El País

El País (autodefinido como «Diario independiente da mañá») é un xornal español de ámbito nacional, redactado integramente en castelán (agás algunhas páxinas illadas nas edicións autonómicas) e de pago. Cunha media de 457.675 exemplares diarios, é o periódico non deportivo de maior difusión de España, segundo a Oficina de Xustificación da Difusión. Ten sede social e redacción central en Madrid, aínda que conta con delegacións nas principais capitais de España (Barcelona, Sevilla, Valencia, Bilbao...) desde as que edita diferentes edicións territoriais. A última destas en inaugurarse, en novembro de 2006, foi precisamente a correspondente a Galicia.

Caracterízase por ser un xornal de tendencia europeísta, socialdemócrata no ideolóxico, e polo gran tratamento que dá, no informativo, ás novas de carácter internacional, de cultura e de economía, ademais da información sobre España. Conta con columnistas e colaboradores puntuales provenientes de diferentes ámbitos sociais, que avezan a reforzar a liña editorial progresista do diario. Entre os seus colaboradores habituais destaca o xornalista e escritor galego Manuel Rivas, que ademais publica con frecuencia no suplemento dominical de El País, EPS País Semanal.

No aspecto formal, El País caracterízase pola sobriedade expresiva, tanto no tratamento da información como no estético: páxinas a cinco columnas con predominio da orde e a clara distribución dos distintos subxéneros xornalísticos. A fotografía e a infografía cumpren un papel secundario de apoio á información escrita. Desde a súa fundación sempre mantivo o mesmo deseño e tipografía: la Times New Roman.

As imaxes son maioritariamente en branco e negro, coa da portada sempre en cor (só desde uns anos atrás), xunto con outras fotografías illadas do interior.

El País pertenece ó maior grupo mediático español, o Grupo PRISA, que é tamén propietario da Cadena SER (radio), Cinco Días (prensa económica), Santillana, Diario As (prensa deportiva), Los 40 Principales (radiofórmula), Sogecable;Cuatro e Digital+; e Localia (televisión).

Diario El País
Logo
El Pais logo 2007
Fundación 4 de maio de 1976
Xénero Información xeral
País España
Cidade Madrid
Ámbito España
Idioma Español
Periodicidade Diaria
Publicación Matutina
Tirada 588.530 exemplares (OJD, xuño 2005)
Difusión 457.675 exemplares (OJD, xuño 2005)
Prezo unitario 1 (2005)
Formato páxina 41x28cm (AltoxAncho)
Columnas por páxina 5
Nº páxinas 98
Cor Branco e negro e cor
Empresa editora Grupo PRISA
Fundador Jesús de Polanco e Juan Luis Cebrián
Director Javier Moreno
Redactores destacados

José Yoldi
Santiago Segurola
Alicia Rivera
Gorka Lejarcegui
Ramón Lobo

Columnistas destacados
Viñetistas

Forges
Máximo
El Roto
Romeu

Historia

El País foi fundado por José Ortega Spottorno e saiu á luz o 4 de maio de 1976, seis meses despois da muerte de Francisco Franco, e a principios da transición española. A súa saída ó mercado supuxo unha revolución no panorama xornalístico español, xa que se converteu no primeiro periódico de clara vocación demócrata e europeísta, nun contexto no que o resto de xornais españois viñan dunha longa historia no franquismo. El País veu a ocupar o baleiro existente e pasou a serc o xornal da España democrática, dando voz, entre outros, a antigos loitadores antifranquistas e ós defensores da democracia en España, nuns momentos en que o tránsito do franquismo á democracia atopábase aínda en pleno desenvolvemento. O seu primeiro director (ata 1988) foi Juan Luis Cebrián que viña, como moitos outros xornalistas españois da época, do Diario Pueblo, órgano dos sindicatos verticais franquistas.

Foi con motivo do golpe de estado do 23-F do tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero. En plena incertiume da noite do 23 de febreiro de 1981, co goberno e todos os deputados secuestrados no Congreso, cos tanques do exército ocupando as rúas de Valencia, e antes de que Televisión Española puidese emitir a mensaxe institucional do Rei Xoán Carlos I condenando o golpe, El País sacou á rúa unha edición especial do xornal titulada «El País, con la Constitución». Foi así o primeiro diario que saiu aquela noite posicionándose claramente, e chamando ós cidadáns a manifestarse en favor da democracia. Foi moi comentado en medios periodísticos que o que ocupaba daquela o posto de director de El País, Juan Luis Cebrián, chamou por teléfono a Pedro J. Ramírez, que dirixía naquel momento Diario 16, para propoñerlle que ambos medios elaboraran unha publicación conxunta en defensa da democracia, algo ó que Ramírez se negou alegando que prefería agardar unhas horas para ver cómo se desenvolvían os acontecementos. Diario 16 saíu á rúa só trala mensaxe televisiva do Rei.

Aqueles acontecementos, e o triunfo por maioría absoluta do PSOE nas eleccións de 1982, facilitaron que El País se consolidara, durante os anos 80, como líder indiscutible da prensa española, fronte a ABC, de tendencia máis conservadora, o seu principal rival naqueles anos.

Ó prestixio de El País contribuíu o seu rigoroso tratamento das normas xornalísticas e o feito de que fose o primeiro xornal de España en establecer normas internas de control de calidade. Así, foi o primeiro diario español en crear a figura do "Defensor do lector" (Press Ombudsman) e en redactar e publicar un Libro de Estilo que se converteu en referencia, e continúa séndoo, no mundo do xornalismo.

El País tamén estableceu varios acordos de colaboración con outros xornais europeos de ideoloxía socialdemócrata. Así, en 1989, El País participou na creación dunha rede común de recursos informativos con La Repubblica (Italia) e Le Monde (Francia). Desde outubro de 2001 inclúese un suplemento de El País en inglés na versión española do International Herald Tribune.

A principios dos anos 1990, El País tivo que facer fronte a unha nova situación tanto política como xornalística. O incremento da tensión política causado polos escándalos de corrupción do goberno socialista de Felipe González bipolarizou tanto a política española comoa a prensa. Os medios conservadores (El Mundo, ABC, La Razón), considerados afíns ó Partido Popular, criticaron duramente a El País e ó resto de medios propiedade do Grupo PRISA (Cadena SER de radio, e Canal+ de televisión), de actuar en connivencia cos intereses do PSOE.

Aínda así, El País logrou manter sempre o seu liderado como diario xeral máis vendido de España, a menor distancia de El Mundo de Pedro J. Ramírez.

A mediados dos anos 1990, El País foi o segundo xornal de España en ofrecer unha edición electrónica en internet ([www.elpais.com El País]). Tamén foi o primeiro periódico español que, o 18 de novembro de 2002, impuxo o sistema de pago para acceder ós contidos informativos da súa edición dixital. Esta decisión supuxo a perda da maior parte das súas visitas, en beneficio do seu competidor, a edición dixital de El Mundo. Tanto é así, que o 3 de xuño de 2005 volveu a abrir a maioría dos seus contidos gratuitamente, deixando basicamente ós suscriptores o acceso a contidos multimedia e á hemeroteca.

Edición de Galicia

A edición de Galicia é a máis recente de El País.

Anteriormente, os únicos contidos adaptados á nosa comunidade que incluía o xornal eran a carteleira cinematográfica e a programación da canle autonómica correspondente, neste caso a TVG.

Desde o 22 de novembro de 2006, o xornal conta cun número de páxinas (entre 5 e 15 aproximadamente, dependendo do día) dedicadas a Galicia e firmadas por xornalistas coma Paola Obelleiro, Óscar Iglesias, Fernando Varela, María Fábregas, Julián Hernández e Manuel V. Sola entre outros.

A redacción de Galicia está liderada por Félix Monteira e Xosé Hermida.

Suplementos

El País inclúe varios suplementos, algúns dos cales gozan de grande prestixio:

  • Xoves: Ciberpaís, suplemento sobre informática e electrónica [1].
  • Venres: EP[3], anteriormente e durante anos coñecido como El País de las Tentaciones, suplemento adolescente e xuvenil [2].
  • Sábados: Babelia, suplemento cultural especializado en literatura [3]; El Viajero, suplemento de viaxes [4]
  • Domingos: revista EP[S] sobre moda, reportaxes, artigos de opinión e contidos varios [5]; e Pequeño País, suplemento infantil.

Premios

Entre os premios recibidos por El País destaca o Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades que lle foi concedido ó diario en 1983.

Ademais, o diario entrega desde 1984 os seus propios premios de xornalismo, os Ortega y Gasset.

Notas

  1. Ciberpaís
  2. Tentaciones
  3. Babelia
  4. El Viajero
  5. "El País Semanal". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2016. Consultado o 10 de xuño de 2016.

Véxase tamén

Ligazóns externas

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

2010

2010 (MMX) comezou un venres no calendario gregoriano, non sendo un ano bisesto. Foi ano santo xacobeo.

2011

O ano 2011 (MMXI) comezou en sábado no calendario gregoriano.

2013

2013 foi un ano común empezado en martes segundo o calendario gregoriano

2014

2014 é un ano común empezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

2019

2019 (MMXIX) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

9 de setembro

O 9 de setembro é o 252º día do ano do calendario gregoriano e o 253º nos anos bisestos. Quedan 113 días para finalizar o ano.

Andorra

Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.

O Principado foi fundado en 1278, e a súa soberanía está compartida entre o Presidente da República Francesa e o Bispo de Urgell. É unha nación próspera debido sobre todo á súa industria turística, que serve a uns 10,2 millóns de visitantes ao ano, e polo seu status de paraíso fiscal. Non é membro da Unión Europea, aínda que o euro é a súa divisa de facto. Durante moito tempo pobre e illado, acadou unha notable prosperidade desde a segunda guerra mundial e hoxe os andorranos posúen a segunda esperanza de vida ao nacer máis alta do mundo con 85 anos.

Antón Lamazares

Antón Lamazares Silva, nado en Maceira (Lalín) o 2 de xaneiro de 1954, é un pintor galego da xeración dos '80. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.

As (xornal)

As é un xornal español de información deportiva, de tirada diaria, de pago e con distribución matinal editado polo Grupo PRISA.

Foi fundado en 1967 por Luis Montiel Balanzat, sendo o actualidade o diario deportivo máis lido na Comunidade de Madrid e o segundo diario deportivo de España tanto en tirada como en vendas e distribución. Así mesmo, o seu web as.com ocupa a terceira posición por número de visitas na clasificación de diarios nacionais.

Cadena SER

A Cadena SER (acrónimo de Sociedad Española de Radiodifusión) é unha das canles xeralistas de radio de maior antigüidade e ouvintes de España. Ademais, é a que conta cun maior número de emisoras repartidas por toda España e cos mellores índices de audiencia do país.

Pertence ó grupo radiofónico Unión Radio e está controlada accionarialmente polo Grupo PRISA, grupo editorial que conta tamén coas emisoras musicais Los 40 Principales, Cadena Dial, M80 Radio, Radiolé, Máxima FM e Ona FM, así como tamén xornais coma El País.

Edicións A Nosa Terra

Edicións A Nosa Terra foi unha empresa editorial galega, con sede en Vigo, fundada en 1987 e desaparecida en 2010.

FilmAffinity

FilmAffinity é un sitio web dedicado ao cinema, creado en 2002 polo crítico Pablo Kurt e o programador informático Daniel Nicolás. Tamén conta cunha versión en inglés. A edición americana de PC Magazine (abril de 2004) incluíu FilmAffinity entre as cen mellores webs por descubrir do mundo; cualificouno como a mellor web na categoría de entretemento.

Francisco, papa

Francisco (en latín: Franciscus), nado co nome de Jorge Mario Bergoglio en Buenos Aires o 17 de decembro de 1936, é o 266º, e actual, papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 13 de marzo de 2013.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Partido dos Socialistas de Galicia

Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia.

Conta con 1.181 concelleiros e 111 alcaldías, entre elas as de 5 das 7 cidades galegas. Ademais ten 14 deputados no Parlamento de Galicia, 10 no Congreso dos Deputados e 8 no Senado.

Resistência Galega

Resistência Galega é unha organización armada galega nada no 2005. Distintas persoas a título individual, e pequenos grupos organizados, reivindicaron accións violentas de loita independentista galega de esquerdas. O termo nace a partir dun Manifesto de Resistência Galega publicado no 2005.

Xoán Carlos I de España

Xoán Carlos I de España, nado en Roma o 5 de xaneiro de 1938, foi Rei de España entre 1975 e 2014, mantendo tras a súa abdicación o título de rei só con carácter honorífico.

Foi proclamado o 22 de novembro de 1975, trala morte de Francisco Franco, de acordo coa Lei de Sucesión na Xefatura do Estado de 1947. A Constitución española, ratificada por referendo popular o 6 de decembro de 1978 e promulgada o 27 de decembro do mesmo ano, recoñéceo expresamente como rei de España e lexítimo herdeiro da dinastía histórica de Borbón, outorgándolle a xefatura do Estado. A Carta Magna confire á súa dignidade o rango de símbolo da unidade nacional. Anteriormente ao seu proclamación, desempeñara funcións interinas na xefatura do Estado durante a enfermidade de Franco.

Ao longo do seu reinado, o rei gozou dun elevado apoio popular tanto en España como en Iberoamérica. Con todo, en 2012 esta tendencia cambiou de forma drástica e o apoio reduciuse ata o punto de que, en abril de 2013, un 53% da poboación desaprobaba a forma en que desempeñaba as súas funcións, aínda que mantendo unha valoración positiva superior con respecto ás diferentes partes do organigrama político español.

O papel do rei durante a Transición española e a súa intervención para frear o intento de Golpe de Estado de 1981, o seu apoio á unidade europea e a súa contribución á hora de estreitar relacións diplomáticas, foron obxecto de diversas homenaxes, recoñecementos, premios e galardóns internacionais como o Premio Carlomagno (1982), o Premio Félix Houphouët-Boigny para a Procura da Paz da Unesco (1995), a «Medalla da Democracia» da Universidade Yeshiva (1997), o Premio «Estadista Mundial» da Fundación Appeal of Conscience (1997) ou o Premio Estatal da Federación Rusa (2011), entre outros. Sobre o seu papel durante os primeiros anos do seu reinado, a revista Estafe publicaría que o rei Xoán Carlos xurdiu «como un dos heroes máis improbables e inspiradores da liberdade do século XX, desafiando un intento de vez militar que buscaba subverter á nova democracia posfranquista de España».O 2 de xuño de 2014, anunciou a súa abdicación á coroa de España. Sucedeuno o seu fillo Filipe VI tras a aprobación por parte das Cortes Xerais da Lei de Abdicación, que se fixo efectiva o 19 de xuño de 2014.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.