Eleccións municipais en Lugo

Corporacións democráticas en Lugo desde a aprobación da Constitución de 1978.

Eleccións municipais: Lugo — Resultados de 1979 a 2019
Eleccións PPdeG BNG PSdeG-PSOE UCD CG CDS CNG EU EU-EG CPG IND LN C's ACE-EU INDEP CIL Alcalde *
1979 4 2 4 8 4 3 Xosé Novo Freire (UCD)
1983 11 8 4 2 Vicente Quiroga Rodríguez (CP)
1987 9 6 1 9 Vicente Quiroga Rodríguez (CPG)
1991 12 2 7 3 1 Tomás Notario Vacas (PPdG)
1995 13 4 5 3 Joaquín María García Díez (PPdG)
1999 12 6 7 Xosé Clemente López Orozco (PsdeG-PSOE)
2003 9 3 13 Xosé Clemente López Orozco (PSdeG-PSOE)
2007 9 4 12 Xosé Clemente López Orozco (PSdeG-PSOE)
2011 12 2 11 Xosé Clemente López Orozco (PSdeG-PSOE)
2015 9 2 8 3 2 1 Lara Méndez López (PSdeG-PSOE)
2019 10 5 8 2 Lara Méndez López (PSdeG-PSOE)
* No campo alcalde só se recolle o elixido en primeiro lugar nesa corporación.

Alcaldes de Lugo

Eleccións democráticas

Modelo:Lugo 1979

Modelo:Lugo 1983

Modelo:Lugo 1987

Modelo:Lugo 1991

Modelo:Lugo 1995

Xosé López Orozco-Praza Publica
Xosé Clemente López Orozco

Modelo:Lugo 1999

  • 2003 Alcalde: Xosé Clemente López Orozco — PSdeG-PSOE
  • 2007 Alcalde: Xosé Clemente López Orozco — PSdeG-PSOE
  • 2011 Alcalde: Xosé Clemente López Orozco — PSdeG-PSOE
Candidatos: Jaime Castiñeira Broz (PP), Xosé López Orozco (PSdeG-PSOE), Santiago Celso Fernández Rocha (Lugonovo), Rubén Arroxo Fernández (BNG), María Olga Louzao Aldariz (C's), Carlos Anxo Portomeñe Pérez (Alternativa Cidadá de Esquerdas-EU), Jorge Alberto Jubells D'Alesio (PACMA), Ildefonso Saavedra Rodríguez (Foro Lugo Independiente) e Agustín Gallego Vigo (UPyD).[1]
  • 2019 Alcalde: Lara Méndez López — PSdeG-PSOE[2]
Candidatos: Ramón Carballo Páez (PP), Rubén Arroxo Fernández (BNG), María Olga Louzao Aldariz (C's), José Manuel Pérez Afonso (Podemos), Xosé Chorén Vázquez (Coalición electoral Lugonovo-Mareas locais), Carlos Anxo Portomeñe Pérez (Alternativa Cidadá de Esquerdas-EU-Equo), Sonia Mª Teijeiro (Vox),Manuel Hurtado Sanjurjo (Compromiso por Galicia CxG), Mª Carmen González López (Galicia Sempre), Ildefonso Saavedra Rodríguez (Foro Lugo Independiente), Xaime Manuel Requerixo Sotuo (Converxencia 21).[3]

Notas

  1. Xunta Electoral de Zona de Lugo. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2015 Boletín Oficial da provincia de Lugo, 22/04/2015.
  2. "Os concellos elixidos o 26M botan a andar entre pactos de todo signo". praza.gal. 15-6-2019. Consultado o 15-6-2019.
  3. "Boletín Oficial da Provincia" (PDF). deputacionlugo.gal. 24-4-2019. Consultado o 30-5-2019.

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais de 1999 en Galicia

As eleccións municipais de 1999 celebráronse o 13 de xuño nos 315 concellos de Galicia e indirectamente decidían tamén a composición das catro deputacións galegas. As eleccións coincidiron coas eleccións europeas que tiñan unha única circunscrición estatal.

O Partido Popular de Galicia foi o único partido que presentou candidaturas en todos os concellos e en tres (Beariz, O Bolo e Trabada) foi a única candidatura presentada. O Partido dos Socialistas de Galicia presentou candidaturas en 305 concellos mentres o Bloque Nacionalista Galego facíao en 297. O resto de forzas presentaron candidaturas nun número moito máis reducido de concellos, Democracia Galega presentouse en 44 concellos, Esquerda Unida-Izquierda Unida en 26, Esquerda de Galicia en 21 e en 78 concellos presentáronse candidaturas independentes.

As primeiras enquisas outorgaban o PP a maioría absoluta nas cidades de Ourense e Santiago porén perdía as alcaldías de Vigo, Lugo, Pontevedra e Ferrol. O BNG subía en todas as cidades e o PSOE situábase en terceiro lugar na maioría das cidades, non obstante mantiña a maioría absoluta na cidade da Coruña.

Eleccións municipais de 2007 en Galicia

As eleccións municipais de 2007 celebráronse o 27 de maio en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Datos totais de Galicia

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Galería de imaxes de Lugo

Galería de imaxes do concello de Lugo na provincia de Lugo.

Joaquín García Díez

Joaquín María García Díez, nado o 16 de setembro de 1954 en Ferrol, é un político e biólogo galego.

José Serafín Pena Souto

José Serafín Pena Souto, nado na Coruña o 22 de maio de 1928 e finado en Lugo o 3 de febreiro de 2016, foi un empresario e político galego do PPdeG.

Lara Méndez

Lara Méndez López, nada en Suíza o 17 de setembro de 1972, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Lugares de Lugo

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Lugo

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Tomás Notario Vacas

Tomás Notario Vacas, nado en Córdoba (Arxentina) o 22 de agosto de 1926, é un político galego de tendencia conservadora.

Vicente Quiroga Rodríguez

Vicente Quiroga Rodríguez é un político galego de tendencia conservadora e aparellador de profesión.

Xosé López Orozco

Xosé Clemente López Orozco, nado en Fazouro (Foz) o 15 de setembro de 1947, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Xosé Novo Freire

Xosé Novo Freire, nado na Coruña o 25 de outubro de 1928 e falecido en Lugo o 27 de xaneiro de 2012, foi un político conservador galego, alcalde de Lugo entre 1979 e 1983.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.