Elda

Elda é unha cidade do País Valenciano, situada na provincia de Alacant. Ten unha poboación de 55.174 habitantes segundo o censo de 2008[1], ocupando el 7º posto en número de habitantes entre as cidades da provincia de Alacant e o seu termo municipal ocupa unha área de 44,86 km². Situada a beiras do río Vinalopó, é a cidade máis importante da comarca do Vinalopó Mitjà e forma, con Petrer, unha conurbación de 88.775 habitantes. Conta cunha importante industria de calzado, en particular o de señora, que representa a principal actividade económica da poboación.

Elda
Bandera d'Elda
Escut d'Elda
Localización
Localització d'Elda respecte el País Valencià
PaísEspaña
Comunidade autónomaPaís Valenciano
ProvinciaAlacant
ComarcaVinalopó Mitjà
Xeografía
Altitude395 msnm
Superficie44,86 km²
Demografía
Poboación55.174 hab. (2008)
Densidade1.207,45 hab./km²
XentilicioEldense
Outros datos
Código postal03600
AlcaldeMaría Adelaida Pedrosa Roldán (PP)
www.elda.es

Toponimia

Na época imperial romana, no Itinerario de Antonino faise referencia a unha desviación da Vía Augusta entre Ad Turres e Aspis co nome de ad Iso, unha poboación cuxo topónimo podería ser Ellum, facendo referencia probabelmente ao poboado de El Monastil. Durante a época romana foi denominada Elo. Durante os anos 610-675, na época visigoda, existen referencias dunha sé episcopal elotana, formada polo topónimo elo- (redución fonética do latín Iso) e o afixo -tana. Nas Décadas de Escolano de 1611 aparecen as formas Idella e Dádeo, a primeira relacionada cos musulmáns, derivada da segunda. Outro documento, o Manual Xeográfico de P. Orozco Sánchez de 1878 cita Idella como topónimo ibérico do que deriva a forma Daellos. Durante a época medieval producíronse moitos erros de transcrición, chamándose Eloe e Edelle mentres outros documentos adoptan Ella en castelán e Etla en catalán. A partir do século XV queda fixada a forma Elda.

Xeografía

Elda
Termo municipal de Elda, destacando os principais accidentes xeográficos.

Elda atópase situada ao sueste da Península Ibérica e ao noroeste da provincia de Alacant (País Valenciano). Áchase a 395 m de altura sobre o nivel do mar e dista aproximadamente 40 km da capital provincial.

Elda sitúase na comarca do Vinalopó Mitjà, e constitúe un dos núcleos urbanos máis importantes non só da provincia, senón de toda a rexión valenciana. A cidade sitúase nas profundidades do val do río Vinalopó e é atravesada por este. O relevo circundante é eminentemente montañoso, e forma unha especie de cunca; as serras máis importantes da zona son a do Sit, o Cavall e o Maigmó ao leste. Na zona norte-noroeste, atópase unha sucesión de cadeas montañosas, a Torreta, o Monastil, e as dúas montañas de máis importancia que se atopan no término: Bolón e Camara. Ao sur atópase o macizo de Bateig, mentres que ao oeste se expande a planicie cara a Monòver, e as montañas xa se atopan dentro do seu municipio.

Clima Elda (España)
Climograma de Elda.

La Torreta é unha serra de baixa altura que pecha o casco urbano polo norte, pero a contrario do que comunmente se cre, non marca o límite municipal con Sax. Chámase así porque no devandito monte atopábase unha torre de vixía con restos árabes cuxa base é de orixe romana. A inseguridade do camiño que comunicaba Sax con Elda, e o solitario do paraxe, onde adoitaban apostarse almogávares granadinos, que pretendían capturar aos viandantes e as súas mercancías e trasladalos a Granada, fixeron que apenas se transitase polo devandito lugar.

A actividade sísmica na zona é notábel dada a proximidade do límite da placa tectónica eurasiática e a súa fricción coa africana, aínda que as ocasións en que dita actividade sísmica é percibida polos homes son contadas.

O clima é tipicamente mediterráneo: seco, de invernos curtos e suaves, veráns calmos e escaseza de choivas en xeral. No entanto, ás veces na primavera, pero especialmente no outono, prodúcese o fenómeno da chamada "gota fría" e as precipitacións multiplícanse de forma espectacular, o que pode chegar a propiciar subidas repentinas no nivel dos ríos e causar graves inundacións. O exemplo de gota fría recente que máis afectou á cidade foi o de outubro de 1982, aínda que en anos posteriores, como 1997 e 1999, as inundacións tamén foron memorables e causaron serias desfeitas en infraestruturas e perdas na agricultura da comarca.

Localidades limítrofes

  Norte: Sax  
Oeste: Monòver e Les Salines Elda Leste: Petrer
  Sur: Novelda  

Economía

Canteras Bateig 1905
Traballo nas canteiras de Bateig (1905).

A cidade de Elda foi o motor da actividade industrial do calzado no val. Desde tempo atrás existía unha artesanía dedicada á manufactura do esparto, unha planta que abundaba moito na zona. Con todo, a actividade foi decaendo debido á desaparición da planta, provocando a emigración.

A mediados do século XIX, comezou a xurdir unha nova industria dedicada á fabricación de calzado de pel. Ao principio tratábase de modestos artesáns que fabricaban os zapatos e vendíanos polas feiras dos pobos. A finais do século XIX iniciouse unha transformación, aparecendo as primeiras fábricas con maquinaria movida por animais. A principios do XX, a produción de zapatos ocupaba o terceiro lugar na produción provincial, tralos téxtiles e o viño.

O primeiro cuarto do século XX coñeceu un forte desenvolvemento, pero a década dos corenta supuxo unha profunda depresión que obrigou a unha reestruturación das industrias do calzado. A industria atomizouse e volveu aos seus inicios artesanais. Apareceron moitos pequenos talleres artesáns que adquirían as diferentes pezas do zapato (tacóns, solas etc.) noutros talleres especializados tan só nesa produción e proporcionaban traballo a domicilio, sobre todo ás mulleres que, cunha máquina de coser na súa casa, resolvían o aparado. Isto supuxo o nacemento do que hoxe se coñece como economía mergullada, aínda vixente e alicerce no que se baseou esta industria durante moitos anos.

Padre Manjon Elda
O Colexio Pare Manjón, antiga sé da FICIA

A creación en 1960 da FICIA (Feira Internacional do Calzado e Industrias Afíns) supuxo o empurrón definitivo. Volveron de novo as grandes fábricas e racionalizouse a fabricación e exportación de calzado, que se converteu nunha boa fonte de ganancias. A construción dun gran palacio feiral, a creación do CEPEX (Centro Promotor de Exportacións) e o INESCOP (Instituto Español do Calzado e Conexas) consolidaron a Elda como unha importante capital zapateira.

O elevado grao de especialización da economía de Elda faina moi vulnerable en función das variacións do sector. Por exemplo, a cotización de divisas, principalmente o dólar, por ser Estados Unidos un dos máis fortes compradores, inflúe notablemente no desenvolvemento e evolución desta industria.

Nos últimos anos o sector entrou en crise, en parte debido á competencia asiática. A dependencia do calzado é case total, dado que a maior parte dos traballadores están empregados na devandita industria ou en produtos auxiliares do calzado, aínda que comezan a aflorar industrias alternativas nos seus polígonos industriais, con boas comunicacións cara á autovía.

Demografía

ano poboación
1315 1.200
1350 870
1355 830
1366 351
1500 910
1510 968
1565 1.445
1595 2.250
1608 2.200
1609 480
ano poboación
1653 812
1663 972
1705 1.832
1718 1.539
1730 2.280
1740 2.657
1760 2.830
1767 3.101
1790 3.915
1800 3.988
ano poboación
1835 3.696
1860 4.085
1877 4.337
1900 6.131
1950 20.699
1960 28.751
1980 53.117
1990 57.515
2000 51.501
2007 55.289

A historia demográfica máis antiga da vila de Elda é difícil de establecer con absoluta certeza, dado que os censos cos que se elaborou polos historiadores ao longo do tempo baseáronse nos contribuíntes á Coroa. Sábese que a comunidade cristiá chegou a poboala no século XIII con non máis de 130 persoas que se asentaron lonxe da poboación musulmá, no que hoxe se coñece como ermida de San Antón, sendo o número de residentes non cristiáns cinco veces superior.

Festas

Mouros e cristiáns

Moros y Cristianos Elda2006
Esquadra da comparsa de cristiáns. Año 2006.

As festas de Mouros e Cristiáns de Elda celébranse en honor a San Antón o primeiro fin de semana de xuño. Na orixe das festas celebrábanse a mediados de xaneiro, coincidindo coa festividade do santo, pero en 1946 optouse por atrasalas seis meses co fin de que non se deslucisen coas baixas temperaturas. Así en xaneiro celébrase a media festa, na que desfilan as escuadras premiadas en cada comparsa.

Existen catro comparsas no bando mouro: hosts do Cadí, marroquinos, musulmáns e realistas; e cinco no bando cristián: contrabandistas, cristiáns, estudantes, piratas e cíngaros. O mércores é o día do Pregón, a partir deste momento empezan as festas.

Festas maiores

Elda CorrerTraca
Acto de córrer la traca

Durante os días 7, 8 e 9 de setembro celébranse as Festas maiores na honra dos Santos Patróns, a Virxe da Saúde e o Cristo do Bo Suceso coa tradicional alborada e diversos actos cívico-relixiosos: procesións, concursos, verbenas, actuacións musicais...

Cabe destacar como actos relixiosos principais, a Gran Salve cantada con coro e orquestra o día 7 de setembro; os días 8 e 9 de setembro as dúas Misas Maiores, tamén acompañadas de orquestra e coro e as procesións que recorren las principais rúas da cidade.

Fallas

As fallas de Elda datan do ano 1954 e desde entón séguese celebrando ininterrompidamente. As datas de celebración son de xoves a domingo da segunda semana de setembro.

A Festa iníciase o primeiro sábado de setembro co acto de exaltación da Fallera Maior e Fallera Maior Infantil de Elda, máximas representantes da festa. Ao día seguinte procédese ao traslado en romería e desde a ermida de San Crispín e ata a parroquia da Inmaculada, dos Santos Patróns Sant Crispín i Sant Crispiniano, acompañados por todolos festeiros e pobo en xeral, xa que estes Santos son tamén os Patróns da industria do calzado, base da economía eldense. A partir do xoves, noite na que se plantan os monumentos, pódese gozar en todos os barrios de diversidade de actos (pasacalles, pirotécnica, concursos e verbenas). Durante estes días adóitase celebrar concursos de gachamigas, paellas, tortillas etc., tendo a oportunidade de degustar todos estes preparados culinarios, así como as xoubas e a sangría.

Notas

  1. "Alicante queda a 24.000 personas de ser la cuarta provincia más poblada", en www.diarioinformacion.com
1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

Almansa, Albacete

Almansa é unha localidade española, pertencente á provincia de Albacete, en Castela-A Mancha. O termo municipal limita coas provincias de Valencia e Alacant e coa Rexión de Murcia. O centro urbano ten unha extensión de 24,43 km².

Almansa está moi vinculada ao Val do Vinalopó (Alacant), sobre todo pola industria zapateira, polas festas de Mouros e Cristiáns e polas relacións comerciais que se manteñen con elas (Villena, Elda, Elx etc).

O 25 de abril de 1707 tivo lugar a batalla de Almansa, no marco da Guerra de Sucesión Española.

Club Deportivo Eldense

O Club Deportivo Eldense é un club de fútbol español do concello de Elda, na Comunidade Valenciana. Foi fundado en 1921 e xoga no grupo III da Segunda División B Española.

Comunidade Valenciana

A Comunidade Valenciana (en valenciano: Comunitat Valenciana, en castelán: Comunidad Valenciana), tamén coñecida como País Valenciano (en valenciano: País Valencià, en castelán: País Valenciano), é unha comunidade autónoma na costa mediterránea de España, recoñecida como nacionalidade no seu Estatuto de Autonomía. É así pois un país ou rexión de Europa situado ó leste da Península Ibérica, que popularmente se denomina moitas veces simplemente Valencia.

Esténdese entre o río Sénia en Vinaròs até Pilar de la Horadada, máis aló da desembocadura do río Segura, cunha delimitación terrestre de 834 km de lonxitude, e 644 km de lonxitude de costa. Ademais, as illas mediterráneas de Nova Tabarca e das Columbretes, son tamén de administración valenciana. A súa posición xeográfica é 40º 47' ó extremo norte, 37º 51' ó extremo sur, 0º 31' E ó extremo oriental, e 1º 31' W ó extremo occidental.

As súas orixes remóntanse no histórico Reino de Valencia creado no século XIII como causa da colonización feudal de aragoneses, fundamentalmente e por esta orde, dos reinos de taifas islámicos de Valencia, Dénia, e parte de Murcia. Tras o desmantelamento do Reino en 1707 polos Decretos de Nova Planta do rei Filipe V e dos frustrados intentos de conseguir o autogoberno durante finais do século XIX e comezos do XX, en 1982 finalmente acádao cun Estatuto de Autonomía, que foi reformado en 2006.

Administrativamente limita ó oeste con Castela-A Mancha e Aragón, ó sur con Murcia e ó norte con Cataluña. Ten máis de 4,8 millóns de habitantes, aínda que a cifra é moi superior se contabilizamos os habitantes de segunda residencia de outros países de Europa e os inmigrantes non censados. Así, as cidades con máis de 100.000 hab. son Valencia (807.200 hab.), Alacant (331.750 hab.), Elx (228.348 hab.), Castelló de la Plana (177.924 hab.) e Torrevieja (101.381 hab.).

Década de 1260

A década de 1260 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1260 e remata o 31 de decembro de 1269.

Estación de Alacant-Terminal

Alacant-Terminal é a principal estación de tren de Adif da cidade de Alacant. É unha estación de carácter terminal. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia, ademais de ser cabeceira de dúas liñas da rede de Proximidades Murcia/Alacant.

Estación de Barcelona-Sants

Barcelona–Sants é a principal estación de ferrocarril de Barcelona e Cataluña. Foi inaugurada en 1979 e é a primeira estación de España en percorridos internacionais. É a segunda estación de España, tras a de Madrid-Atocha cun volume de viaxeiros próximo aos 30 millóns anuais dos cales algo máis de 18 millóns correspóndense co tráfico de proximidades.Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Barcelona con destinos nacionais e internacionais. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela as liñas R1, R2, R3 e R4 da rede de Rodalies.

A estación, propiedade de Adif, atópase no distrito de Sants-Montjuïc, con entrada pola praza dos Països Catalans (ao sur) e a praza Joan Peiró (ao norte). Conta con dúas plantas, unha baixa e outra subterránea. Sobre a estación hai construído un hotel da cadea Barceló, e xunto á praza Joan Peiró hai dársenas de autobuses.

Estación de Madrid-Chamartín

A estación de Madrid-Chamartín é unha das estacións de tren da cidade de Madrid, situada no distrito de Chamartín, ao norte da capital, e nas proximidades do paseo da Castellana.

Centraliza tódalas comunicacións ferroviarias dende Madrid cara ao cuadrante noroeste da Península Ibérica, dende Salamanca ata Irún, a través das tres liñas principais que parten dela: a liña imperial ou liña xeral do norte (de Madrid a Irún pasando por Ávila, Valladolid, Burgos, Miranda de Ebro, Vitoria e Donostia), a directa Madrid - Burgos (directo de Burgos) e a nova L.A.V. Madrid-Valladolid. Tamén ten algúns servizos por vía de largo ibérico cara ao nordeste (Media Distancia e tren Estrella) para o que emprega a circunvalación ferroviaria de Madrid, e cara ao sur (Media Distancia, Altaria e Talgo) grazas ao túnel que a une coa estación de Atocha.

Estación de Murcia del Carmen

Murcia del Carmen é a estación de ferrocarril de Murcia, situada no barrio murciano do Carmen. Forma parte da rede de estacións de Adif e é o punto de cruzamento das liñas Chinchilla-Cartaxena (P.K. 459,9) e Murcia-Águilas.

Por esta estación circulan trens Talgo Barcelona-Lorca e Cartagena-Montpellier, trens Altaria entre Madrid e Cartaxena ou Madrid e Murcia, os trens da liña L-1 de Media distancia Renfe e os trens das liñas C-1 e C-2 de Proximidades Murcia/Alacant, sendo cabeceira de ambas as liñas.

Liga española de balonmán feminina

A Liga española de balonmano femenino ou Liga ABF é a máxima categoría de balonmán feminino no Estado español. Esta competición celébrase dende a tempada 1952-53, aínda que entre 1956 e 1960 non se desputou. Ata a tempada 1982-83 esta categoría era denominada Primera División, pasando daquela a chamarse División de Honra, e de xeito miás recente, a denominación actual de Liga ABF (Asociación de Balonmán Feminino).

Monòver

Monòver (en valenciano: Monòver, en castelán: Monóvar, as dúas denominacións cooficiais) é un concello do País Valenciano situado no interior da provincia de Alacant, na comarca do Vinalopó Mitjà. Ten 13.056 habitantes (INE 2008).

Petrer

Petrer é un concello do País Valenciano situado no centro interior da provincia de Alacant, na comarca do Vinalopó Mitjà. O núcleo urbano de Petrer atópase completamente fusionado co de Elda, formando a conurbación Elda-Petrer.

Petrer ten 33.486 habitantes (INE 2007), poboación que aumentou moito grazas ao seu desenvolvemento industrial. A súa economía está baseada na fabricación de todo tipo de calzado, así como nunha puxante industria da marroquinaría.

Provincia de Alacant

A provincia de Alacant (en valenciano: Alacant, en castelán: Alicante) é a máis meridional da Comunidade Valenciana. Limita ao norte coa provincia de València, ao sur coa Rexión de Murcia, ao oeste con Murcia e a provincia de Albacete (Castela-A Mancha), e ao leste co mar Mediterráneo. A súa capital é a cidade homónima de Alacant. A súa área abrangue 5.863 km², cunha poboación de 1.855.047 habitantes (2015).

As cidades da provincia que superan os 50.000 habitantes son Alacant (328.648 hab.), Elx (227.312 hab.), Torrevieja (88.447 hab.), Orihuela (82.675 hab.), Benidorm (69.045 hab.), Alcoi (59.567 hab.), Sant Vicent del Raspeig (56.302 hab.) e Elda (53.248 hab.).

Río Vinalopó

O Vinalopó é un río da Península Ibérica que atravesa de norte a sur a provincia de Alacant, e cos seus 81 km é o río autóctono máis importante da mesma. Nace na Serra de Mariola, entre Bocairent e Banyeres, dando nome ás comarcas que atravesa (Alt, Mitjà e Baix Vinalopó), tendo a súa desembocadura natural á altura das Salinas de Santa Pola, no mar Mediterráneo.

O río, tralo seu nacemento, atravesa varias poboacións ao longo do seu percorrido: Banyeres, Villena, Sax, Elda, Novelda, Monfort e Elx.

Sant Joan d'Alacant

Sant Joan d'Alacant é un municipio do sur do País Valenciano integrado na área metropolitana de Alacant, na provincia de Alacant. A súa zona urbana dista 8 quilómetros do centro da cidade alacantina. Ten 21.681 habitantes segundo datos do INE de 2008.

Sant Vicent del Raspeig

Sant Vicent del Raspeig (en castelán: San Vicente del Raspeig, cooficiais) é un concello do País Valenciano situado no noroeste da área metropolitana de Alacant, da provincia de Alacant. Ten 51.507 habitantes (INE 2008).

No termo municipal de Sant Vicent do Raspeig atópase, desde o seu fundación en 1979, o campus da Universidade de Alacant. Este feito valeulle para colocárselle a etiqueta de cidade universitaria e de residencia. Os núcleos urbanos de Alacant e de Sant Vicent forman un continuo urbanizado, ademais de posuír boas comunicacións entre si como trens de Proximidades ou o tranvía TRAM.

O topónimo do municipio xurdiu a raíz da estancia de Vicente Ferrer nas terras do Raspeig sobre 1411. O municipio creceu ao redor dunha ermida situada nas terras do Raspeig. Dende o século XVII, polo menos, documéntase a existencia en distintos protocolos notariais dos primeiros núcleos de poboación habitados no que hoxe coñecemos como Sant Vicent del Raspeig. O carácter de lugar de paso e á vez cruzamento de camiños das súas terras marcou o seu desenvolvemento histórico ao longo de séculos. A súa independencia total chegou en 1848 tras anos dun dilatado proceso segregacionista da cidade de Alacant.

Posteriormente, no século XX produciuse a industrialización do municipio e a súa inclusión na área metropolitana de Alacant, coa conseguinte medra demográfica. No século XX o municipio experimentou unha extensión urbanística de xeito moi similar ao concepto de cidade lineal coas avenidas Ancha de Castelar e Alacant como principal eixe vertebrador.

Teófilo del Valle

Teófilo del Valle Pérez, nado en Silleda o 1 de febreiro de 1956 e finado en Elda o 24 de febreiro de 1976, foi un oficinista morto por disparos da Policía Armada durante unha folga do calzado.

Vinalopó Mitjà

O Vinalopó Mitjà (en castelán: Medio Vinalopó) é unha comarca situada na zona montañosa da provincia de Alacant, no País Valenciano. A súa capital e concello máis poboado é Elda.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.