Eivisa

Eivisa[1][2][3] ou Eivissa[4] (en catalán e oficialmente: Eivissa, en castelán: Ibiza) é unha illa española situada no mar Mediterráneo e que forma parte da comunidade autónoma das Illas Baleares. É a segunda illa máis poboada do arquipélago tras Mallorca e a terceira en superficie, por detrás de Mallorca e Menorca.

A illa é coñecida a nivel internacional pola beleza das súas calas e praias e a calidade das súas augas. É coñecida tamén pola súa vida nocturna, as súas festas e discotecas, que atraen a numerosos turistas. Parte da súa superficie foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999 pola súa biodiversidade e cultura.

Eivisa
Eivissa
Ibiza
Vista por satélite de Eivisa e Formentera.
Ibiza flag
Escut del Consell Insular d'Eivissa


Localització d'Eivissa respecte les Illes Balears
Localización nas Illas Baleares
Situación
PaísEspaña España
Comunidade autónomaFlag of the Balearic Islands.svg
ProvinciaIlles Balears
ArquipélagoIllas Baleares
Coordenadas38°59′N 1°26′L / 38.98, 1.43
Xeografía
Superficie572,56 km²
Punto máis alto475 msnm, Sa Talaia
Distancia a terra79 km
Demografía
CapitalEivissa
Poboación142.0652 hab. (INE 2016)
Densidade234,84 hab./km²
Lingua propiaCatalán e castelán

Xeografía

Está situada uns 75 km ao leste da Península Ibérica, fronte a Dénia, 140 km ao suroeste da illa de Mallorca, e ao norte da de Formentera, cunhas coordenadas 39° N, 1,4° E. A súa capital é Eivissa e as dúas vilas máis importantes, ademais da capital, son Sant Antoni de Portmany e Santa Eulària des Riu.

A illa de Eivisa, que xunto coa de Formentera reciben o nome de Pitiusas, ocupa unha superficie de 575 km² e por ela discorre un só río, o de Santa Eulària des Riu, que desde hai bastantes anos permanece seco pola excesiva explotación dos recursos acuíferos da illa. A máxima altitude da illa é Sa Talaia con 475 metros de altura.

Historia

A illa de Eivisa conserva restos arqueolóxicos (fenicios) pois foi un enclave comercial relevante dentro da cultura náutica deste pobo. Tanto na ruta do leste ao oeste como ao revés, a illa era punto de paso propicio para os navegantes polos ventos reinantes e as correntes do Mar Mediterráneo. Aproximadamente a metade do S. VIII a.n.e fúndase o primeiro asentamento estable na zona S-W, o asentamento de Sa Caleta, que se ocupará ata finais do mesmo século cando será abandonado. Aproximadamente na mesma época comézase a urbanizar a cidade de Eivisa, na mesma localización que a actual cidade, debido sobre todo ao seu gran porto, moito máis grande que o actual e á situación sobre un pequeno outeiro duns 100 sobre o nivel do mar. Entre o século VII a.n.e e un momento indeterminado a illa quedará dentro da órbita das polis Cananeas de Oriente Medio ata a súa conquista polos Asirios e de Qart Hadasht (Cartago) despois ata a súa destrución polos romanos o ano 146 a.n.e.

A ocupación extensiva da illa fará que creza a súa produción e riqueza de produtos ata ser nomeada polos historiadores romanos pola súa la, os seus viños e o seu sal. Proba do seu auxe económico son as cuñaxes propias feitas na illa desde finais do S. IV a.n.e co símbolo da illa, o deus Bes, ao que se debe o nome de "Ybshm" (Yboshim - illa de Bes), sincretismo do deus da fertilidade fraternal exipcio. Tamén é bo exemplo deste auxe a fundación en Mallorca dunha serie de asentamentos económicos na zona Sur, preto das salinas para o seu aproveitamento así como das relacións económicas cos insulares da cultura Talaiotica.

Tamén os romanos comerciaron coas Illas Baleares que posuían certas riquezas como o sal, figos ou a extracción de minerais (minas de galena-arxentífera e minio en s´Argentera - San Carlos). Ybshm(Yboshim?) foi o nome que lle deron os fenicios, e Ebusus a súa transcrición ao latín. Mentres nas illas maiores habitaban tribos menos desenvolvidas culturalmente e con tradicións bárbaras a ollos da cultura helenística, nas Pitiusas vivían xentes de tradición semita, descendentes de emigrantes de oriente medio, Qart Hadasht ou as polis semitas do sur da Península Ibérica. A razón para pór este nome ás illas só puido ser a de non chamalas "illas dos cananeos" que marcaría a pertenza a devandita órbita, pois piñeiros, aos que a tradición aduce o nome, hai tantos ou máis en Mallorca e Menorca como nas Pitiusas.

Tras as ocupacións visigoda e bizantina (séculos VII e VIII), as illas baleares, entre elas Eivisa, caeron nunha etapa de anarquía. Os árabes tomaron posesión do seu territorio en 902 e fundaron a cidade que hoxe pervive como capital, a parte antiga da cal recibe o nome de Dalt Vila (cidade alta). Xaime I de Aragón concedeu a reconquista das Pitiusas ao arcebispo electo de Tarragona, Guillerme de Montgrí, que se asociou co conde do Rosellón, Nunó Sanç, e co infante Pedro de Portugal para o empeño. As tropas cristiás ocuparon o castelo de Eivissa o día 8 de agosto de 1235. Eivisa foi incorporada ao recentemente fundado Reino de Mallorca, dentro da Coroa de Aragón. A poboación autóctona musulmá foi entón sometida e tróuxose a novos poboadores cristiáns.

Herdanza desta riqueza e utilizada sobre todo en época antiga, é a Necrópole de Puig dean Molins. Con máis de 3000 enterramentos conserva parte do tesouro arqueolóxico que o pasado legou á illa.

A illa é dominada desde o principio da Guerra Civil española (xullo de 1936) polos militares insurrectos contra o goberno da Segunda República española. O 8 de agosto de 1936 a Columna barcelonesa de Alberto Bayo (coñecida como Columna de Baleares) desembarca en Eivisa no contexto da operación militar chamada Desembarco de Mallorca e domínaa en poucos días coa axuda das milicias mandadas por Manuel Uribarri, formándose inmediatamente na illa un chamado Comité Antifascista de Eivissa, baixo a responsabilidade de Antonio Martínez, do Partido Comunista.

A principios de setembro, unha delegación do Comité Antifascista de Eivissa, formada entre outros por Xusto Tur, Angel Palerm, Juan Morais, Ramón Medina e García Rovira, solicita axuda a Barcelona ante a previsible retirada das forzas de Bayo de Mallorca e a precaria situación de Eivisa ante un futuro ataque dos militares alzados.

Cara aos días 9 e 10 chegan á illa de Eivisa en resposta ás peticións de apoio do Comité Antifascista de Eivisa, desde Barcelona, a bordo dos barcos Cidade de Barcelona e Cidade de Tarragona dous grupos de milicianos de douscentos e trescentos homes, integrando a chamada Columna Cultura e Acción, a pesar do cal o 19 de setembro os sublevados toman a illa, situación que se manterá durante o resto da guerra.

Eivisa mantivo sempre unha fama de lugar de potencial místico; foi un punto de referencia nos anos sesenta e setenta para a cultura hippie e para moitos viaxeiros. Foi visitada por Pink Floyd, que lle dedicou unha canción a un bar soado na illa no disco More.

En xullo de 2007 a illa sufriu a contaminación por chapapote debida á vertedura do barco mercante "Don Pedro" tras afundirse fronte ás súas costas, ameazando ao Parque Natural de ses Salines.

Demografía

Gráfico da evolución da poboación da illa de Eivisa entre 1800 e 2011 [5]
Fonte: Enciclopèdia d'Eivissa i Formentera e Instituto Nacional de Estadística
Gráfico elaborado por: Viquipèdia

Administración e política

O órgano de goberno do arquipélago é o Goberno Balear, con sede en Palma de Mallorca. A nivel local gobernou ata 2007 en Eivisa e Formentera o Consello Insular de Eivisa e Formentera como administración territorial, asumindo gradualmente máis das competencias derivadas do Estatuto de Autonomía das Illas Baleares cunha cada vez maior dotación económica. Trala reforma estatutaria de 2007, Formentera emancipouse de Eivisa creando o seu propio Consello Insular e mantendo a figura nominal do seu Concello (ambas corporacións fusionáronse). Desde entón, a administración a nivel insular é levada a cabo polo Consello Insular de Eivisa.

A súa existencia fúndase na antiga institución da Universidade, herdada da Coroa Aragonesa, que fora disolta trala guerra de Sucesión Española a principios do século XVIII, sendo substituída por outra de menor entidade, o Concello.

Organización territorial

A illa atópase dividida en cinco municipios, divididos á súa vez en parroquias. A capital da illa é Eivisa.

Concellos de Eivisa Municipio Poboación Superficie Densidade
Eivissa Eivissa 49.388 hab 11,14 km² 4.433,39 hab/km²
Santa Eulària des Riu 33.734 hab 153,58 km² 219,65 hab/km²
Sant Antoni de Portmany 22.299 hab 126,80 km² 175,86 hab/km²
Sant Josep de sa Talaia 23.688 hab 159,38 km² 148,63 hab/km²
Sant Joan de Labritja 5.351 hab 121,66 km² 43,98 hab/km²
Total Illa de Eivisa 134.460 hab 572,56 km² 234,84 hab/km²

Turismo

Cala Bassa (Ibiza) (190295961)
Cala Bassa
Sunset on ibiza boat cruises, july
Nemo Ibiza

A finais dos 60 e durante os 70, a illa de Eivisa gozou dunha expansión turística que lle permitiu un desenvolvemento económico por encima do que lle proporcionaban os seus recursos tradicionais (pesca e agricultura). Na actualidade é referente como destino para mozos de todo o mundo pola súa atarefada vida nocturna. A illa ofrece tamén numerosas calas e praias para aqueles que buscan tranquilidade.

Vida nocturna

Eivisa é considerada un destino turístico internacional, especialmente pola súa vida nocturna, centrada en dúas zonas: a cidade de Eivisa e Sant Antoni de Portmany. Posúe moitos clubs e discotecas moi coñecidos, como Privilege, Eden, Es Paradís, Amnesia, Space, Pacha, Gala Night, Ushuaïa Ibiza e DC10. Durante o verán, moitos dos mellores produtores e DJs de música acoden a traballar a Eivisa, tendo unha noite da semana dedicada a eles nalgún club. Moitos deles usan a illa como plataforma de presentación de novas cancións e temas de música house, trance e techno. A tempada de festas tradicionalmente comeza en xuño coas festas de apertura e termina en outubro coas festas de clausura.

Monumentos

  • Catedral de Eivisa, onde se atopa a imaxe da Virxe das Neves, patroa da illa, e sede da Diocese de Eivisa.

Patrimonio da Humanidade

Eivisa, biodiversidade e cultura
Eivissa-ses salinas-2003 05
Salinas de Eivisa
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización38°59′N 1°26′L / 38.983, -1.433
TipoMixto
CriteriosII, III, IV, IX, X
Inscrición1999 (23ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador417

Os 85,64 km² de Eivisa forman parte do lugar Patrimonio da Humanidade denominado «Eivisa, biodiversidade e cultura», declarado pola Unesco en 1999.[6] Trátase dun lugar de carácter mixto, é dicir, tanto cultural como natural. Segundo sinala a organización mundial:

Forma parte deste lugar o Parque Natural de ses Salines, coñecido pola súa brillante praia.

Notas

  1. Exotopónimo galego segundo a Real Academia Galega.
  2. «Eivisa». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 2. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 752.
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.
  4. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). ISBN 9788482893600.
  5. EEiF, ed. (7 de agosto de 2012). "Eivissa - Geografia - Medi humà - Demografia. Enciclopèdia d'Eivissa i Formentera".
  6. 6,0 6,1 "Ibiza, Biodiversity and Culture" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 20-02-2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Bristol

O aeroporto de Bristol (IATA: BRS, ICAO: EGGD) é un aeroporto británico que serve a Bristol. Atópase a 13 km ao sueste do centro da cidade. Construído onde se atopaba un antigo aeródromo da Royal Air Force, inaugurouse no ano 1957 como aeroporto de Bristol (Lulsgate), substituíndo ao de Bristol (Whitchurch) como aeroporto municipal. Dende 1997 ata 2010 foi coñecido como Aeroporto Internacional de Bristol.No ano 2016 foi o noveno aeroporto máis concorrido do Reino Unido, pasando polas súas instalaciñons 7,6 millóns de pasaxeiros, un incremento dun 12% con respecto a 2015. Entre as aeroliñas con base no aeroporto están easyJet, Ryanair, Thomas Cook, Thomson Airways e BMI Regional.

Aeroporto de Eivisa

O Aeroporto de Eivisa (IATA: IBZ, OACI: LEIB) é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no concello de Sant Josep de sa Talaia, a 7,5 quilómetros do centro da cidade de Eivisa, na illa homónima.

Situado a 6 metros sobre o nivel do mar, caracterízase pola estacionalidade da súa demanda e polo seu carácter eminentemente turístico. Tamén mantén un tráfico regular interinsular e peninsular moi importante, con viaxes concentradas en polos de xestión ou de negocio como Barcelona–El Prat, Madrid–Barajas e Palma e de características constantes na súa distribución ao longo do ano.

Aeroporto de Londres-Gatwick

O Aeroporto de Londres–Gatwick (IATA: LGW, OACI: EGKK) é un aeroporto internacional situado a 5 km do centro de Crawley, no condado de West Sussex, e a 47,5 km do centro de Londres. Trátase do segundo aeroporto máis grande de Londres e o segundo máis ocupado (por tráfico aéreo) do Reino Unido (logo de Heathrow). Gatwick é o principal aeroporto europeo para os voos de punto-a-punto e ten a pista dun só uso máis activa do mundo, cun máximo de 55 movementos de aeronaves por hora. As súas dúas terminais (Norte e Sur) ocupan unha superficie de 98 000 m² e 16 000 m² respectivamente. En 2013, 35,4 millóns de pasaxeiros pasaron polo aeroporto.

Aeroporto de Londres-Stansted

O Aeroporto de Londres–Stansted (IATA: STN, OACI: EGSS) é un aeroporto internacional situado en Stansted Mountfitchet, no distrito de Uttlesford do condado de Essex, en Inglaterra. Está a 48 km do centro de Londres e a 1,5 km do límite con Hertfordshire.

Stansted é unha base para un gran número de compañías de baixo custo europeas, sendo a maior base para a compañía de baixo custo Ryanair, con máis de 100 destinos operados pola aeroliña. En 2013 foi o cuarto aeroporto máis ocupado do Reino Unido, despois de Heathrow, Gatwick e Manchester. A pista de Stansted é tamén utilizada por empresas privadas, como a terminal de Harrods Aviation que se atopa fronte ao edificio principal da terminal e ocúpase de jets privados e algunhas visitas de estado.

O aeroporto é propiedade e está operado por Manchester Airports Group (MAG), que tamén é propietaria e opera outros tres aeroportos no Reino Unido.

Aeroporto de Manchester

O aeroporto de Manchester (IATA: MAN, ICAO: EGCC) é un aeroporto internacional inglés en Ringway, situado a 13,9 km ao sueste do centro da cidade de Manchester. No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido do Reino Unido en número de pasaxeiros. As súas instalacións están formadas por tres terminais de pasaxeiros e unha de carga e é o único aeroporto británico xunto con Heathrow con dúas pistas de máis de 3 000 metros. O aeroporto de Manchester cobre unha área de 560 hectáreas e ten voos a 199 destinos, sendo o 13º a nivel mundial por destinos servidos.Inaugurouse oficialmente o 25 de xuño de 1938 e foi inicialmente coñecido como aeroporto de Ringway. Na segunda guerra mundial coñeceuse como RAF Ringway e foi usado como base da Royal Air Force. Polas súas instalacións pasaron 25 637 054 pasaxeiros en 2016, e ten capacidade para 50 000 000 anuais. Esa cifra potencial está limitada polas restricións que só lle permiten 61 movementos de avións por hora. Desenvolvementos futuros inclúen a construción da Manchester Airport City, un espazo loxístico, de fábricas, oficinas e áreas de lecer ao lado do aeroporto, ademais de melloras no transporte.

Aeroporto de Milán-Malpensa

O aeroporto de Milán-Malpensa (IATA: MXP, ICAO: LIMC), antigamente aeroporto cidade de Busto Arsizio, é o aeroporto internacional máis grande da área metropolitana de Milán, no norte de Italia. Serve aos 15 millóns de habitantes de Lombardía, Piemonte e Liguria, ademais dos que vivén na rexión suíza do cantón de Ticino. O aeroporto está situado a 49 km ao noroeste do centro de Milán, próximo ao río Ticino, que divide Lombardía e Piemonte. Ten dúas terminais e dúas pistas de aterraxe ademais dunha terminal dedicada á carga.

No ano 2016 pasaron por Malpensa 19 320 546 pasaxeiros e foi o 29º aeroporto máis concorrido de Europa en termo de viaxeiros. Ata 2008 Malpensa foi un centro de conexións principal para a aeroliña nacional Alitalia. Malpensa é o segundo aeroporto italiano con máis tráfico internacional, despois de Roma-Fiumicino, e é o máis concorrido en termos de carga. Polas súas instalacións pasan 500 000 toneladas de carga anualmente.

O primeiro aeroporto industrial foi aberto en 1909 preto de Cascina Malpensa, unha vella granxa, por Giovanni Agusta e Gianni Caproni para probar os seus prototipos de avións. Ese aeroporto foi aberto para operacións civís en 1948 durante o período de reconstrución tras a guerra co obxectivo de servir á área norte de Milán.

Aeroporto de Roma-Fiumicino

O aeroporto de Roma-Fiumicino, chamado oficialmente aeroporto internacional Leonardo da Vinci, (IATA: FCO, ICAO: LIRF) é un aeroporto internacional en Roma e o principal aeroporto de Italia. É un dos máis concorridos de Europa en número de pasaxeiros, con 41,7 millóns no ano 2016. Está situado en Fiumicino, a 35 km ao oeste do centro histórico de Roma.

O aeroporto serve como principal centro de conexións de Alitalia, a aeroliña italiana máis grande, e tamén é un centro de conexións de Vueling. En número de pasaxeiros é o oitavo aeroporto máis concorrido de Europa e no ano 2015 situouse no posto 36 de todo o mundo.

Aeroporto de Valencia

O Aeroporto de Valencia (en valenciano: Aeroport de València), denominado tamén Aeroporto de Manises, é un aeroporto xestionado por AENA situado entre os termos municipais de Manises e Quart de Poblet, nas proximidades da cidade de Valencia. O tráfico que soporta é maioritariamente regular e estatal aínda que o tráfico de vos chárter medra cada ano. Os destinos con maior tráfico son Madrid, que acapara preto da metade do seu tráfico, Palma, Barcelona, Sevilla e Eivissa. Ten conexión co Aeroporto de Santiago de Compostela.

No ámbito internacional París, Milán, Londres, Múnic e Nova York son os destinos máis importantes.

Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol

O aeroporto de Ámsterdam-Shiphol (IATA: AMS, ICAO: EHAM), en neerlandés Luchthaven Schiphol e en inglés Amsterdam Airport Schiphol (pronuncia [ˈsxɪpɦɔl]) é o maior aeroporto de Holanda e o quinto da Unión Europea por número de viaxeiros, 54 millóns en 2014. Shiphol está situado a 15 km de Ámsterdam e comunicado coa cidade por autoestrada (E19), trens rexionais (baixo o aeroporto está a estación de tren con ligazón coa estación de Amsterdam Centraal), autobuses e taxis. Ten vos directos dende o Aeroporto da Lavacolla.

Schiphol é centro de conexión para KLM e a súa afiliada rexional KLM Cityhopper, ademais de para Corendon Dutch Airlines, Martinair, Transavia e TUI fly Netherlands. O aeroporto tamén serve como centro de conexións europeo para Delta Air Lines e como base para easyJet, Small Planet Airlines e Vueling.

Calvià

Calvià é un concello de Mallorca, no arquipélago das Illas Baleares. Atópase na zona occidental da illa, xunto á serra de Tramuntana e a 24 km da cidade de Palma.

Tiña en 2015 unha poboación de 50.328 habitantes, sendo o segundo concello máis poboado das Illas Baleares, por detrás de Palma e por diante de Eivisa. Está formado por 18 núcleos de poboación: Cas Català-Illetes, Badia de Palma, Calvià, Es Capdellà, Costa de la Calma, Costa d'en Blanes, Magaluf, Peguera, Palmanova, La Porrassa, Portals Nous, Santa Ponça, Castell de Bendinat, Galatzó, Portals Vells, Sol de Mallorca, Son Ferrer e El Toro.

Cunha oferta hostaleira de 230 establecementos, entre hoteis de luxo e casas rurais, portos deportivos, campos de golf, academias de tenis, zonas para practicar sendeirismo e unha pista de atletismo, é o municipio turístico de maior importancia da illa.

Eivisa (concello)

Eivisa ou Eivissa (en catalán e oficialmente: Eivissa, en castelán: Ibiza) é unha cidade e concello das Illas Baleares, en España. Encóntrase na zona leste da illa de Eivisa, sendo a súa capital. Esténdese por unha área de 11,14 km² onde no ano 2011 vivían 49.388 habitantes.

A súa actividade económica inscríbese eminentemente dentro do sector servizos, coa industria turística e o pequeno comercio, como eixos fundamentais. Dado o seu carácter de cidade principal, Eivisa asume as funcións propias dunha capital, ofrecendo moitos dos seus servizos ao resto de municipios da illa e acollendo a sede do Consello Insular de Eivisa (órgano de goberno insular). O porto de Eivisa, situado nunha baía natural, é o principal acceso por mar á cidade e á súa vez é o acceso principal, xunto ao aeroporto, para toda a illa.

Formentera

Formentera é unha illa mediterránea e concello español que forma parte das Illas Pitiusas, no arquipélago Balear. Cunha superficie de 77 km² é a illa habitada de menor extensión das Illas Baleares. Ocupa a posición máis meridional, separada da illa de Eivisa por un estreito paso de auga e de illotes chamado Es Freus, de 7 km de lonxitude.

Illas Baleares

As Illas Baleares (en catalán e oficialmente: Illes Balears) son un arquipélago e unha comunidade autónoma española situada no Mar Mediterráneo, xunto á costa oriental da península Ibérica. A súa capital é Palma de Mallorca, e a lingua propia autóctona é o catalán. O seu principal recurso é o turismo, sobre todo procedente de Alemaña e do Reino Unido, quen o consideran coma destino de viaxes por excelencia.

O arquipélago está formado por dous grupos de illas e numerosos illotes:

As Gimnesias: Menorca, Mallorca e Cabrera e algúns illotes próximos.

As Pitiusas: Eivisa e Formentera e os distintos illotes que as rodean.Conta con importantes industrias de alfaias (as perlas de Majórica) e un parque nacional marítimo-terrestre en Cabrera.

Sant Antoni de Portmany

Sant Antoni de Portmany é un concello español situado na illa de Eivissa, no arquipélago das Illas Baleares. Corresponde ao antigo cuartón de Portmany, un dos catro cuartóns en que Xaime I dividiu a illa no século XIII. O nome Portmany deriva do latín portus magnus, "porto grande".

Actualmente é un dos principais centros turísticos da illa de Eivissa. O núcleo principal sitúase a 15 km da capital, e conta cun gran porto ao fondo dunha baía, que permite o tráfico marítimo de pasaxeiros e mercadorías coa península.

Sant Joan de Labritja

Sant Joan de Labritja é un concello da illa de Eivissa, no arquipélago das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 121.66 km² onde no ano 2007 vivían 5.198 habitantes.

Sant Josep de sa Talaia

Sant Josep de sa Talaia é un concello da illa de Eivissa, no arquipélago das Illas Baleares. Tiña unha poboación de 24.691 habitantes en 2012. É o concello máis meridional da illa e nel atópase o aeroporto.

Santa Eulària des Riu

Santa Eulària des Riu é un concello situado na zona oriental da illa de Eivisa, no arquipélago das Illas Baleares. É o segundo concello máis poboado da illa con 34.946 habitantes (2012), por detrás da vila de Eivisa.

Sociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva

A Sociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva, máis coñecida como Peña Deportiva (en catalán: Penya Esportiva), é un club de fútbol español de Santa Eulària des Riu, na illa de Eivissa. Actualmente xoga na Terceira División Española.

Illas Baleares Illas Baleares  · Concellos de Eivisa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.