Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

‹ 2008 • España • 2015
Eleccións xerais de España de 2011
208 senadores de 266
350 deputados
Goberno de España
20 de novembro de 2011
Tipo Nacional, lexislativa e executiva
Candidatos 596 ó Congreso
599 ó Senado
Período Dende o 13 de decembro de 2011 ata o término da lexislatura.

Demografía electoral
Poboación 47.021.031
Hab. inscritos 35.779.491
Votantes Senadores: 24.411.187
Deputados: 24.666.441
Participación
  
71.69% Red Arrow Down.svg 4.8%
Votos válidos Senadores: 22.243.392
Deputados: 24.348.886
Votos en branco Senadores: 1.263.120
Deputados: 333.461
Votos nulos Senadores: 904.675
Deputados: 317.555

Resultados
Mariano Rajoy 2011e (cropped)
PP - Mariano Rajoy Brey
Coalición
Votos 10.866.566 Green Arrow Up.svg 5.7%
Senadores obtidos 136 Green Arrow Up.svg 34.7%
Deputados obtidos 186 Green Arrow Up.svg 20.8%
  
44.63%
Alfredo Pérez Rubalcaba (diciembre de 2010)
PSOE - Alfredo Pérez Rubalcaba
Coalición Coalición Extremeña
Votos 7.003.511 Red Arrow Down.svg 38%
Senadores obtidos 54 Red Arrow Down.svg 43.8%
Deputados obtidos 110 Red Arrow Down.svg 34.9%
  
28.76%
Josep Antoni Duran i Lleida (retrato)
CiU - Josep Antoni Duran i Lleida
Coalición
Votos 1.015.691 Green Arrow Up.svg 30.3%
Senadores obtidos 9 Green Arrow Up.svg 125%
Deputados obtidos 16 Green Arrow Up.svg 60%
  
4.17%
CayoLaraIU2
La Izquierda Plural - Cayo Lara Moya
Coalición
Votos 1.686.040 Green Arrow Up.svg 73.8%
Senadores obtidos 1 Gray Rectangle Tiny.svg 0%
Deputados obtidos 11 Green Arrow Up.svg 450%
  
6.92%
Iñaki Antiguedad 2
Amaiur - Iñaki Antigüedad Auzmendi
Coalición
Votos 333.628  
Senadores obtidos 3  
Deputados obtidos 7  
  
1.37%
Rosa Diez
UPyD - Rosa Díez González
Votos 1.143.225 Green Arrow Up.svg 273.5%
Senadores obtidos 0  
Deputados obtidos 5 Green Arrow Up.svg 400%
  
4.70%
MFJ 3804 (Recortada)
PNV - Josu Erkoreka Gervasio
Votos 324.317 Green Arrow Up.svg 5.9%
Senadores obtidos 4 Green Arrow Up.svg 100%
Deputados obtidos 5 Red Arrow Down.svg 16.7%
  
1.33%
AlfredBosch2 (1)
ERC-CatSí - Alfred Bosch Pascual
Coalición
Votos 256.393 Red Arrow Down.svg 14%
Senadores obtidos 0 Red Arrow Down.svg 100%
Deputados obtidos 3 Gray Rectangle Tiny.svg 0%
  
1.05%
Francisco Jorquera, Manifestación xuízo Prestige (Headshot retouched)
BNG - Francisco Jorquera Caselas
Votos 184.037 Red Arrow Down.svg 13.4%
Senadores obtidos 0  
Deputados obtidos 2 Gray Rectangle Tiny.svg 0%
  
0.75%
HSSamarbete
Outros partidos
Votos 1.535.478  
Senadores obtidos 1  
Deputados obtidos 5  
  
6.32%

Resultados nas provincias
Eleccións xerais de España de 2011

Distribución de escanos no Congreso
Eleccións xerais de España de 2011

Distribución de escanos no Senado
Eleccións xerais de España de 2011
     PP      PSOE     CiU      Amaiur
     Entesa     PNV     CC-NC     FAC

Spanish Presidential Flag.svg
Presidente do Goberno

Convocatoria

Xerais 2011 Gorgullón
Mesas electorais nun local social de Pontevedra.

En agosto de 2011 o presidente de goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero anunciou que adiantaba as eleccións cinco meses, e que a data fixada sería o 20 de novembro[1].O decreto de disolución das Cortes publicouse o 27 de setembro de 2011, co que os cargos parlamentarios pasaron a estar en funcións[2].

Nestas eleccións renováronse 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. As eleccións, adiantadas en cinco meses á súa data máxima prevista, remataron a IX Lexislatura e deron paso á X Lexislatura. Por primeira vez en catro convocatorias, as eleccións Xerais non coincidiron coas elecciones autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía. Só se producen dúas variacións na asignación de deputados: a provincia de Cádiz perde un deputado, mentres que a de Madrid gaña 1[3]. En Galicia escóllense 23 deputados: oito pola circunscrición electoral da Coruña, 7 pola de Pontevedra, e catro polas de Lugo e Ourense, respectivamente[4].

O número e distribución dos senadores elixidos directamente mantense igual. Aumenta o número de senadores elixidos polas comunidades autónomas, pois a Comunidade Valenciana e Castela A Mancha gañan 1[5]. Galicia escolle 19 senadores: catro por circunscrición e tres designados polo Parlamento de Galicia.

Entre as novidades deste proceso electoral, debidas a unha reforma da lexislación electoral, destacaron dúas: os residentes no estranxeiro tiñan que solicitar o voto previamente para poder emitilo, e este podería ser emitido nas embaixadas e consulados de España, e os partidos políticos sen representación parlamentaria tiñan que recoller avais para poder concorrer ás eleccións.

Preparación das candidaturas e candidatos

Os partidos políticos foron anunciando os seus respectivos candidatos electorais en verán e outono de 2011. No PSOE presentáronse inicialmente dúas candidaturas a competir nun proceso de primarias, pero a outra candidata, a ministra de Defensa Carme Chacón renunciou á carreira electoral, co que o ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba quedou como o único candidato.

Nestas eleccións, e por primeira vez dende a instauración da democracia, as formacións políticas que non tiveran previamente representación no Congreso dos Deputados ou no Senado tiñan que recoller avais cidadáns para poder concorrer ás eleccións, cunha cantidade mínima de 1 por 1000 censados por cada circunscrición. Para a recollida deses avais dispuxeron de vinte días contados a partir da disolución da convocatoria electoral.

Principais coalicións

O Partido Popular concorreu ás eleccións en coalición co Partido Aragonés Regionalista nas tres provincias aragonesas, con UPN por Navarra, con Extremadura Unida en Estremadura, e con Centro Canario Nacionalista en Canarias.

Izquierda Unida concorreu en coalición con Izquierda Republicana en todo o estado. En Cataluña foi en coalición con Iniciativa per Catalunya, en Aragón coa Chunta Aragonesista, en Estremadura con Socialistas Independientes de Extremadura e en Canarias con Canarias por la Izquierda.

ERC concorreu en coalición con Reagrupament.

Amaiur é unha coalición electoral que integra a Eusko Alkartasuna, Aralar, Alternatiba e outros independentes que xa participaron na coalición electoral Bildu. Preséntase nas tres provincias vascas e mais Navarra. Geroa Bai é a coalición sucesora de Nafarroa Bai, pero sen a participación de Aralar, que concorreu en Amaiur, nin de Batzarre, que o fixo con Izquierda Unida.

Unidos por Canarias é a coalición formada por Coalición Canaria e Nueva Canarias.

Candidatos á presidencia do goberno

Candidatos principais doutras forzas que non se presentan en todo o Estado

Candidatos en Galicia

Os cabezas de lista polas distintas provincias galegas foron:

Ademais destas formacións, tamén se presentaron en Galicia[7]:

A campaña electoral

Sondaxes

Recóllense nesta táboa algunhas das sondaxes publicadas nas datas inmediatamente anteriores ao proceso electoral

Sondaxe PSOE PP IU CiU PNV UPyD ERC BNG UxC G-Bai Amaiur FAC PRC EQUO PA Outros En branco
Interna PP, La Gaceta setembro 2011[8][9] Escanos 115 189 8 14 6 3 2 2 2 1 4-5 1-2 1 1
El Mundo outubro 2011[10] 31,8% 47,4% 5,0% 3,2% 1,2% 3,1% 0,9% 7,4%
La Razón outubro 2011[11] 30,6% 46,1% 6,8% 3,6% 1,1% 3,0% 0,8% 1,0% 0,9% 6,2%
Escanos 116-118 183-185 10-12 13-15 5-6 2-3 1-2 2-3 3-4 5-6 1-2 0-1 0-2 0-1
El Mundo outubro 2011[12] 31,6% 47,8% 5,2% 3,2% 1,2% 2,9% 1,0% 1,2% 7,1%
Escanos 122 193 6 12 5 3 2 2 2 3
La Vanguardia outubro 2011[13] 33,0% 46,0%
Escanos 115-122 186-192 4 11-12 5-7 2-4 1-2 4 9-10
El Mundo 16 outubro 2011[14] 30,8% 48,0% 5,3% 3,4% 1,2% 3,0% 1,0% 1,2% 7,3%
Escanos 117 196 6 13 6 3 2 2 2 3

Resultados ao Congreso

  • Electorado: 35.779.491 [15][16]
  • Votantes: 24.666.392 (68,94%)
  • Abstención: 11.113.094 (31,06%)
  • Votos válidos: 24.348.837 (68,05% sobre electores)
  • Votos a candidaturas: 24.015.376
  • Votos en branco: 333.461
  • Votos nulos: 317.555

Elecciones xerais en España, 20 de novembro de 2011

Partido Votos % Dif. Escanos % Esc. Dif.
Partido Popular (PP) 10.866.565 [17] 44,36 186 [18] 53,14
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 7.003.488 [19] 28,76 110 [20] 31,43
Izquierda Unida (IU) 1.685.994 6,92 11 3,14
Convergència i Unió (CiU) 1.051.691 4,32 16 4,57
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 324.317 1,33 5 1,43
Unión Progreso y Democracia (UPyD) 1.143.225 4,69 5 1,43
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 244.854 1,00 3 0,86
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 184.037 0,75 2 0,57
Unidos por Canarias (CC-NC) 143.881 0,59 2 0,57
Geroa Bai (G-Bai) 42.415 0,17 1 0,29
Amaiur 334.498 1,37 7 2,00
Converxencia XXI (CXXI) 1.443 0
EQUO 175.158 0
Partido Andalucista (PA) 76.999 0
Foro Asturias (FAC) 99.473 0,41 1 0,29
Partido Regionalista Cántabro (PRC) 44.010 0

Resultados en Galicia

  • Electorado: 2.688.816
  • Votantes: 1.672.792 (62,21%)
  • Abstención: 1.016.024 (37,79%)
  • Votos válidos: 1.645.768
  • Votos a candidaturas: 1.619.042
  • Votos en branco: 26.726
  • Votos nulos: 27.024

Elecciones xerais en Galicia, 20 de novembro de 2011

Partido Votos % Dif. Escanos % Esc. Dif.
Partido Popular (PP) 684.567 51,59 15 65,21 +4
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 457.633 27,81 6 26,09 -4
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 184.037 11,18 2 8,69 =
Esquerda Unida (EU) 67.702 4,11 0 =
Unión Progreso y Democracia (UPyD) 19.969 1,21 0 =
Converxencia XXI (CXXI) 1.443 0,09 0
EQUO 10.059 0,61 0

Deputados elixidos

Partido A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Partido Popular (PP) Antonio Erias Rey
Marta González
Arsenio Fernández de Mesa
Tristana Moraleja
Juan de Dios Ruano
Joaquín García Díez
Jaime de Olano
Olga Iglesias
Celso Delgado
Guillermo Collarte
Ana Belén Vázquez
Ana Pastor
Irene Garrido
Paz Lago
Telmo Martín
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Francisco Caamaño
Miguel Cortizo
Xosé Blanco Laura Seara Carmela Silva
Guillermo Meijón
Bloque Nacionalista Galego (BNG) Francisco Jorquera Olaia Fernández Dávila

Resultados ao Senado

  • Electorado: 35.776.615[4]
  • Votantes:
  • Abstención:
  • Votos válidos:
  • Votos nulos:
  • Votos en branco:

Elecciones xerais en España, 20 de novembro de 2011

Partido Senadores % Senadores. Dif.
Partido Popular (PP)
Partido Socialista Obrero Español (PSOE)
Izquierda Unida (IU)
Convergència i Unió (CiU)
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV)
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)
Unidos por Canarias (CC-NC)
Amaiur

Resultados en Galicia

  • Electorado:
  • Votantes:
  • Abstención:
  • Votos válidos:
  • Votos nulos:
  • Votos en branco:

Elecciones xerais en Galicia, 20 de novembro de 2011

Partido Senadores % Senadores. Dif.
Partido Popular (PP) 12 75% =
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 4 25% =

Senadores elixidos nas urnas

Partido A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Partido Popular (PP) Juan Juncal
José Luis Torres Colomer
María Xesús Sáinz
Xosé Manuel Barreiro
Armando Castosa
Julia Rodríguez Barreira
Carmen Leyte
Miguel Ángel Pérez de Juan
Francisco José Fernández Pérez
Elvira Larriba
Dolores Pan
José Luis Rivera Mallo
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Javier Losada Ricardo Varela Miguel Fidalgo Areda Ángeles Marra

Notas

  1. Zapatero adelanta las elecciones generales al 20 de noviembre, El Periódico de Cataluña, 16/8/2011.
  2. BOE do 27 de setembro de 2011, Boletín Oficial del Estado.
  3. Distribución de diputados por provincias[Ligazón morta], Web do Ministerio do Interior.
  4. 4,0 4,1 Las elecciones en cifras, Web do Ministerio do Interior.
  5. Composición del Senado[Ligazón morta], Web do Ministerio do Interior.
  6. Ana Oramas (CC-NC), al Congreso por Santa Cruz de Tenerife, Diario de Avisos, 8/10/2011.
  7. Boletín Oficial do Estado, 19/10/2011.
  8. Las encuestas internas del PP le otorgan 189 diputados frente a 115 del PSOE
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2011. Consultado o 15 de outubro de 2011.
  10. "Encuesta de El Mundo de octubre 2011". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2011. Consultado o 15 de outubro de 2011.
  11. El PP afianza su mejor resultado
  12. de El Mundo de 9 de octubre 2011
  13. El PP lograría una holgada mayoría absoluta y el PSOE retrocedería a niveles de 1977
  14. de El Mundo 16 outubro 2011
  15. Segundo a Web do Ministerio do Interior, 35.776.615.
  16. "Xunta Electoral Central (BOE nº 297, de 20.12.2011". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2011. Consultado o 21 de decembro de 2011.
  17. Resultado da suma dos 10.061.311 votos do Partido Popular, 339.236 votos da coalición PP-Extremadura Unida, 339.502 votos da coalición PP-Partido Aragonés e 126.516 votos da coalición PP-Unión del Pueblo Navarro.
  18. Resultado da suma dos 170 escanos do PP máis os 6, 8 e 2 das coalicións citadas.
  19. Resultado da suma dos 6.080.964 votos do Partido Socialista máis os 922.524 votos do Partit dos Socialistes de Catalunya.
  20. Resultado da suma dos 96 escanos do PSOE máis os 14 votos do PSC.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alternativa Popular Canaria

Alternativa Popular Canaria (APC) é un partido nacionalista canario de esquerda formado en 2002, membro do Movemento de Liberación Nacional de Canarias (MLNC). A súa creación foi impulsada pola organización xuvenil Azarug e algúns partidos de ámbito municipal, así como persoas a título individual procedentes de organizacións da esquerda nacionalista.

En 2003 celegbrouse a súa primeira asemblea e nas eleccións autonómicas de 2003 obtivo 6.737 votos, un 0,73 %, mentres que nas eleccións municipais do mesmo ano obtivo un concelleiro en Santa Úrsula (Tenerife). En La Orotava presentouse como Iniciativa por La Orotava (Ipo) con Los Verdes de Canarias e obtivo cinco concelleiros. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de xuño de 2004, Alternativa Popular Canaria pediu o voto para a coalición Europa dos Pobos.

O 25 e o 26 de xuño de 2005 o partido celebrou a súa II Asemblea Nacional, e o 16 de setembro de 2006 a III Asemblea Nacional. En 2006 sufriu en Tenerife unha división da que xurdiu un novo partido chamado Alternativa Nacionalista Canaria.

Nas eleccións ao Parlamento das Canarias de 2007 presentouse en coalición con Alternativa Ciudadana 25 de Mayo e obtivo 4.824 votos, o 0,51 %. Nas eleccións municipais perdeu o seu concelleiro en Santa Úrsula e en La Orotava gañou tres concelleiros. Tanto no Cabido de Tenerife como nos concellos de Santa Cruz de Tenerife, San Cristóbal de la Laguna, Granadilla de Abona, Buenavista del Norte e Tacoronte, apoiou a Alternativa Sí se Puede por Tenerife, opción política na que se integra a Alternativa Popular Canaria.

Na súa primeira Conferencia Nacional, en 2008, decidiu non participar nas Eleccións Xerais de España de 2011 e centrar todos os seus esforzos na consolidación de Alternativa Sí se Puede por Tenerife de cara ás seguintes convocatorias electorais de carácter local e autonómico. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 pediu o voto para a Iniciativa Internacionalista.

EQUO Castilla y León

EQUO Castilla y León é o nome da federación de EQUO en Castela e León, constituída o 25 de maio de 2013 en Valladolid, aínda que as súas asembleas provinciais funcionaban dende a fundación de EQUO como partido o 4 de xuño de 2011.

A asemblea de EQUO Castilla y León, formada por todos os afiliados e simpatizantes castelán-leoneses deste partido, é o principal organismo da federación por ter a capacidade lexislativa e executiva, reúnese periodicamente e subdivídese en asembleas provinciais e asembleas locais. A Mesa de Coordinación de Castilla y León, composta por dous representantes paritarios de cada asemblea provincial, xestiona e coordina a federación para o día a día.

Goberna con maioría absoluta en Cabañas de Polendos (Segovia) e Valle de Tabladillo (Segovia) e ten unha alcaldesa pedánea en La Acisa de las Arrimadas, no concello de La Ercina (León). Tamén ten concelleiros nos seguintes municipios segovianos: El Espinar, Espirdo, Ortigosa del Monte, Carabias e Valdeprados.

Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Esta é unha lista de deputados galegos no Congreso dos Deputados de España desde a Transición. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndenlles cando menos 2 deputados, e a partir de aí un número proporcional de deputados en función da súa poboación. Ao comezo da Transición, Galicia elixía 29 deputados, pero o progresivo decrecemento poboacional das provincias galegas levou a que en 2011 o número de deputados fose unicamente de 25, logo de iren perdendo un cadansúa provincia.

Lista de senadores galegos desde a Transición

Esta é unha Lista de senadores galegos desde a Transición española. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndelles 4 senadores e as Comunidades Autónomas nomearán un senador, máis outro por cada millón de habitantes (así, se Galicia ten máis de dous millóns de habitantes, terá 1+2 senadores). Xa que logo, Galicia ten asignados 16 senadores por elección directa e 3 por designación autonómica, o que fan un total de 19.

María del Mar Rominguera Salazar

María del Mar Rominguera Salazar, nada en Ceuta o 18 de xuño de 1966, é unha política española membro do Partido Socialista Obreiro Español. Foi deputada por Zamora para as X, XI e XII lexislaturas.

Mercedes Fernández

María Mercedes Fernández González, coñecida como Cherines, nada en Xixón o 4 de agosto de 1960, é unha avogada, profesora universitaria e política española. É titora de Dereito Procesal do centro asociado da UNED en Asturias.

Onintza Enbeita

Onintza Enbeita Maguregi, nada en Muxika, o 19 de maio de 1979, é unha xornalista, bertsolari e política vasca de ideoloxía independentista vasca.

Partido Castellano

O Partido Castellano ou PCAS (Partido Castelán en galego) é un partido político español froito da unión de varias formacións castelanistas de índole rexionalista ou nacionalista, de provincialistas, de agrupacións electorais de ámbito local e provincial e de independentes das comunidades autónomas de Castela e León, Comunidade de Madrid e Castela A Mancha, entre as que destacan Tierra Comunera e Candidatura Independiente, se ben este último finalmente se integrou só en parte.

Partido Socialista Obrero Español

O Partido Socialista Obrero Español (PSOE, en galego: Partido Socialista Obreiro Español) é un partido político español de centro esquerda fundado en 1879 polo ferrolán Pablo Iglesias Posse.

Durante cen anos definiuse como un partido de clase obreira, socialista e marxista, ata o Congreso Extraordinario de 1979, no que abandonou o marxismo como definición ideolóxica. Converteuse nun dos dous partidos políticos maioritarios de España, xunto co Partido Popular, gobernando o país durante a maior parte do réxime constitucional iniciado en 1978, coas presidencias de Felipe González (1982-1996), José Luis Rodríguez Zapatero (2004-2011) e Pedro Sánchez (2018-presente).

Preside o Goberno de España dende o 1 de xuño de 2018, logo de gañar a moción de censura contra o anterior presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, a consecuencia dunha das primeiras sentenzas de condena da trama Gürtel, que condenou ao Partido Popular.Preside ademais os gobernos de comunidades autónomas como Aragón, Asturias, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Estremadura e Castela-A Mancha. As súas mocedades son as Xuventudes Socialistas de España e forma parte do Partido Socialista Europeo e da Internacional Socialista.

Reinado de Fernando VII
Sexenio Revolucionario
Restauración
 Segunda República
Monarquía parlamentaria

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.