El Gran Carlemany

El Gran Carlemany (do catalán: O Gran Carlomagno) é o himno nacional de Andorra. Foi escrito por Joan Benlloch i Vivó (1864 - 1926) e composto por Enric Marfany Bons (1871 - 1942). Foi adoptado como himno nacional de maneira oficial en 1921.

El Gran Carlemany
El Gran Carlemany
En galego: O Gran Carlomagno
Himno deAndorra Andorra
LetraEnric Marfany Bons
MúsicaJoan Benlloch i Vivó
Adoptado1921

Letra en catalán

El gran Carlemany mon Pare,
dels àrabs em deslliurà.
I del cel vida em donà,
de Meritxell la gran Mare,

Princesa nasquí i Pubilla,
entre dues nacions, neutral.
Sols resto l'única filla,
de l'imperi Carlemany.

Creient i lliure onze segles,
creient i lliure vull ser.
Siguin els furs mos tutors,
i mos Prínceps defensors!
I mos Prínceps defensors!

Tradución ao galego

O gran Carlomagno meu pai,
dos árabes ceiboume.
E do ceo vida deume,
de Meritxell, a gran Nai,

Princesa nacín e virxe,
entre dúas nacións, neutral.
Só ficou a única filla,
do Imperio Carolinxio.

Crente e ceibe once séculos,
crente e ceibe quero ser.
Sexan os foros os meus titores,
e os meus Príncipes defensores!
E os meus Príncipes defensores!

Véxase tamén

Ligazóns externas

Andorra

Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.

O Principado foi fundado en 1278, e a súa soberanía está compartida entre o Presidente da República Francesa e o Bispo de Urgell. É unha nación próspera debido sobre todo á súa industria turística, que serve a uns 10,2 millóns de visitantes ao ano, e polo seu status de paraíso fiscal. Non é membro da Unión Europea, aínda que o euro é a súa divisa de facto. Durante moito tempo pobre e illado, acadou unha notable prosperidade desde a segunda guerra mundial e hoxe os andorranos posúen a segunda esperanza de vida ao nacer máis alta do mundo con 85 anos.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.