Eixón, A Pobra do Brollón

San Xurxo de Eixón é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo na comarca da Terra de Lemos. Pertence ao arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 68 habitantes (31 homes e 37 mulleres) cunha densidade de 12,14 hab./km². A poboación diminuíu notablemente desde 1991, cando tiña 132 habitantes.

Coordenadas: 42°34′41.72″N 7°25′52.48″O / 42.5782556, -7.4312444

Eixón
Eixón Igrexa
Igrexa parroquial
ConcelloA Pobra do Brollón
Área5,6 km²
Poboación68 hab. (2011)
Densidade12,14 hab./km²
Entidades de poboación6

Xeografía

Limita ao norte coas parroquias de de Piño e Santalla de Rei, ao sur con Cereixa, ao leste con Castrosante e ao oeste coa Parte e Fornelas.

O río Cabe atravesa a aldea procedente de Santalla de Rei, e separa as entidades de Barrio de Arriba, A Lama e A Vila, de Alende, A Nogueira e O Porto. A parroquia ten un gran desnivel, dividindo en dous. Arriba está o Barrio de Arriba e parte da Vila e abaixo as demais entidades.

Historia

Esta parroquia pertenceu durante a idade media ao condado de Lemos. Aparece nos documentos medievais baixo a grafía de Eijión.

Patrimonio

A igrexa parroquial de San Xurxo, de época neoclásica, ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría, cuberta a dúas e catro augas con tellado de lousa. Na fachada ten un fornelo coa imaxe de San Xurxo, unha ventá rectangular e está coroada por un frontón. Posúe tamén unha torre cadrada e conserva no interior retablos e esculturas do século XVIII.

Festividades

  • Festas de San Xurxo: patrón da parroquia, o 23 de abril.
  • Festas de San Bartolomé: o último domingo de agosto.

Lugares e parroquias

Parroquias da Pobra do Brollón

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Lama, Eixón, A Pobra do Brollón

A Lama é un lugar da parroquia de Eixón, no concello lugués da Pobra do Brollón. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 19 habitantes (9 homes e 10 mulleres), 3 menos que o ano anterior. Está situado na parte inferior da aldea entre o río Cabe e a estrada LU-652, moi preto do lugar do Porto.

A Nogueira, Eixón, A Pobra do Brollón

A Nogueira é un lugar da parroquia de Eixón, no concello lugués da Pobra do Brollón. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña 8 habitantes (4 homes e 4 mulleres), 2 menos que no ano anterior.

Está situado na parte inferior da parroquia, ó norte de Alende, na ribeira do río Cabe.

A Vila, Eixón, A Pobra do Brollón

A Vila é un lugar da parroquia de Eixón, no concello lugués da Pobra do Brollón. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña 19 habitantes (10 homes e 9 mulleres), o mesmo número que no ano anterior.

Está situado na parte superior da parroquia.

Alende, Eixón, A Pobra do Brollón

Alende é un lugar da parroquia de Eixón, no concello lugués da Pobra do Brollón. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña 3 habitantes (1 home e dúas mulleres), unha muller menos que no ano anterior.

Está situado a 353 metros de altitude, na ribeira esquerda do río Cabe, moi preto do lugar da Nogueira.

Barrio de Arriba, Eixón, A Pobra do Brollón

Barrio de Arriba é un lugar da parroquia de Eixón, no concello lugués da Pobra do Brollón. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña 24 habitantes (9 homes e 15 mulleres), o mesmo número que no ano anterior.

Está situado na parte superior da parroquia.

O Porto, Eixón, A Pobra do Brollón

O Porto é un lugar da parroquia de Eixón, no concello lugués da Pobra do Brollón. Está situado moi preto do lugar da Lama e conta cunha granxa bovina.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.