Eleccións xerais de España de 1977

As eleccións xerais en España de 1977 tiveron lugar o 15 de xuño dese ano. Os españois e españolas maiores de idade foron chamados ás urnas corenta e un anos dende as últimas eleccións celebradas en democracia.

Nestas eleccións o Presidente do Goberno, Adolfo Suárez, nomeado polo Rei en 1976, chega ao Centro Democrático y Social, para lideralo e así crear a Unión de Centro Democrático, que gaña as eleccións quedando a poucos escanos da maioría absoluta.

Resultados

Un Felipe González mozo, lidera o PSOE dende 1974 e é cabeza de lista deste partido, obtendo a segunda posición con 120 escanos. O PCE, liderado por Santiago Carrillo, obtivo o terceiro posto nas eleccións con 20 deputados. Manuel Fraga, quen fora Ministro Portavos e Ministro de Turismo durante os anos da ditadura de Franco e, posteriormente, vicepresidente e Ministro do Interior do primeiro goberno do Rei Juan Carlos I, lidera a Federación de Partidos de Alianza Popular que, representando o franquismo ideolóxico aínda que non ultra, obtivo 16 deputados.

O Partido Socialista Popular do profesor Enrique Tierno Galván concorre ás eleccións con varios partidos que formaran parte da Federación de Partidos Socialistas, baixo o nome de Unidad Socialista, e obtén 6 escanos.

A Federación de la Democracia Cristiana, liderada por Joaquín Ruiz-Giménez non consegue ningún escano, nin tampouco a ultradereita. Non sucede o mesmo con algúns partidos nacionalistas (PNV, Esquerra de Catalunya etc)

Estas son as Cortes que redactarían a Constitución de 1978.

  • Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foi:

Eleccións Xerais, 15 de xuño de 1977

Partido Votos % Escanos
Unión de Centro Democrático (UCD) 6 310 391 34,44 166
Partido Socialista Obrero Español 5 371 866 29,32 118
Partido Comunista de España 1 709 890 9,33 19
Alianza Popular (AP) 1 504 771 8,21 16
Pacte Democràtic per Catalunya (PDPC) 514.647 2,81 11
Partido Nacionalista Vasco (PNV) 296.193 1,62 8
Partido Socialista Popular-Unidad Socialista (PSP-US) 816.582 4,46 6
Unió del Centre i de la Democràcia Cristiana de Catalunya (UDC-DCC) 172.791 0,94 2
Esquerra de Catalunya (EC) 143.954 0,79 1
Euskadiko Ezkerra (EE) 61.417 0,34 1
Candidatura Aragonesa Independiente de Centro (CAIC) 37.183 0,20 1
Candidatura Independiente de Centro (CIC) 29.834 0,16 1

As eleccións en cifras

Elecciones generales españolas de 1977 - distribución del voto
Partidos maioritarios por provincias nas Eleccións Xerais de 1977.

O 15 de xuño, estaban inscritos no censo electoral 23 583 762 persoas, das cales un 78,83 % votou e un 21,17 % abstívose.

  • Outras cifras:
    Votos válidos: 98,57 %
    Votos nulos: 1,43 %
    Votos a candidaturas: 99,75 %
    Votos en branco: 0,25 %

Deputados electos ao Congreso

Andalucía

  • UCD 27
  • PSOE 27
  • PCE 5
  • PSA 1

Aragón

  • UCD 7
  • PSOE 5
  • PSP 1
  • CAIC 1

Asturias

  • UCD 4
  • PSOE 4
  • PCE 1
  • AP 1

Baleares

  • UCD 4
  • PSOE 2

Canarias

  • UCD 10
  • PSOE 3

Cantabria

  • UCD 3
  • PSOE 1
  • AP 1

Castela-A Mancha

  • UCD 12
  • PSOE 8
  • AP 1

Castela e León

  • UCD 25
  • PSOE 8
  • AP 2

Cataluña

  • PSC 15
  • PDC 11
  • UCD 9
  • PSUC 8
  • UCDCC 2
  • EC 1
  • AP 1

Comunidade Valenciana

  • PSOE 13
  • UCD 12
  • PCE 2
  • AP 1
  • PSP 1

Ceuta

  • UCD 1

Estremadura

  • UCD 8
  • PSOE 4

Galicia

  • UCD 20
  • AP 4
  • PSOE 3

A Rioxa

  • UCD 2
  • PSOE 1
  • AP 1

Madrid

  • UCD 11
  • PSOE 11
  • PCE 4
  • AP 3
  • PSP 3

Melilla

  • UCD 1

Murcia

  • UCD 4
  • PSOE 4

Navarra

  • UCD 4
  • PSOE 3

País Vasco

  • PNV 9
  • PSOE 7
  • UCD 4
  • EE 1
  • AP 1

Véxase tamén

Outros artigos

Lexislatura Constituínte de España

Coordinación Democrática

Coordinación Democrática, popularmente coñecida como Platajunta, foi un organismo unitario de oposición ao réxime ditatorial creado o 26 de marzo de 1976 mediante a presentación dun manifesto titulado "A los pueblos de España".

Domingo García-Sabell

Domingo García-Sabell Rivas, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1909 e finado na Coruña o 5 de agosto de 2003, foi un médico, escritor, político e académico galego.

Ignacio Fernández Toxo

Ignacio Fernández Toxo, nado en Ferrol o 25 de novembro de 1952, é o Secretario xeral do sindicato Comisións Obreiras (CCOO) desde 2008 e o Presidente da Confederación Europea de Sindicatos (CES) desde 2011.

Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Esta é unha lista de deputados galegos no Congreso dos Deputados de España desde a Transición. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndenlles cando menos 2 deputados, e a partir de aí un número proporcional de deputados en función da súa poboación. Ao comezo da Transición, Galicia elixía 29 deputados, pero o progresivo decrecemento poboacional das provincias galegas levou a que en 2011 o número de deputados fose unicamente de 25, logo de iren perdendo un cadansúa provincia.

Lista de senadores galegos desde a Transición

Esta é unha Lista de senadores galegos desde a Transición española. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndelles 4 senadores e as Comunidades Autónomas nomearán un senador, máis outro por cada millón de habitantes (así, se Galicia ten máis de dous millóns de habitantes, terá 1+2 senadores). Xa que logo, Galicia ten asignados 16 senadores por elección directa e 3 por designación autonómica, o que fan un total de 19.

Marcelino Camacho

Marcelino Camacho Abad, nado en La Rasa (provincia de Soria) o 21 de xaneiro de 1918 e finado en Madrid o 29 de outubro de 2010, foi un destacado sindicalista e político español.

Reinado de Fernando VII
Sexenio Revolucionario
Restauración
 Segunda República
Monarquía parlamentaria

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.