El Periódico de Catalunya

El Periódico de Catalunya, ou máis simplemente El Periódico, é un diario de información xeral de pago, e distribución matinal, editado en Barcelona (España) en dobre versión, en catalán e en castelán. Ten a súa redacción nun edificio da rúa Consell de Cent, en pleno distrito do Eixample, e conta con correspondentes propios nas principais cidades de todo o mundo.

Pertence ao Grupo Zeta e ideoloxicamente está considerado catalanista non nacionalista e progresista. Formalmente caracterízase polo gran tratamento gráfico e a impresión de todas as súas páxinas en cor. No ano 2006 El Periódico ten un prezo de 1 euro de luns a sábado, e de 2 euros os domingos, día en que inclúe a revista "Dominical" e os suplementos "Airbag" e "Cuaderno del Domingo".

Segundo datos certificados pola Oficina de Xustificación da Difusión (OXD) e referidos ao período de xaneiro a decembro de 2010, a media de tirada de El Periódico de Catalunya foi de 168.911 exemplares e a media de difusión de 133.055.[1] Na súa edición dixital os usuarios creceron un 40'5% nun ano 2011-2012 rexistrando un dos maiores incrementos da prensa dixital en España.[2]

El Periódico de Catalunya
Notícies i última hora per a gent compromesa
El Periódico de Catalunya newspaper logo
El Periodico
Edicións en castelán (cabeceira vermella) e en catalán (azul)
Formato de páxinaFormato berlinés
Fundación1978
DirectorEnric Hernàndez
FundadorAntonio Asensio Pizarro
EditorialGrupo Zeta
TendenciaProgresismo, centro-esquerda
LinguaCatalán e castelán
LocalidadeBarcelona
ÁmbitoCataluña
PeriodicidadeDiario
Tiraxe168.911 exemplares (2010)
Na rede
Web
Twitter @elperiodico
Facebook

Notas

  1. "Información e Control de Publicacións". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 09 de novembro de 2012.
  2. "A web de EL PERIÓDICO crece un 40,5% nun ano, segundo o EGM". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2012. Consultado o 09 de novembro de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Albert Rivera

Albert Rivera Díaz, nado en Barcelona o 15 de novembro de 1979, é un avogado e político catalán. É o president de Ciutadans - Partit de la Ciutadania e foi o candidato á presidencia da Generalitat de Cataluña por este partido ás eleccións catalás de 2006 e 2010 e logo á presidencia do goberno español.

Aleix Saló

Aleix Saló Braut é un debuxante e creador de curtas catalán, nado en Ripollet (provincia de Barcelona) o 30 de xaneiro de 1983.

Alfonso S. Palomares

Alfonso Sobrado Palomares, nado en Paradela (Calvos de Randín) en 1935, é un xornalista e escritor galego.

Alícia Sánchez-Camacho

Alícia Sánchez-Camacho Pérez, nada en Barcelona o 22 de abril de 1967, é unha política catalá de dereitas e actual presidenta do Partit Popular Català dende o 6 de xullo de 2008.

Estudou a Licenciatura en Dereito e accedeu ao Poder Xudicial como xuíza substituta. Estudou un mestrado en Administración pública.

Asexualidade

A asexualidade é unha orientación sexual que describe os individuos que non experimentan atracción sexual ou que non teñen interese ou desexo en practicar o sexo. Ás veces, é considerada como unha carencia de orientación sexual. Un estudo sitúa a asexualidade no 1%.

Os asexuais son persoas que non senten desexo polo pracer sexual; non senten atracción sexual cara a ningunha persoa que as rodea e non encaixan dentro de ningunha orientación sexual definida porque non é habitual que adoiten namorarse nin teñan parella.Séntense a gusto en soidade e illándose da xente; con todo amósanse socialmente moi activos e cultivan un gran grupo de amigos que saiban comprendelos e apoialos. Os asexuais tenden a crear unha unión afectiva cara á súa parella (se a teñen), aínda que esta non implique o sexo polo medio. Algúns asexuais ata se involucran sentimentalmente con outras persoas, malia que a barreira de amizade e relación non queda definida moi claramente e pode resultar ambigua.

Cristina Fallarás

Cristina Fallarás, nada en Zaragoza en 1968, é unha escritora e xornalista española.

David Rubín

David Rubín, nado en Ourense o 19 de outubro de 1977, é un debuxante de banda deseñada galego.

Diari Ara

Ara (en galego "agora") é un xornal de información xeral escrito en lingua catalá que se edita en Barcelona para Cataluña, Illas Baleares e Andorra. A súa directora é Esther Vera .

Españistán

Españistán. Este país se va a la mierda é un libro de banda deseñada creado polo catalán Aleix Saló sobre a crise económica española tralo estoupido da burbulla inmobiliaria. Foi publicado por Edicións Glénat en abril de 2011.

Jordi Solé Tura

Jordi Solé Tura, nado en Mollet del Vallès o 23 de maio de 1930 e finado en Barcelona o 4 de decembro de 2009, foi un político e xurista catalán, un dos sete Pais da Constitución Española de 1978.

José Antonio Hermida

José Antonio Hermida Ramos, nado en Puigcerdà o 24 de agosto de 1978, é un ciclista de montaña catalán, especialista en campo a través. Proclamouse campión do mundo no ano 2010.

La 2

La 2, tamén coñecida como La Dos ou TVE 2, é a segunda cadea de televisión que emitiu en España. Pertence ao grupo Radiotelevisión Española (RTVE). A cadea comezou as súas emisións o 1 de xaneiro de 1965 e a programación regular o 15 de novembro de 1966.

Destaca por ter unha programación máis minoritaria, cultural e de atención ao cidadán que a súa cadea irmá La 1, e que a maioría das cadeas xeralistas a nivel nacional.

Libera!

Libera! é unha organización española sen ánimo de lucro adicada á defensa dos dereitos dos animais. Para concienciar, realiza principalmente campañas educativas e de sensibilización cidadá, manifestacións, denuncias e outros actos reivindicativos. Libera! foi constituída en 2004 en Barcelona . Nas súas orixes adoitaba realizar as súas accións no ámbito catalán, ata que se transformou nunha organización a nivel estatal.

Nacionalismo aranés

O nacionalismo aranés ou aranesismo é un movemento que reivindica a creación dun pacto de libre unión do Val de Arán respecto a Cataluña. Fundaméntase sobre a base da súa lingua (o aranés), cultura e identidade diferentes das de Cataluña.

Pepa Bueno

María José Bueno Márquez, máis coñecida como Pepa Bueno, nada en Badaxoz en 1964, é unha xornalista española, presentadora de televisión e radio.

Perfecto Conde

Perfecto Conde Muruais, nado en Xinzo (A Pontenova) o 13 de abril de 1943, é un xornalista e escritor galego.

RCDE Stadium

O RCDE Stadium, ata 2014 coñecido como Estadi Cornellà-El Prat, é un estadio de fútbol, propiedade do RCD Espanyol, situado no límite entre os concellos de Cornellà de Llobregat e El Prat de Llobregat, na provincia de Barcelona.

Inaugurado o 2 de agosto de 2009, é un estadio de categoría 4, a máxima outorgada pola UEFA, e ten unha capacidade para 40.500 espectadores, todos en bancadas cubertas, coa posibilidade dunha ampliación futura. O recinto ocupa unha superficie de 182.000 m² dos que 36.000 m² corresponden ao estadio.

Simiocracia

Simiocracia: Crónica de la Gran Resaca Económica é un libro de banda deseñada creado polo catalán Aleix Saló sobre a crise económica española.

Teresa Rodríguez

María Teresa Rodríguez-Rubio Vázquez, nada en Rota o 18 de setembro de 1981, é unha política andaluza.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.