Eleccións municipais en Fene

Corporacións democráticas en Fene desde a aprobación da Constitución de 1978.

  • 1979 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BN-PG

Modelo:Fene 1979

  • 1983 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG
  • 1987 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG
  • 1991 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG
  • 1995 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG
  • 1999 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG
  • 2003 Alcalde: Xosé María Rivera Arnoso — BNG
Candidatos: Gumersindo Pedro Galego Feal (PP), Juventino José Trigo Rey (BNG), Antón Lois Noceda Carballo (PSdeG-PSOE), Xoán Manuel Rodríguez Bastida (Somos Fene-PDDdG), María Carmen Martínez Rodríguez (EU) e Julio Rodríguez Fernández (Agrupación de Electores Avante).[2]

Notas

  1. "Gumersindo Galego, novo alcalde de Fene ao prosperar a moción de censura impulsada polo PP". Sermos Galiza. 6 de abril de 2018. Consultado o 6 de abril de 2018.
  2. Xunta Electoral de Zona de Ferrol. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2015 Boletín Oficial da provincia da Coruña, 22/04/2015 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais de 1999 en Galicia

As eleccións municipais de 1999 celebráronse o 13 de xuño nos 315 concellos de Galicia e indirectamente decidían tamén a composición das catro deputacións galegas. As eleccións coincidiron coas eleccións europeas que tiñan unha única circunscrición estatal.

O Partido Popular de Galicia foi o único partido que presentou candidaturas en todos os concellos e en tres (Beariz, O Bolo e Trabada) foi a única candidatura presentada. O Partido dos Socialistas de Galicia presentou candidaturas en 305 concellos mentres o Bloque Nacionalista Galego facíao en 297. O resto de forzas presentaron candidaturas nun número moito máis reducido de concellos, Democracia Galega presentouse en 44 concellos, Esquerda Unida-Izquierda Unida en 26, Esquerda de Galicia en 21 e en 78 concellos presentáronse candidaturas independentes.

As primeiras enquisas outorgaban o PP a maioría absoluta nas cidades de Ourense e Santiago porén perdía as alcaldías de Vigo, Lugo, Pontevedra e Ferrol. O BNG subía en todas as cidades e o PSOE situábase en terceiro lugar na maioría das cidades, non obstante mantiña a maioría absoluta na cidade da Coruña.

Eleccións municipais de 2007 en Galicia

As eleccións municipais de 2007 celebráronse o 27 de maio en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Datos totais de Galicia

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2019 en Galicia

As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión de Cerdedo-Cotobade, así como as catro deputacións provinciais. Ademais, en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Galería de imaxes de Fene

Galería de imaxes do concello de Fene na provincia da Coruña.

Gumersindo Galego Feal

Gumersindo Pedro Galego Feal, nado en Fene en 1962, é un político galego do PPdeG.

Iván Puentes Rivera

Iván Puentes Rivera, nado en Perlío (Fene) o 17 de abril de 1980, é un político galego. Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, Máster en Investigación en Comunicación e Doutorando en Comunicación pola Universidade de Vigo.

Traballou durante algo máis de tres anos como redactor das canles internacionais da Televisión de Galicia. Desde marzo de 2012, tras desempeñar labores de asesoramento na Deputación Provincial da Coruña e de ser Alcalde de Fene (A Coruña) traballa como investigador e profesor na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) adscrito ao grupo de investigación "NECOM: Neurocomunicación, Publicidade e Política".

Juventino Trigo Rey

Juventino José Trigo Rey, nado en Fene en 1962, é un político galego do BNG.

Lugares de Fene

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Fene

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.