7%
  
4.3%

Resultados por provincias
Eleccións xerais de España de 2015

Distribución de escanos no Congreso
Eleccións xerais de España de 2015

Distribución de escanos no Senado
Eleccións xerais de España de 2015

Spanish Presidential Flag.svg
Presidente do Goberno

Convocatoria

Xerais 2011 Gorgullón
Mesas electorais nun local social de Pontevedra.

En outubro de 2015 o presidente de goberno de España, Mariano Rajoy anunciou nunha entrevista televisada que esgotaría os prazos legais para a convocatoria das eleccións, e que estas se celebrarían o 20 de decembro de 2015, catro anos e un mes despois das anteriores. O decreto de disolución das Cortes publicouse o 27 de outubro de 2015, co que os cargos parlamentarios pasaron a estar en funcións[25]. Desde 1920 non se celebraban unhas eleccións xerais en España no mes de decembro. Na historia da democracia española, só se celebraran eleccións en decembro nas autonómicas galegas de 1989.

Nestas eleccións anováronse 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. As eleccións Xerais non coincidiron con ningún outro comicio. Con respecto ás anteriores eleccións, a circunscrición de Cádiz gaña un deputado que perdera nas eleccións anteriores, ao igual ca Málaga, mentres que Jaén e circunscrición de Valencia perden cadanseu deputado. En Galicia escóllense 23 deputados: oito pola circunscrición electoral da Coruña, 7 pola de Pontevedra, e catro polas de Lugo e Ourense, respectivamente.

O número e distribución dos senadores elixidos directamente mantense igual dado que están fixados pola Constitución. Tamén se mantén o número de senadores elixidos polos parlamentos autonómicos. Galicia escolle 16 senadores, catro por circunscrición, aos que hai sumarlles os tres designados polo Parlamento de Galicia e que se corresponden con 2 polo Partido Popular (Henrique López Veiga e Juan Manuel Jiménez Morán) e 1 polo PSdeG-PSOE (Paula Fernández Pena).

Sistema electoral

Artigo principal: Lexislación electoral española.

A lexislación que no 2015 regula os procesos electorais en España consiste nas siguientes normas:

  • A Constitución.
  • A Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral (LOREG).[14]
  • Lei Orgánica 2/2011, de 28 de xaneiro, pola que se modifica a Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, del Réxime Electoral Xeral.[26]

Congreso dos Deputados

A Constitución establece que o Congreso dos Deputados, elixido cada cada anos, componse dun mínimo de 300 e dun máximo de 400 deputados, elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. A circunscrición electoral do Congreso é a provinciaCeuta e Melilla son consideradas circunscricións para todos os efectos–. O número total de deputados está fixado pola LOREG –350 deputados–, asignando unha representación mínima inicial a cada circunscrición –2 deputados; 1 no caso de Ceuta e Melilla– e distribuíndo os 248 restantes en función da poboación de dereito. A elección verificarase en cada circunscrición atendendo a criterios de representación proporcional.[27]

Non se teñen en conta aquelas candidaturas que non houberan obtido, polo menos, o 3% dos votos válidos emitidos na circunscrición. Os representantes asígnanse segundo o sistema d'Hondt.[14] Considérase voto válido todo aquel dado a unha candidatura ou emitido en branco, pero non o voto nulo.[14]

Acúsase á división en circunscrición provincial de prexudicar seriamente aos partidos pequenos e aos medianos cuxa distribución no estea concentrada territorialmente.[28] O porcentaxe mínimo de votos do 3 % para considerar unha candidatura só ten implicacións prácticas nas circunscripciones grandes nas que elíxense un gran número de deputados.[28] no resto ese mínimo non inflúe na adxudicación de escanos.

A distribución e número de deputados para as eleccións de 2015 quedaron fixados do seguinte xeito:[15]

Circunscrición Diputados Mapa
Madrid 36 Diputados por circunscripción (elecciones al Congreso de los Diputados, 2015)
Barcelona 31
Valencia 15
Alacant e Sevilla 12
Málaga 11
Murcia 10
Cádiz 9
Asturias, Baleares, A Coruña, As Palmas e Biscaia 8
Granada, Pontevedra, Santa Cruz de Tenerife e Zaragoza 7
Almería, Badaxoz, Córdoba, Xirona, Guipúscoa, Tarragona e Toledo 6
Cantabria, Castelló, Cidade Real, Huelva, Xaén, León, Navarra e Valladolid 5
Araba, Albacete, Burgos, Cáceres, Lleida, Lugo, Ourense, A Rioxa e Salamanca 4
Ávila, Cuenca, Guadalaxara, Huesca, Palencia, Segovia, Teruel e Zamora 3
Soria 2
Ceuta e Melilla 1
As Circunscricións de Cádiz e Málaga elixen un deputado máis que nos anteriores comicios, mentres que as de Xaén e Valencia elixen un menos.

Senado

De acordo ca Constitución, o Senado de España é unha Cámara de representación territorial. Ademais dos 206 senadores que son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, os órganos lexislativos das comunidades autónomas designan un senador e outro por cada millón de habitantes, conformando así un total de 261 senadores. A distribución e número de senadores para as eleccións de 2015 quedaron fixados do seguinte xeito:[15]

Circunscrición Senadores
Circunscrición provincial 4
Gran Canaria, Mallorca e Tenerife 3
Ibiza-Formentera, Menorca, Fuerteventura, La Gomera, El Hierro, Lanzarote e La Palma 1

Preparación das candidaturas e candidatos

Os partidos políticos foron anunciando os seus respectivos candidatos electorais en outono de 2015. Os cambios políticos sucedidos nos catro anos anteriores provocaron un gran número de trocos tamén nos nomes e composición das principais candidaturas, especialmente no espazo da esquerda e das formacións nacionalistas. Algúns destes pactos seláronse unicamente días antes de que rematase o prazo para presentárense candidaturas.

Principais coalicións

O Partido Popular presentouse en coalición con Unión do Pobo Navarro en Navarra. O acordo asinado polas dúas formacións outorgaríalle a UPN os dous primeiros elixidos no Congreso, mentres que o PP encabezaría a lista ao Senado. Nas anteriores eleccións, o PP obtivera 1 escano e UPN outro.

Tamén o Partido Popular se presentou en coalición co Foro Asturias nesa provincia, onde para o partido asturiano lle corresponderían o número 2 do Congreso e o número 3 do Senado. Nas anteriores eleccións, o PP obtivera 3 deputados e Foro 1, mentres que o PP obtivera tamén 3 senadores por ningún do Foro.

En Aragón o PP e o PAR tamén se presentaron en coalición ás eleccións, reeditando o pacto que acadaran nos comicios de 2011. Polo acordo de 2011, o PAR non obtivera inicialmente ningún deputado, aínda que conseguiu acceder ao Congreso dos Deputados cunha deputada que ía de segunda suplente nas listas de Teruel. En 2015, o PAR tampouco aspirou a postos de saída ao Congreso (6º por Zaragoza, 3º por Teruel e suplente por Huesca), mais colocou dous candidatos en teóricos postos de saída para o Senado por Huesca e Zaragoza.

O Partido Socialista Obrero Español presentouse en coalición con Nueva Canarias nas dúas circunscricións canarias. Deste xeito, Nueva Canarias terá o candidato número 2 das Palmas e o 4 de Tenerife. O PSOE obtivera nos pasados comicios dous deputados por cadansúa provincia.

Podemos coaligouse en xeral, en toda España, con Equo, que achegou dous cabezas de lista, en Huesca e en Araba (Juantxo López de Uralde). Territorialmente figurou en coalición con Barcelona en Comú, con Iniciativa per Catalunya e con Esquerra Unida i Alternativa en Cataluña, coalición que se denominou En Comú Podem, e con Compromís na Comunidade Valenciana. Ademais, tamén foi integrante, a canda outras forzas, da coalición En Marea en Galicia.

A marca Unidad Popular é o nome co que concorrerá Izquierda Unida en moitas das circunscricións españolas, acompañada de organizacións como Chunta Aragonesista, Izquierda Asturiana, Batzarre, Construyendo la Izquierda - Alternativa Socialista, Izquierda Castellana, Segoviemos ou Entre Tod@s sí se Puede Córdoba. Así, en función das circunscricións, irán candidatos das distintas formacións (p.ex. en Zaragoza o segundo de lista foi da Chunta Aragonesista). Tamén concorrerá como integrante da coalición En Marea a canda Podemos, ANOVA e outras formacións galegas, e en Cataluña como En Comú Podem.

Democracia e Liberdade integrou a CDC, Demócratas de Cataluña e Regrupament.

Bildu é unha coalición electoral que integra a Eusko Alkartasuna, Aralar, Alternatiba, Sortu e outros independentes do movemento abertzale. Preséntase nas tres provincias vascas e mais Navarra. Antigamente chamábanse Amiaur.

Esquerra Republicana de Catalunya presentouse en coalición con Cataluña Si.

O BNG formou a coalición Nós - Candidatura Galega, onde estaban integrados tamén o Partido Galeguista, Coalición Galega, o Partido Comunista do Pobo Galego e a Fronte Obreira Galega.

Geroa Bai é a coalición sucesora de Nafarroa Bai, pero sen a participación de Aralar, que concorreu en Amaiur, nin de Batzarre, que o fixo con Izquierda Unida. Ao Senado, preséntanse coaligados nunha única lista Podemos, Geroa Bai, Bildu e Izquierda Unida, nesta circunscrición.

Ademais, presentáronse outras coalicións de partidos que non tiñan representación parlamentaria, en comunidades autónomas como Comunidade Valenciana, Canarias, Aragón ou Estremadura.

Todas as candidaturas

Preséntanse en todas as circunscricións de España ou en case todas elas, as seguintes formacións:

Ademais, concorren tamén unha serie de formacións que aínda que teñen carácter estatal, só se presentan nunhas poucas provincias.

Pola súa banda, hai formacións que só se presentan nas súas demarcacións de orixe, e que teñen un carácter autonómico.

E finalmente algunhas formacións máis que teñen perfil local:

  • Ourense pola Esquerda, formación encabezada polo avogado e escritor Eladio Medel.
  • Ciudadanos Rurales Agrupados, partido que se presenta en León, e que ten implantación en varios pequenos concellos da provincia.
  • Iniciativa Merindades de Castilla, partido da comarca de Las Merindades, na provincia de Burgos.
  • Ongi Etorri, un partido promovido por SOS Racismo, que se presenta en Áraba.
  • Justizia Social Participación Ciudadana, unha escisión de Podemos que se presenta en Biscaia.
  • Agrupación Socialista Gomera, escisión do PSOE na illa da Gomera, e que concorre só ao Senado.
  • Bloque Aragonés, que só concorre ao Senado por Zaragoza.
  • Coalición de Independientes por Aragón, que é o nome de Federación de Independientes de Aragón baixo o que se presenta a estes comicios pola provincia de Zaragoza.
  • En Positiu, unha coalición de Units per Valéncia, Poble Democràtic Podem, e mais as formacións independentes Gent per Benifayó, Independents per Montroy e Gent en Positiu que se presenta só en Valencia.
  • Avant Valencians, coalición nucleada ao redor de Acció Nacionalista Valenciana, que se presenta só en Valencia.
  • A Coalición Cívica 20D, coalición de Unidad de Centro, Regeneración Política Nacional e Esperanza Ciudadana, que se presenta en Valencia.
  • Foro Demócrata, un partido de Elx, que se presenta unicamente en Alacant.
  • Muerte al Sistema, que só se presenta en Murcia.
  • Partido Liberal de Derechas, que se estrea nunhas eleccións, e que é unha formación de Hellín (Albacete).
  • Nosotros y Tú, partido con sede en Madrid, pero que se presenta pola provincia de Granada.
  • Andaluces de Jaén Unidos, na provincia de Xaén.
  • Málaga por Sí, partido que só se presenta en Málaga.
  • Soluciona, partido herdeiro do Grupo Independiente Liberal (GIL), e que se presenta pola provincia de Málaga.
  • Badajoz Adelante, escisión na cidade de Badaxoz de Ciudadanos, e que se presenta só nesa provincia.
  • X la Izquierda, unha coalición inicialmente impulsada polo Partido Humanista, pero da que se retirou no último momento, e onde o partido principal quedou sendo Los Verdes.
  • Unidos por Gran Canaria, candidatura unicamente ao senado pola illa de Gran Canaria.

Candidaturas rexeitadas

Un grupo de partidos non chegaron a presentar candidaturas, dado que foron rexeitados pola Xunta Electoral por non cumpriren os requisitos necesarios. Noutros casos o rexeitamento foi parcial, e concorreron en menos provincias das que querían[29].

  • Unión de Todos, un partido de Dénia, que se quixo presentar unicamente en Alacant.
  • Esperanza Ciudadana, integrada na coalición Cívica 20D, pero que se quixo presentar por libre en Alacant.
  • Partido Unionista del Estado Español, con sede en Asturias e que se quixo presentar só por esa provincia.
  • Unidos por la Solidaridad Internacional, Unidos SI, un partido de esquerda antinacionalista que se quixo presentar en Barcelona.
  • Construyendo la Izquierda - Alaternativa Socialista, formación que se quixo presentar en Burgos en solitario e que no resto de circunscricións acode como Unidad Popular.
  • Gestión La Bureba, partido da comarca de La Bureba, que se quixo presentar na provincia de Burgos.
  • Partido Azul de Derecha Progresista, que se quixo presentar só na provincia de Madrid.
  • Partido Social de la Justicia, formación que quixo concorrer por Madrid e que tiña coma candidato o avogado José Emilio Rodríguez Menéndez.

Candidatos á presidencia do goberno

Candidatos principais doutras forzas con representación autonómica que non se presentan en todo o Estado

Candidatos en Galicia

Véxase tamén: Categoría:Imaxes de papeletas de circunscricións galegas das eleccións xerais de España de 2015.

Os cabezas de lista presentados ao Congreso polas distintas provincias galegas foron:

Ademais destas formacións, tamén se presentaron en Galicia:

  • PACMA: Adrián García Alonso (A Coruña), Raquel Casabella (Lugo), Paula Rodríguez Méndez (Ourense) e Alejandra Montemayor (Pontevedra).
  • Recurtes Cero - Grupo Verde: Sara Puga (A Coruña), Etrella Mo Álvarez (Lugo), Julio Sande (Ourense) e Divina Pastora Fernández (Pontevedra).
  • Comunistas da Galiza: Francisco Sebio (A Coruña), Porfiio Embade (Lugo) e María Quintillán (Pontevedra).
  • Partido da Terra: María José Castelo (A Coruña), Violeta Núñez (Lugo), Irene Veiga (Ourense) e Abraham González Martínez (Pontevedra).
  • Vox: Amparo Rey Salorio (A Coruña).
  • Ourense pola Esquerda: Eladio Medel (Ourense).
  • Solidaridad y Autogestión Internacionalista: Teresa de Vallejo (A Coruña).

Asemade, tamén hai que considerar as candidaturas ao Senado, un máximo de 3 por partido e provincia, conforme ós tres postos a atribuír por provincia.

A campaña electoral

A campaña electoral iniciouse oficialmente o 4 de decembro de 2015. Tanto durante a campaña como a precampaña, os líderes dos principais partidos políticos participaron en debates televisivos. Na última semana antes de comezar a campaña, El País celebrou un debate no que participaron Pedro Sánchez, Albert Rivera e Pablo Iglesias Turrión, e ao que decidiu non acudir Mariano Rajoy.

Sondaxes

Recóllense nesta táboa algunhas das sondaxes publicadas nas datas inmediatamente anteriores ao proceso electoral

Sondaxe PP PSOE Cs Podemos UP DiL ERC PNV Bildu CC G-Bai Nós EeM En Marea eCPm Uniò Més UPyD Outros/Branco|
GAD 3. 6 decembro 2015[32] 28.2%
120-123
21.5%
85-87
17.9%
59-63
16.6%*
30-31
3.7%
1-3
2.5%
9
2.2%
8
1.5%
5
1.1%
5
-
1
-
0
-
0
-
7
-
4
-
10
-
0
-
0
-
0
4.5%
0
NC. 6 Dec 2015[33] 29.8%
126-133
22.7%
89-92
17.8%
55-62
11.4%
27-30
3.7%
3
2.1%
8-9
2.0%
7-8
1.2%
6
1.0%
4
-
2
-
1
-
1
1.9
6-7
-
2
1.5
5-6
-
2
-
0
-
0
1.9%
0
CIS. Decembro 2015[34] 28.6%
120-128
20.8%
77-89
19.0%
63-66
9.1%
23-25
3.6%
3-4
2.2%
9
1.9%
7
1.1%
5
1.2%
6-7
0.3%
1
0.1%
0
0.3%
0
2.1%
7
1.3%
5-6
3.2%
10-11
0.1%
0
-
0
0.7%
0
4.4%
0
Redondo y Asoc. Dec 2015[35] 28.1%
114
21.5%
84
20.2%
74
15.3%
48*
3.9%
2
2.0%
7
2.1%
8
1.3%
6
1.1%
4
-
2
-
1
-
0
-
*
-
*
-
*
-
0
-
0
-
0
3.8%
0
GESOP. 1 Dec[36] 23.9%
98-102
21.4%
82-86
21%
76-80
16%
52-56*
4.9%
4-6
2%
7-8
2.7%
9-11
-

-

-

-

-

-
*
-
*
-
*
-
0
-

-

8.1%
11-15
GAD3. Nov 2015[37] 28.3%
125
23.1%
91
17.4%
59
14.9%
41*
4.0%
3
2.5%
9
2.5%
9
1.4%
5
1.3%
5
-
1
-
1
-
0
-
*
-
*
-
*
-
1
-
0
-
0
4.6%
0
NC Report poll. 30 Nov 2015[38] 29.3%
125-30
23.1%
91-95
18.9%
52-55
11.4%
42-46
3.5%
3
2.1%
8-9
2.0%
7-8
1.2%
6
-
5
-
2
-
1
-
1
1.9%
6-7
-
2
1.5%
4-5
-
2
-
0
-
0
2.7%
0
CIS. Outubro 2015[39] 29.1% 25.3% 14.7% 10.8% 4.7% 2.9% 2.2% 1.2% - 0.6% 0.1% 0.5% 1.4% - - - - 1.2% 4.6%

Os resultados marcados con (*) son aqueles onde non se presenta diferenciado Podemos das coalicións onde participan Podemos e outros partidos en Galicia, Cataluña e Comunidade Valenciana.

OpinionPollingSpainGeneralElection2015
Evolución da estimación de voto.

Resultados ao Congreso

  • Electorado: 34.630.253
  • Votantes: 25.349.824
  • Abstención: 9.280.429
  • Votos válidos: 25.122.830
  • Votos a candidaturas: 24.935.064
  • Votos en branco: 187.766
  • Votos nulos: 226.994

Elecciones xerais en España, 20 de decembro de 2015

Partido Votos % Dif. Escanos Dif.
Partido Popular (PP)
UPN
FAC
PAR
7.215.530 28.72 -33.60 120

2

1

0

-66

1

0

0

Partido Socialista Obrero Español (PSOE)
Nueva Canarias
5.530.693 22.01 -21.03 89

1

-21

0

Podemos (Podemos)
En Marea
En Comú Podem
Compromís
5.189.333 20.66 - 42

6

12

9

42

6

9

8

Cidadáns - Partido da Cidadanía (Cs) 3.500.446 13.93 - 40 40
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 599.289 2.39 +133.20 9 6
Democràcia i Llibertat (DL) 565.501 2.25 -44.32 8 -8
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 301.585 1.2 -7.01 6 1
Unidade Popular (IU)
Chunta Aragonesista
923.105 3.67 -45.25 2

0

-5

-1

Bildu 218.467 0.97 -34.69 2 -4
Coalición Canaria (CC) 81.750 0.33 -43.18 1 0
Unión Progreso y Democracia (UPyD) 153.498 0.61 -86.57 0 -5
Nós - Candidatura Galega (BNG) 70.464 0.28 -61.71 0 -2
Geroa Bai (G-Bai) 30.554 0.12 -27.96 0 -1
Més (Més) 33.931 0.14 - 0 0

Resultados en Galicia

Véxase tamén: Lista de deputados das circunscricións electorais de Galicia na XI Lexislatura.
  • Electorado: 2.265.555
  • Votantes: 1.653.863
  • Abstención: 611.692
  • Votos válidos:1.631.174
  • Votos a candidaturas: 1.613.896
  • Votos en branco: 17.278
  • Votos nulos: 22.689

Elecciones xerais en Galicia, 20 de decembro de 2015

Partido Votos % Dif. Escanos Dif.
Partido Popular (PP) 605.178 37.10 -30.00 10 -5
En Marea 408.370 25.04 - 6 6
Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSOE) 347.942 21.33 -23.97 6 0
Cidadáns - Partido da Cidadanía (Cs) 147.910 9.07 - 1 1
Nós - Candidatura Galega (Nós) 70.464 4.32 -61.71 0 -2
PACMA 13.205 0.81 79.08 0 0
Unión Progreso y Democracia (UPyD) 8.380 0.51 -58.03 0 0

Deputados elixidos

Partido A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Partido Popular (PP) 3 2 2 3
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 2 1 1 2
En Marea 2 1 1 2
Cidadáns - Partido da Cidadanía (Cs) 1 0 0 0
Nós - Candidatura Galega (Nós) 0 0 0 0

Resultados ao Senado

  • Electorado: 34.598.411
  • Votantes: 24.867.744
  • Abstención: 9.730.667
  • Votos válidos: 24.066.891
  • Votos nulos: 800.853
  • Votos en branco: 978.313

Elecciones xerais en España, 20 de decembro de 2015

Partido Senadores
elixidos
Dif. Senadores
designados
Total
Partido Popular (PP)
UPN
FAC
PAR
119
1
1
3
21
1
0
0
140
2
1
3
Partido Socialista Obrero Español (PSOE)
Nueva Canarias
47

0

20
0
67
0
Podemos (Podemos)
En Marea
En Comú Podem
Compromís
9
2
4
1
5
0
1
1
14
2
5
2
Cidadáns - Partido da Cidadanía (Cs) 0 2 2
Unidade Popular (IU)
Chunta Aragonesista
0 0
0
0

0

Democràcia i Llibertat (DL) 6 3 9
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 6 1 7
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 6 1 7
Bildu 0 1 1
Unión Progreso y Democracia (UPyD) 0 0 0
Nós - Candidatura Galega (BNG) 0 0 0
Coalición Canaria (CC)
Agrupación Herreña Independiente (AHI)
0
1
1
0
1
1
Cambio - Aldaketu 1 0 1
Més (Més) 0 0 0
Unió Democràtica de Catalunya (Unió) 0 1 1

Os senadores designados polo Parlamento de Cataluña están en funcións, pendentes da nova escolla por parte da cámara autonómica. Corresponderanlle 4 a repartir entre CDC e ERC, 1 a Ciudadanos, 1 ao PSOE, 1 a Sí que es Pot e 1 ao PP. No momento de convocárense as eleccións, CDC tiña 3, PSC 1, PP 1, Unió 1, ERC 1 e Iniciativa per Catalunya 1, que son os que figuran na táboa.

Resultados en Galicia

Véxase tamén: Lista de senadores das circunscricións electorais de Galicia na XI Lexislatura.

97,08% escrutado

  • Electorado: 2.199.369
  • Votantes: 1.563.330
  • Abstención: 636.039
  • Votos válidos: 1.435.889
  • Votos nulos: 58.772
  • Votos en branco: 68.669

Eleccións xerais en Galicia, 20 de novembro de 2011

Partido Senadores Dif. Senadores
designados.
Partido Popular (PP) 12 = 2
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 2 -2 1
En Marea 2 2 0

Senadores elixidos nas urnas

Partido A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Partido Popular (PP) 3 3 3 3
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 0 1 1 0
En Marea 1 0 0 1

Notas

  1. Artigo 115 da Constitución:
    1. O presidente do Goberno, logo de deliberación do Consello de Ministros, e baixo a súa exclusiva responsabilidade, poderá propor a disolución do Congreso, do Senado ou das Cortes Xerais, que será decretada polo Rei. O decreto de disolución fixará a data das eleccións.

    2. A proposta de disolución non se poderá presentar cando estea en trámite unha moción de censura.

    3. Non procederá nova disolución antes de que transcorra un ano desde a anterior, agás o disposto no artigo 99, número 5
    Constitución española.[13]
  2. Artículo 42, apartado primero, de la Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General:
    1. En los supuestos de elecciones a Cortes Generales o de Asambleas Legislativas de las Comunidades Autónomas en las que el Presidente del Gobierno o los respectivos Presidentes de los Ejecutivos autonónomicos hagan uso de su facultad de disolución anticipada expresamente prevista en el ordenamiento jurídico, los decretos de convocatoria se publican, al día siguiente de su expedición, en el «Boletín Oficial del Estado» o, en su caso, en el «Boletín Oficial» de la Comunidad Autónoma correspondiente. Entran en vigor el mismo día de su publicación. Los decretos de convocatoria señalan la fecha de las elecciones que habrán de celebrarse el día quincuagésimo cuarto posterior a la convocatoria.
    Ley Orgánica 5/1985.[14]
  1. En Aragón, o PP e o PAR concorreron na coalición Partido Popular en coalición con el Partido Aragonés.
  2. 2,0 2,1 Rajoy reagrupa a la derecha por los votos, El Mundo, 6 de novembro de 2015.
  3. 3,0 3,1 Juntas Electorales Provinciales (24 de novembro de 2015). "Candidaturas proclamadas para las elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado, convocadas por Real Decreto 977/2015, de 26 de octubre" (PDF). Boletín Oficial del Estado. Núm. 281: 110592–110916. ISSN 0212-033X.
  4. En Canarias, o PSOE e NCa concorreron na coalición Partido Socialista Obrero Español - Nueva Canarias.
  5. "Acuerdo 461/2015 del expediente 281/218: Constitución de coaliciones electorales para concurrir a las elecciones generales de 20 de diciembre de 2015". Junta Electoral Central. 11 de novembro de 2015. Consultado o 6 de dicembro de 2015.
  6. En Cataluña preséntase na coalición En Comú Podem, xunto con Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo e Barcelona en Comú.
    Na Comunidade Valenciana preséntase na coalición Compromís-Podemos-És el moment xunto con Compromís.
    En Galicia preséntase na coalición En Marea, xunto con Anova, Esquerda Unida e outras agrupacións que xa tiveron éxito nas elecciones municipais e autonómicas de maio de 2015.
  7. El País (1 de outubro de 2015). "Rajoy anuncia que las elecciones generales serán el 20 de diciembre" (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2015.
  8. Oficina del Censo Electoral. "Número de electores residentes en España y en el extranjero por circunscripciones electorales al Congreso y al Senado. Censo de consulta". Instituto Nacional de Estadística. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 29 de decembro de 2015.|dataacceso=2 de novembro de 2015}}
  9. Martínez, Virginia (2 de novembro de 2015). "Más de 36 millones de españoles están llamados a votar el 20-D". El País. Consultado o 2 de novembro de 2015.
  10. "36,5 millones de electores, 210.000 urnas... Las elecciones en cifras". La información. 19 de decembro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2015.
  11. Casqueiro, Javier (26 de outubro de 2015). "Rajoy se niega a hablar de pactos y lanza un aviso a los planes de Mas". El País. Consultado o 26 de outubro de 2015.
  12. "Rajoy alerta a los españoles: 'Sería muy duro y muy triste dar marcha atrás'". El Mundo. 26 de outubro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015.
  13. "Constitución Española" (PDF). Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado. 27 de decembro de 1978. Consultado o 5 de marzo de 2015.
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 Xefatura do Estado (19 de xuño de 1985). "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General" (PDF). Boletín Oficial del Estado. BOE-A-1985-11672. Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado.
  15. 15,0 15,1 15,2 Xefatura del Estado (26 de outubro de 2015). BOE-A-2015-11505. Depósito legal: M-1/1958. "Real Decreto 977/2015, de 26 de octubre, de disolución del Congreso de los Diputados y del Senado y de convocatoria de elecciones" (PDF). Boletín Oficial del Estado núm. 257, de 27 de outubro de 2015 (Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado): 100784–100786. ISSN 0212-033X.
  16. "Real Decreto 953/2015, de 26 de octubre, por el que se convocan elecciones locales parciales" (PDF). Boletín Oficial del Estado núm. 257, de 27 de outubro de 2015.|data=26 de outubro de 2015|autor=Xefatura do Estado|outros=BOE-A-2015-11508. Depósito legal: M-1/1958|páxinas=100849-100854|issn=0212-033X|editorial=Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado}}
  17. Garea, Fernando (20 de decembro de 2015). "Gana el PP, sin votos para gobernar". El País. Consultado o 24 de decembro de 2015.
  18. Vázquez, M. (21 de decembro de 2015). "El PSOE firma su peor resultado desde la Transición y se queda por debajo de los 100 diputados". Antena 3 Noticias. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015.
  19. 19,0 19,1 El País (21 de decembro de 2015). "El escrutinio apunta a una Cámara con acuerdos muy complicados". El País. Consultado o 24 de decembro de 2015.
  20. Carvajal, Álvaro (22 de decembro de 2015). "Las cuatro caras de Podemos en el Congreso". El Mundo. Consultado o 24 de decembro de 2015.
  21. "Podemos celebra con euforia sus 69 diputados". abc (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2015.
  22. "Congreso. Total estatal". Ministerio del Interior. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015.
  23. Montalbán, E. (20 de decembro de 2015). "UPyD, Unió, BNG y Geroa Bai pierden su sitio en el Congreso". La Razón. Consultado o 24 de decembro de 2015.
  24. Alberola, Miquel (21 de decembro de 2015). "El PP mantiene la mayoría en el Senado, pero pierde 12 escaños". El País. Consultado o 24 de decembro de 2015.
  25. BOE do 27 de outubro de 2015[Ligazón morta], Boletín Oficial del Estado.
  26. Ley Orgánica 2/2011, de 28 de enero, por la que se modifica la Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General
  27. Artículo 68.3 de la Constitución Española de 1978
  28. 28,0 28,1 http://www.readyfortomorrow.com/el-sistema-electoral-en-espana-y-la-exclusion-de-las-minorias/ Reflexión sobre el sistema Electoral español
  29. Boletín Oficial do Estado, 24/11/2015, número 281.
  30. Coalición presenta sus candidaturas a las generales para "dar voz a Canarias", La Provincia, 1/11/2015.
  31. Los candidatos de UPyD Galicia, Adiante Galicia, 16/11/15.
  32. Inicio de campaña
  33. Inicio de campaña
  34. Sondaxe preelectoral 2015
  35. Dec 2015
  36. Informe GESOP
  37. Nov 2015
  38. Informe NC Report Poll
  39. Barómetro de ocutubre 2015

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alternativa Nacionalista Canaria

Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) é un partido da esquerda nacionalista canario fundado en 2006.

Ciudadanos en Blanco

Ciudadanos en Blanco (Cenb) é unha agrupación política española que se autodefine como unha "agrupación de ciudadanos y ciudadanas unidos en torno a la difusión, defensa e implantación del Voto en Blanco Computable", inscrita no rexistro de partidos para acadar lexislar o voto en branco como un voto computable de xeito que se reflicta en escanos baleiros.

Cenb fundouse en 2002 nas Illas Baleares. Desde entón vense presentando ás eleccións nos 3 niveis territoriais (local, autonómico e estatal). En outubro de 2011, xunto con outras organizacións, funda a coalición hartos.org.

O motivo do seu programa electoral débese á actual lei electoral española (LOREG), na cal os votos en branco son válidos e contabilizados para calcular a porcentaxe de votos de cada partido que, para poder entrar no repartimento de escanos, debe superar a barreira do 3% nas eleccións xerais e o 5% nas municipais e na maioría das autonómicas. Porén, ditos votos en branco non son tidos en conta á hora de facer o repartimento de escanos, aínda que superen a porcentaxe marcada. Segundo esta agrupación, se o voto en branco conta para calcular a porcentaxe de cada partido, debe de contar tamén para facer o repartimento como se fose un partido máis. No caso de que deste xeito lle correspondese algún escano aos votos en branco, reflectiríase en escanos baleiros sen ocupar.

CenB ofrécese aos votantes que teñan intención de votar en branco como unha ferramenta para facer visible dito voto mediante a non-ocupación do escano e a renuncia a calquera emolumento que lle puidera corresponder por ter acadada a representación. A pesar da grande expansión que sufríu desde a súa fundación, aínda non logrou presentar listas en todas as provincias do Estado español.

Demòcrates de Catalunya

Demòcrates de Catalunya (DC, en galego: Demócratas de Cataluña) é un partido político catalán fundado en 2015 a partir dunha escisión de Unió Democràtica de Catalunya (UDC). Ten unha ideoloxía democristiá e independentista.

O grupo que formaría Demòcrates de Catalunya decidiu escindirse de UDC tras a ruptura protagonizada entre este e Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), que durante 35 anos coexistiran xuntos a través da marca Convergència i Unió (CiU). Os seus principais impulsores son Antoni Castellà, Núria de Gispert e Joan Rigol.Pouco despois da súa fundación, o novo partido uniuse á alianza independentista Junts pel Sí que concorreu ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de setembro de 2015.

Para as eleccións xerais de España de 2015 concorreu baixo a denominación Democràcia i Llibertat. O 13 de maio de 2016, Demòcrates de Catalunya anunciou que non se presentaría ás eleccións xerais do 26 de xuño, finalizando deste xeito a coalición con CDC.

Eleccións xerais de España de 2016

O domingo 26 de xuño de 2016 celebráronse eleccións xerais en España. Foron as décimo terceiras desde a transición á democracia e as segundas con Felipe VI como Rei. Estas eleccións deron comezo á XII lexislatura das Cortes Xerais.

O luns 2 de maio de 2016 ás 23:59 horas, as Cortes quedaron automaticamente disoltas tras non lograr ningún candidato a confianza do congreso nos dous meses posteriores á primeira votación de investidura, dando fin á XI lexislatura, a máis curta da historia recente de España, e dando paso a unhas novas eleccións xerais.Os cidadáns con dereito ao voto, residentes no país e no estranxeiro, foron chamados a decidir a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado.

En Comú Podem-Guanyem el Canvi

En Comú Podem-Guanyem el Canvi (as súas siglas son ECP) (en galego, En Común Podemos-Ganemos o Cambio) é unha coalición electoral de esquerdas formada pola sección de Podemos en Cataluña, Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo e Barcelona en Comú xurdida en outubro de 2015 co obxectivo de presentarse ás eleccións xerais dese ano nas catro circunscricións electorais de Cataluña. O cabeza de lista por Barcelona foi o historiador Xavier Domènech.En Comú Podem expuxo establecer unha relación de igual a igual con Podemos polo que tivo como obxectivo ter grupo parlamentario propio e apostar por articular conxuntamente coa formación de Pablo Iglesias os «puntos en común». A formación non descarta entenderse con sectores de ERC, PSC e busca a forma de achegarse á CUP.Nas eleccións xerais de 2015 presentouse como En Comú Podem e nas eleccións xerais de 2016 presentouse baixo o nome En Comú Podem-Guanyem el Canvi.

Lista de deputados das circunscricións electorais de Galicia na XI Lexislatura

A continuación detallase unha relación dos deputados das circunscricións electorais de Galicia na XI lexislatura das Cortes Xerais, iniciada tralas eleccións xerais do 20 de decembro de 2015.

Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Esta é unha lista de deputados galegos no Congreso dos Deputados de España desde a Transición. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndenlles cando menos 2 deputados, e a partir de aí un número proporcional de deputados en función da súa poboación. Ao comezo da Transición, Galicia elixía 29 deputados, pero o progresivo decrecemento poboacional das provincias galegas levou a que en 2011 o número de deputados fose unicamente de 25, logo de iren perdendo un cadansúa provincia.

Lista de senadores das circunscricións electorais de Galicia na XI Lexislatura

A continuación detallase unha relación dos Senadores das circunscricións electorais de Galicia da XI lexislatura das Cortes Xerais, iniciada tralas eleccións xerais do 20 de decembro de 2015.

Lista de senadores galegos desde a Transición

Esta é unha Lista de senadores galegos desde a Transición española. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndelles 4 senadores e as Comunidades Autónomas nomearán un senador, máis outro por cada millón de habitantes (así, se Galicia ten máis de dous millóns de habitantes, terá 1+2 senadores). Xa que logo, Galicia ten asignados 16 senadores por elección directa e 3 por designación autonómica, o que fan un total de 19.

Marian Beitialarrangoitia

María Angeles Beitialarrangoitia Lizarralde, nada en Legazpi o 20 de xaneiro de 1968, é unha política vasca da esquerda abertzale. É deputada por Euskal Herria Bildu nas Cortes Xerais e anteriormente foi alcaldesa de Hernani, Directora de Comunicación da Deputación Foral de Guipúscoa e membro do Parlamento Vasco.

Mariano Rajoy

Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego, presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018, durante as X e a XII lexislaturas e presidente do Goberno en funcións durante a breve XI lexislatura de España.

Rajoy serviu como ministro nos gobernos de José María Aznar en diversas carteiras entre 1996 e 2003, e como vicepresidente do Executivo de 2000 a 2003. Entre 2003 e 2004, cando foi elixido presidente do Partido Popular, desempeñou o cargo de secretario xeneral da formación.

Na actualidade é presidente do Partido Popular —foi reelixido no XVII Congreso celebrado en Sevilla en febreiro de 2012—, e se desempeñou como líder da oposición parlamentaria durante os dous mandatos (2004-2008 e 2008-2011) do Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

Como resultado da vitoria do seu partido por maioría absoluta nas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011, o 21 de decembro de 2011 se converteu no sexto presidente do Goberno da democracia. Renovou mandato para unha segunda lexislatura tras ser investido polo Congreso dos Deputados e por maioría simple o 29 de outubro de 2016, desempeñando o cargo ata a moción de censura do 1 de xuño de 2018.

NAO

NAO é un grupo galego de música rock orixinario da Estrada, Pontevedra. O grupo leva editados seis álbums de estudio ademais dun EP musical en formato de descarga dixital. As letras das súas cancións caracterízanse polo compromiso político e a crítica social.

Navia Rivas

Navia Rivas de Castro, nada en Boimorto o 24 de xullo de 1992, é unha cantante e política galega do BNG. É responsable internacional de Galiza Nova, integrante do consello nacional do BNG e número dous deste partido por Santiago de compostela.

Onintza Enbeita

Onintza Enbeita Maguregi, nada en Muxika, o 19 de maio de 1979, é unha xornalista, bertsolari e política vasca de ideoloxía independentista vasca.

Partido da Terra

Partido da Terra (PT), é un partido político con sede en Galiza que se postula como partidario da democracia directa, da desprofesionalización da política, do decrecemento e da soberanía e a sustentabilidade en todos os ámbitos.O Partido da Terra constituíuse en Santiago de Compostela a 25 de xullo de 2011 e foi rexistrado oficialmente no Ministerio do Interior nesa mesma semana. Internamente, organízase en forma de mancomunidade, integrando organizacións de ámbito parroquial ou comarcal autoxestionadas e completamente independentes nas súas decisións.

XI lexislatura de España

A XI lexislatura de España comezou o 13 de xaneiro de 2016 cando, trala celebración das eleccións xerais, se constituíron as novas Cortes Xerais. e rematou o 3 de maio de 2016, coa disolución das mesmas. Cunha duración de 111 días, foi a lexislatura máis breve da democracia española. Estivo precedida pola X lexislatura.

Reinado de Fernando VII
Sexenio Revolucionario
Restauración
 Segunda República
Monarquía parlamentaria

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.