El Eco de Galicia (A Habana)

El Eco de Galicia (Revista semanal de ciencias, arte y literatura) foi un xornal galego editado na Habana entre 1878 e 1902.

Historia e características

Carta de 1884 de Rosalía Castro a Waldo A. Insua, publicada en El Eco de Galicia n.º 192. 28 de febrero de 1886.pdf
Carta de 1884 de Rosalía Castro a Waldo A. Insua, publicada o 28/2/1886.

Foi o primeiro gran xornal galego na emigración. O primeiro número saíu o 8 de marzo de 1878. O seu nacemento e evolución están vencellados ao seu director, Waldo Álvarez Insua, que foi o iniciador do Centro Gallego de La Habana desde as páxinas do xornal. Entre xullo e outubro de 1901 estivo dirixido por Eduardo Núñez Sarmiento.

El Eco de Galicia era un xornal escrito en castelán, con colaboracións literarias en galego. Tiña información sobre a vida societaria galega en Cuba (Centro Gallego e Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia), noticias locais de Galicia e publicidade dos principais negocios galegos da Habana.

Os seus derradeiros números editáronse en 1902. Foi substituído por Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Irmandade Galeguista do Uruguai

No número de decembro de 1934 da revista O Irmandiño, a propia Irmandade definiuse a si mesma como unha entidade que non se adicaba en exclusive á política, senón que os seus principais obxectivos consistían en dar a coñecer grandes personalidades galegas que, debido ao réxime, morreron ou “vivían na escuridade” para así defender o idioma.

A Irmandade Galeguista do Uruguai fai un chamamento a todos os galegos e galegas do mundo, para tomar conciencia da situación da comunidade galega, ademais de facer fincapé na igualdade entre homes e mulleres, todos eles necesarios para a causa. Para apoiar este fin, en palabras de Antón Vilar Ponte, ínstase a mercar libros escritos no idioma galego, para continuar o legado da Editorial Nós, potenciando a literatura galega en Galicia e no resto do mundo.

A asociación acordou finalizar as súas funcións cando estalou a Guerra civil española, para apoiar todo o posíbel ao bando da República.

Luís Otero Pimentel

Luís Otero Pimentel, nado en Outeiro (Portodemouros, Vila de Cruces) o 3 de setembro de 1834 e finado en Cádiz en 1920, foi un militar e escritor galego en lingua galega e lingua castelá. A súa obra máis destacada é Campaña da Caprecórneca, novela publicada por entregas no semanario Follas Novas en 1897.

Xosé Neira Vilas

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.