El Museo de Pontevedra

El Museo de Pontevedra é a revista do Museo Provincial de Pontevedra, fundada por Xosé Filgueira Valverde, publicada en Pontevedra desde 1942, de periodicidade anual.

El Museo de Pontevedra
PaísEspaña
Sede centralPontevedra
Linguacastelán, galego
Fundación1942
FundadorXosé Filgueira Valverde
Primeira edición1942
Desenvolvemento
EditorMuseo Provincial de Pontevedra
Circulación
Frecuenciaanual
ISSN0210-7791
OCLC436617282
museo.depo.gal

Descrición

Inclúe traballos, en castelán e galego, de investigación en diferentes áreas, como arqueoloxía, numismática, historia, filoloxía, liñaxe, folclore e documentos

Desde 1983 empezou a figurar como director-adxunto Xosé Carlos Valle Pérez, que en 1987 se converteu no director.

Autores

Publicou artigos de case 400 autores, entre eles: Adolfo de Abel Vilela, Fernando Acuña Castroviejo, Paloma Acuña Fernández, Pilar Allegue, Xesús Alonso Montero, Fernando Alonso Romero, Eliseo Alonso, Carlos Alonso del Real, Darío Álvarez Blázquez, Olimpio Arca, Concepción Arenal, Felipe Arias, Carlos Baliñas Pérez, Xaime Barreiro, José María Bello Diéguez, Antonio Blanco Freijeiro, Antonio Bonet Correa, Fermín Bouza-Brey, Mercedes Brea López, Fernando Cabeza Quiles, Enrique Campo, Ricardo Carballo Calero, María Victoria Carballo-Calero, Xesús Carro, Xosé Carro Otero, Xosé Casal Lois, José Santiago Crespo Pozo, Felipe Criado Boado, Manuel Díaz Díaz, Francisco Díaz-Fierros, Francisco Fariña Busto, Xosé Fariña Jamardo, Gonzalo Fernández de la Mora, Francisco Fernández del Riego, Begoña Fernández Rodríguez, Enrique Fernández-Villamil, Xosé Filgueira Valverde, Antón Fraguas, Xosé Fuentes Alende, Alfredo García Alén, Luciano García Alén, Xosé Manuel García Iglesias, Xosé García Oro, Augusto García Sánchez, Anxos García Sumai, Domingo García-Sabell, Xaime Garrido Rodríguez, Marcial Gondar, Sebastián González García-Paz, Clodio González Pérez, Xosé Manuel González Reboredo, Marta González, Ramón de Gregorio, Aquilino Iglesia Alvariño, Antonio Iglesias, José Isorna, Juan Juega, Manuel Lago González, Valentín Lamas Carvajal, Amancio Landín Carrasco, Eduardo Lence-Santar, Florentino López Cuevillas, Pilar Otilia López, José Manuel B. López Vázquez, Xaquín Lorenzo, Antón Losada Diéguez, Pascual Madoz, Manuel Mandianes, Andrés Martínez Salazar, Antonio Meijide Pardo, Casto Méndez Núñez, Isidoro Millán González-Pardo, Luís Monteagudo, Serafín Moralejo, Staffan Mörling, Camiño Noia, José Luis Novo Cazón, Antonio Odriozola, María do Socorro Ortega Romero, Ramón Otero Pedrayo, Carmen Pallares Méndez, Emilia Pardo Bazán, Aureliano Pardo Villar, Eduardo Pardo de Guevara, José Luis Pensado, Antonio de la Peña, Xoán Manuel Pintos, José Manuel Pita Andrade, Francisco José Portela Sandoval, Ermelindo Portela Silva, Manuel Jesús Precedo Lafuente, José María Ramil Soneira, Antonio Riestra del Moral, Vicente Risco, Elixio Rivas Quintas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Luis Rodríguez Ennes, Modesto Rodríguez Figueiredo, Antonio Rodríguez Fraiz, Luís Rodríguez Seoane, Prudencio Rovira, Víctor Said Armesto, Casto Sampedro Folgar, Francisco Javier Sánchez Cantón, Martín Sarmiento, Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Victoriano Taibo, Xosé Carlos Valle Pérez, Benito Varela Jácome, Alfonso Vázquez Martínez, José Manuel Vázquez Varela, María Dolores Vila Jato e Ramón Yzquierdo Perrín.[1]

Notas

  1. Índice de autores en Dialnet.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Antón Losada Diéguez

Antón Losada Diéguez, nado en Moldes (Boborás) o 22 de decembro de 1884 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1929, foi un filósofo, escritor e político galego. A súa familia procedía da fidalguía e da nobreza galega do Antigo Réxime, o carlismo e o tradicionalismo, tendencias que influíron na súa traxectoria no nacionalismo galego. Integrante da Irmandade da Fala de Ourense, impulsor da revista Nós e ideólogo do artellamento do grupo Nós e correspondente da Real Academia Galega, atraeu a numerosos intelectuais á causa galeguista, exercendo sobre eles un labor socrático, cunha extraordinaria capacidade de espertar conciencias e estimular talentos. De obra relativamente escasa e en gran parte inédita ata 1985, foi autor, entre outras, de media ducia de poesías, sete contos, dous escritos políticos, a obra teatral incompleta A domeadora e os discursos "Os problemas do idioma e a cultura no rexionalismo galego" (1918) e "Encol da prosa galega" (1924), co que ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Morreu prematuramente aos 44 anos de idade. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1985.

Berobreo

Berobreo é o epíteto que recibe un deus galaico, baixo imperial dunha Galicia oficialmente cristiá, relacionado co alén e a morte e ao que lle daba ofrendas no santuario do Monte Facho, Donón. Foi totalmente descoñecido na historiografía, tanto na Península como fóra dela, até a última década do século XX. A epigrafía atopada no Facho, a 157 metros sobre o nivel do mar, ten imitacións de estelas funerarias, gravacións reais esquevomorfas . Suxire que a esa divindade se lle deixaban aras, seguramente, para recuperar, os oferentes, a saúde. Durante a dominación romana foi encadrada entre os deuses "Lares", deuses que reciben adoración por parte dunha familia; inda que, porén, Berobreo era un "lar" público. Este deus rexistra ata o de agora o maior número de exvotos da Península Ibérica (174 aras algunhas de apenas medio metro e outras de 1,70 m) que conformarían un pequeno monte de aras no alto do monte, residencia do deus. Por iso, esta divindade asóciase cos deuses da primeira función dumeziliana, un deus Urano, do ceo.

Castro da Lanzada

O castro da Lanzada é un poboado castrexo orixinario do século VIII a.C.. Contén unha necrópole que foi utilizada ata os séculos III - IV d.C.

Está situado na parroquia de Noalla (Sanxenxo), e asenta sobre a base dunha punta que se introduce no mar, nas inmediacións dos restos dunha fortaleza medieval, coñecida como a torre da Lanzada. No extremo máis occidental érguese a capela da Nosa Señora da Lanzada.

O castro foi escavado por vez primeira na década de 1950 polo Museo de Pontevedra e da man de Filgueira Valverde, e desde entón foi obxecto de sucesivas escavacións (nos anos 70, por Francisco Fariña Busto, e no ano 1983, por de la Peña Santos) ata a reanudación da súa recuperación no verán de 2010. Nesta última ocasión o director do proxecto foi o arqueólogo da Deputación de Pontevedra Rafael Mª Rodríguez Martínez coa colaboración do Laboratorio de Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Ó estar cuberto de area, menos agresiva cá terra para os restos orgánicos, está ben conservado, o que non impediu a súa destrución parcial para levanta-la ponte que une o promontorio co illote inmediato ou a consecuencia de construcións modernas. A propia capela da Lanzada está levantada sobre restos do castro. En calquera caso, trala última intervención de 2010 só se accedeu ata o nivel correspondente ó século II a.C, estimando que aínda quedan uns 2-3 metros por escavar. Así mesmo, a superficie estudada é só unha pequena parte dos arredor de 9.000 m² que se estiman ocupados.

Castro de Santa Trega

O Castro de Santa Trega é un castro galaico e un sitio arqueolóxico que se atopa no contorno do monte de Santa Trega. Pertencente á cultura castrexa e o máis emblemático e visitado dos castros galegos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural.

No castro atópanse desde petróglifos, en varias das pedras do monte, elaborados 2.000 anos antes da ocupación do castro, que, seguindo a tese mantida por de la Peña Santos, director das últimas campañas de escavacións arqueolóxicas na década dos oitenta, tivo unha ocupación continuada entre o século I a. C., ao pouco de comezar o proceso de romanización de Galicia, e o século I d. C., e que a partir dese momento comezou un lento proceso de abandono, que ben puido ter sido interrompido por reocupacións esporádicas temporais en época tardorromana.

Chan da Arquiña

O túmulo e cámara megalítica de Chan da Arquiña é un dos monumentos deste tipo máis importantes da provincia de Pontevedra. Sitúase no concello de Moaña, na parroquia de San Pedro de Domaio.

Editorial de los Bibliófilos Gallegos

Bibliófilos Gallegos foi unha editorial galega fundada en Santiago de Compostela en 1949.

Fernando Cabeza Quiles

Fernando Cabeza Quiles, nado en Ponferrada en 1953, é un polígrafo galego que destaca pola súa obra sobre a toponimia de Galicia.

Isidoro Millán González-Pardo

Isidoro Millán González-Pardo, II conde de Quirós, nado en Pontevedra o 11 de xuño de 1922 e finado en Santiago de Compostela o 17 de decembro de 2002, foi un erudito galego, catedrático de lingua grega e autor de estudos especializados sobre epigrafía, toponimia e paleolingüística galaica e hispana. Foi membro numerario da Real Academia Galega.

José Luis Pensado

José Luís Pensado Tomé, nado en Negreira o 6 de marzo de 1924 e finado en Salamanca o 15 de decembro de 2000, foi un filólogo e lingüista galego que entre outros aspectos dedicou parte da súa vida á edición da obra do ilustrado frei Martín Sarmiento. Foi membro de número da Real Academia Galega, correspondente da Real Academia Española e membro de honra da Academia de la Llingua Asturiana.

Lista de artigos de Antón Fraguas

Esta é unha lista de artigos de Antón Fraguas publicados en xornais e revistas especializadas. Antón Fraguas publicou máis de 1.300 artigos en xornais e revistas como A Nosa Terra, Logos, Lar, Vida Gallega, Dorna, Outeiro, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, O Correo Galego etc.

Manuel Mandianes

Manuel Mandianes Castro, nado en Loureses (Os Blancos, Ourense) o 14 de xaneiro de 1942, é un antropólogo galego.

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Sergio Vázquez Rouco

Sergio Vázquez Rouco, nado o 15 de setembro de 1933 na parroquia de Salaia (Palas de Rei) e finado o 3 de abril de 2006, foi un sacerdote e historiador galego.

Sueiro Gómez de Soutomaior

Sueiro Gómez de Soutomaior, (nalgunhas publicacións aparece como Suero Gómez de Sotomayor e mesmo Soro Gómez de Soutomaior) nado en Rianxo cara a 1417 e finado en Pontevedra cara a 1490, foi un destacado aristócrata do reino de Galiza durante o século XV, herdeiro dunha liñaxe que se remonta polo menos ao seu tataravó, o grande almirante e adiantado galego Paio Gómez Chariño. Fillo de Paio Gómez de Soutomaior, ostentou o título de mariscal de Castela. Viviu nun tempo convulso, con graves tensións entre os diferentes nobres e os irmandiños. Foi señor das fortalezas e terras de Rianxo, Lantaño, San Tomé, Portonovo, Vilamaior, O Carril e A Insua e das terras de Posmarcos, Tabeirós, Cela e Sobrán. Serviu a Xoán II e en 1445 fíxose cargo da defensa das vilas de Pontevedra e Vilanova de Arousa.Testou en Vilanova en 1485 e foi enterrado en San Domingos de Pontevedra, onde se conserva a súa tumba pétrea cuberta coa súa escultura xacente, cunha hermética armadura e espada entre as mans.

Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Xenaro Carrero

Xenaro Carrero Fernández, nado en Noia o 30 de marzo de 1874 e finado en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 1902, foi un pintor galego, pertence á chamada Xeración Doente.

Xosé Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.

Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega. Trátase dunha figura que suscita controversia e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

Xulio Gil Rodríguez

Xulio Gil Rodríguez, nado en Ourense en 1954, é un matemático e fotógrafo galego. Reside en Vigo.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.