Eleccións municipais en Ponte Caldelas

Corporacións democráticas en Ponte Caldelas desde a aprobación da Constitución de 1978.

Eleccións municipais: Ponte Caldelas — Resultados de 1979 a 2019
Eleccións PPdeG BNG PSdeG-PSOE AP BN-PG CDS PNG CIG AVP Alcalde *
1979 Fidel Rodríguez Toubes (UCD)
1983 1 10 2 Fidel Rodríguez Toubes (CP)
1987 1 8 3 1 Fidel Rodríguez Toubes (AP)
1991 9 1 3 Fidel Rodríguez Toubes (PPdeG)
1995 8 2 3 Fidel Rodríguez Toubes (PPdeG)
1999 8 2 3 Fidel Rodríguez Toubes (PPdeG)
2003 7 2 4 Perfecto Rodríguez Muíños (PPdeG)
2007 8 1 4 Perfecto Rodríguez Muíños (PPdeG)
2011 9 2 2 Perfecto Rodríguez Muíños (PPdeG)
2015 6 2 3 2 Andrés Díaz Sobral (PSdeG-PSOE)
2019
* No campo alcalde só se recolle o elixido en primeiro lugar nesa corporación.
  • 1979 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — UCD.

Modelo:Ponte Caldelas 1979

  • 1983 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — CP.

Modelo:Ponte Caldelas 1983

  • 1987 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — AP.

Modelo:Ponte Caldelas 1987

  • 1991 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — PPdeG.

Modelo:Ponte Caldelas 1991

  • 1995 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — PPdeG.

Modelo:Ponte Caldelas 1995

  • 1999 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — PPdeG.

Modelo:Ponte Caldelas 1999

Modelo:Ponte Caldelas 2003

Modelo:Ponte Caldelas 2007

Candidatos: Perfecto Rodríguez Muíños (PP), Andrés Díaz Sobral (PSdeG-PSOE), Alfonso Gutiérrez Santiago (Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas) e Manuel Xesús Muíños Rodríguez (BNG).[1]

Notas

  1. Xunta Electoral de Zona de Pontevedra. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2015 Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, 22/04/2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Andrés Díaz Sobral

Andrés Díaz Sobral é un político galego do PSdeG-PSOE.

Eleccións municipais de 1999 en Galicia

As eleccións municipais de 1999 celebráronse o 13 de xuño nos 315 concellos de Galicia e indirectamente decidían tamén a composición das catro deputacións galegas. As eleccións coincidiron coas eleccións europeas que tiñan unha única circunscrición estatal.

O Partido Popular de Galicia foi o único partido que presentou candidaturas en todos os concellos e en tres (Beariz, O Bolo e Trabada) foi a única candidatura presentada. O Partido dos Socialistas de Galicia presentou candidaturas en 305 concellos mentres o Bloque Nacionalista Galego facíao en 297. O resto de forzas presentaron candidaturas nun número moito máis reducido de concellos, Democracia Galega presentouse en 44 concellos, Esquerda Unida-Izquierda Unida en 26, Esquerda de Galicia en 21 e en 78 concellos presentáronse candidaturas independentes.

As primeiras enquisas outorgaban o PP a maioría absoluta nas cidades de Ourense e Santiago porén perdía as alcaldías de Vigo, Lugo, Pontevedra e Ferrol. O BNG subía en todas as cidades e o PSOE situábase en terceiro lugar na maioría das cidades, non obstante mantiña a maioría absoluta na cidade da Coruña.

Eleccións municipais de 2007 en Galicia

As eleccións municipais de 2007 celebráronse o 27 de maio en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Datos totais de Galicia

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2019 en Galicia

As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión de Cerdedo-Cotobade, así como as catro deputacións provinciais. Ademais, en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Galería de imaxes de Ponte Caldelas

Galería de imaxes do concello de Ponte Caldelas na provincia de Pontevedra.

Lugares de Ponte Caldelas

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Ponte Caldelas

Perfecto Rodríguez Muíños

Perfecto Rodríguez Muíños, nado en Ponte Caldelas o 12 de febreiro de 1969, é un avogado e político galego do PPdeG.

Ponte Caldelas

Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontecaldelán.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.