Eleccións xerais de España de 2008

O 9 de marzo de 2008 tiveron lugar as eleccións a Cortes Xerais en España (9-M).[1] Foron as décimas eleccións xerais que tiveron lugar dende a Transición, e serviron pra renovar os 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. Estas eleccións deron paso á IX Lexislatura. Ese mesmo día tamén se celebraron as elecciones autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía.

‹ 2004 • España • 2011
Eleccións Xerais de España de 2008
208 senadores
350 deputados
Goberno de España
9 de marzo de 2008
Tipo Nacional, Lexislativa e Executiva
Candidatos 1.130 ó Congreso
1.235 ó Senado
Período Dende o 1 de abril de 2008 ata o término da lexislatura.

Demografía electoral
Poboación 45.200.737
Hab. inscritos 35.073.179
Votantes Senadores: 26.125.239
Deputados: 25.900.439
Participación
  
75.32% Red Arrow Down.svg 0.4%
Votos válidos Senadores: 25.527.940
Deputados: 25.734.863
Votos en branco Senadores: 524.750
Deputados: 286.182
Votos nulos Senadores: 597.299
Deputados: 165.576

Resultados
José Luis Rodríguez Zapatero - Royal & Zapatero's meeting in Toulouse for the 2007 French presidential election 0205 2007-04-19b
PSOE - José Luis Rodríguez Zapatero
Votos 11.289.335 Green Arrow Up.svg 2.4%
Senadores obtidos 88 Green Arrow Up.svg 8.6%
Deputados obtidos 169 Green Arrow Up.svg 3%
  
43.87%
Rajoy Jornadas Para Mejorar tu Vida b
PP - Mariano Rajoy Brey
Coalición UPN
Votos 10.278.010 Green Arrow Up.svg 5.3%
Senadores obtidos 101 Red Arrow Down.svg 1%
Deputados obtidos 154 Green Arrow Up.svg 4.1%
  
39.94%
Josep Antoni Duran i Lleida (retrato)
CiU - Josep Antoni Duran i Lleida
Votos 779.425 Red Arrow Down.svg 6.7%
Senadores obtidos 4 Gray Rectangle Tiny.svg 0%
Deputados obtidos 10 Gray Rectangle Tiny.svg 0%
  
3.03%
MFJ 3804 (Recortada)
PNV - Josu Erkoreka Gervasio
Votos 306.128 Red Arrow Down.svg 27.3%
Senadores obtidos 2 Red Arrow Down.svg 66.7%
Deputados obtidos 6 Red Arrow Down.svg 14.3%
  
1.19%
Joan Ridao
ERC - Joan Ridao i Martín
Votos 298.139 Red Arrow Down.svg 54.3%
Senadores obtidos 3 Gray Rectangle Tiny.svg 0%
Deputados obtidos 3 Red Arrow Down.svg 62.5%
  
1.16%
Llamazares
IU - Gaspar Llamazares Trigo
Coalición ICV
Votos 969.946 Red Arrow Down.svg 24.5%
Senadores obtidos 1  
Deputados obtidos 2 Red Arrow Down.svg 60%
  
3.77%
Francisco Jorquera, Manifestación xuízo Prestige (Headshot retouched)
BNG - Francisco Jorquera Caselas
Votos 212.543 Green Arrow Up.svg 1.8%
Senadores obtidos 0  
Deputados obtidos 2 Gray Rectangle Tiny.svg 0%
  
0.83%
Logocoalicion
CC-PNC - Ana Oramas
Votos 174.629 Red Arrow Down.svg 25.8%
Senadores obtidos 1 Red Arrow Down.svg 66.7%
Deputados obtidos 2 Red Arrow Down.svg 33.3%
  
0.68%
Rosa Diez
UPyD - Rosa Díez González
Votos 306.079  
Senadores obtidos 0  
Deputados obtidos 1  
  
1.19%
HSSamarbete
Outros partidos
Votos 1.120.629  
Senadores obtidos 6  
Deputados obtidos 1  
  
4.39%

Resultados nas Provincias
Eleccións xerais de España de 2008

Distribución de escanos no Congreso
Eleccións xerais de España de 2008

Distribución de escanos no Senado
Eleccións xerais de España de 2008
     Entesa     BNG     PSOE     PSM     Ind.
     CiU     PNV     CC-PNC     PP     PAr

Spanish Presidential Flag.svg
Presidente do Goberno

Características

En total, concorreron os comicios un total de 92 partidos políticos, sumando un total de 1130 candidaturas ao Congreso e 1235 ao Senado, un 30 % máis das listas que se rexistraron para as eleccións xerais españolas de 2004.[2] As xuntas electorais rexeitaron un total de 40 candidaturas, entre as que destacan as listas de Acción Nacionalista Vasca e as da coalición Centro Democrático y Social-Unión Centrista Liberal, as dúas únicas formacións nas que foron anuladas todas as súas candidaturas.[3]

Os resultados das eleccións xerais deron como vencedor ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) que obtivo 169 escanos ao Congreso dos Deputados (5 máis cá no 2004) e un 43,87 % de votos fronte ao Partido Popular (PP) que obtivo 154 deputados (6 máis cá no 2004) e un 39,94 % de votos. Convergencia i Unió (CiU) logrou os mesmos deputados que en 2004, 10 en total. Izquierda Unida (IU) perdeu o grupo propio no Congreso dos Deputados ao conseguir soamente 2 escanos o que o deixa no grupo mixto. Por outra parte o Partido Nacionalista Vasco (PNV) perde un escano, pasando de 7 a 6 diputados, ao igual que Coalición Canaria (CC), que pasa de 3 a 2 deputados. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Nafarroa Bai (Na-Bai) mantiveron os seus escanos, mentres que Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) perdeu 5 deputados. Unión Progreso y Democracia (UPyD) conseguiu un deputado en Madrid, polo que Rosa Díez entra no Congreso. Así mesmo Eusko Alkartasuna (EA), Chunta Aragonesista (CHA) e Nueva Canarias (NC) perderon a súa representación parlamentaria.

No Senado o PSOE obtivo 89 postos, oito máis ca no 2004, mentres que o Partido Popular perdeu un para quedar con 101.[4] A Entesa Catalana de Progrés, que abrangue PSC, ERC, ICV e EUiA obtivo 12 senadores.

Nas eleccións ao Parlamento de Andalucía venceu o PSOE que obtivo 56 escaños, cinco menos que en 2004 pero que lle permiten gobernar con maioría absoluta. O Partido Popular obtivo 47 escaños, dez máis que en 2004, Izquierda Unida mantívose con 6 escanos e a Coalición Andalucista perdeu os cinco escanos que obtivera en 2004.[5]

Convocatoria electoral

O 14 de febreiro o goberno aprobou o decreto de disolución das Cortes Xerais e de convocatoria das eleccións, que se celebrarán o domingo 9 de marzo de 2008 (xa fora avanzado, de forma oficiosa, por diversos medios de comunicación[6] e confirmado posteriormente polo presidente do goberno[7]. As Cortes disolvéronse o 14 de xaneiro, a campaña electoral comezou o 22 de febreiro e concluirá o 7 de marzo. O día coincidiiu coas eleccións ao parlamento andaluz e esgota a lexislatura ao máximo (as anteriores eleccións celebráranse o 14 de marzo de 2004).

Resultados das eleccións de 2004

Os resultados das últimas eleccións ás Cortes (14 de marzo de 2004) foron os seguintes:

Eleccións Xerais 14 de marzo de 2004

Partido Votos % Dif. Escaños Dif.
Partido Socialista (PSOE) 11 026 163 42,59 +8,43 164 +39
Partido Popular (PP) 9 763 144 37,71 -6,81 148 -35
Convergència i Unió (CiU) 835 471 3,23 -0,94 10 -5
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 652 196 2,52 +1,68 8 +7
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 420 980 1,63 +0,10 7 =
Izquierda Unida (IU) 1 284 081 4,96 -1,00 5 -4
Coalición Canaria (CC) 235 221 0,91 -0,16 3 -1
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 208 688 0,81 -0,51 2 -1
Chunta Aragonesista (CHA) 94 252 0,36 +0,03 1 =
Eusko Alkartasuna (EA) 80 905 0,31 -0,12 1 =
Nafarroa Bai (Na-Bai) 61 045 0,24 n/a 1 +1

Precampaña electoral e preparación das candidaturas

Partido Socialista Obrero Español

José Luis Rodríguez Zapatero (para tabla)
José Luis Rodríguez Zapatero.

O PSOE afronta as eleccións liderado por José Luis Rodríguez Zapatero, que foi proclamado como candidato á presidencia do Goberno o 25 de novembro de 2007[8]. Ningún outro membro do partido anunciou a súa intención de presentarse como candidato.

Candidatos en Galicia

As listas do PSdeG-PSOE ás eleccións de marzo de 2008 estarán encabezadas[9] por:

Outros candidatos do PSOE

A vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, anunciou o 20 de outubro de 2007 nun acto público no Palacio de Congresos de Valencia que se presentaría como cabeza de lista pola circunscrición de Valencia[10]. O vicepresidente segundo do Goberno, Pedro Solbes, que xa superou a idade de xubilación, confirmou nunhas declaracións que Zapatero lle ofrecera seguir como ministro de Economía, e que aínda non tomara unha decisión ao respecto.[11] Finalmente, o 16 de novembro, Solbes aceptou continuar no Goberno, polo menos até mediados da Lexislatura.[12]

O presidente do Congreso, Manuel Marín, anunciou o 15 de novembro de 2007 que deixaría a política ao final da lexislatura para dedicarse á loita contra o cambio climático nas universidades.[13]. Meses antes filtrárase que Zapatero lle propuxera ao ex ministro de Defensa, José Bono, que volvese á política como cabeza de lista pola circunscrición de Toledo, co fin de ocupar a presidencia da Cámara Baixa en substitución de Marín[14].

Programa electoral

O coordinador do programa electoral do PSOE é o ministro de Traballo, Jesús Caldera. O partido iniciou a súa precampaña o 18 de outubro de 2007, e empregou a frase "Con Z de Zapatero" como lema preelectoral. A presentación desta campaña realizouse mediante un vídeo [15] onde o presidente xogaba coa súa forma de falar (pronunciación do "d" ao final de palabra como "z") e presentaba as accións do Goberno durante a lexislatura.

Para a elaboración do programa electoral, o PSOE contou co asesoramento dun panel de intectuais formado por 14 persoas: o Nobel de Economía Josep Stiglitz; as Nobel da Paz Wangari Maathai e Helen Caldiccot, os expertos en economía Nicholas Stern, Jeremy Rifkin, André Sapir, Torben Iversen e María João Rodrigues; os expertos en ciencias políticas Philip Pettit, Wolfgang Merkel e Guillermo O'Donell; e inteletuais noutros ámbitos, como a socióloga Marie Duru-Bellat, o filósofo George Lakoff e a escritora Barbara Probst Solomon[16].

Partido Popular

Candidato

Mariano Rajoy en Bilbao2
Mariano Rajoy.

Mariano Rajoy, que liderou o PP durante toda a lexislatura, foi designado candidato oficial ás eleccións nunha xunta directiva que o seu partido levou a cabo o 10 de setembro de 2007 [17]. A proclamación da súa candidatura tivo lugar o 27 de outubro en Valencia.[18]. Ningún outro membro do PP anunciou a súa intención de presentarse como candidato.

Candidatos por Galicia

Os candidatos do Partido Popular polas circunscricións galegas aínda non foron elixidos oficialmente, pero os seus nomes serán segundo algunhas fontes[19]:

Outros candidatos do PP

O alcalde de Madrid, Alberto Ruiz-Gallardón, manifestou en repetidas ocasións durante o verán de 2007 a súa interese por ir nas listas do PP para conseguir un escano no Congreso dos Deputados.[20]. Finalmente, Gallardón foi excluído das listas[21], o que motivou a súa decisión de abandonar a política despois dos comicios de marzo[22].

Programa electoral

O coordinador do programa electoral do PP foi o ex ministro de Ciencia e Tecnoloxía, Juan Costa. O acto central de inicio de precampaña tivo lugar durante o terceiro fin de semana de novembro de 2007, coa celebración dunha conferencia política na que o PP espuxo as súas liñas xerais do seu programa electoral. O feito de que ese acto fose unha conferencia e non unha convención (de ser unha convención tería que ser inaugurada polos presidentes de honra do partido Manuel Fraga e José María Aznar) foi interpretado por algúns medios como unha estratexia para non restarlle portagonismo ao candidato.[23].

Izquierda Unida

Gaspar Llamazares foi designado candidato por Izquierda Unida ás eleccións xerais do 2008, tras vencer nas primarias do seu partido co 62,5% dos votos. A outra candidata, Marga Sanz, obtivo o 37,5%. O Consello Político Federal IU ratificou a candidatura de Llamazares.

Bloque Nacionalista Galego

O 23 de outubro de 2007 a Executiva Nacional do BNG propuxo os candidatos a encabezar as listas electorais nas catro circunscricións galegas:

Esta decisión foi aprobada polo Consello Nacional o 9 de novembro[24]. O seu primeiro lema de precampaña foi Máis forza en Madrid![25] e o segundo Contigo Galiza decide.

Candidatos

Candidatos á presidente do Goberno de España:

Outras formacións non presentan candidatos a presidente; estes son os candidatos polas provincias máis importantes ou que tradicionalmente ocuparon o posto de voceiros.

Tamén presentaran candidaturas outras formacións, entre elas Acción Nacionalista Vasca, que foi anulada polo Tribunal Supremo[26].

Campaña electoral

A campaña electoral comezou o 21 de febreiro de 2008 e estendeuse ata o 7 de marzo, cando foi suspendida anticipadamente unhas dez horas antes do seu remate, por todos os partidos políticos agás CIU[27] por mor dun atentado de ETA. Nel foi asasinado Isaías Carrasco Miguel, un ex-concelleiro do PSE, despois de ser tiroteado ás portas da súa casa, na localidade guipuscoana de Arrasate-Mondragón[28].

Durante a campaña celebráronse dous debates electorais entre os líderes do Partido Socialista e do Partido Popular, que foron televisados e que tiveron unha grande audiencia[29]. Ademais, as tres principais forzas políticas galegas celebraron tamén un debate televisado pola TVG[30], onde interviñeron os líderes dos partidos Alberto Núñez Feijóo (PPdeG), Emilio Pérez Touriño (PSdeG e Anxo Quintana (BNG).

Resultados

Os resultados ao Congreso dos Deputados foron os seguintes, segundo datos do Ministerio do Interior [1]:

Eleccións Xerais 9 de marzo de 2008

Partido Votos % Dif. Escaños Dif.
Partido Socialista (PSOE) 11 289 335 43,87 169
Partido Popular (PP) 10 278 010 39,94 154
Convergència i Unió (CiU) 779 425 3,03 10
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 306 128 1,19 6
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 298 139 1,16 3
Izquierda Unida (IU) 969 946 3,77 2
Coalición Canaria (CC) 174 629 0,69 2
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 212 543 0,83 2
Eusko Alkartasuna (EA)
Nafarroa Bai (Na-Bai)
Chunta Aragonesista (CHA)
Coalición Andalucista (CA)
Unitat per les Illes (UxI)
Bloc-Iniciativa-Verds (BIV)
PSOE2008

Porcentaxe de voto ao PSOE

PP2008

Porcentaxe de voto ao PP

3Forza2008

Porcentaxe de voto a unha terceira forza (En Galicia o BNG)

Notas

  1. Zapatero confirma que las elecciones generales se celebrarán el 9 de marzo, en (elpaís.com)
  2. «9-M.- Un total de 92 partidos optan a los 350 escaños del Congreso y 89 compiten por 208 actas en el Senado»[Ligazón morta], Europa Press, 12 de febrero de 2008.
  3. «Las Juntas Electorales rechazan 40 candidaturas, entre ellas las ocho de ANV» Arquivado 14 de febreiro de 2008 en Wayback Machine., en Público, 12 de febrero de 2008.
  4. Zapatero podrá gobernar más cómodo, 20 minutos, 10 de marzo de 2008.
  5. Chaves 'tripite' mayoría absoluta, 20 minutos, 10 de marzo de 2008.
  6. El PSOE se prepara para la celebración de las elecciones generales el 9 de marzo Arquivado 19/12/2007, en Wayback Machine. Ya.com. 29 de xullo de 2007
  7. As eleccións xerais celebraranse o vindeiro 9 de marzo[Ligazón morta], GZNación, 20/12/07
  8. Avanzar se escribe con «z» de Zapatero[Ligazón morta], Diario de León, 6 de decembro de 2007.
  9. Blanco, Espinosa, Molina e Louro, as cabezas do PSOE para as xerais, Vieiros, 22/10/2007
  10. Fernández De la Vega será cabeza de lista del PSOE por Valencia en las próximas elecciones, El Mundo, 20/10/2007
  11. Solbes confirma que Zapatero le ha ofrecido seguir como ministro de Economía y que lo está pensando, El País, 18/10/2007
  12. Solbes acepta la oferta de Zapatero de seguir en el Ejecutivo, El País, 19/11/2007
  13. El presidente del Congreso deja la política y se dedicará a investigar sobre el cambio climático, El Mundo, 16/11/2007
  14. Zapatero ofrece a Bono liderar la lista socialista por Toledo y presidir el Congreso, El Mundo, 9/07/2007
  15. Vídeo 'Con Z de Zapatero', Youtube
  16. El PSOE atrae a tres premios Nobel al equipo de su programa electoral, El País
  17. Rajoy, candidato do PP á Presidencia nas eleccións de marzo, Axencia France Press, 10 de setembro de 2007
  18. Rajoy: "Soy el candidato del mejor partido de Europa", El País, 27/10/2007
  19. "9-M. - Ana Pastor e Antonio Erias perfílanse como cabezas de lista do PP por Pontevedra e A Coruña, respectivamente", artigo de Europa Press en Vieiros]]
  20. Gallardón reafirma su deseo de ser diputado, 20minutos, 20/8/07
  21. Rajoy comunica a Aguirre y Gallardón que no irán en listas del PP por Madrid, El Correo Gallego, 15.01.08
  22. Rajoy excluye a Gallardón de las listas y el alcalde decide abandonar la política, El País, 16.01.08
  23. El PP limita el alcance de un acto y evita que hable Aznar, El País, 15/11/2007
  24. El Bloque renueva a tres de sus cabezas de lista para las generales, El Correo Gallego, 10 de novembro de 2007.
  25. O BNG aproveita o seu tirón para tentar ter máis forza no Congreso[Ligazón morta], Xornal.com, 6 de decembro de 2007
  26. Los candidatos de ANV llaman a la abstención en las próximas elecciones, Deia, 21.02.08
  27. "CIU transforma o seu mitin final de Barcelona nun acto de condena". Arquivado dende o orixinal o 16/08/2011. Consultado o 07/03/2008.
  28. ETA mata ao dirixente socialista Isaías Carrasco Miguel con varios tiros na caluga en Mondragón
  29. La audiencia de los debates entre Zapatero y Rajoy, Igooh, 4.3.08
  30. A audiencia preferiu o debate ao fútbol, Vieiros, 28.02.08

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Esta é unha lista de deputados galegos no Congreso dos Deputados de España desde a Transición. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndenlles cando menos 2 deputados, e a partir de aí un número proporcional de deputados en función da súa poboación. Ao comezo da Transición, Galicia elixía 29 deputados, pero o progresivo decrecemento poboacional das provincias galegas levou a que en 2011 o número de deputados fose unicamente de 25, logo de iren perdendo un cadansúa provincia.

Lista de senadores galegos desde a Transición

Esta é unha Lista de senadores galegos desde a Transición española. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndelles 4 senadores e as Comunidades Autónomas nomearán un senador, máis outro por cada millón de habitantes (así, se Galicia ten máis de dous millóns de habitantes, terá 1+2 senadores). Xa que logo, Galicia ten asignados 16 senadores por elección directa e 3 por designación autonómica, o que fan un total de 19.

Unidad Castellana

Unidad Castellana (UdCa) é un partido político de tendencia castelanista fundado en Cidade Real (España) por Emilio Nieto López, antigo secretario xeral do PP en Cidade Real, en decembro do 2001 e formado, en parte, por antigos militantes do Partido Rexionalista de Castela-A Mancha. A súa implantación fora da provincia de Cidade Real é practicamente nula.

Defende a creación dunha comunidade autónoma castelá, unificando as cinco actuais autonomías que forman Castela: Castela e León, Castela-A Mancha, Cantabria, Comunidade de Madrid e A Rioxa. Por iso UdCa é visto como un partido rexionalista, se ben o seu presidente, Emilio Nieto, se referiu en varias ocasións a Castela como nación dentro de España e de defender Castela como fan outros grupos nacionalistas, polo que UdCa pode ser considerado como un partido nacionalista moderado. O partido ademais caracterízase pola súa ideoloxía centrodereitista, seguramente herdada do PP.

A primeira cita electoral na que participou foron as eleccións autonómicas e municipais de 2003 na provincia de Cidade Real, nas que conseguiron entre outros resultados a alcaldía de Puebla de Don Rodrigo e algunhas concellarías en varios lugares do norte de Cidade Real, zona que parece terse convertido na súa principal área de actuación.

Nas eleccións municipais de 2007, UdCa presentou candidaturas en Cidade Real, Malagón, Fernán Caballero (Cidade Real) (onde sacaron dous concelleiros), Luciana (onde tamén sacaron dous concelleiros), Torralba de Calatrava, Los Labores, Puebla de Don Rodrigo e Fuente el Fresno; nestas catro últimas localidades conseguiron un concelleiro en cada unha. Non obstante, estas eleccións supuxeron un duro golpe para a formación que perdeu a alcaldía de Puebla de Don Rodrigo. Ademais, non logrou o obxectivo de ter representación no concello de Cidade Real, despois de estar tan preto diso.

Tal fracaso volveu poñerse de manifesto nas Eleccións xerais de España de 2008 onde perdeu boa parte do seu antigo apoio electoral, conseguindo unicamente 198 votos fronte aos 601 que conseguira nas Eleccións xerais de España de 2004.Unidade Castelá presentouse tamén ás eleccións locais e autonómicas de 2011. Presentou candidaturas ás Cortes, así como á alcaldía tanto de Cidade Real coma doutras sete localidades da provincia, entre elas Fernán Caballero (onde con cinco concelleiros dun total de nove conseguiu a alcaldía por maioría absoluta) e Luciana (onde con dous concelleiros de sete conseguiu a chave de goberno e se quedou a só vinte votos da alcaldía), e por último Porzuna, onde conseguiu un concelleiro de once e Fuente el Fresno, onde conseguiu 2 concelleiros de once e tivo a oportunidade de formar coalición con PSOE e Cidadáns de Centro Democrático, aínda que este último grupo finalmente optou por aliarse co PP. Conseguiu polo tanto nestas eleccións remontar con forza a caída das de 2007, pero aínda sen conseguir representación no concello de Cidade Real.

O partido acadou un acordo de coalición co PCAS para ás elección autónomicas e municipais de 2015. O líder Emilio nieto do partido encabeza a lista da coalición às cortes de Castela-A Mancha por Cidade Real. Nese ano, nas municipais o partido tivo uns resultados discretos e obtiveron soamente 6 concelleiros en toda a provincia e 0,62% da porcentaxe do voto provincial. Os concellos onde obtiveron representación foron: Luciana (3 concelleiros), Fuente el Fresno (1 concelleiro) Porzuna (1 concelleiro), Viso del Marqués(1 concelleiro)

Reinado de Fernando VII
Sexenio Revolucionario
Restauración
 Segunda República
Monarquía parlamentaria

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.