El Ideal Gallego

El Ideal Gallego, subtitulado Diario católico, regionalista e independiente, é un xornal en lingua castelá que se edita na Coruña desde 1917.

Coordenadas: 43°19′57″N 8°25′38″O / 43.332625, -8.427153

El Ideal Gallego
Diario gallego
El Ideal gallego Pocomaco A Coruña ei09djadwGL
Sede en POCOMACO
Tipoinformación xeral
Corcor e branco e negro
Fundación1 de abril de 1917 (102 anos)
PropietarioEditorial La Capital S.L.
DirectorManuel Ferreiro Regueiro
FundadorJosé Toubes Pego
RedacciónMiguel Pampín
Linguacastelán
LocalidadeA Coruña
Ámbitometropolitano
Periodicidadediaria
Na rede
Web

Historia e características

Fundado por José Toubes Pego, un sacerdote de Cuntis, co respaldo do arcebispo de Santiago, apareceu o 1 de abril de 1917. O seu primeiro director foi Alfredo García Ramos, que permaneceu no posto ata finais de 1919 en que foi substituído por Jacobo Varela de Limia. A este sucedérono Alberto Paredes Bravo (finado en 1925) e outros ata que en 1931 o xornal pasou a ser xestionado pola Editorial Católica. Dende 1931 ata 1935 o director do xornal foi José Martínez Pereiro[1]. A este sucedeuno Santiago Lozano García en decembro de 1935.

Publicou unha "Hoja literaria" na década dos vinte. Nos anos 60 incluíuse no suplemento dominical unha folla cultural: "Arco da Vella" en galego, da que se responsabilizaba a Agrupación Cultural O Facho. Entre 1984 e 1990 o xornal editou o suplemento bilingüe "Cataventos". En 1992 o xornal pasou a editar no exemplar dominical o suplemento "Cultural 92".

Notas

  1. http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1974/07/12/046.html

Véxase tamén

Ligazóns externas

2015

2015 é un ano común do calendario gregoriano, que comeza en xoves.

Aureliano Pardo Villar

Aureliano Pardo Villar, nado en Arzúa o 18 de xaneiro de 1882 e finado en Padrón o 13 de xaneiro de 1957, foi un frade e escritor galego.

Campionato de Galicia de fútbol 1921/22

O Campionato de Galicia da Serie A 1921/22 foi a oitava edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en novembro de 1921 e rematou en marzo de 1922. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña e o Pontevedra Athletic Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. O Deportivo da Coruña foi descualificado por causa dunha agresión sufrida polo árbitro durante un encontro en Riazor fronte ó Pontevedra Athletic. Proclamouse campión o Fortuna de Vigo.

Casa do Consulado

A Casa de Ramos, posteriormente chamada Casa Real do Consulado e, abreviadamente, Casa do Consulado, é un edificio de estilo neoclásico da cidade da Coruña construído no século XVIII.

Diario de Ferrol

Diario de Ferrol é un xornal galego fundado na cidade de Ferrol en 1998 e editado por El Ideal Gallego na Coruña.

El Eco de Galicia (A Coruña)

El Eco de Galicia foi un periódico editado na Coruña entre 1904 e 1916.

Francisco Vázquez Enríquez

Francisco Vázquez Enríquez, finado en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1951, foi un avogado, xornalista e político galego.

Gallego

Gallego ou Gállego poden referirse a:

Gallego, filme de 1988, dirixido por Manuel Octavio Gómez.

El Correo Gallego (1978-), un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela.

El Ideal Gallego (1917-), un xornal que se edita na Coruña.

El Pueblo Gallego (1924-1979), un xornal que se editou en Vigo.

Banco Gallego, unha entidade financeira de ámbito principalmente galego.

Río Gállego, un río aragonés, afluente do Ebro.

Alto Gállego, unha comarca situada ao norte de Aragón

Almanaque Gallego (1898-1927), unha publicación anual que se editou en Bos Aires.

Partido Gallego Independiente (1977-1978), un partido galego de centro promovido por José Luis Meilán Gil e David Pérez Puga

Almanaque Gallego (1898-1927), unha publicación anual que se editou en Bos Aires.

Folklore Gallego, foi unha sociedade creada en 1881 na cidade da Coruña.

Solidarismo Gallego (1907-1908), un periódico editado na Coruña.

Ideal Gallego (1925-1930), un periódico editado na Habana.

IASA

Ideal Auto ou IASA é unha empresa de transporte de viaxeiros e mercadorías fundada en Ferrol en 1912 por Jesús Pita Saavedra co nome de El Ideal Gallego. Tamén se coñece popularmente como "O Ideal".

En 1975 trocou o nome por Ideal Auto S.A. (IASA). A empresa foi vendida en 1999 á multinacional inglesa Arriva tiña entón máis de 170 autocares e case trescentos traballadores.

Isidro (futbolista)

Isidro Rodríguez Gómez, coñecido deportivamente como Isidro, nado en Pontevedra en 1890, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de gardameta.

José Calviño Domínguez

José Calviño Domínguez, nado en Lores (Meaño) e finado en Madrid o 23 de xaneiro de 1947, foi un avogado e político galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Martínez Pereiro

José Martínez Pereiro, nado en Noia en 1888 e finado na Coruña o 12 de setembro de 1957, foi un avogado galego que exerceu de mestre, avogado e director do xornal El Ideal Gallego entre 1931 e 1936.

Loureda, Arteixo

Santa María de Loureda é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1612 habitantes (794 homes e 818 mulleres), 401 máis ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.

Monumento a Emilia Pardo Bazán

O monumento á Condesa de Pardo Bazán é un conxunto escultórico feito polo artista Lorenzo Coullaut Valera por encargo do concello coruñés na memoria da escritora Emilia Pardo Bazán. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez, frecuente lugar de paseo dos coruñeses.

Praia de Bens

A praia de Bens é unha praia situada en Bens, no concello da Coruña. Está composta por area e grava, e atópase rodeada por acantilados. É unha praia airosa e de fortes ondas.

Pódese chegar a ela a través da liña de autobús 6A.

O areal ten escasa ocupación debido á contaminación das súas augas.

Praias da Coruña

O concello da Coruña, situado no Golfo Ártabro, conta con 15 praias e algúns coídos.A maior parte da cidade que ten costa á ría está ocupada polo porto, polo que a maioría das praias están no resto da costa.

Xosé Bergantiños

Xosé Bergantiños Miragaya, nado en Guitiriz en 1936, é un escritor e articulista galego.

Álvaro Cebreiro

Álvaro Cebreiro Martínez, nado na Coruña o 26 de maio de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1956, foi un debuxante, ilustrador e caricaturista galego, artista precoz que se deu a coñecer en A Nosa Terra cando só tiña dezaseis anos de idade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.