Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

‹ 2009 • Galicia • 2016
Eleccións ao Parlamento de Galicia
75 escanos do Parlamento
21 de outubro de 2012
Tipo Lexislativa
Período 2012-2016

Demografía electoral
Votantes 1.481.379
Participación
  
54.91% Red Arrow Down.svg 14.8%
Votos en branco 38.448
Votos nulos 37.531

Resultados
Alberto Núñez Feijóo 2009 (cropped).jpg
Partido Popular de Galicia - Alberto Núñez Feijóo
Votos 661.281 Red Arrow Down.svg 16.2%
Escanos obtidos 41 Green Arrow Up.svg 7.9%
  
45.79%
Comité Nacional Galego (Recorte).jpg
Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE - Pachi Vázquez Fernández
Votos 297.584 Red Arrow Down.svg 43.3%
Escanos obtidos 18 Red Arrow Down.svg 28%
  
20.61%
Beiras 2012.jpg
Alternativa Galega de Esquerda - Xosé Manuel Beiras Torrado
Votos 200.828  
Escanos obtidos 9  
  
13.90%
Francisco Jorquera, Manifestación xuízo Prestige (Headshot retouched).jpg
Bloque Nacionalista Galego - Francisco Jorquera Caselas
Votos 146.027 Red Arrow Down.svg 46.1%
Escanos obtidos 7 Red Arrow Down.svg 41.7%
  
10.11%

Distribución de escanos no Parlamento
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

Presidente da Xunta de Galicia

Data de celebración

Logo de varias semanas de ruxerruxe sobre un posible adianto, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo anunciou a convocatoria de eleccións para o 21 de outubro de 2012[1], é dicir, case cinco meses antes da data do remate da lexislatura. As eleccións coincidirán de novo coas eleccións ao Parlamento vasco, por segunda vez consecutiva, comicios que foran convocados semanas antes. As razóns aducidas por Núñez Feijoo para o adianto foron as de "darlle a maior estabilidade a Galicia"[2].

Candidatos

Alberto Núñez Feijóo 2009 (cropped)
Núñez Feijóo, candidato do PPdG

Os candidatos á presidencia da Xunta de Galicia son:

As demais formacións non presentan formalmente ningún candidato á presidencia da Xunta.

Candidatos por circunscricións

Nas eleccións ao Parlamento Galego existen catro circunscricións, e cada unha delas corresponde coas provincias. Os electores censados no estranxeiro non teñen circunscrición de seu.

Candidatos por circunscricións (partidos con representación)

Partido A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
PP Beatriz Mato Raquel Arias Xesús Vázquez Abad Alberto Núñez Feijóo
PSdeG-PSOE Francisco Caamaño Concepción Burgo Pachi Vázquez Abel Losada
BNG Francisco Jorquera Cosme Pombo Tareixa Paz Carlos Aymerich
AGE[3] Xosé Manuel Beiras Ramón Vázquez Díaz David Fernández Calviño Juan Manuel Fajardo

Candidatos por circunscricións (partidos sen representación)

Partido A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
CDL Tomás Andrés Revuelta Teresa Sánchez Castro Luis Fraga Rego José Manuel Palacín
CxG Xoán Bascuas Iván Marrube Xosé Manuel Pérez Bouza Rafael Cuíña
C. XXI Mateo Franco Garcilaso de la Vega López Enrique Carballo Carlos Vázquez Padín
Escanos en branco Diego Otero García José María Pérez de Sa Luís María Rodríguez de Uña Purificación Iglesias Pazos
FE JONS Martín Carricarte José Luís Díaz Hernández José Ángel Freire José Francisco Castro Pérez
PACMA Mónica Teresa Martín Juana María Pardo Rosa Isabel Jarrín Gloria Cubas
PT [4] Daniel Couso Marcos Celeiro Irene Veiga Marta Toledano
SCyD Francisco Javier Fernández Tarrío Marcos Carballo Enrique Martí Mario Conde
UCE Sara Puga Rosa Estefanía Pérez Sergio Pérez Miguel Divina Pastora Fernández
UPyD José Antonio de Lorenzo Agustín Gallego Laureano Bermejo José Canedo Santos

Tamén se presentaron os seguintes partidos ou formacións nalgunhas circunscricións:

  • Comunistas da Galiza, polas provincias da Coruña e Pontevedra.
  • Partido Humanista, partido de centro-esquerda, pertencente á Internacional Humanista, que se presenta nas circunscricións da Coruña e Pontevedra.
  • Partido Integración Comunitaria (PYC), formación integrada por persoas da comunidade latinoamericana de Galicia, que debuta nuns comicios. Preséntase na circunscrición de Lugo e na de Ourense.
  • Piratas de Galicia, formación vinculada ao movemento Pirata, que se presenta por vez primeira aos comicios galegos.
  • PUM+J, formación de esquerda social que se presenta por Ourense e Pontevedra.
  • Democracia Ourensana (DO), partido localista, que conta con dous concelleiros na corporación de Ourense, e que se presenta pola circunscrición provincial de Ourense.
  • Saín, ou Solidaridad y Autogestión Internacionalista, partido relixioso católico. Preséntase pola Coruña.
  • Hartos.org e voto en branco, formación antisistema electoral, que se presenta só na circunscrición de Lugo
  • Acción Democrática de Centro de Galicia (ADCG), partido de centro liberal que se presentou anteriormente aos comicios municipais por Nigrán, e que agora concorre á provincia de Pontevedra.
  • Partido Social Democrático de Dereito (SDD), partido conservador que concorre unicamente en Pontevedra.
  • Demos el Cambio, formación que concorre unicamente en Pontevedra. O seu número 2 é un cidadán de Vigo vinculado ás manifestacións en prol da dación en pago.
  • Unión Coruñesa: partido coruñesista liderado por Carlos Marcos, que só se presenta na Coruña.

Sondaxes

Sondaxe PP PSdeG-PSOE BNG UPyD AGE CxG Outros Non decidido
Eleccións de 2009 47,09% 29,93% 16,57% 1,46% 0,99%[5] - - 1,1%
Escanos 38 25 12 0 0 - - 0
La Voz de Galicia[6](12/2010) 48,7% 27,1% 14,9% - 9,3% - - -
Escanos 40 23 12 - - - - -
La Voz de Galicia[7](2/2011) 49,2% 24,8% 14,5% - - - - -
Escanos 42 21-22 11-12 - - - - -
La Voz de Galicia[8](4/2012) 46,1% 26,9% 13,3% - - - - 13,7%
Escanos 41 24 10 - - - - -
La Razón[9](3/9/2012) 40,6% 28,4% 11,9% 4,1% 4,4% 5% 3,1% 2,5%
Escanos 34-37 24-25 10 0-2 1-2 2 0 - -
La Voz de Galicia[10](09/2012) 43,4% 26,4% 11,5% 6,1%
Escanos 39 24 9 3 - -
La Razón[11](16/9/2012) 48,0% 32,4% 13,8% -
Escanos 36-38 24-26 9-10 - - -
La Razón[12](16/9/2012) -
Escanos 37-39 23-24 7-10 0-2 3-4 1-2 0 -
CIS[13](5/10/2012) 44,1% 28,2% 15,6% 1,0% 4,6% 37%
Escanos 38 23-24 12-13 0 1 0 0 -

Enquisas

Algunhas enquisas de participación libre en Internet:

A campaña

Principais acontecementos

Días antes de que comezase a campaña electoral, unha pescuda xudicial (Operación Pokémon) levou a detención de Francisco Rodríguez Fernández, alcalde de Ourense polo PSdeG, acusado de suborno e prevaricación. Tamén foron detidos entre outros o alcalde Partido Popular de Boqueixón, Adolfo Gacio, ou o ex-presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares.

Lemas

  • PPdG: Precampaña: "Galicia por riba de todo"; campaña: "Galicia primeiro"
  • PSdeG: Precampaña: "Galicia quere, Galicia pode"; campaña: "É o momento, Galicia decide"
  • AGE: "Hai que paralos"
  • BNG: Precampaña: "En bloque, podemos!"; campaña: "Para facerlles frente"
  • CXG: "A túa voz"
  • UPyD: "Somos libres"

Resultados

Número de votos que obtiveron as principais candidaturas[14]:

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

Presidente e goberno Partido Candidato Votos % +/- Escanos +/-
PP Alberto Núñez Feijóo 661.281 45,72 % -17,2 % 41 +3
PSdeG-PSOE Pachi Vázquez 297.584 20,53 % -10,49 18 -7
Alternativa Galega de Esquerda Xosé Manuel Beiras 200.828 13,99 % +13,92 % 9 +9
BNG Francisco Jorquera 146.027 10,16 % -5,85 % 7 -5
UPyD José Canedo Santos 21.335 1,48 % +0,07 %
Escanos en Branco 17.141 1,19 %
Sociedad Civil y Democracia Mario Conde 15.990 1,1 %
CxG Xoán Bascuas 14.586 1,01 %
PACMA 8.041 0,54 %
DO 4.245 0,29 % +0,23 %
Partido da Terra 3.131 0,22 %
Comunistas da Galiza 1.664 0,11 %
Unificación Comunista de España 1.556 0,1 %
Piratas de Galicia 1.551 0,1 %
CDL 1.455 0,09 %
Falange Española de las JONS 1.352 0,09 % +0,05
Partido Humanista de España 1.340 0,09 % +0,02
PUM+J 1.329 0,08 % -0,13 %
Unión Coruñesa 1.172 0,07%
Converxencia XXI Carlos Vázquez Padín 1.072 0,07 %
Hartos.org 868 0,07 %
Solidaridad y Autogestión Internacionalista 489 0,03 % +0,01 %
Demos el Cambio 432 0,02 %
Partido Social y Democrático de Derecho 412 0,02 %
Acción Democrática de Centro Galicia 360 0,02 %
Partido Integración Comunitaria 159 0,01 %

Parlamentarios electos

Pola provincia da Coruña

Pola provincia de Lugo

Pola provincia de Ourense

Pola provincia de Pontevedra

Notas

  1. Decreto 174/2012, do 27 de agosto, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións, DOG.
  2. Alberto Núñez Feijóo convoca elecciones anticipadas en Galicia el 21 de octubre, 20Minutos, 27/08/2012.
  3. Coalición electoral formada por ANOVA, Esquerda Unida, Ecosocialistas e EQUO.
  4. http://galiciaconfidencial.com/nova/11517.html; http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120919/AnuncioC3C1-180912-0003_gl.html
  5. Resultados obtidos por Esquerda Unida, un dos compoñentes da actual AGE
  6. "El PP reforzaría su mayoría absoluta al arrebatar dos escaños al PSdeG". La Voz de Galicia. 13 de diciembre de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2010. Consultado o 28 de agosto de 2012.
  7. "El PP afianza con 4 escaños más su mayoría a costa de un PSOE en declive". La Voz de Galicia. 28 de febrero de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2012.
  8. "El PP lograría un escaño más en todas las provincias salvo en Pontevedra". La Voz de Galicia. 29 de abril de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2012.
  9. "Feijóo podría perder el escaño de la mayoría absoluta". La Razón. 3 de setembro de 2012. Consultado o 3 de setembro de 2012.
  10. "El PP reafirma su mayoría absoluta y la coalición de EU y Beiras apunta a 3 escaños". La Voz de Galicia. 9 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2012. Consultado o 9 de setembro de 2012.
  11. "El PP sigue al borde de repetir mayoría absoluta en Galicia". La Razón. 16 de setembro de 2012.
  12. "El PP se hace con la mayoría absoluta en Galicia". La Razón. 22 de setembro de 2012.
  13. http://ep00.epimg.net/descargables/2012/10/05/3cc600d22e0c657897c891d458872ad0.pdf
  14. Xunta Electoral de Galicia, Diario Oficial de Galicia, 7/10/2012.
  15. En novembro de 2013 dimitiu por ir a traballar como investigador a Dinamarca. O seu escano foi ocupado por Carmen Iglesias Sueiro que foi suspendida de militancia de EU por non ceder a favor dun compañeiro de ANOVA.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Bloque Nacionalista Galego

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza e 7 deputados no Parlamento de Galicia. Tamén chegou a ter un eurodeputado no Parlamento Europeo (Camilo Nogueira), e actualmente conta cun posto na Eurocámara rotatorio entre os seus socios (a representante do BNG é Ana Miranda).

A Voceira Nacional é Ana Pontón, quen desde febreiro de 2016 substitúe a Xavier Vence.

O BNG conta cunha organización xuvenil dende 1988, Galiza Nova, cuxa militancia ten un carácter moito máis independentista que o propio partido.

Composición do Parlamento de Galicia

No Parlamento de Galicia sentan 75 deputados (71 nas dúas primeiras lexislaturas). A maioría absoluta son 38 deputados (36 nas dúas primeiras lexislaturas).

Compromiso por Galicia

Compromiso por Galicia é unha formación política galega de orientación nacionalista, constituída en maio de 2012 por Máis Galiza, o Espazo Ecosocialista e Acción Galega (Rafael Cuíña, Teresa Táboas, Xosé Manuel Pérez Bouza), así como por outras pequenas formacións como Terra Galega, PNG-PG, PG, PGD e CG.

Máis Galiza, algúns integrantes de Acción Galega, e o PNG-PG, proveñen do BNG. Unha das formacións fundadoras, o Espazo Ecosocialista, decidiu posteriormente a súa saída da organización.No momento da súa fundación definíase como galeguista, progresista e socialdemócrata. En 2019 desbotou a socialdemocracia da súa ideoloxía e engadiu o europeísmo.

Comunistas da Galiza

Comunistas da Galiza é a marca en Galicia do Partido Comunista de los Pueblos de España logo da ruptura do Partido Comunista do Pobo Galego co PCPE en 2008. Con esta marca presentáronse por primeira vez ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, se ben xa concorreran anteriormente como PCPE en diversas ocasións.

Francisco Trigo

Francisco Trigo Durán, nado en Cambados o 22 de xuño de 1952, é un arquitecto técnico e político galego.

Javier Dorado Soto

Javier Dorado Soto, nado en Vigo en 1988 é un político galego do Partido Popular.

José Canedo Santos

José Canedo Santos, nado en Val do Dubra en 1958, é un político galego, que foi cabeza de lista de UPyD ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 e desde marzo de 2014 é voceiro da organización galega de Cidadáns.

Novo proxecto común

O Novo Proxecto Común foi a denominación que recibiu o proxecto de reorganización que aconteceu no nacionalismo galego após da escisión que sufriu o BNG no ano 2012. Nel participaron tanto partidos que foran integrantes do BNG, coma Máis Galicia ou Encontro Irmandiño, coma outras formacións políticas e militantes de outros partidos.

Piratas de Galicia

Piratas de Galicia (de siglas PIRATA.GAL) é un partido político español con ámbito en Galicia, herdeiro da ideoloxía do Partido Pirata de Suecia que procura a reforma das leis de propiedade intelectual e industrial, a inclusión da democracia directa no sistema político e a defensa dos dereitos humanos dentro e fora da rede .

Rafael Cuíña

Rafael Luís Cuíña Aparicio, nado en Lalín o 13 de xaneiro de 1972, é un empresario, político e columnista galego, fillo do político Xosé Cuíña.

Xosé Manuel Pérez Bouza

Xosé Manuel Pérez Bouza, nado en Caracas o 15 de abril de 1970, é un político galego nacionalista.

Bandeira de Galicia Eleccións e referendos de Galicia
Eleccións parlamentarias
Referendos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.