Eladio Rodríguez González

Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio o 24 de xullo de 1864 [1] e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente.

Eladio Rodríguez González
Eladio Rodríguez González 1926
Retrato en Vida Gallega, 1926.
Nacemento27 de xullo de 1864
 Leiro
Falecemento14 de abril de 1949
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosPoesía
Firma Eladio Rodríguez

Traxectoria

Foi fillo dun labrego, Camilo, e unha costureira, Agustina, solteira, que tiveron outros tres fillos: Emilio (que morreu novo), Petra e Matilde. Con só sete anos, a nai mandoulle a vivir cun irmán seu na Coruña porque "o neno non serve pra o campo, o neno é de letras", pero volve pronto ao seu lugar de nacemento, onde traballa de mestre -sen titulación- no convento de San Clodio.

Casa natal de Eladio Rodriguez San Clodio Leiro
Casa natal en San Clodio, Leiro.

En 1886 escribe a súa primeira poesía coñecida, A noite de San Xoán, coa que consegue un accésit no "Certame gallego literario-musical", celebrado en Pontevedra. Nese mesmo ano publica outros traballos en revistas como O Galiciano (semanario de Pontevedra que convocara eses xogos florais [2]), O Tío Marcos d'a Portela (Ourense [3]) e Galicia Moderna (editada en Cuba [4]). En 1887 participa noutros xogos florais convocados en Betanzos e consegue tres premios [5]; no mesmo ano publica nas revistas Galicia (A Coruña) e A Gaita Gallega (Cuba [6]).

Eladio Rodríguez González, 1904
Eladio Rodríguez en 1904.

De volta na Coruña (1888) comezou a traballar como escribán temporal no concello da Coruña, no que traballou ata a súa xubilación en 1937) como Oficial Maior, aínda que sempre compaxinou este traballo co xornalismo, a lexicografía e a poesía. Froito desta dedicación foron a dirección do xornal La Mañana e continuas colaboracións nas revistas galegas e da emigración da época, como Galicia Humorística (Santiago), El Eco de Galicia (Cuba), A Monteira (Lugo) etc.

Revista Gallega 521 (11.03.1905) - A redacción da RG. Arquivo RAG
Consello de redacción da Revista Gallega, Eladio Rodríguez é o da dereita de todo.

O 28 de marzo de 1891 casa coa coruñesa Josefa Benigna Evarista Yordi Visier, coa quen ten sete fillos: Luís Galo, Arturo, Eladio, Julio, María, Adela e Mercedes. O mesmo ano consegue o Premio de Honor nos xogos florais de Tui polo seu poema "Desperta" [7].

En 1894 publica o seu primeiro libro de poemas, Folerpas, con obras premiadas nos certames literarios nos que se tiña presentado.

O ano 1895 nace a Revista Gallega, na imprenta de Uxío Carré Aldao, con Eladio Rodríguez como membro da redacción. Constituída como órgano de expresión da Cova Céltica, da que nacerá dez anos despois a Real Academia Galega, Eladio Rodríguez participa nos faladoiros da librería xunto con Murguía, Pondal, Golpe, Tettamancy, Galo Salinas, Lugrís e, ocasionalmente, Pardo Bazán. O 22 de setembro dese mesmo ano, os membros da Cova Céltica constitúen a Liga Gallega [8] allea a calquera partido político e co único obxectivo de loitar polos intereses de Galicia. A partir do 14 de novembro de 1897, a Revista Gallega proclamábase Órgano oficial de la Liga Gallega en La Coruña. Eladio Rodríguez é nomeado bibliotecario da "Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos", máis coñecida como "Círculo de Artesanos da Coruña"; como bibliotecario desta organización, elabora un "Catálogo de las obras científicas, literarias y musicales" da institución, con máis de 3.300 obras (publicado en 1901 e ampliado en 1907).

Foi un dos socios fundadores da Asociación da Prensa da Coruña en 1904, da cal foi tamén presidente.

Sentados, de e. a d., Ojea, Murguía, Curros e Martínez Salazar. De pé Carré Aldao, Florencio Vaamonde Lores, Tettamancy e Eladio Rodríguez
De pé, de esquerda a dereita, Uxío Carré Aldao, Florencio Vaamonde Lores, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez González. Sentados, José Ogea, Manuel Murguía, Manuel Curros Enríquez e Andrés Martínez Salazar, na Coruña, en outubro de 1904.

En 1905 participa como socio fundador da Real Academia Galega, con Murguía como Presidente. Eladio foi o seu secretario desde 1920 a 1926, e o seu presidente desde esta data ata 1934, ano en que dimitiu por razóns de saúde.

Continúa colaborando con revistas literarias e galeguistas [9], como A Nosa Terra [10], Solidaridad Gallega, Suevia (Buenos Aires), El Compostelano (Santiago [11]) ou o suplemento literario que El Noroeste comezou a publicar en 1918 [12]. No Bolertín da Real Academia Galega pubñicou numerosos ensaios.

En 1916 participa na fundación da Irmandade dos Amigos da Fala (Irmandades da Fala), promovidas por Antón Villar Ponte [13]

En 1917 participa na fundación do coro Cántigas da Terra, que chega a presidir e para a que escribe un poema co mesmo título "Cántigas da Terra". En 1918 gañou o primeiro premio da Festa da Poesía e da Música da cidade de Lugo, con "Alma de raza", e o premio especial e extraordinario con "¡Malpocado!".

En 1920, xa secretario da Real Academia Galega, respondeu ó discurso de ingreso de Ramón Cabanillas; en 1926 respondeu igualmente ó discurso de ingreso de Fernando Martínez Morás. En 1922 publícase o seu segundo libro, Raza e terra [14]. En 1924 gaña co poema "Oraciós campesiñas" o premio de honor na Festa da Língoa Galega, en Santiago.

Elección de Eladio Rodríguez como presidente da Real Academia Galega, A Coruña, 20 de novembro de 1926
Elección de Eladio Rodríguez como presidente da RAG.

O 20 de novembro de 1926 resulta elixido por unanimidade como presidente da Real Academia Galega, para suceder a Francisco Ponte Blanco, cargo que ocupa ata o 4 de marzo de 1934, ano en que é sucedido por Manuel Lugrís [15]. Por este cargo, colaborou na comisión redactora do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía en 1932.

En 1927 publica Oraciós campesiñas [16], é nomeado académico correspondente da Sección Gallega da Real Academia Española e membro do Instituto Histórico do Minho (Portugal). Tamén ingresa no Seminario de Estudos Galegos.

Enfermo desde 1934, renuncia á presidencia da Academia e vai reducindo as súas colaboracións literarias. Finalmente, morre na Coruña o 14 de abril de 1949 e recibiu sepultura no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2001.

Obras

Poesía

  • Folerpas. Poesías gallegas (A Coruña: Andrés Martínez Salazar, 1894)
  • Raza e terra (Ferrol: Céltiga, 1922)
  • Oraciós campesiñas (A Coruña: Lit. e Imp. Roel, 1927)

Prosa

  • La Ultima broma, con Alfredo de la Fuente (A Coruña, 1897).[17]

Diccionario enciclopédico gallego-castellano

Artigo principal: Diccionario enciclopédico gallego-castellano.

Fóra de toda dúbida, a obra máis coñecida de Eladio Rodríguez foi o seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano, considerado o máis importante ata a aparición dos dicionarios monolingües [18] e fonte principal dos dicionarios modernos da lingua galega.

Aínda que se anunciou a súa publicación en 1928 e 1933, non foi posible levalo ó prelo ata 1958, case 20 anos despois da morte do autor.

Notas

  1. Data tomada da biografía publicada por Teresa Monteagudo (px. 21), que transcribe o certificado de bautismo asinado o 27 de xullo: "...baptizo solemnemente y pongo los santos óleos a un niño que dijeron había nacido el veinte y cuatro antecedente a las doce del día". A Gran Enciclopedia Galega dá a data do 27 de xullo como a do nacemento.
  2. "Presentementos", "Catro verdades" -asinado como Mingos Reza- e "Or'o demo".
  3. "Os gallegos fora d'os lares". Co tempo publicaría moitas máis colaboracións no Tío Marcos.
  4. "Os gallegos fora d'os lares" e "El toque de Alba".
  5. Premio de Honor por "Os orfos da emigración", Caravel de prata por "O puzo d'o barco" e o primeiro accésit por "¡Arrenégote moda!".
  6. "Presentimentos".
  7. Neste acto, Alfredo Brañas pronunciou un discurso no que fala destes actos literarios como unha manifestación práctica do rexionalismo, unido así cultura e política no movemento rexionalista.
  8. Fundada formalmente en novembro de 1897, con Salvador Golpe como presidente, Lugrís como secretario e Eladio Rodríguez entre os vocais.
  9. En total, hai catalogadas colaboracións en, canto menos, 45 periódicos e revistas.
  10. Na que escribe case 30 colaboracións desde o primeiro número ata 1927, xa na segunda época da revista. Nesta segunda época, que comeza en 1916, publica a sección "Pintores d'almas" na que escribe sobre Castelao, Asorey, Sotomayor, Sobrino, Lloréns etc. Con estes artigos tiña pensado publicar un libro co título Terra a miña, que nunca chegou ó prelo.
  11. No que publica ata 79 colaboracións entre 1925 e 1941.
  12. Do que Eladio Rodríguez foi primeiro xefe de redacción e logo director desde a segunda entrega. Neste suplemento volveu a publicar algúns artigos da serie Pintores de almas.
  13. En novembro dese ano, Eladio Rodríguez é nomeado "Iº Mestre da Fala" no primeiro concurso literario que convocan as Irmandades, polo seu poema "Orballeiras".
  14. Doce poesías, das que oito serán incluídas posteriormente dentro do seu terceiro libro Oraciós campesiñas.
  15. Volveu ocupar o cargo de forma provisional entre o 19 de xuño ó 15 de outubro de 1944.
  16. No libro, o autor anuncia un próximo libro, Sementadores de ideal, que nunca chegaría a ser publicado.
  17. La Ultima broma
  18. Ernesto Xosé González Seoane: "Sobre as fontes lexicográficas galegas do DEGC" en Ramón Lorenzo (coord.): Homenaxe a Fernando R. Tato. Universidade de Santiago de Compostela, 2002, p. 145.
  19. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Predecesor:
Francisco Ponte Blanco
 presidente da RAG 
1926 - 1934
Sucesor:
Manuel Lugrís Freire
A cabra na cultura popular galega

O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada da cabra na cultura popular galega, así como a súa presenza na literatura oral. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos —xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto—, dicionarios, refraneiros, cantigueiros, etc.

A pereira na cultura popular galega

A seguir, recóllese a pegada da pereira na cultura popular galega a través de crenzas, refráns e cantigas.

Abril na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamén incluímos as mencións á Coresma, á Semana Santa e á Pascua de Resurrección por coincidir, habitualmente, neste mes.

Eladio Rodríguez recolle o costume de encender na lareira, en cada casa, o Lume novo, que se prende co tizón ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sábado Santo. Este lume que se prende na igrexa facíase co pedernal e utilizábase para encender, inmediatamente, as brasas do incensario e as lámpadas do templo .

Agosto na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de agosto na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Agosto tamén designa o tempo da recolleita dos cereais, e a colleita mesma (Real Academia Galega 2013, s. v. agosto).

Denominacións populares do mes de agosto son mes da Nosa Señora e mes da sega (alcume este que comparte con xullo ).

Decembro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de decembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Ademais da máis coñecida denominación popular de Nadal ou mes de Nadal, por razóns obvias, decembro tamén recibe o nome de mes de Santa Baia, en Dumbría (Constantino García González).

Diccionario enciclopédico gallego-castellano

O Diccionario enciclopédico gallego-castellano é un dicionario bilingüe galego castelán de 45.673 entradas e coas definicións en castelán, elaborado por Eladio Rodríguez González e publicado postumamente pola Editorial Galaxia en tres volumes en 1958, 1960 e 1961. Considérase o dicionario galego máis importante ata a aparición dos dicionarios monolingües e o último importante baseado na colleita directa. O dicionario de Eladio foi, ademais, a fonte principal para a realización dos dicionarios monolingües modernos do galego.

Febreiro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.

Marzo na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de marzo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Marzal é o adxectivo, e é incorrecto empregalo como substantivo: Pascua marzal, trigo marzal. Pega marza ou pega marceña son denominacións dunha ave máis coñecida como gaio (Garrulus glandarius).

Chámanse frebas de marzo ós primeiros días de mes, porque neses días adoita facer mal tempo, como fixo en febreiro.

Novembro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de novembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Hai varias denominacións populares do mes de novembro. Moi común é a de San Martiño (ou mes de San Martiño). Por celebrarse neste mes o día de defuntos, recibe os nomes de mes dos mortos ou, simplemente, mes morto; tamén mes das ánimas. E, por caer neste mes o día de Santo André, tamén recibe o nome de mes de San Andrés ou, simplemente, San Andrés .

Tan identificado está novembro coas castañas que no Incio e en Quiroga chaman Castañal ó propio mes .

O día 1, día de Tódolos Santos, tamén serve para darlle nome: Santos ou mes de Santos.

O gato na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do gato na cultura popular galega a través das crenzas, refráns, cantigas, etc. recollidas de enciclopedias, vocabularios, refraneiros e outra bibliografía de ámbito xeral ou localizado.

Refraneiro galego da muller

O refraneiro galego da muller, loxicamente, resulta amplísimo, polo que só se pode recoller aquí unha mostra non exhaustiva.

Xullo na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xullo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Denominacións populares do mes de xullo son mes de Santiago (ou simplemente, Santiago), e mes da sega ou seitura (alcumes estes que comparte con agosto ).

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.