El Progreso (xornal)

El Progreso é un diario creado en Lugo o 17 de agosto de 1908, voceiro do Partido Liberal, levando na súa cabeceira o subtítulo de "Diario Liberal".[1] No momento presente, o diario pertence ao Grupo El Progreso. O xornal cobre as informacións xeralistas facendo fincapé no acontecido na provincia de Lugo.

El Progreso
TipoDiario
CorBranco e negro e cor
FundadorPurificación de Cora y Más-Villafuerte
EditorBlanca García Montenegro (presidenta)
Luis Rodríguez García (director)
Linguaespañol e galego
LocalidadeLugo
Na rede
Web

Traxectoria

Foi fundado en 1908 por Purificación de Cora y Más Villafuerte e sempre permaneceu en mans desta familia. A día de hoxe é un dos diarios de referencia en Galiza. A actual presidenta é Blanca García Montenegro. A sede editorial atópase na rúa Ribadeo, nos arredores do parque de Rosalía de Castro.

Directores

Ao longo da súa historia, o xornal tivo os seguintes directores:

Notas

  1. Teijeira (1997), p. 106

Véxase tamén

Bibliografía

  • Teijeira, Mari Paz; de la Torre, María (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia. Lugo: Servicio de Pubilcaciones de la Diputación de Lugo. pp. 106–112. ISBN 84-8192-110-6.

Ligazóns externas

Adolfo de Abel Vilela

Adolfo de Abel Vilela, nado en Lugo o 13 de xuño de 1946, é un profesor, historiador, publicista, gravador, pintor e político galego.

Campionato Mundial de Motocrós 2019

O Campionato Mundial de Motocrós 2019 é a 63ª edición do Campionato Mundial de Motocrós, que se está a celebrar en 2019.

Consta de 18 probas, comezou en Neuquén o 3 de marzo, e rematará en Shanghai o 22 de setembro.Na categoría raíña, MXGP, Jeffrey Herlings é o defensor do título, tras gañar en 2018 o seu primeiro campionato mundial de MXGP e o cuarto en total. Na categoría MX2, defende o título Jorge Prado, tras gañar o seu primeiro mundial en 2018.

España

España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.

Javier Gómez Noya

Francisco Javier Gómez Noya, nado en Basilea (Suíza) o 25 de marzo de 1983, é un triatleta galego, o máis laureado da historia deste deporte.Entre o seu longo palmarés conta con cinco títulos de campión mundial (2008, 2010, 2013, 2014 e 2015), unha prata olímpica (Londres 2012), tres títulos da Copa do Mundo (2006, 2007 e 2008) e catro títulos de campión de Europa (2007, 2009, 2012 e 2016). É tamén campión do mundo de tríatlon de longa distancia (2019), campión de Europa de media distancia (2013), dúas veces campión do mundo de Medio Ironman (2014 e 2017), campión do mundo de tríatlon Xterra (2012) e subcampión do mundo de tríatlon de velocidade (2011).Foi galardoado en 2016 co Premio Princesa de Asturias dos Deportes.

Jorge Prado

Jorge Prado García, nado en Lugo o 5 de xaneiro de 2001, é un piloto galego de motocrós. É o actual campión do mundo de motocrós en categoría MX2. O seu número é o 61.

Lista de publicacións impresas galegas

Esta é unha lista dos xornais e publicacións periódicas impresas que hai ou houbo en Galicia ou dirixidas á comunidade galega no exterior, ordenada por lugar de publicación.

Resistência Galega

Resistência Galega é unha organización armada galega nada no 2005. Distintas persoas a título individual, e pequenos grupos organizados, reivindicaron accións violentas de loita independentista galega de esquerdas. O termo nace a partir dun Manifesto de Resistência Galega publicado no 2005.

Thomas Kjær Olsen

Thomas Kjer Olsen, nado en Sønderborg o 24 de abril de 1997, é un piloto de motocrós danés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.