Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 4 e o 7 de xuño de 2009, e celebráronse por primeira vez ao mesmo tempo nos 27 estados membros.

Data

As eleccións celebráronse entre o xoves 4 e o domingo 7 de xuño, para seguir os costumes dos distintos países sobre o día habitual de votación. O primeiro país en votar foi o Reino Unido.

Celebráronse ao mesmo tempo que as eleccións ao parlamento europeo outros comicios:

  • As eleccións lexislativas en Luxemburgo
  • As eleccións lexislativas en Bulgaria
  • As eleccións locais en Irlanda
  • O referendo de reforma da lei de sucesión ao trono dinamarqués, para concederlle ás mulleres os mesmos dereitos sucesorios ca aos homes.

Tamén é posíbel que coincidan coas eleccións europeas as eleccións locais parciais en Inglaterra e Gales, así como as eleccións galegas.

Novidades

A principal novidade nestes comicios, ademais da votación ao mesmo tempo en 27 países, consiste na reasignación de escanos como consecuencia da incorporación de Bulgaria e Romanía. Ademais, se se aprobase o Tratado de Lisboa antes da celebración das eleccións, entraría en vigor a noca repartición de europarlamentarios por países, que difire dos que ditamina o Tratado de Nisa.

Distribución de eurodeputados no Parlamento Europeo para as eleccións de 2009
Estado membro 2007 2009
Nisa
2009
Lisboa
     Estado membro 2007 2009
Nisa
2009
Lisboa
     Estado membro 2007 2009
Nisa
2009
Lisboa
Alemaña Alemaña 99 99 96 República Checa República Checa 24 22 22 Eslovaquia Eslovaquia 14 13 13
Flag of France.svg Francia 78 72 74 Grecia Grecia 24 22 22 Irlanda Irlanda 13 12 12
Italia Italia 78 72 73 Hungría Hungría 24 22 22 Lituania Lituania 13 12 12
Reino Unido Reino Unidoa 78 72 73 Portugal Portugal 24 22 22 Letonia Letonia 9 8 9
España España 54 50 54 Suecia Suecia 19 18 20 Eslovenia Eslovenia 7 7 8
Polonia Polonia 54 50 51 Austria Austria 18 17 19 Chipre Chipre 6 6 6
Romanía Romanía 35 33 33 Bulgaria Bulgaria 18 17 18 Estonia Estonia 6 6 6
Países Baixos Países Baixos 27 25 26 Finlandia Finlandia 14 13 13 Luxemburgo Luxemburgo 6 6 6
Bélxica Bélxica 24 22 22 Dinamarca Dinamarca 14 13 13 Malta Malta 5 5 6
a Inclúe Xibraltar, pero ningún outro territorio de alenmar, bases aéreas ou dependencias da Coroa.
b O presidente do Europarlamento non se conta de forma oficial, o que deixa unha suma de 750 europarlamentarios.
Os países en cursiva teñen circunscricións interiores.
Total: 785 736 751b

Novos partidos

Ademais dos partidos tradicionais de cada país, que se presentan en cada unha das circunscricións, por primeira vez participarán formacións políticas que compiten en todos ou case todos os estados membros baixo a mesma denominación (Newropeans, Europa Unida e Europa, Democracia, Esperanto), e que non son o resultado da coalición posterior de partidos que xa operaban independentemente nos seus territorios.

As eleccións en Galicia

Os comicios celebraranse en Galicia o 9 de xuño. Galicia non é unha circunscrición propia nas eleccións europeas, como si sucede con algunhas divisións territoriais noutros países da Unión Europea, polo que os seus votos se sumarán aos emitidos no resto de España, e entre eles repartirán os 50 ou 54 escanos (dependendo de se se aplica o Tratado de Nisa ou o de Lisboa).

Resultados das eleccións de 2004

Os resultados das eleccións de 2004 en España foron os seguintes:

Eleccións europeas de 2004

Partido ou coalición Votos % Eurodeputados Votos en Galicia %
Partido Socialista (PSOE) 6 741 112 43,7 25 416.573 36,2
Partido Popular (PP) 6 393 192 41,5 24 549.073 47,72
GalEusCa (CiU, PNV, BNG...) 798.816 5,2 2 141.756 12,32
Izquierda Unida (IU) 643.136 4,1 2 17.626 1,53
Europa dos Pobos (ERC, EA, ChA...) 380.709 2,5 1 851 0,07
Coalición Europea (CC, PAR, PA...) 197.231 1,27 - 1.545 0,13
Os Verdes (LV-GV) 68.536 0,44 - 2.677 0,23
Partido do Cánnabis 54.460 0,35 - 3.398 0,3
Outros 140.176 0,90 - 9.503 0,83

Candidaturas

As candidaturas foron oficialmente dadas a coñecer en diferentes datas, e o Ministerio do Interior publicounas o 6 de maio[1].

Coalición por Europa

Integrada por Convergència Democràtica de Catalunya, Unió Democràtica de Catalunya, Partido Nacionalista Vasco, Coalición Canaria, Bloc Nacionalista Valencià y Partido Andalucista.

Partido Socialista Obrero Español

En xullo de 2008, unha filtración a un medio de comunicación sinalou que o candidato dos socialistas sería[2] o ex ministro canario, Juan Fernando López Aguilar, pero ese extremo non foi confirmado pola formación política.

Notas

  1. Candidaturas na web do Ministerio
  2. López Aguilar será el candidato del PSOE en la elecciones europeas, El País, 2/7/08
Eleccións ao Parlamento Europeo Bandeira de Unió Europea
1979   ·   1984   ·   1989   ·   1994   ·   1999   ·   2004   ·   2009   ·   2014   ·   2019
Alternativa Popular Canaria

Alternativa Popular Canaria (APC) é un partido nacionalista canario de esquerda formado en 2002, membro do Movemento de Liberación Nacional de Canarias (MLNC). A súa creación foi impulsada pola organización xuvenil Azarug e algúns partidos de ámbito municipal, así como persoas a título individual procedentes de organizacións da esquerda nacionalista.

En 2003 celegbrouse a súa primeira asemblea e nas eleccións autonómicas de 2003 obtivo 6.737 votos, un 0,73 %, mentres que nas eleccións municipais do mesmo ano obtivo un concelleiro en Santa Úrsula (Tenerife). En La Orotava presentouse como Iniciativa por La Orotava (Ipo) con Los Verdes de Canarias e obtivo cinco concelleiros. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de xuño de 2004, Alternativa Popular Canaria pediu o voto para a coalición Europa dos Pobos.

O 25 e o 26 de xuño de 2005 o partido celebrou a súa II Asemblea Nacional, e o 16 de setembro de 2006 a III Asemblea Nacional. En 2006 sufriu en Tenerife unha división da que xurdiu un novo partido chamado Alternativa Nacionalista Canaria.

Nas eleccións ao Parlamento das Canarias de 2007 presentouse en coalición con Alternativa Ciudadana 25 de Mayo e obtivo 4.824 votos, o 0,51 %. Nas eleccións municipais perdeu o seu concelleiro en Santa Úrsula e en La Orotava gañou tres concelleiros. Tanto no Cabido de Tenerife como nos concellos de Santa Cruz de Tenerife, San Cristóbal de la Laguna, Granadilla de Abona, Buenavista del Norte e Tacoronte, apoiou a Alternativa Sí se Puede por Tenerife, opción política na que se integra a Alternativa Popular Canaria.

Na súa primeira Conferencia Nacional, en 2008, decidiu non participar nas Eleccións Xerais de España de 2011 e centrar todos os seus esforzos na consolidación de Alternativa Sí se Puede por Tenerife de cara ás seguintes convocatorias electorais de carácter local e autonómico. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 pediu o voto para a Iniciativa Internacionalista.

Anticapitalistas

Anticapitalistas é unha organización política que funciona como confederación no eido de España. Fundada en 1995 co nome de Espacio Alternativo, en febreiro de 2009 inscribiuse formalmente no rexistro de partidos políticos do Ministerio de Interior como Izquierda Anticapitalista, presentándose a varias citas electorais. En xaneiro de 2015 transformouse en asociación para integrarse no partido político Podemos, adoptando o nome actual. Defínses como revolucionaria, anticapitalista, internacionalista, feminista e socialista, asumindo o marxismo nun senso aberto, plural e crítico. O seu obxectivo declarado é recompoñer o proxecto revolucionario mediante a creación dunha expresión política unitaria e anticapitalista sustentada no altermundismo, o movemento obreiro en senso amplo e os movementos sociais.

Coalición por Europa

Coalición por Europa (CEU) foi unha das candidaturas que se presentaron ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009. Foi a sucesora natural da coalición Galeusca-Pobos de Europa, das eleccións ao Parlamento Europeo de 2004; e estivo formada por Convergència i Unió, Partido Nacionalista Vasco, Coalición Canaria, Partido Andalucista, Unió Mallorquina, Unió Menorquina e Bloc Nacionalista Valencià.

Con este mesmo nome repetiron a súa presentación en '2014, nos comicios europeos dese ano, formada tamén por Convergència i Unió, Partido Nacionalista Vasco e Coalición Canaria, pero en vez dos partidos rexionalistas e nacionalistas de Andalucía, Baleares e Valencia, figuraba a formación galega Compromiso por Galicia.

Comuner@s

Comuner@s é un partido político nacionalista castelán de esquerda e soberanista que foi inscrito no 17 de xaneiro de 2008. Apenas conta cuns poucos militantes e con escasos recursos económicos e materiais.

Cobrou relevancia por ser un dos integrantes da candidatura Iniciativa Internacionalista-A Solidaridade entre os Pobos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009.

Esther Vivas

Esther Vivas, nada en Sabadell en 1975, é unha activista catalá autora de diversos libros e publicacións sobre movementos sociais e consumo responsable. Tamén foi a cabeza de lista de Izquierda Anticapitalista nas eleccións europeas de 2009.

Extremadura Unida

Extremadura Unida (EU) é un partido rexionalista estremeño de centro dereita. Fundado en 1980 por Pedro Cañada Castillo foi o primeiro partido rexionalista de Extremadura. Pedro Cañada Castillo foi tamén fundador de Acción Regional Extremeña, un dos partidos que se integrou en Unión de Centro Democrático ao inicio da Transición e que foi, até 1979, senador pola UCD. Obtivo representación no Parlamento de Extremadura nas eleccións de 1983 e 1987. En 1989 formou parte da candidatura presentada pola Federación de Partidos Rexionais nas eleccións ao Parlamento Europeo, sen conseguir a coalición representación. No 2005 propuxo a celebración dun referendum en toda España para que o pobo español se definise sobre o Plan Ibarretxe. No ano 2006 asinou un acordo para presentar listas conxuntas co Partido Popular nas eleccións municipais e autonómicas de 2007.EU obtivo un deputado autonómico, Juan Pedro Domínguez, nas listas da coalición co PP.

Presentouse en solitario ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, obtendo 5.007 votos (0,03% dos votos). En Estremadura obtivo 1.720 votos (0,38% do total da comunidade).O logotipo de Extremadura Unida é a silueta da rexión estremeña, con fondo da bandeira de Estremadura e sobre a franxa branca o nome do partido. Pódense atopar dentro do partido actitudes favorables cara ao estremeño, publicando en 2004 unha tradución de Pedro Cañada da Constitución Española chamada La Cohtitución Ehpañola en Ehtremeñu.

De cara ás eleccións xerais de 2011, presentouse en coalición co Partido Popular.

Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa

O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (abreviado como ALDE polo seu nome en inglés) é un grupo político do Parlamento Europeo composto por case todos os deputados do Partido da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa e do Partido Demócrata Europeo, así como de algúns de partidos non adscritos.

É o cuarto grupo en número de escanos na oitava lexislatura do Parlamento Europeo (2014-2019) e está considerado como a referencia liberal nas institucións europeas, tendo grupo no Consello de Europa (chamado ALDE-PACE), no Comité das Rexións da Unión Europea e na Asemblea Parlamentaria da OTAN.

Desde xullo de 2009 o presidente do Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa é o belga Guy Verhofstadt, dos Liberais e Demócratas Flamengos, sucedendo ao inglés Graham Watson, dos Liberal Demócratas.

Iniciativa Internacionalista

Iniciativa Internacionalista - A Solidariedade entre os Pobos, ou simplemente Iniciativa Internacionalista (II) foi unha das candidaturas que se presentaron ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 en España. O eixo do seu discurso era a defensa do dereito de autodeterminación e dun modelo económico socialista. A lista estivo encabezada polo dramaturgo Alfonso Sastre, próximo á esquerda abertzale, e outros membros da mesma foron a avogada Doris Benegas (Izquierda Castellana), o escritor e político Xosé Luís Méndez Ferrín (Fronte Popular Galega) e a dirixente de Corriente Roja Ángeles Maestro.

Klaus Wowereit

Klaus Wowereit, nado en Berlín o 1 de outubro de 1953, é un político alemán do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD). Desde o 16 de xuño de 2001 é o alcalde-presidente de Berlín e desde o 13 de novembro de 2009 é vicepresidente federal da SPD.

Koldo Gorostiaga

Koldo Gorostiaga Atxalandabaso, nado en Bilbao o 30 de maio de 1940, é un político vasco de ideoloxía nacionalista vasca. Foi deputado no Parlamento Europeo entre 1999 e 2004 en representación de Euskal Herritarrok, a plataforma electoral independentista vasca refundada posteriormente en Batasuna, actualmente ilegal pola súa vinculación con ETA.

Macaco (banda)

Macaco é un grupo musical de Barcelona, creado en 1997 e liderado por Daniel 'Mono Loco' Carbonell. Os membros, orixinarios de diversos países como Brasil, Camerún, Venezuela ou España, doan á súa música unha cor mesturada, con acentos electro de música latina e de rumba. Cantan en diferentes idiomas, entre eles o español, portugués, francés, inglés, catalán e italiano.

Partido Animalista Contra o Maltrato Animal

O Partido Animalista Contra o Maltrato Animal (PACMA, en castelán: Partido Animalista Contra el Maltrato Animal) é un partido político español que loita polos dereitos dos animais, o medio ambiente e a xustiza social. Así mesmo, rexeita o especismo e defende a promoción do vexetarianismo e veganismo. Fundouse en Bilbao o 24 de febreiro de 2003 e a súa sede central atópase en Madrid.

Partido Autonómico Nacionalista de Castilla y León

O Partido Nacionalista de Castilla y León (PANCAL),fundado en Toro en 1977, foi o primeiro partido político democrático nacionalista de Castela e León. Reivindicaba entre outras cousas a reintegración de Cantabria e A Rioxa en Castela e León, o recoñecemento para esta rexión de nacionalidade histórica española, uns foros fiscais para Castela e León similares aos de Navarra e o País Vasco, e o cesamento da postergación económica e da emigración cara a outras rexións que sofre a rexión castelán-leonesa. Definíase nos seus estatutos como ...un partido de masas, democrático, federal, humanista, liberal e de centro progresista, que con respecto á propiedade privada tende á evolución social, para poñer fin ao ostracismo, postergación e discriminación que o centralismo do Estado someteu a Castela dende 1521 ata a actualidade.

Partido Democrático Cívico

O Občanská demokratická strana ou ODS (en galego Partido Democrático Cívico), é un partido político checo de tendencia conservadora, sendo o principal partido desta tendencia política na República Checa. Está afiliado á Unión Internacional Demócrata a nivel internacional, e a nivel europeo á Alianza dos Conservadores e Reformistas Europeos e afirma ter ideas semellantes ás do británico Conservative and Unionist Party (Partido Conservador Británico), o polonés Platforma Obywatelska (Plataforma Cívica) e o español Partido Popular.

Partido Popular Europeo (grupo parlamentario)

O grupo parlamentario do Partido Popular Europeo ou PPE é o grupo europarlamentario demócrata-cristián do Parlamento Europeo. Ao longo da historia sempre foi un dos dous grupos maioritarios da Eurocámara. Está formado case na súa totalidade por parlamentarios que á súa vez pertencen a partidos englobados no Partido Popular Europeo, e de aí a coincidencia no nome co partido paneuropeo.

Valle de Villaverde

Valle de Villaverde (oficialmente, até 2005 denominado Villaverde de Trucíos) é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Asón-Agüera. Como enclave cántabro no País Vasco limita cos municipios biscaíños da comarca das Encartacións de Carranza, Arcentales e Trucíos.

Na parte meridional do municipio sitúase a fonte do río Agüera, cuxo val ten altitudes de máis de 400 metros. O municipio é atravesado de oeste a leste pola liña de ferrocarril FEVE Santander-Bilbao.

Ángeles Maestro

Ángeles Maestro Martín, máis coñecida como Nines Maestro, nada o 6 de febreiro de 1952 en Medina del Campo, Valladolid, é unha política española.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.