Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

‹ 2012 • Galicia • 2020 ›
Eleccións ao Parlamento de Galicia
75 escanos do Parlamento
25 de setembro de 2016
Tipo Lexislativa
Período 2016-2020
Duración da campaña dende o 8 de setembro ata o 23 de setembro de 2016
Debate(s) 12 de setembro de 2016, retransmitido pola Televisión de Galicia

Demografía electoral
Hab. inscritos 2.255.756
Votantes 1.448.962
Participación
  
53.63% Red Arrow Down.svg 2.3%[1]
Votos válidos 1.448.962
Votos en branco 14.037
Votos nulos 14.544

Resultados
Alberto Núñez Feijóo 2009 (cropped).jpg
Partido Popular de Galicia - Alberto Núñez Feijóo
Votos 682.150 Green Arrow Up.svg 3.2%
Escanos obtidos 41 Gray Rectangle Tiny.svg 0%
  
47.56%
Luis Villares 2016b (cropped).jpg
En Marea - Luís Villares Naveira
Votos 273.523  
Escanos obtidos 14  
  
19.07%
Xoaquín Fernández Leiceaga 2016 (cropped).jpg
Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE - Xoaquín Fernández Leiceaga
Votos 256.381 Red Arrow Down.svg 13.8%
Escanos obtidos 14 Red Arrow Down.svg 22.2%
  
17.87%
Ana Pontón 2012 (cropped).jpg
Bloque Nacionalista Galego - Ana Belén Pontón Mondelo
Votos 119.446 Red Arrow Down.svg 18.2%
Escanos obtidos 6 Red Arrow Down.svg 14.3%
  
8.33%

Distribución de escanos no Parlamento
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

Presidente da Xunta de Galicia

Data de celebración

A data de celebración foi o 25 de setembro, polo que coincidiu coa data das eleccións vascas, feito criticado por En Marea, PSdeG-PSOE e BNG por considerar que Galicia debe ter unha vida política propia e non servir como moeda de intercambio para os pactos no Congreso dos Deputados.[2]

Antecedentes

Durante os catro anos da lexislatura, Alberto Núñez Feijóo gozou dunha maioría absoluta que non se viu ameazada de xeito especial. En diversas ocasións Núñez Feijóo manifestara que dous mandatos eran abondo, o que fixo espertar dúbidas sobre se pretendía presentarse de novo como candidato polo PPdeG.[3]

Pola contra, na oposición todos os partidos viviron cambios importantes. O PSdeG sufriu a dimisión de Pachi Vázquez e a súa substitución nos cargos do partido por Xosé Ramón Gómez Besteiro, quen non formalizou a súa candidatura a presidente da Xunta. A terceira forza no Parlamento, AGE, sufriu por unha banda a súa descomposición, con tres deputadas desertando ao Grupo Mixto, unha delas de Esquerda Unida e as outras dúas de Cerna, mentres que o éxito electoral da coalición En Marea nas eleccións ao Congreso e ao Senado, así como as alcaldías de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol en mans de candidaturas municipais vinculadas a En Marea actuaban como estímulo positivo e confrontaban a coalición AGE a un acordo maior, con estas candidaturas municipais, mais tamén con Podemos.

O BNG mudou dúas veces de voceiro, primeiro ao substituír a Francisco Jorquera por Xavier Vence, e posteriormente, ao dimitir Vence logo dos resultados das Eleccións ao Congreso, onde o BNG perdera os seus dous deputados. Ademais, os bos resultados de Cidadáns neses comicios xerais abría as posibilidades para que a formación laranxa conseguise escano no Hórreo e Cristina Losada acadou os avais necesarios como candidata.[4] En primarias escolleu Compromiso por Galicia a Xoán Bascuas.[5][6]

Expectativas e obxectivos

Para o PPdeG o principal obxectivo era acadar a súa terceira maioría absoluta consecutiva ou no seu defecto conseguir algunha fórmula que permita a Alberto Núñez Feijóo gobernar de novo. Para o PSdeG o obxectivo foi que os resultados evitasen ese goberno do PPdeG, liderando unha maioría alternativa. En Marea compartía este obxectivo de desbancar ao presidente Feijóo e tamén esperaba liderar a alternativa ao colocarse por diante do PSdeG. O BNG pelexaba nestes comicios por revertir a tendencia baixista das últimas convocatorias en Galicia e manter o grupo parlamentario no Parlamento de Galicia.

O partido de C's, pola súa banda, aspiraba a ocupar varios escanos do mesmo. Tamén coa expectativa de acadar representación atopámonos con Democracia Ourensana (un partido ourensano e ligado a Gonzalo P. Jácome), Compromiso por Galicia, o partido animalista Pacma e outras formacións que se presentaban ás urnas.

Candidatos a presidir a Xunta

O BNG presentou como cabeza de lista a Ana Belén Pontón Mondelo.

En C's escolleron a Cristina Losada Fernández como candidata a presidir a Xunta.

Por Compromiso por Galicia repite candidatura á Xunta Xoán Carlos Bascuas Jardón.

O partido instrumental de En Marea (formado por Anova-IN, Esquerda Unida, as Mareas Municipalistas e Podemos) tivo como candidato a Luís Villares Naveira.

O PSdeG-PSOE estivo liderado por Xoaquín Fernández Leiceaga.

O PPdeG presentou a Alberto Núñez Feijóo á súa terceira reelección.

Lemas de campaña

  • PPdG: "En Galicia si".
  • En Marea: "Un país xusto".
  • PSdeG: "Unha resposta nova".
  • BNG: "Un tempo novo".
  • Cidadáns: "No nos conformemos, Galicia merécese máis".[nota 1]
  • CxG: "Galicia é o que importa".
  • PACMA: "A súa voz, o teu voto".

Candidaturas por provincia

Véxase: Papeletas electorais das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016.

Sondaxes

Escanos por provincias

Os escanos colócanse segundo a posición no mapa.

Data Fonte PPdeG PSdeG-PSOE AGE BNG En Marea Cidadáns Outros
16 set. 2016 NC Report 40-41 15-16 (En Marea) 2 17 0 -
16 set. 2016 Sondaxe (8) 38 13 (En Marea) 3 20 1 -
15 set. 2016 Infortécnica 42-48 13-16 (En Marea) 2-4 12-15 0-1 -
15 set. 2016 Sondaxe (7) 38 15 (En Marea) 4 19 0 -
14 set. 2016 Sondaxe (6) 37 15 (En Marea) 4 19 0 -
13 set. 2016 Sondaxe (5) 37 15 (En Marea) 1 20 2 -
12 set. 2016 Sondaxe (4) 37 15 (En Marea) 2 20 1 -
11 set. 2016 Sondaxe (3) 38 14 (En Marea) 2 20 1 -
10 set. 2016 Sondaxe (2) 38 15 (En Marea) 2 19 1 -
9 set. 2016 Sondaxe 38 15 (En Marea) 2 19 1 -
9 set. 2016 Einvenia 38-39 15-16 (En Marea) 2 16-17 1-2 -
9 set. 2016 Celeste-Tel 38-40 15-16 (En Marea) 2 17-18 1 -
9 set. 2016 Sigma Dos 38-41 13-14 (En Marea) 4-6 16-17 0 -
8 set. 2016 Infortécnica 40-45 15-17 (En Marea) 3-5 12-14 0-1 -
2 set. 2016 CIS 40-41 16 (En Marea) 2 15-17 0-1 -
24 ago. 2016 Sondaxe Infortécnica 38-41 17-19 (En Marea) 5-6 11-12 0-2 -
20 ago. 2016 Sondaxe NC Report 39 17 (En Marea) 2 15 2 -
7 ago. 2016 Isondaxe 37 15 (En Marea) 5 18 - -
6 abr. 2016 GAD3 36-38 15-17 (En Marea) 4-5 14-16 2-3 -
16 xan. 2016 Redondo y Asociados 32 17 (En Marea) 0 20 6 -
2016
21 out. 2012 Elección anterior 41 18 9 7 Non existía Non existía -

Porcentaxe de votos

Data Fonte PPdeG PSdeG-PSOE AGE BNG En Marea Cidadáns Outros/

Branco

16 set. 2016 NC Report 44,7% 18,8% (En Marea) 5,4% 22% Icluído en 'Outros' 9,1%
16. set 2016 Sondaxe (8) 42,2% 18% (En Marea) 5,4% 26,2% 4,4% 3,8%
15 set. 2016 Sondaxe (7) 42,7% 19,2% (En Marea) 5,7% 24,7% 4% 3,7%
14 set. 2016 Sondaxe (6) 41,8% 17,7% (En Marea) 6,3% 25,8% 4,3% 4,1%
13 set. 2016 Sondaxe (5) 42,6% 18% (En Marea) 4,7% 25,9% 4,9% 3,9%
12 set. 2016 Sondaxe (4) 42,9% 18,7% (En Marea) 4,5% 25,9% 4,5% 3,5%
11 set. 2016 Debate Electoral na TVG
11 set. 2016 Sondaxe (3) 44,1% 18% (En Marea) 4,8% 25,1% 4,3% 3,7%
10 set. 2016 Sondaxe (2) 44,1% 19,5% (En Marea) 5,2% 24% 3,9% 3,3%
9 set. 2016 Sondaxe 44,3% 18,3% (En Marea) 5,7% 25,4% 3,1% 3,2%
9 set. 2016 Celeste-Tel 45,4% 18,5% (En Marea) 5,2% 21,6% 3,7% 5,6%
9 set. 2016 Sigma Dos 45,7% 17,3% (En Marea) 7,1% 21,7% 3,9% 4,3%
8 set. 2016 Infortécnica 55,9% 21,3% (En Marea) 5,4% 15,5% 1,9% -
2 set. 2016 CIS 44,9% 19,9% (En Marea) 5,3% 19,9% 4,6% -
20 ago. 2016 Sondaxe NC Report 44,6% 19,1% (En Marea) 5,3% 18,8% 5,2% -
6 abr. 2016 GAD3 44,1% 19,7% (En Marea) 6,7% 17,9% 5,1% 6,5%
16 xan. 2016 Redondo y Asociados 37% 21% (En Marea) - 25% 9% -
2016
21 out. 2012 Elección anterior 45,8% 20,6% 13,9% 10,1% Non existía Non existía 9,6%

Resultados

Número de votos que obtiveron as principais candidaturas, co 100,00% escrutado:[8]

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 →

Presidente e goberno Partido Candidato Votos % +/- Escanos +/-
PP Alberto Núñez Feijóo 682.150 47,56% +1,76% 41 =
En Marea Luís Villares 273.523 19,07% 14 +14
PSdeG-PSOE Xoaquín Fernández Leiceaga 256.381 17,87% -2,74% 14 -4
BNG Ana Pontón 119.446 8,33% -1,78% 6 -1
Cidadáns Cristina Losada 48.553 3,38%
PACMA 15.135 1,06% +0,50%
DO Miguel Caride 7.723 0,54% +0,25%
CxG Xoán Bascuas 4.109 0,29% -0,72%
Partido Anticorrupción y Justicia 2.535 0,18%
Gañemos 2.344 0,16%
Recortes Cero-Grupo Verde Pastora Fernández 2.276 0,16%
Cidadáns-Centrum 1.534 0,11%
PCPE 1.263 0,09% -0,03%
Escanos en Branco 1.111 0,08% -1,11%
Acción Democrática Ciudadanos de Galicia 651 0,05% +0,02%
Converxencia 21 Garcilaso de la Vega López 493 0,03% -0,04%
Alternativa Independiente de Galicia 367 0,03%
Unidos por el Futuro! 296 0,02%
Vía Nova Galicia 281 0,02%
Partido Libertario 210 0,01%

Escanos por provincias

En letra grosa, o candidato do partido á presidencia da Xunta de Galicia:

Provincia Partido Cabeza de lista Votos % +/- Escanos +/-
A Coruña PP Diego Calvo Pouso 278.295 47,81% +2,42% 13 =
En Marea Antón Sánchez García 112.893 19,39% 5 +5
PSdeG-PSOE Xoaquín Fernández Leiceaga 99.934 17,17% -1,61% 5 =
BNG Ana Pontón 51.246 8,80% -0,81% 2 =
Provincia Partido Cabeza de lista Votos % +/- Escanos +/-
Lugo PP Francisco José Conde López 97.323 52,81% +1,33% 8 -1
PSdeG-PSOE Luis Manuel Álvarez 35.099 19,05% -3,76% 3 -1
En Marea Luís Villares 28.285 15,35% 2 +2
BNG Olalla Rodil 13.579 7,37% -1,34% 1 =
Provincia Partido Cabeza de lista Votos % +/- Escanos +/-
Ourense PP María Sol Díaz Mouteira 93.487 53,13% +3,96% 9 +1
PSdeG-PSOE Noela Blanco Rodríguez 31.006 17,62% -6,05% 2 -2
En Marea Mª de los Ángeles Cuña Bóveda 24.222 13,77% 2 +2
BNG Noa Presas 10.558 6,00% -2,46% 1 =
Provincia Partido Cabeza de lista Votos % +/- Escanos +/-
Pontevedra PP Alberto Núñez Feijóo 213.045 43,29% +0,48% 11 =
En Marea Carmen Santos Queiruga 108.123 21,97% 5 +5
PSdeG-PSOE Abel Losada Álvarez 90.342 18,36% -2,45% 4 -1
BNG Xosé Luis Bará Torres 44.063 8,95% -2,92% 2 -1

Parlamentarios electos

Pola provincia da Coruña
Pola provincia de Ourense

Galería de imaxes

Carteis BNG Ana Pontón Mini Culleredo Xunta 2016

CarteIS de propaganda electoral do BNG.

Cartel En Marea Luís Villares Culleredo Xunta 2016 2

Cartel electoral de En Marea.

Carteis Unión Anarcosindicalista da Coruña Culleredo Xunta 2016

Carteis electorais de Unión Anarcosindicalista da Coruña.

Cartel PACMA Culleredo Xunta 2016

Cartel electoral de PACMA.

Notas

  1. O lema do partido foi creado metade en castelán e metade en galego de xeito intencionado. Porén, na parte en galego debería dicir "Galicia merece máis".[7]
Referencias
  1. Eleccións 2016 Parlamento de Galicia
  2. "En Marea, PSdeG e BNG critican que a data se «subordine» á «estratexia do PNV»". La Voz de Galicia. 1 de agosto de 2016.
  3. "Feijóo cree que los apoyos para su reelección reflejan la buena salud del PPdeG". Faro de Vigo (en castelán). 21 de xaneiro de 2016.
  4. "Cristina Losada, candidata de Cidadáns á presidencia da Xunta". TVG. 9 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2016.
  5. "Compromiso por Galicia aprobou hoxe o seu regulamento para as primarias abertas á cidadanía para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia". Xornal de Galicia. 30 de abril de 2016.
  6. "Xoán Bascuas comprométese a ser a voz dos gandeiros no Parlamento de Galicia". 21 Noticias. 12 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2016.
  7. "Los tres errores del bus de Ciudadanos en la campaña de las elecciones en Galicia". Faro de Vigo (en castelán). 13 de setembro de 2016.
  8. Xunta de Galicia. "Resultados ao 100% - Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016". Consultado o 26 de setembro de 2016.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ana Pontón

Ana Belén Pontón Mondelo, nada en Sarria o 27 de xullo de 1977, é unha política galega do Bloque Nacionalista Galego (BNG). É a Portavoz Nacional do BNG e principal candidata ás Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 desde a XV Asemblea Nacional desta formación, celebrada o 28 de febreiro de 2016.

Beatriz Molinos

María Beatriz Molinos Vidal, nada na Serra de Outes é unha aparelladora e política galega, ex-alcaldesa de Outes.

Begoña Rodríguez Rumbo

Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, nada na Coruña en 1966, é unha economista e política galega do PSdeG-PSOE.

David Rodríguez Estévez

David Rodríguez Estévez, nado en Manzaneda en 1978, é un músico e político galego de En Marea.

José Manuel Lago Peñas

José Manuel Lago Peñas, nado en Vigo en 1956, é un economista e político galego de En Marea.

José Manuel Pérez Seco

José Manuel Pérez Seco, nado na Capela en 1969, é un delineante e político galego do PSdeG-PSOE.

Julia Torregrosa

Julia Torregrosa Sañudo, nada en Barcelona en 1965 é unha arquitecta e política de Podemos Galicia.

Julio Torrado

Julio Torrado Quintela, nado en Vilagarcía en 1982, é un psicólogo e político galego do PSdeG-PSOE.

Luisa Pierres

María Luisa Pierres López, nada en Pontevedra en 1976, é unha arquitecta e política galega do PSdeG-PSOE.

Marcos Cal

Marcos Cal Ogando, nado na Lama en 1978, é un político galego de En Marea.

Marta Nóvoa

Marta Nóvoa Iglesias, nada en San Cibrao das Viñas en 1980, é unha enxeñeira e política galega do PPdeG.

Mini

Xosé Luís Rivas Cruz, alcumado Mini, nado en San Martiño de Pacios (Begonte) o 18 de xuño de 1951, é un profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego.

Olalla Rodil

Olalla Rodil Fernández, nada en Ribeira de Piquín o 21 de setembro de 1989, é unha xornalista e política galega do BNG.

Pancho Casal

Francisco Casal Vidal, chamado Pancho Casal, nado na Coruña en 1955, é un enxeñeiro, produtor cinematográfico, e político galego.

Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. No ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

Paula Vázquez Verao

Paula Vázquez Verao, nada en Sober en 1984, é unha política galega de En Marea.

Sandra Vázquez Domínguez

Sandra Vázquez Domínguez, nada en Vilalba en 1986, é unha economista e política galega do PPdeG.

Vía Centrum Partido Demócrata

Vía Centrum Partido Demócrata (V-CPD) é un partido de ámbito español rexistrado o 3 de agosto de 2016 que se identifica como unha forza de centro.

Ánxeles Cuña

Ánxeles Cuña Bóveda, nada en Pontevedra o 16 de febreiro de 1957, é unha dramaturga e política galega.

Bandeira de Galicia Eleccións e referendos de Galicia
Eleccións parlamentarias
Referendos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.