Eleccións xerais de España de 1982

O 28 de outubro de 1982, os españois maiores de idade, foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por terceira vez dende a Transición.

Nestas eleccións, o Partido Socialista de Felipe González conseguiu unha amplísima maioría absoluta, ocupando 202 escanos dos 350 dos que consta o Congreso dos Deputados. Mentres a UCD sufría unha fortísima baixada, e Alianza Popular ocupaba por primeira vez o seu espazo dentro da política.

  • Os resultados con 99,99% dos votos escrutados foron:

Eleccións Xerais, 28 de outubro de 1982

Partido Votos % Escanos Dif.
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 10 127 392 48,11 202 +81
Alianza Popular - Partido Demócrata Popular (AP-PDP) 5 548 107 26,36 107 +97
Convergència i Unió (CiU) 772.726 3,67 12 +3
Unión de Centro Democrático (UCD) 1 425 093 6,77 11 -157
Partido Nacionalista Vasco (PNV) 395.656 1,88 8 +1
Partido Comunista de España (PCE) 846.515 4,02 4 -19
Centro Democrático y Social (CDS) 604.309 2,87 2 +2
Herri Batasuna (HB) 210.601 1,00 2 -1
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 138.118 0,66 1 =
Euskadiko Ezkerra (EE) 100.326 0,48 1 =

As eleccións en cifras

Elecciones generales españolas de 1982 - distribución del voto
Partidos maioritarios por provincias nas Eleccións Xerais de 1982

O 28 de outubro estaban inscritos no censo electoral 26 846 940 persoas, das cales un 79,97% votou e un 20,03% abstívose.

  • Outras cifras:
    Votos válidos: 98,05%
    Votos nulos: 1,95%
    Votos a candidaturas: 99,53%
    Votos Brancos: 0,47%
Emilio Durán Corsanego

Emilio Durán Corsanego, nado na Coruña o 14 de febreiro de 1923, é un xurista e político galego.

Esquerda Galega

Esquerda Galega (EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Esta é unha lista de deputados galegos no Congreso dos Deputados de España desde a Transición. Segundo a Constitución española de 1978, ás provincias correspóndenlles cando menos dous deputados, e a partir de aí un número proporcional de deputados en función da súa poboación. Ao comezo da Transición, Galicia elixía 29 deputados, pero o progresivo decrecemento poboacional das provincias galegas levou a que en 2011 o número de deputados fose de 25, logo de iren perdendo un cadansúa provincia.

Lista de senadores galegos desde a Transición

Esta é unha Lista de senadores galegos desde a Transición española. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndelles 4 senadores e as Comunidades Autónomas nomearán un senador, máis outro por cada millón de habitantes (así, se Galicia ten máis de dous millóns de habitantes, terá 1+2 senadores). Xa que logo, Galicia ten asignados 16 senadores por elección directa e 3 por designación autonómica, o que fan un total de 19.

Reinado de Fernando VII
Sexenio Revolucionario
Restauración
 Segunda República
Monarquía parlamentaria

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.