Eido

Un eido é un terreo cultivado ou o conxunto de terras arredor dunha casa. Como topónimo, Eido pode referirse a:

Véxase tamén

Outros artigos

Arte contemporánea

A arte contemporánea refírese tanto ás artes visuais practicadas hoxe en día como á arte feita dende os anos 60 ata o Século XXI. A Arte Contemporánea pode verse como unha Arte posmoderna ou arte que está en contra do Modernismo. Aínda así, o termo posmodernismo pode referirse ó tempo comprendido dende os anos 60 ata hoxe e á arte feita hoxe en día, debido a que moitos artistas seguen a traballar no eido do Modernismo. Nestas últimas décadas , o “contemporáneo” converteuse no termo preferido, sendo no século XXI as Galerías de Arte Contemporánea as que traballan a prol das novas artes.

Cerdeira, As Neves

San Xoán de Cerdeira é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 108 habitantes (52 mulleres e 56 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 110 habitantes.

Nesta parroquia acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros.

CiNii

CiNii é un servizo de referencias bibliográficas, ou base de datos bibliográfica, de material incluído nas bibliotecas académicas xaponesas, que se centra especialmente en obras en xaponés e inglés publicadas no Xapón. Permite realizar, de balde, procuras de información académica en artigos, libros e disertacións. A base de datos foi fundada en abril de 2005 e o seu mantemento corre ó cargo do National Institute of Informatics. O servizo de procuras nas bases de datos é mantida polo propio NII, así como as bases de datos achegadas pola Biblioteca Nacional da Dieta do Xapón, repositorios institucionais, e outras organizacións.A base de datos contén máis de 17 millóns de artigos de máis de 7000 publicacións. Un mes normal (en 2012) recibía máis de 30 millóns de accesos de 2,2 millóns de visitantes individuais, e é a maior e máis completa base de datos da súa clase no Xapón. Aínda que a base de datos é multidisciplinar, a maior parte das consultas que recibe é no campo das ciencias humanas e sociais, se cadra porque CiNii é a única base de datos que cobre traballos académicos xaponeses nese eido (a diferenza das ciencias naturais, formais, e médicas que se benefician doutras bases de datos).

Concerto

Un concerto é unha actuación musical na «que se executan composicións soltas». No eido da música clásica occidental tamén é a forma musical na que os materiais melódicos, rítmicos e harmónicos se combinan nunha composición, determinando así a calidade sonora global dunha peza. Designa a forma de relacionarse as diversas voces que interveñen nunha peza musical, entendendo como voces diversas liñas melódicas simultáneas, sexan vocais ou instrumentais.

Existe un momento, chamado cadenza, ó final dalgúns movementos, onde o solista toca sen acompañamento, expondo a súa técnica. Nos períodos clásico e romántico, esta parte frecuentemente non era escrita na partitura, sendo improvisada ou escrita polo instrumentista de acordo ós seus gustos e capacidades. Moitas destas cadenzas foron publicadas e aínda hoxe diferentes interpretacións do mesmo concerto poden incluír as escritas por diferentes compositores.

CosmoCaixa Barcelona

CosmoCaixa Barcelona é un museo de ciencias pertencente á Obra Social de "la Caixa" que se atopa en Barcelona. Foi inaugurado no ano 2004 tralo derrubo do seu predecesor, o Museo de Ciencias de Barcelona, inaugurado en 1981.

La Caixa era propietaria doutro museo homólogo en Alcobendas (Madrid), chamado CosmoCaixa Madrid. Este museo pechou as súas portas o 31 de decembro de 2013.

En 2006, o Foro Europeo de Museos outorgoulle o Premio do museo europeo do ano, galardón que recoñece cada ano ós novos museos que realizaron achegas e innovacións no eido museístico. O museo galardoado é sede durante un ano da estatua de Henry Moore The Egg, que simboliza o premio. Xunto co Museo Guggenheim de Bilbao (2000), o Museo Arqueolóxico Provincial de Alicante (2004) e o Museo de Medina Azahara (2012), son os catro únicos museos de España que recibiron o premio.

Filoloxía

Denomínase filoloxía á parte da lingüística dedicada ó estudo dos textos, tanto na súa vertente etimolóxica, lexicolóxica, gramática histórica e literaria coma de conservación e restauración física das obras (inda que agora se adoita utilizar para este eido o nome de Biblioteconomía e Restauración). Se ben a súa etimoloxía indica que debería significar "afección ó coñecemento" en xeral (de filo- e mais -logos), en realidade redúcese ó coñecemento lingüístico. Aplícase por extensión a todo o coñecemento lingüístico, e polo tanto as carreiras chamadas antigamente de "Filosofía e Letras" e logo "Lingua e Literatura" dunha determinada lingua véñense chamando "Filoloxía" desa lingua.

Forbes

Forbes é unha revista publicada nos Estados Unidos, especializada no mundo dos negocios e as finanzas. Foi fundada no ano 1917 por B.C Forbes. Cada ano publica listaxes que espertan grande interese no eido dos negocios como Forbes 400, Forbes 500 e Fortune 500. A súa sede central atópase na Quinta Avenida de Nova York. Anualmente e dende 1986, a revista Forbes publica a súa listaxe das persoas máis adiñeiradas do mundo (The World's Richest People). A revista publicou tamén outras listaxes relacionadas, como a de personaxes de ficción millonarios, listaxes de compañías segundo os seus beneficios, persoas ricas por países o por sectores económicos, entre outras.

Internet Movie Database

A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.

Lingua alemá

O alemán (Deutsch, en alemán) é unha lingua indoeuropea pertencente ao grupo das linguas xermánicas occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na Unión Europea. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de Alemaña, Austria, Suíza, Tirol do Sur (Italia), a comunidade xermánica de Bélxica e Liechtenstein. É tamén unha das tres linguas oficiais de Luxemburgo. As linguas máis semellantes ó alemán son outros membros da póla de linguas xermánicas occidentais: o afrikaans, o neerlandés, o inglés, o frisón, o baixo alemán, o luxemburgués e o yiddish. O alemán é a segunda lingua xermánica máis falada, despois do inglés.

Unha das meirandes linguas do mundo, o alemán é a primeira lingua de arredor de 95 millóns de persoas en todo o mundo e a lingua nativa máis falada da Unión Europea. O alemán tamén é a cuarta lingua máis estendida (excluíndo o inglés) nos Estados Unidos de América (despois do castelán, o francés e a lingua de sinais americana) e a terceira da Unión Europea (despois do inglés e o francés; como segunda lingua), a segunda lingua máis común no eido científico así como a cuarta máis empregada nas páxinas web (despois do inglés, do ruso e do xaponés). Os países de fala alemá están clasificados no quinto posto en termos de publicacións anuais de libros, cunha décima parte de tódolos libros (incluíndo libros electrónicos) do mundo sendo publicados en lingua alemá.A maioría do vocabulario do alemán deriva da antiga póla xermánica da familia lingüística indoeuropea. Unha parte das palabras alemás derivan do latín e do grego, e só unhas poucas proveñen do francés e do inglés. Conta con diferentes variantes estandarizadas (de Alemaña, de Austria e Suíza), e é unha lingua pluricéntrica. Ó igual que o inglés, o alemán salienta polo seu amplo espectro dialectal, con moitas variantes existentes en Europa e tamén noutras partes do mundo. Por mor a limitada intelixibilidade entre certas variedades e o alemán estándar, así como pola falta dunha diferenza científica e sen disputa entre "dialecto" e "lingua", algunhas variedades ou grupos dialectais do alemán (véxase baixo alemán ou plautdietsch) son coñecidas alternativamente como "linguas" e "dialectos".

Lingüística

A lingüística é o estudo científico tanto da estrutura das linguas naturais como do coñecemento que os falantes posúen delas.

O eido da lingüística pode dividirse, na práctica, en termos de tres dicotomías: lingüística sincrónica versus lingüística diacrónica, lingüística teórica versus lingüística aplicada, microlingüística versus macrolingüística. Unha descrición sincrónica dunha lingua describe a lingua tal e como é nun determinado intre; unha descrición diacrónica ocúpase do desenvolvemento histórico desa lingua e dos cambios estruturais que tiveron lugar nela. Aínda que nos seus inicios científicos da lingüística do século XIX interesouse ante todo no cambio lingüístico e a evolución das linguas ao longo do tempo, o enfoque moderno céntrase en explicar como funcionan as linguas nun punto dado no tempo e como os falantes son capaces de entendelas e procesalas mentalmente.

O obxectivo da lingüística teórica é a construción dunha teoría xeral da estrutura da lingua ou dun sistema teórico xeneral para a descrición das linguas; o obxectivo da lingüística aplicada é a aplicación dos descubrimentos e técnicas do estudo científico da lingua a unha variedade de tarefas básicas como a elaboración de métodos mellorados de ensino de idiomas.

Os termos microlingüística e macrolingüística aínda non están ben establecidos. O primeiro refírese a un máis estreito e o segundo a un máis amplo punto de vista no eido da lingüística. Dende o punto de vista microlingüístico, as linguas deben analizarse por proveito propio e sen referencia á súa función social, nin ao xeito no que son adquiridas polos cativos, nin aos mecanismos psicolóxicos que subxacen á produción e á recepción do fala, nin á función estética ou comunicativa da linguaxe etc. En contraste, a macrolinguística abrangue todos estes aspectos da lingua. Varias áreas da macrolingüística tiveron un recoñecemento terminolóxico por exemplo a psicolingüística, a sociolingüística, a lingüística antropolóxica, a dialectoloxía, a lingüística matemática, a lingüística computacional e maila estilística.

Memoria

Na psicoloxía, a memoria trátase da habilidade do organismo para almacenar, reter, e recuperar información e experiencias. Estudos tradicionais da memoria comezaron no eido da filosofía, incluíndo técnicas artificiais de mellora da memoria.

A finais do século XIX e comezos do XX incluíuse á memoria dentro dos paradigmas da psicoloxía cognitiva. En décadas recentes, converteuse nun dos principais alicerces dunha rama da ciencia chamada neurociencia cognitiva, ligazón interdisciplinaria entre a psicoloxía cognitiva e a neurociencia.

Poio

Poio (do latín podium, altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas ) é un concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome. Segundo datos do IGE no ano 2015 tiña unha poboación total de 16.842 habitantes (homes: 8.326, mulleres: 8.516). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é poiense.

Sitúase na banda norte da ría de Pontevedra, pertencente ás denominadas Rías Baixas. Ten unha superficie de 34,17 km². Limita ó leste co concello de Pontevedra (límite natural marcado polo río Lérez), polo oeste cos concellos de Meaño, Meis e Sanxenxo, polo norte co concello de Meis e polo sur coa ría de Pontevedra. Destaca a presenza do Monte Castrove que marca o límite natural co concello de Meis, o punto máis elevado do municipio con 613 metros de altitude.

Na ría de Pontevedra atópase a Illa de Tambo, tamén pertencente ó concello de Poio.

Premio Nobel de Física

O Nobel de Física (un dos Premios Nobel) é unha condecoración creada pola Fundación Nobel, de gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade do químico Alfred Nobel, expresa no seu testamento. É un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros da Real Academia das Ciencias de Suecia, a eminentes investigadores que salienten na produción de coñecementos innovadores no eido da física. A medalla e o diploma da fundación son oficialmente entregadas polo rei de Suecia, o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio. Dende 2001, a cantidade que se lle dá ó gañador é de 10 millóns de coroas suecas (pouco máis de 1 millón de euros).

Psicoloxía

A psicoloxía (literalmente «estudo ou tratado da alma»; do grego clásico ψυχή, transliterado psykhé, «psique», «alma», «actividade mental», e λογία, loxía, «tratado» ou «estudo») é unha profesión, unha disciplina académica e unha ciencia que trata o estudo e a análise da conduta e os procesos mentais dos individuos e de grupos humanos en distintas situacións, cuxo eido de estudo abrangue tódolos aspectos da experiencia humana e faino con fins tanto de investigación como docentes e laborais, entre outros. Existen diversas perspectivas psicolóxicas, cada unha coas súas propias teorías e metodoloxías, e en comparanza poden coincidir, influirse, superpoñerse ou mesmo ser contradictorias e incompatibles; esta variedade dá pé a múltiples acepcións e abordaxes. Algúns enfoques —como no humanismo— consideran que o método científico non é axeitado para investigar a conduta; outros tales como o condutismo emprégano para comportamentos observables que poden ser obxectivamente medidos.Por medio dos seus diversos enfoques, a psicoloxía explora conceptos como a percepción, a atención, a motivación, a emoción, o funcionamento do cerebro, a intelixencia, o pensamento, a personalidade, as relacións personais, a conciencia e a inconsciencia. A psicoloxía emprega métodos empíricos cuantitativos e cualitativos de investigación para analizar o comportamento. Tamén se poden atopar, especialmente no eido clínico ou de consultaría, outro tipo de métodos cualitativos e mixtos. Mentres que o coñecemento psicolóxico é empregado na avaliación ou tratamento das psicopatoloxías, nas últimas décadas os psicólogos tamén están sendo empregados nos departamentos de recursos humanos das organizacións, en áreas relacionadas co desenvolvemento infantil e do envellecemento, os deportes, os medios de comunicación, o mundo do dereito e as ciencias forenses. Aínda que a meirande parte dos psicólogos están involucrados profesionalmente en actividades terapéuticas (clínica, consultaría, educación), unha parte tamén se adica á investigación, dende as universidades, sobre un amplo rango de temas relacionados co comportamento e o pensamento humano.

Pura Vázquez

Carmen Pura Vázquez Iglesias, nada en Ourense, no barrio do Polvorín, o 31 de marzo de 1918 e finada na mesma cidade o 25 de xullo de 2006, foi unha poetisa galega. Representante da poesía de posguerra, apostou por unha saída lírica e existencialista fronte a liñas máis combativas. Poetisa en galego e castelán, e irmá da escritora Dora Vázquez, tamén se conta entre as escritoras vencelladas á emigración. Foi a primeira muller que comezou a publicar en galego nos xornais e revistas de Galiza e da emigración tras a guerra civil. Tamén foi unha das pioneiras no eido da literatura infantil e xuvenil.

Riba do Eido, Vide, As Neves

Riba do Eido é un lugar da parroquia de Vide, no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 está deshabitado.

The Hollywood Reporter

The Hollywood Reporter é unha revista de entretemento estadounidense. O seu enfoque é principalmente cara ó panorama cinematográfico estadounidense.

Foi o primeiro xornal en publicar contidos exclusivamente sobre a industria cinematográfica. Durante o século pasado integrouse e foi unha das dúas publicacións máis importantes do século, xunto con Variety. Dende o ano 1950 enfocouse no eido da televisión, e nos anos 1980 enfocouse en temas doutros medios. No presente, esta revista é unha das máis importantes e influentes na industria do entretemento.

The Washington Post

The Washington Post é o maior e máis antigo xornal de Washington, D.C., a capital dos Estados Unidos. Gañou fama mundial a principios dos 70, pola súa investigación sobre o caso Watergate, conducida por Bob Woodward e Carl Bernstein, que desempeñou un papel importante na caída de Richard Nixon como presidente. É xeralmente considerado un dos mellores diarios estadounidenses, xunto co New York Times, coñecido pola súa reportaxe xeral e cobertura internacional, e o Wall Street Journal, famoso no eido financeiro. O Post distinguiuse polas súas reportaxes sobre a Casa Branca, o Congreso, e outros aspectos do goberno estadounidense.

Por outra banda, a diferenza doTimes e o Journal, o Post vese a si mesmo como un xornal estritamente rexional, e non imprime unha edición nacional para distribución máis aló da Costa leste de os Estados Unidos. A maior parte dos seus lectores son do Distrito de Columbia, xunto cos suburbios adiñeirados de Maryland e Virxinia.

A súa circulación diaria media, segundo datos de marzo de 2013, era de 474 767 e de 838 014 os domingos, o que o coloca no oitavo lugar dos xornais estadounidenses, detrás do Wall Street Journal, New York Times, USA Today, Los Angeles Times, San Jose Mercury News, Daily News e New York Post. Mentres que a súa circulación (como a de todos os diarios) foi en caída lenta, ten unha das taxas de penetración de mercado máis altas de todos os diarios metropolitanos.

Thomas Hunt Morgan

Thomas Hunt Morgan, nado en Lexington (Kentucky) o 25 de setembro de 1866 e finado en Pasadena (California) o 4 de decembro de 1945, foi un xenetista estadounidense. Estudou a historia natural, zooloxía e macromutación na mosca da froita Drosophila melanogaster.

As súas contribucións científicas máis importantes foron no eido da Xenética. Foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1933 pola demostración de que os cromosomas son portadores dos xenes, o que se coñece como a teoría cromosómica de Sutton e Bovery ou teoría cromosómica da herdanza. Grazas ao seu traballo, Drosophila melanogaster converteuse nun dos principais organismos modelo na Xenética.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.