Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.

Data e sistema electoral

As eleccións celebráronse entre o xoves 22 e o domingo 25 de maio, para seguir os costumes dos distintos países sobre o día habitual de votación. O primeiro país en votar foi o Reino Unido.

Celebráronse ao mesmo tempo que as eleccións ao parlamento europeo outros comicios:

Día País
xoves 22 de maio Países Baixos, Reino Unido
venres 23 de maio República Checa (1º día), Irlanda
sábado 24 de maio República Checa (2º día), Chipre, Eslovaquia, Francia (só nalgúns territorios do alén mar), Italia (1º día), Letonia, Malta
domingo 25 de maio Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia (resto), Grecia, Italia (2º día), Lituania, Luxemburgo, Polonia, Portugal, Romanía, Suecia

Sistema electoral

O voto é obrigatorio en Bélxica, Grecia, Chipre e Luxemburgo, e optativo en todos os demais. Os países que teñen unha participación tradicionalmente máis alta son dous onde o voto é obrigatorio, pois Bélxica e Luxemburgo rondan o 90% de participación. Ademais, a participación tende a superar o 50% en Malta, Italia, Irlanda, Dinamarca, Chipre (obrigatorio), Letonia e Grecia (obrigatorio). Os países do leste europeo son máis abstencionistas con estados como Eslovaquia, Polonia, Lituania ou Croacia que se moven ao redor do 20-25% de participación.

Hai 66 circunscricións electorais. A maior parte dos países teñen unha única circunscrición, pero existen algúns que teñen varias: Polonia ten 13 circunscricións, e o Reino Unido 12; Francia ten 8 e Italia 5; Irlanda e Bélxica teñen tres cada unha.

O sistema máis común é o de listas abertas e voto proporcional, pero tamén existen excepcións precisamente nos países con máis electores: Alemaña, Francia, o Reino Unido, España. Romanía, Grecia, Portugal e Hungría teñen listas pechadas. É dicir, o 60% dos eurodeputados son escollidos en listas pechadas. Ademais, Irlanda, Malta e a circunscrición de Irlanda do Norte no Reino Unido teñen un sistema de voto transferible, onde se van descartando as opcións que teñen menos votos e considerándose segundas, terceiras, e demais opcións de preferencia do votante.

Novidades

Estes comicios presentan como principais novidades fronte aos de 2009 estes:

  • A incorporación de Croacia como estado membro en 2013 fai que esta sexa a primeira vez en que os seus cidadáns poidan escoller os seus representantes europeos. Acomodar a Croacia fixo necesario tamén axustar o repartimento de escanos.
  • É a primeira ocasión en que os principais partidos se presentan ás eleccións cun candidato a presidir a Comisión Europea. O Tratado de Lisboa sinala que o Presidente da Comisión Europea debe de ser escollido polo Parlamento Europeo.
Repartimento de escanos no Parlamento Europeo
Circunscrición 2009 2014[1] Poboación
en 2013[2]
Habitantes /
eurodeputado
Alemaña Alemaña 99 96 80 523 746 838.789
Francia Francia 78 74 65 633 194 886.935
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido 78 73 63 896 071 875.289
Italia Italia 78 73 59 685 227 817.606
España España 54 54 46 704 308 864.895
Polonia Polonia 54 51 38 533 299 755.555
Romanía Romanía 35 32 20 020 074 625.627
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 27 26 16 779 575 645.368
Bélxica Bélxica 24 21 11 161 642 531.507
Grecia Grecia 24 21 11 062 508 526.786
República Checa República Checa 24 21 10 516 125 500.768
Flag of Portugal.svg Portugal 24 21 10 487 289 499.395
Hungría Hungría 24 21 9 908 798 471.848
Flag of Sweden.svg Suecia 19 20 9 555 893 477.795
Austria Austria 18 18 8 451 860 469.548
Bulgaria Bulgaria 18 17 7 284 552 428.503
Dinamarca Dinamarca 14 13 5 602 628 430.971
Finlandia Finlandia 14 13 5 426 674 417.436
Eslovaquia Eslovaquia 14 13 5 410 836 416.218
Flag of Ireland.svg Irlanda 13 11 4 591 087 417.372
Croacia Croacia 11 4 262 140 387.467
Flag of Lithuania.svg Lituania 13 11 2 971 905 270.173
Flag of Slovenia.svg Eslovenia 7 8 2 058 821 257.353
Flag of Latvia.svg Letonia 9 8 2 023 825 252.978
Estonia Estonia 6 6 1 324 814 220.802
Chipre Chipre 6 6 865.878 144.313
Flag of Luxembourg.svg Luxemburgo 6 6 537.039 89.507
Flag of Malta.svg Malta 5 6 421.364 70.227
total 785 751 505 701 172 673.370

Candidatos a Presidente da Comisión

Os principais partidos europeos presentaron como candidatos a presidir a Comisión Europea os seguintes persoeiros:

Candidaturas en Galicia e España

Os comicios celebráronse en Galicia o 25 de maio. Galicia non é unha circunscrición propia nas eleccións europeas, como si sucede con algunhas divisións territoriais noutros países da Unión Europea, polo que os seus votos súmanse aos emitidos no resto de España, e entre eles reparten os 54 escanos.

A estes comicios concorreron 41 formacións políticas, das que só unha candidatura é exclusivamente galega, a do Partido da Terra. Estas foron as candidaturas, os seus principais integrantes e os seus cabezas de lista:

Presenza galega nas listas

Resultados globais europeos

É moi complexo ofrecer unha panorámica xeral de resultados por partidos, dado que a afiliación a cada grupo parlamentario europeo é individual. Ademais, a propia formación de grupos ou non dependerá dos resultados das eleccións e dos pactos posteriores.

O PPE é o grupo parlamentario de centro-dereita europeo, e recolle no seu seo a maior parte dos partidos conservadores do continente, entre eles o PP, afiliados ao Partido Popular Europeo. A S&D é o grupo parlamentario socialdemócrata, e recolle tamén a maior parte dos partidos de esquerda moderada europea, como o PSOE. A maior parte destes partidos pertencen á súa vez ao Partido Socialista Europeo. Estas dúas formacións ocuparon tradicionalmente a maior parte dos euroescanos.

A ALDE é o grupo parlamentario liberal, e nel coinciden, ademais doutras formacións, os partidos integrantes da ALDE (CDC), e do Partido Demócrata Europeo (PNV). A ALE é o partido que reúne a distintas minorías rexionais, e que forma grupo parlamentario cos Verdes; o BNG forma parte da ALE. A EUE-EVN é o grupo parlamentario de partidos de esquerda, esquerda ecoloxista e extrema esquerda; aos que pertence Izquierda Unida. A ACRE é un grupo parlamentario conservador, moderadamente euroscéptico, que agrupa a diferentes formacións de dereita do leste europeo e o Partido Conservador británico. O MELD tamén é un partido conservador e máis claramente euroscéptico, máis á dereita da ACRE.

Ademais existen no Parlamento Europeo un grupo restante, o Grupo Europarlamentario dos Non Inscritos, que recolle diversas formacións políticas que non atopan acomodo nos grandes grupos. Moitas destas formacións son de ultradereita e outras, como UPyD, de perfil populista, socioliberal ou conservador.

Grupo político
Estado
PPE S&D ALDE Verdes-ALE EUE-EVN ACRE MELD Non inscritos Eurodeputados Participación
Alemaña 29 (CDU)
5 (CSU)
27 (SPD) 3 (FPD)
1 (FW)
11 (Grünne)
1 (Piraten)
1 (ÖDP)
7 (Linke)
1 (Tierschutzpartei)
7 (AfD)
1 (Familienpartei Deutschlands)
1 (NPD)
1 (PARTEI)
96
Austria 5 (ÖVP) 18
Bélxica 21
Bulgaria 17
Croacia 11
Chequia 21
Dinamarca 13
Chipre 6
Eslovaquia 13
Eslovenia 8
España 54
Estonia 7
Finlandia 13
Francia 74
Grecia 21
Hungría 21
Irlanda 11
Italia 73
Letonia 8
Lituania 11
Luxemburgo 6
Malta 6
Países Baixos 26
Polonia 51
Portugal 21
Reino Unido 73
Romanía 32
Suecia 20
Total 751

Resultados en Galicia e España

Eleccións europeas de 2014

Partido ou coalición Votos % EuroDep. ± % ± ED Votos en Galicia % ± %
PSOE
PP
Coalición por Europa
A Esquerda Plural
Esquerda Republicana
UPyD
Os Pobos Deciden
Primavera Europea
Outros
Total 100% 54 = 100%

Notas

  1. Official Journal of the European Union. 2013/312/EU: European Council Decision of 28 June 2013 establishing the composition of the European Parliament. 28 June 2013
  2. Eurostat. as of 1 January 2013
  3. Lidia Senra, cabeza de cartel de AGE para las europeas
  4. Saínza Ruíz y Xosé Luis Outes, candidatos gallegos en la lista de Izquierda Unida para las europeas.
  5. EU-IU y Ecosocialistas irán juntos a las elecciones europeas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Eleccións ao Parlamento Europeo Bandeira de Unió Europea
1979   ·   1984   ·   1989   ·   1994   ·   1999   ·   2004   ·   2009   ·   2014   ·   2019
Abrente-Esquerda Democrática Galega

Abrente-Esquerda Democrática Galega, ou Abrente-EDG, é unha corrente de ideoloxía socialdemócrata nacida en 2012 e integrada no seo do Bloque Nacionalista Galego.

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Breogán Riobóo

Alexo Breogán Riobóo Lois, nado na Gándara (Narón) o 28 de xullo de 1986, é un político galego vinculado ao pensamento nacionalista. Foi Secretario Xeral de Podemos Galicia, cargo que conseguiu logo dunhas eleccións primarias nas que encabezaba a candidatura "Claro Que Podemos Galicia". Traballa como teleoperador.

Coalició Compromís

Coalició Compromís é unha coalición política do País Valenciano formado polo Bloc Nacionalista Valencià (BLOC), Iniciativa del Poble Valencià (IdPV) e Els Verds - Esquerra Ecologista (EV-EE), ademais dun gran número de persoas independentes e outros partidos políticos como Estat Valencià.

Ten actualmente máis de 700 concelleiros, 19 deputados nas Corts Valencianes, 4 no Congreso dos Deputados e 2 no Senado. Tamén ten trinta alcaldes en toda a Comunidade Valenciana.As liñas directrices de coalición son "a confluencia do valencianismo progresista, da esquerda moderna e ecoloxía política, como unha alternativa electoral real", ou sexa, "a posta en marcha dun novo modelo de desenvolvemento sostible que enfatiza a superar as deficiencias do modelo económico, así como un afondamento na autogoberno da comunidade autónoma e defender o valenciano".

Confederación de Agrupacións Políticas Independentes

A Confederación Nacional de Agrupaciones Políticas Independentes (CAPI) é unha confederación de partidos políticos españois de carácter independente con ámbito de actuación nacional.

CAPI busca axuntar as forzas dos numerosos grupos políticos independentes de España de ámbito local e rexional para converterse nunha alternativa política real ao bipartidismo . Entre os seus principais obxectivos están a obtención de representación a nivel nacional e a modificación da actual Lei Electoral. O seu lema é: libres para pensar, independentes para actuar.

As súas orixes están nos congresos de partidos políticos independentes celebrados entre 2004 e 2009 en Cuenca, Aranjuez, Almansa, Majadahonda e Mérida, sendo deste xeito un proxecto xestado durante varios anos. A súa constitución realizouse en Mérida o 28 de marzo de 2009, e o seu recoñecemento oficial culminou coa inscrición no Rexistro de Partidos Políticos en marzo de 2010. O seu congreso fundacional celebrouse en Leganés o 12 de xuño de 2010, e contou coa asistencia de representantes de grupos políticos de numerosos lugares de España. O seu actual presidente é o líder e concelleiro de ULEG Carlos Delgado, tamén o é de CAPI.En abril de 2014 anunciouse que CAPI e Cidadáns-Partido da Cidadanía subscribiron un acordo de colaboración mutuo, que culminou na participación nunha candidatura conxunta nas eleccións europeas de 2014. Así mesmo, a valenciana Renovació Política abandonou CAPI para presentarse xunto a outras formacións ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.A CAPI oponse á reforma electoral, que propón o Partido Popular para as eleccións municipais. Ademais expresou a súa intención de crear un grupo de traballo xunto con Ciutadans, UPyD e outros partidos independentes para crearen unha estratexia común de cara ás próximas eleccións autonómicas e municipais.

Converxencia 21

Converxencia XXI ou Converxencia 21, é unha forza política galega que se define a si mesma como galeguista, europeísta, democrática, de centro reformista, liberal no social e no económico, e aconfesional. Declara como obxectivo a defensa dos intereses colectivos de Galicia co fin de xerar as mellores condicións para o desenvolvemento individual dos seus cidadáns.

Democracia Participativa

Democracia Participativa, abreviado PARTICIPA, é un partido político español creado en 2011. De acordo cos seus promotores, o seu fin é a promoción e defensa da participación cidadá nas institucións democráticas. Presentouse ás Eleccións municipais de 2011 en diferentes localidades de España e ás Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 en coalición con outros partidos.No seu debut, as Eleccións municipais de 2011, PARTICIPA presentouse como ferramenta aglutinadora de diferentes partidos políticos con máis de 60 candidaturas en todo o estado español, repartidos en varios municipios: Málaga, Granada, Porto de Santa María, Fuengirola, Huetor Vega, Xàtiva e Badalona, cun total de 2.018 votos.

Vaise presentar ás Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 en coalición con Compromís e EQUO entre outros partidos, co nome Primavera Europea. O seu posto máis alto na lista electoral é o quinto.

Deputación de León

A Deputación de León (en castelán: Diputación de León) é o órgano institucional propio da provincia de León e ao que corresponden diversas tarefas administrativas e executivas. Engloba a todos os municipios da provincia e entre as súas funcións máis importantes atópase a de dotar de infraestruturas ás localidades da provincia así como ao seu desenvolvemento. A Deputación Provincial ten a súa sede no Palacio dos Guzmanes, situado na Praza de San Marcelo da cidade de León.

O 12 de maio de 2014 foi asasinada a Presidenta da Deputación, Isabel Carrasco, cando se dirixía a un mitin para as Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.

Fronte Nacional (Francia)

A Agrupación Nacional (en francés, Rassemblement national, RN) —denominado ata 2018 Fronte Nacional (FN) (en francés, Front national)— é un partido político francés de extrema dereita que se define como dereita nacionalista, populista e soberanista.

Irene Montero

Irene María Montero Gil, nada en Madrid o 13 de febreiro de 1988, é unha política e psicóloga española, membro da dirección de Podemos. Deputada por Madrid da lexislatura XII do Congreso dos Deputados. Actual Voceira do Grupo Confederal Unidos Podemos -En Comú Podem -En Marea no Congreso. É licenciada en Psicoloxía, ten un máster en Psicoloxía da Educación (2013) e é investigadora na Universidade Autónoma de Madrid.

Isabel Risco

Isabel Martínez-Risco Valdivieso, máis coñecida como Isabel Risco, nada na Coruña o 7 de abril de 1975, é unha actriz galega.

Més per Mallorca

Més per Mallorca (Més) é unha coalición política española de ámbito mallorquino xurdida en 2010 e integrada por Partit Socialista de Mallorca, Entesa per Mallorca, e Iniciativa Verds.

A coalición ten a súa orixe no verán de 2010, cando varios partidos membros anteriormente da coalición Bloc per Mallorca decidiron concorrer xuntos ás eleccións autonómicas de maio de 2011. Estes foron o PSM-Entesa Nacionalista, Iniciativa d'Esquerres (escisión de Esquerra Unida de les Illes Balears) e Els Verds de Mallorca; pouco despois, en novembro dese ano Iniciativa d'Esquerres e Els Verds de Mallorca fusiónanse creando Iniciativa Verds. A principio de 2011 tamén se incorpora á coalición Entesa per Mallorca, partido escindido do PSM-EN en 2006. O nome da coalición quedou definido como PSM-Iniciativa Verds-Entesa.

Nas eleccións autonómicas a coalición obtén 36.149 votos e 4 deputados no Parlamento das Illas Baleares, 4 conselleiros ao Consello de Mallorca e 3 concelleiros no Concello de Palma. No Parlamento Balear forma o Grupo Parlamentario Més xunto co deputado do Partit Socialista de Menorca-Entesa Nacionalista.

De face ás eleccións xerais de novembro de 2011 a coalición mantívose, coa incorporación de Equo; con todo non obtivo representación.

O 2 de febreiro de 2013 os militantes do tres partidos, reunidos en Palma de Mallorca, deciden dar un paso adiante na consolidación da coalición, aprobando de forma case unánime un "documento de Chamada" e adoptando o nome Més per Mallorca. Ese mesmo mes Entesa per Mallorca decidiu reintegrarse no PSM-Entesa.

De face ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 a formación decidiu non presentarse e dar liberdade de voto aos seus militantes, recomendando con todo o voto para as candidaturas de Esquerra Republicana de Catalunya ou Primavera Europea (coalición de Compromís, Equo, Chunta Aragonesista e Coalición Caballas).En maio de 2014 anunciouse a incorporación de Esquerra Republicana de Catalunya en Baleares á federación do PSM-Entesa, ingresando á vez en MÉS. Con todo en decembro dese mesmo ano ERC foi expulsada da coalición acusada de non acatar o sistema de primarias desta. Finalmente de face ás eleccións ao Parlamento das Illas Baleares de 2015 ERC non se integrou en MÉS. En devandita cita electoral MÉS obtivo un 17,15% dos votos en Mallorca (13,80% do total das illas Baleares) e 6 escanos. O seu proxecto irmán en Menorca, Més per Menorca obtivo así mesmo outros 3 escanos.

Nova Esquerra Catalana

Nova Esquerra Catalana (NECat, en galego: Nova Esquerda Catalá) é un partido político de ideoloxía socialdemócrata e independentista catalán. Fundouse o 15 de decembro de 2012 en Sitges baixo o impulso de Ernest Maragall, ex-dirixente do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC).

Presentouse ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 en coalición con Esquerra Republicana de Catalunya e Catalunya Sí, baixo o nome de L'Esquerra pel Dret a Decidir. A coalición obtivo dous escanos, entre eles Ernest Maragall, que ocupaba o segundo posto na lista electoral.

O 28 de agosto de 2014 houbo un encontro en Palamós organizado por Nova Esquerra Catalana e Avancem para iniciar o curso político en Cataluña. Naquela ocasión, as dúas organizacións manifestaron a voluntade de confluír nunha nova organización antes de finais do 2014.O 22 de novembro de 2014 presentou a súa confluencia con Moviment Catalunya para crear unha nova candidatura definida como socialista, catalanista e soberanista. O 30 de novembro anúnciase a fusión baixo a denominación Moviment d'Esquerres (MES).

Os Pobos Deciden

Os Pobos Deciden (en español e asturiano Los Pueblos Deciden, en vasco Herriek Erabaki, en aragonés Os Pueblos Deciden), é unha coalición política española formada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e integrada por Euskal Herria Bildu (EH Bildu), o Bloque Nacionalista Galego (BNG), e outras formacións minoritarias de esquerda nacionalista, como a aragonesa Puyalón de Cuchas, a asturiana Andecha Astur, ou as formacións canarias Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) e Unidad del Pueblo (UP). Tamén recibiu o apoio de Euskal Herria Bai (EH Bai), formación do País Vasco francés que decidiu non presentarse a estas eleccións, así como de Gorripidea, formación proveniente de Zutik.A coalición está formada por organizacións de esquerda independentista e nacionalista do País Vasco, Navarra, Galicia, Aragón, Asturias e as Canarias co obxectivo común de acadar a autodeterminación dentro de España. O cabeza de lista foi Josu Juaristi de EH Bildu, seguido de Ana Miranda como representante do BNG. Asemade, o escritor Suso de Toro figuraba no posto doce da lista como independiente, dentro da cota do BNG. No caso de obter un único escano, EH Bildu e BNG acordaron repartirse a lexislatura en función dos votos achegados á candidatura.Tamén se barallou a presenza nesta coalición da Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), que decidiu presentar a súa propia candidatura xunto con dous partidos minoritarios cataláns, e da Candidatura d'Unitat Popular (CUP) e Nós-Unidade Popular, que finalmente rexeitaron presentarse a devandita cita electoral.

Ponte Caldelas

Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontecaldelán.

Suso de Toro

Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

Teresa Rodríguez

María Teresa Rodríguez-Rubio Vázquez, nada en Rota o 18 de setembro de 1981, é unha política andaluza.

Vox

Vox é un partido político español conservador. Foi fundado en decembro de 2013 coa intención de presentar candidatura nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, o seu presidente é Santiago Abascal​ e o seu secretario xeral é Javier Ortega Smith. É considerado por moitos como unha formación de ultradereita, aínda que tamén foi situado por algúns medios na dereita do espectro político. O partido ten representación nas Cortes Xerais, xa que obtivo 24 deputados nas eleccións xerais do 28 de abril de 2019. Tamén ten representación no Parlamento de Andalucía,, ademais de ter algúns cargos electos de ámbito municipal.

Naceu grazas ó pulo de antigos militantes do Partido Popular; entre eles Santiago Abascal Conde, José Antonio Ortega Lara, Jose Luis González Quirós, Enrique Álvarez, Cristina Seguí, Ana Velasco Vidal-Abarca, Ignacio Camuñas Solís, Iván Espinosa de los Monteros e María Jesús Prieto-Laffargue.

Íñigo Errejón

Íñigo Errejón Galván, nado en Madrid en 1983, é un politicólogo e político español. É doutor e investigador en Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid, voceiro da Fundación CEPS (Centro de Estudos Políticos e Sociais) e membro do consello editorial da revista de análise política Viento Sur. No 2014, foi o director de campaña do partido político Podemos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014. Foi elixido deputado ao Congreso nas Eleccións xerais de decembro de 2015.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.