Eleccións xerais de España de 2004

O 14 de marzo de 2004, os españois maiores de idade, foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por novena vez dende a Transición.

Tralos atentados de Madrid do 11 de marzo, os días previos ás eleccións do domingo 14 estiveron cheos de polémica. Acusacións cruzadas entre goberno e oposicións quentaron os ánimos ata que a xente comezou a concentrarse nas rúas na xornada de reflexión. Feito que foi condenado polo goberno que acusara ó PSOE de organizar manifestacións fronte as sedes do PP. Pola outra banda tanto PSOE como o resto de grupos da oposición acusaran ó goberno de non comunicar toda a información posible e adxudica-la autoría dos atentados de Atocha a ETA, cando logo Al Qaeda se os atribuíu.

  • Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foron:

Eleccións Xerais 14 de marzo de 2004

Partido Votos % Dif. Escanos Dif.
Partido Socialista (PSOE) 11 026 163 42,59 +8,43 164 +39
Partido Popular (PP) 9 763 144 37,71 -6,81 148 -35
Convergència i Unió (CiU) 835.471 3,23 -0,94 10 -5
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 652.196 2,52 +1,68 8 +7
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 420.980 1,63 +0,10 7 =
Izquierda Unida (IU) 1 284 081 4,96 -1,00 5 -4
Coalición Canaria (CC) 235.221 0,91 -0,16 3 -1
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 208.688 0,81 -0,51 2 -1
Chunta Aragonesista (CHA) 94.252 0,36 +0,03 1 =
Eusko Alkartasuna (EA) 80.905 0,31 -0,12 1 =
Nafarroa Bai (Na-Bai) 61.045 0,24 n/a 1 +1

As eleccións en cifras

Elecciones generales españolas de 2004 - distribución del voto
Mapa de España cos partidos maioritarios en cada provincia nas eleccións xerais do 2004

O 14 de marzo estaban inscritos no censo electoral 34 571 831 persoas, das cales un 75,66% votou, e un 24,34% abstívose.

Outras cífras:

  • Votos válidos: 99,98%
  • Votos nulos: 1,01
  • Votos a candidaturas: 98,42%
  • Votos brancos: 1,58%
Escaños congreso de España 1977-2004
Histórico de número de escanos de PSOE, PP, IU e UCD na democracia (1977-2004)

Candidatos

As eleccións do 14-M tiñan como principal aliciente a concorrencia dos dous novos líderes políticos do PP e do PSOE.

Outros líderes

Campaña electoral e sondaxes

As eleccións do 14-M víanse como unha proba da sociedade ao Partido Popular, que tivera que enfrontarse ao petroleiro Prestige (con unha actuación moi cuestionada), e á involucración de España na Guerra de Irak (feito que contaba coa repulsa da sociedade). Aínda por estes feitos, unha semana antes dos atentados do 11-M o PP tiña unha ampla vantaxe sobre o PSOE, aínda que o PP non volvería a acadar a maioría absoluta do 2000.

Unha semana antes das eleccións, debido á lei electoral que o prohibe, deixáronse de publicar sondaxes electorais; nese momento, cunha elevada porcentaxe de enquisados que se declaraban "indecisos", algúns falaban de empate técnico.

A campaña estivo moi marcada polo pacto do goberno tripartito en Cataluña, e pola reunión de Carod-Rovira e dirixentes da ETA. José Luis Rodríguez Zapatero prometeu non formar goberno a menos que o seu partido fose o máis votado. Mariano Rajoy pediu unha maioría cómoda para non ter que depender de pactos.

Enquisas

Resultado
2000
IPSOS-ECO SIGMA-DOS Instituto Opina Demoscopia Resultado
2004
Partido Popular 183 150-154 153-161 161-166 169 148
Partido Socialista Obrero Español 125 154-158 152-159 140-145 141 164
Convergència i Unió 15 10-12 10-11 10-11 11 10
Esquerra Republicana de Catalunya 1 7-8 6 7-8 6 8
Partido Nacionalista Vasco 7 6-7 7 7-8 7 7
Izquierda Unida 8 9-11 6-7 11-12 9 5
Coalición Canaria 4 3-4 3 3-4 3 3
Bloque Nacionalista Galego 3 2 3 3 2 2
Chunta Aragonesista 1 1 1 - 1 1
Eusko Alkartasuna 1 0-1 1 - 0-1 1

Ipsos-Eco Consulting (TVE), Sigma Dos (Antena 3), Instituto Opina (SER) (7 marzo 2004) [1], Demoscopia (Telecinco)

11 de marzo: atentados de Madrid

O 11 de marzo, tres días antes das eleccións, tivo lugar o maior atentado terrorista na historia recente de España e de Europa: os atentados de Madrid. Como consecuencia a estes feitos os partidos políticos suspenderon as súas campañas electorais.

A sombra dos atentados tivo moita influencia para que moitos partidos adquirisen votos, que até aquel momento eran indecisos. Nas sedes do PP, a noite antes da apertura dos colexios electorais, sucedéronse concentracións en contra da política informativa do Ministerio do Interior sobre a autoría dos atentados, nos que o ministerio apuntaba como principal sospeitosa á ETA, existindo outra liña de investigación aberta cara ao terrorismo islámico.

A ministra Ana Palacio, de Asuntos Exteriores, remitiu un memorando a todas as sedes diplomáticas para alentalos a defender a idea da autoría etarra, e o Goberno conseguiu unha declaración de condena explícita a ETA na ONU.

Lemas electorais

Resultados das eleccións

As sondaxes realizadas a pe de urna, a votantes que xa depositaran o seu voto, daban diferenzas significativas cos publicados na semana anterior. A maioría das sondaxes a pe de urna, daban como vencedor das eleccións ao Partido Socialista cunha lixeira vantaxe.

O reconto de votos deu ao PSOE un 42,63% dos votos, superando ao PP que obtivo un 37,64%. O PSOE converteuse no partido maioritario do Congreso, aínda que a 12 escanos da maioría absoluta. O PP, pola súa parte, seguiu sendo a forza maioritaria do Senado, aínda que perdeu a maioría do 2000. Izquierda Unida foi a terceira forza máis votada, pero conseguiu menos escanos que Convergnència u Unió, PNV e ERC, conseguiron os ascensos que lle prognosticaban as sondaxes.

Centos de militantes convocáronse na Calle Ferraz de Madrid. Zapatero honrou a memoria dos falecidos nos atentados do 11-M, e ante un público maioritariamente mozo, comprometeuse con eles pronunciando as palabras "No os fallaré". Mariano Rajoy felicitou a Zapatero pola súa vitoria, e afirmou que o PP despedíase do poder "con la tranquilidad del trabajo bien hecho" e "con las cuentas claras".

Senado

O PP conseguiu unha maioría relativa no Senado, aínda que preto da maioría absoluta. Con todo, perdeu 25 senadores e o PSOE gañou 28. Os resultados foron.

Eleccións Xerais españolas, 14 de marzo de 2004

Partido Senadores Diferenza
Partido Socialista (PSOE) 81 +28
Partido Popular (PP) 102 -25
PSC-ERC-ICV-EUA 12 +4
Partido Nacionalista Vasco (PNV) 6 +0
Convergència i Unió (CiU) 4 -4
PIL 0 -1

Resultados de todos os partidos

Total do Estado, con 99,99% dos votos escrutados ás 3:42 do 15 de marzo de 2004.

Eleccións Xerais españolas, 14 de marzo de 2004

Siglas Votos % Deputados
PSOE 11 026 163 42,59 164
PP 9 763 144 37,71 148
CiU 835.471 3,23 10
ERC 652.196 2,52 8
EAJ/PNV 420.980 1,63 7
IU 1 284 081 4,96 5
CC 235.221 0,91 3
BNG 208.688 0,81 2
CHA 94.252 0,36 1
EA 80.905 0,31 1
Na-Bai 61.045 0,24 1
PARTIDO ANDALUCISTA (PA) 181.261 0,71 0
BLOC NACIONALISTA VALENCIA-ESQUERRA VERDA (BLOC-EV) 40.645 0,16 0
PSM-ENTESA NACIONALISTA,ESQUERRA UNIDA,E.VERDE (ERCPSM-EN,EU,EV,ER) 40.179 0,16 0
CIUDADANOS EN BLANCO (CENB) 39.877 0,16 0
ARALAR-ZUTIK 38.319 0,15 -
LOS VERDES-ECOPACIFISTAS (LV-E) 36.789 0,14 -
PARTIDO ARAGONES (PAR) 36.274 0,14 -
CENTRO DEMOCRATICO Y SOCIAL (CDS) 33.467 0,13 -

Galicia

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Bixente Serrano Izko

Rufino Vicente Serrano Izco, máis coñecido como Bixente Serrano Izko, nado en Sarasa, Iza, Navarra o 22 de xaneiro de 1948, é un historiador e político relacionado co nacionalismo vasco.En 1974, foi condenado a prisión polos tribunais militares franquistas por un delito de secuestro actuando como membro de ETA. Finalizada a ditadura a súa condena foi extinguida en virtude da amnistía de 1977 e incorporouse á actividade política democrática participando en diversas formacións como Euskadiko Ezkerra e Auzolan en Navarra. En 2015 foi deputado no Congreso español por Geroa Bai.

Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Esta é unha lista de deputados galegos no Congreso dos Deputados de España desde a Transición. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndenlles cando menos 2 deputados, e a partir de aí un número proporcional de deputados en función da súa poboación. Ao comezo da Transición, Galicia elixía 29 deputados, pero o progresivo decrecemento poboacional das provincias galegas levou a que en 2011 o número de deputados fose unicamente de 25, logo de iren perdendo un cadansúa provincia.

Lista de senadores galegos desde a Transición

Esta é unha Lista de senadores galegos desde a Transición española. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndelles 4 senadores e as Comunidades Autónomas nomearán un senador, máis outro por cada millón de habitantes (así, se Galicia ten máis de dous millóns de habitantes, terá 1+2 senadores). Xa que logo, Galicia ten asignados 16 senadores por elección directa e 3 por designación autonómica, o que fan un total de 19.

Micaela Navarro

Micaela Navarro Garzón, nada en Andújar (provincia de Xaén) o 29 de agosto de 1956, é unha política socialista andaluza, presidenta do PSOE desde xullo de 2014 e vicepresidenta segunda do Congreso de Deputados desde o 13 de xaneiro de 2016.Foi Conselleira de Igualdade e Benestar Social da Xunta de Andalucía (2004-2012), concelleira no Concello de Andújar (1991-1996), senadora pola Provincia de Xaén (1996-2000) e deputada Congreso dos Deputados por Xaén (2000-2004).

Unidad Castellana

Unidad Castellana (UdCa) é un partido político de tendencia castelanista fundado en Cidade Real (España) por Emilio Nieto López, antigo secretario xeral do PP en Cidade Real, en decembro do 2001 e formado, en parte, por antigos militantes do Partido Rexionalista de Castela-A Mancha. A súa implantación fora da provincia de Cidade Real é practicamente nula.

Defende a creación dunha comunidade autónoma castelá, unificando as cinco actuais autonomías que forman Castela: Castela e León, Castela-A Mancha, Cantabria, Comunidade de Madrid e A Rioxa. Por iso UdCa é visto como un partido rexionalista, se ben o seu presidente, Emilio Nieto, se referiu en varias ocasións a Castela como nación dentro de España e de defender Castela como fan outros grupos nacionalistas, polo que UdCa pode ser considerado como un partido nacionalista moderado. O partido ademais caracterízase pola súa ideoloxía centrodereitista, seguramente herdada do PP.

A primeira cita electoral na que participou foron as eleccións autonómicas e municipais de 2003 na provincia de Cidade Real, nas que conseguiron entre outros resultados a alcaldía de Puebla de Don Rodrigo e algunhas concellarías en varios lugares do norte de Cidade Real, zona que parece terse convertido na súa principal área de actuación.

Nas eleccións municipais de 2007, UdCa presentou candidaturas en Cidade Real, Malagón, Fernán Caballero (Cidade Real) (onde sacaron dous concelleiros), Luciana (onde tamén sacaron dous concelleiros), Torralba de Calatrava, Los Labores, Puebla de Don Rodrigo e Fuente el Fresno; nestas catro últimas localidades conseguiron un concelleiro en cada unha. Non obstante, estas eleccións supuxeron un duro golpe para a formación que perdeu a alcaldía de Puebla de Don Rodrigo. Ademais, non logrou o obxectivo de ter representación no concello de Cidade Real, despois de estar tan preto diso.

Tal fracaso volveu poñerse de manifesto nas Eleccións xerais de España de 2008 onde perdeu boa parte do seu antigo apoio electoral, conseguindo unicamente 198 votos fronte aos 601 que conseguira nas Eleccións xerais de España de 2004.Unidade Castelá presentouse tamén ás eleccións locais e autonómicas de 2011. Presentou candidaturas ás Cortes, así como á alcaldía tanto de Cidade Real coma doutras sete localidades da provincia, entre elas Fernán Caballero (onde con cinco concelleiros dun total de nove conseguiu a alcaldía por maioría absoluta) e Luciana (onde con dous concelleiros de sete conseguiu a chave de goberno e se quedou a só vinte votos da alcaldía), e por último Porzuna, onde conseguiu un concelleiro de once e Fuente el Fresno, onde conseguiu 2 concelleiros de once e tivo a oportunidade de formar coalición con PSOE e Cidadáns de Centro Democrático, aínda que este último grupo finalmente optou por aliarse co PP. Conseguiu polo tanto nestas eleccións remontar con forza a caída das de 2007, pero aínda sen conseguir representación no concello de Cidade Real.

O partido acadou un acordo de coalición co PCAS para ás elección autónomicas e municipais de 2015. O líder Emilio nieto do partido encabeza a lista da coalición às cortes de Castela-A Mancha por Cidade Real. Nese ano, nas municipais o partido tivo uns resultados discretos e obtiveron soamente 6 concelleiros en toda a provincia e 0,62% da porcentaxe do voto provincial. Os concellos onde obtiveron representación foron: Luciana (3 concelleiros), Fuente el Fresno (1 concelleiro) Porzuna (1 concelleiro), Viso del Marqués(1 concelleiro)

Reinado de Fernando VII
Sexenio Revolucionario
Restauración
 Segunda República
Monarquía parlamentaria

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.